II Círculo de debate: Migración

Laura Parada Vila – S3B1

Ramón Rivas Pérez – S3B2

Eila Rodríguez Filgueiras – S3B3

Cristina Rodríguez Menéndez – S3B4

Nerea Sande Barbeito – S3B5

 

O pasado 20 de abril celebrouse o segundo círculo de debate sobre o tratamento dos medios en relación ao colectivo dos inmigrantes. A reunión tivo lugar nunha das aulas que asociación Ecos do Sur, en A Coruña, nos cedeu amablemente. Para este segundo círculo contamos con dúas incorporacións novas, Alicia, que traballa como asesora na asociación Ecos do Sur, e unha representante da sociedade china,Jiawen Li, xa que percibimos que os medios non informan sobre eles e desta forma podíamos coñecer mellor esta cultura. Ademais tamén estivo presente Djibril, que xa colaborou con nós para o primeiro círculo.

O debate empezou céntranos no enfoque que os medios de comunicación lle dan aos inmigrantes. Pola súa parte Alicia, afirma que segundo o que foi observando nos medios o único que publican son noticias negativas. Algo có que todos os membros estaban de acordo. Incluso Djibril, como inmigrante, fixo unha reflexión: “¿ Si los españoles emigran se les considerarían inmigrantes?”. Nesta punto Alicia, ten claro que o factor económico é crucial á hora de designar a un inmigrante. Para ela os medios de comunicación os dístinguen en función do seu poder económico. Desta forma os alemáns que viven no litoral valenciano nunca son denominados como inmigrantes, porque teñen un poder adquisitivo alto, e desa forma vénse como un factor positivo para o país. En cambio os inmigrantes que veñen de África ou os refuxiados son pobres é son vistos como algo malo: “Si tienes pasta eres extranjero y si no la tienes eres inmigrante”.

Outro punto importante é a comparativa entre a emigración que os españois tiveron que facer e a inmigración. Todos estaban de acordo en que cando se fala nos medios de comunicación dos emigrantes son denominados como heroes. “Personas valientes y trabajladoras que tuvieron que sacar adelante a sus familiares, en cambio la concepción que temos de un inmigrante es la de personas que vienen aquí a robar lo que conseguimos”. Afirma Alicia.

Nos medios de comunicación falta empatía, non podemos considerar aos emigrantes como persoas que tiveron que abandonar a súa terra para conseguir un futuro mellor e aos inmigrantes como malas persoas.

Cambiando de tema e centrándonos na linguaxe e expresións utilizadas polos medios de comunicación. A traballadora da asociación Ecos do Sur, ten unha posición positiva á hora de que os xornalistas utilicen a denominación da nacionalidade para identificar aos inmigrantes. Pero debe ser mencionado sempre, non soamente cando se trata dun feito negativo. “ Al igual que se nombra el género de las persoas, hombre o mujer, con la nacionalidad debería ser igual, decirlo siempre, si es algo positivo también habría que decirlo”.  Djibril pola súa parte afirma que non é necesario nomear a nacionalidade das persoas: “Da igual que se trate de españoles o senegaleses, pero parece que los medios a veces utilizan ciertas nacionalidades para transmitir una connotación negativa”.

No tema da instauración de prexuízos por parte dos medios de comunicación, Alicia, non ten claro se son conscientes de que na forma na que expresan as súas noticias están mostrando prexuízos, ou se é algo que está na sociedade é o fan sen darse conta. “ La prensa debería hacer una especie de reciclaje educativo en valores y tolerancia porque lo que están transmitiendo es odio”.

Neste sentido, o círculo propón que ao igual que se están empezando a desenvolver unha linguaxe máis adecuada en canto ao tema do sexismo e o machismo, deberían empezar a conformar unha linguaxe máis neutral e menos xenófoba. “ Se debería fomentar en los medios de comunicación un lenguaje igualitario”.

