O prezo do diñeiro

 Fonte Imaxe: sobrevolandolacultura.blogspot.com
Sande Barbeito, Nerea – S3B5

Onte organizamos o segundo círculo de debate. Nel participou unha vez máis Djibril, técnico da ONG Ecos de Sur e senegalés emigrado a España, Alicia técnica da mesma asociación e Ling unha estudante procedente de China. Neste círculo tocáronse temas moi interesantes coma a diferencia que existe entre estranxeiro e inmigrante. O concepto que ten a sociedade dunha persoa europea que emigra a outro país europeo non é o mesmo que se ten dunha persoa que emigra dende Oriente Medio ou África. Por que esta diferenciación? Por que se respeta a un francés que vén aquí a buscar traballo e recházanse aos marroquís, africanos, sirios, iranís…?

Este artículo do diario La Vanguardia no que se recolle a distribución da “población alemá” en España, que non inmigración alemá. Buscando na noticia non aparece por ningures a palabra “inmigrante”, feito que, no caso de que os protagonistas da noticia tiveran unha nacionalidade diferente como pode ser a rumana, non se produciría. Agora procedamos a analizar outra noticia do mesmo periódico. Baixo o titular “Os inmigrantes son o 12% da población e absorben o 6,8% dos servicios sociais” atópase de novo a diferenciación que se fai entre inmigrante e estranxeiro. A noticia fala sobre inmigración na súa totalidade pero no momento de falar dos “inmigrantes europeos” se refiren a eles desta maneira: “Os perceptores estranxeiros das pensións so representan o 1% do total, e de esos a mitade son estranxeiros europeos”. Alicia comentábao onte: “A palabra inmigrante denota negatividade nos medios xa que si resulta qué é un alemán o que vive aquí deixa de ser un inmigrante, é convértese nun estranxeiro. É dicir, se tes diñeiro eres un estranxeiro, se non tes diñeiro eres un inmigrante”. Unha vez máis, e aínda que non sexa visible a simple vista nas noticias, os intereses económicos e políticos van primeiro e despois vai o resto.

Sobre o falado pero aplicado á precariedade e á pobreza recolleuno moi ben a miña compañeira Beatriz Gutiérrez no seu artigo “Nadando na superficie”.

Outro tema que se abordou no debate e que resultou moi interesante de afondar foi o caso da inmigración china, a gran silenciada nos medios de comunciación. Pensando fríamente sobre o tema cantos dos que están a ler este artigo lembran algunha noticia recente na que se recollera a inmigración asiática coma un problema? Ou que se tratara de maneira despectiva coma no caso da inmigración africana?.

Buscando na hemeroteca dun dos diarios máis subvencionados polo noso Estado (artigo relacionado), El Mundo, e poñendo no seu buscador as palabras clave “inmigración” atópanse un total de 17431 textos relacionados, feito que amosa que se trata dun tema cunha cobertura importante. Se a búsqueda a acotamos ás palabras clave “inmigración china” saltan un total de 20 entradas, unha cantidade moi pequena respecto ás 17431 que tratan a inmigración en xeral. Pola contra, se buscamos “inmigrantes africanos” o buscador atopa 245 entradas, é dicir, 20 veces máis entradas que no caso anterior. Desta maneira preténdese dar idea ao lector de cal é a cobertura e a importancia que se lle da un tema respecto doutro. Xerarquía da importancia.

 Entrando en materia, o primeiro texto dos 20 que cubren o tema fai referencia a inmigración española que hai en China, obxecto que se escapa do noso campo de traballo. En segundo lugar atopamos esta noticia que titula da seguinte maneira: “Os novos inmigrantes chinos”. Neste caso e tras unha lectura detenida da noticia, a palabra inmigración con esa connotación despectiva da que falaba Alicia no debate desaparece. Ao contrario do que cabería esperar polo trato vexatorio xeralizado que se lle da á inmigración nos medios deste país, concretamente, neste artículo podemos ver que ocorre todo o contrario. Citando un dos parágrafos que completan a noticia podemos comprobar como non só, non está mal vista este tipo de inmigración senón que, a defenden e pretenden impulsala: “España acolle a novos profesionais e inversores…” procedentes todos de China “…que nun tempo de carestía e crisis aportan riqueza e oportunidades, pero fan falla máis encontros deste tipo para entender as necesidades destes inversores e directivos, axilizar a facilitar os trámites que permitan o seu establecemento en España”.

Unha vez máis atopámonos coa balanza na que un bo xornalismo vése subxugado baixo intereses económicos e políticos. Neste caso hai que prestarse a “entender as necesidades” destes inversores e directivos. No caso dos refuxiados non hai nada que entender, péchanse fronteiras e devolvémolos de onde viñan fuxindo. Un refrán popular dicía “quen ten o diñeiro, ten o poder” e non se equivocaba. Xa o recollía o escritor indio William M. Thackeray nunha das súas obras: “Moitas veces mercamos o diñeiro, demasiado caro”. E o seu prezo é a vida e o futuro de moitas, moitas persoas.

Referencias: 

Revisión do editor:  19:15

Revisión do coordinador: 19:30

Hora de publicación: 22:08

 

Advertisements

6 comentarios en “O prezo do diñeiro

  1. Gutiérez Caneda, Beatriz – S2D4

    Boas, Nerea.

    Resultoume moi interesante o teu artigo e alégrame moito que che gustara o miña entrada “Nadando na superficie”. En relación ao que contas que comentaba Alicia durante o voso círculo sobre que “se tes diñeiro eres estranxeiro, senón o tes eres inmigrante”, estou completamente de acordo con ela. Os medios de comunicación empregan a palabra “inmigrante” dotándoa de connotacións negativas. A isto contribúe o feito de que en noticias de carácter violento se mencione a nacionalidade do delincuente como se iso fose a causa da traxedia. Un exemplo disto vémolo nesta noticia que publica Mediterráneo Digital (http://www.mediterraneodigital.com/sucesos-espana/ultimas-noticias-sucesos-espana/un-dominicano-mata-a-su-madre-y-a-su-hermana-en-barcelona-porque-le-hacian-brujeria.html)

    Non obstante, esta diferenciación que sinala Alicia entre estranxeiro e inmigrante vai máis alá. Estamos falando xa dunha marxinación e criminalización de persoas afectadas pola pobreza e é isto o que parece que “molesta”, que inmigrantes sen recursos veñan ao noso país (a falta de contextualización dos medios tampouco axuda, xa que non nos explican de que están fuxindo). Ao final, todo se reduce a unha discriminación social. Sobre este tema falaba tamén Manuela Caneda, experta en precariedade, nun dos nosos círculos de aprendizaxe, tal e como lle comentaba á túa compañeira Laura Parada Vila no seu artigo “Emigración Vs Inmigración” (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/emigracion-vs-inmigracion/). Manuela comentábanos que non recibe o mesmo tratamento un neno etíope que é adoptado por dous médicos do Clínico que un neno que emigra coa súa familia dende Etiopía en graves situacións de pobreza e precariedade. Déixoche aquí o link por se queres botarlle un vistazo á nosa interpretación do círculo. (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/)

    En conclusión, esta triste realidade de desigualdade e marxinación que estamos vivindo ven en parte marcada por un xornalismo que descontextualiza os feitos e criminaliza ás vítimas, sesgando a información publicada e manipulando así á sociedade.

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:15
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

    1. Ola Bea. Discriminación social, voume quedar con esas dúas palabras do teu comentario