Abordamos agora o tema da inmigración asiática. Os tres membros están de acordo en que se xeneraliza cando se fala deles, soamente son ou africanos ou de latinoamerica. Pero que paso cá inmigración asiática? Os medios de comunicación non se fan eco dela. No círculo a postura que se mantivo foi a de que, o colectivo asiático, probablemente pola súa cultura diferente da occidental, son invisibles. Non os ves nos bares, nin en restaurantes nin parques. Parece que non existen, e para os medios menos. Non sabemos como chegaron a España, nin a forma na que viven aquí, se están en  condicións irregulares, se teñen a nacionalidade…

No círculo comentouse esta peculiaridade de ausencia de noticias protagonizadas por cidadáns chinos. A determinación que se planteou é que son persoas que non estorban nin molestan, polo tanto non importan e da igual como vivan, mentres non causen problemas: “Hay muchísimas persoas chinas que viven en España, pero son fantasmas, no existen”.

Neste contexto Jiawen Li, fixo a súa aportación compartindo as súas propias vivencias. A diferenza do que se pensa en España sobre os inmigrantes, que son persoas pobres que non teñen máis remedio que vir aquí para poder sobrevivir. En China, esta concepción sobre os inmigrantes é totalmente contraria: “En China, los inmigrantes son aquellas personas que tiene estudios y dinero, porque esa capacidad es la que les da la posibilidad de poder ir a vivir a otros países”. Afirma Li. Ademais as causas de emigración en China tamén son distintas. A prioridade non é tanto o diñeiro senon que tamén están interesados en profundizar na cultura española e aprender o idioma. Como traballadora para unha asociación de inmigrantes Alicia cóntanos que nunca se lle presentou un asiático para solicitar a nacionalidade ou axudas para sobrevivir. Djibril pensa que son persoas cunha cultura de mayor organización e que apenas disfrutan do seu tempo libre, que sempre están traballando: “ Nunca vi a un chino en un restaurante, no tienen tiempo libre, trabajan de lunes a domingo, pero, ¿es esto legal en España, porque no cumplen la ley laboral? ¿Por que no salen en los medios por este incumplimiento?

O problema desta falta de invisibilidade, pode deberse a que as altas esferas manteñen convenios privados, por ser parte dunha das maiores pontecias mundiais. Os medios de comunicación sufren as presións do poder político que lles aconsellan publicar noticias doutro tipo de inmigrantes.

Tamén se debatiu sobre as diferentes causas que levan aos inmigrantes a abandonar o seu país. Non so a falta de recursos provoca este movemento, a inseguridade de certos países ou o interese por coñecer outras culturas tamén son causantes desta marcha de persoas: “El problema es que las personas no ven estas causas, solo se quedan con la concepción negativa, el de personas que son pobres y sin recursos”. Djibril como traballador dunha asociación afirma que en canto a subvencións para proxectos de integración de inmigrantes os gobernos non queren dispoñer o seu diñeiro para esta actividade: “Es algo que no interesa solucionar, y que por lo tanto la prensa nunca va a hablar con asociaciones para conocer los hechos positivos que llevan a cabo”.

Algo que tamén analizaron os participantes, foi a morbosidade que os medios de comunicación desenvolven en canto as imaxes que utlizan por exemplo coa foto do neno morto. Pero o problema, según o noso círculo, é que estas imaxes pretenden causar impacto entre a sociedade, pero tamén deberían mostrar o por qué da súa fuxida dos paises. Probablemente con imaxes de cómo escapan deses territorios, causaría maior efecto en nós, e desa forma poderiamos ter unha maior percepción do que realmente están a vivir. É dicir a falta de contexto fai que os medios utilicen os feitos convenientemente para mostrar unicamente morbo e non información: “¿ Alguien está mostrando cómo salen esos niños de sus países? ¿Alguien saca las mafias que se están montando, o cuales son los objetivos de ellas?, pero de eso no sale nada, solo sale aquello que nos afecta”. Os medios de comunicación deberían mostrar as causas e as posibles solucións que axudarían a evitar este éxodo.

O que tamén critican é a falta de continuidade de noticias de inmigrantes que chegan a España  e conseguen traballo: “¿Por qué no muestran historias positivas? ¿ O por qué nos muestran solo las fronteras de Turquía?”. Neste sentido Alicia, defendía que quizais mostrando solamente estas fronteiras có país islámico, queríase relacionar có terrorismo e desa forma os medios de comunicación darían unha visión negativa e de medo en contra de toda esta xente que entra por Turquía.

O problema, defende Djibril é que non coñecemos nin a metade do que ocorre. As altas élites queren ocultar certas cousas por intereses económicos: “Si no hubiesen saqueado ciertos países no tendríamos la necesidad de venir a España, pero ningún medio se atreve a contar la verdad, porque reciben subvenciones del gobierno, por lo que sería tirar piedras contra su propio tejado. Además el problema también está en las multinacionales que existen por todo el mundo, que quieren que haya gente pobre. En África la gente quiere levantar cabeza pero los altos cargos no nos dejan”.

No círculo tamén se abordou a falta de noticias sobre África, para comprender mellor este movemento. Djibril, como senegalés, mencionou certos feitos de relevancia internacional que aconteceron no seu país e que en España e no resto de Europa os medios de comunicación non se fixeron eco. “ En África, después del movimiento independentista, se creó un plan para conseguir que se convirtiese en una nación unida. Lo que necesitábamos era acumular oro para poder cambiarlo por petróleo, pero fue algo que no gusto a la élite internacional, por lo que el presidente en ese momento fue aniquilado del panorama político.Desde los años 60  casi 27 presidentes africanos han sido asesinados por llevar acabo este proyecto de unificación”.O que Djibirl quere criticar é que os medios de comunicación están sometidos á presións políticas é son esas presións as que fan que non se poida comunicar o que realmente ocorre.

Outro noticia da que non se publica as súas causas é a guerra do Congo, unha guerra que provocou a morte de 6 millón de persoas e que despois de 20 anos segue sen ter solución. O problema é que esas mortes están provocadas polas reservas dun material que se utiliza para a fabricación dos teléfonos móviles, que utilizamos os europes non os africanos. Polo tanto esta guerra non é algo que nos quede lonxe e que non nos afecta, si que o fai porque en parte somos os causantes dela. “ Son gente que está muriendo a cambio del bienestar de los europeos, pero nadie habla de esto, porque si saliese en los medios el precio deste material se duplicaría, algo que las multinacionales no quieren”.

Outro problema é a terxiversación da información.No caso da pesca en África, Djibril, cóntounos que en dez anos acabaron coas reservas de peixes. O feito foi que os barcos nativos sí pagan impostos para poder navegar nesas augas mentres que outros barcos internacionais non respectaron o convenio. O que pasou foi que os africanos reveláronse en contra desta situación de inxustiza. A información que recibimos sobre este acontecemento foi que en Somalia se estaba a producir o secuestro de barcos. Pero a realidade era ben diferente. Non eran piratas como afirmaban os medios senon que eran os propios pescadores africanos que, fartos desa situación empezaron a protestar por algo que lles pertencía.

En conclusión, este segundo círculo, servíunos para coñecer de primeira man a falta de información que temos sobre os países africanos e asiáticos e a manipulación que os medios fan para satisfacer ás altas esferas e transmitir un discurso negativo contra este colectivo co obxectivo de crear repulsión e odio hacia eles. Desta forma o noso mundo nunca será un mundo globalizado, por moito que nos queran vender ese eslogán. Sempre existirá a diferencia entre ricos e pobres, e para iso a manipulación que os medios de comunicación realizan é crucial para conseguir ese obxectivo.

Por outra parte, na reunión tanto Djibril como Alicia mantiveron unha actitude dominante durante todo o círculo. Quizáis as dificultades co idioma e a pouca experiencia de Jiawen Li, dado que só ten 20 anos, fixeron que se mantivese nun segundo plano. Comentar tamén que Djibril non quixo saír na fotografía que adxuntamos ao principio da entrada, por temas persoais.

Referencias:

Revisión do editor: 19:30

Revisión do coordinador: 19:35

Hora de publicación: 19:55

Advertisements

Un comentario en “II Círculo de debate: Migración

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s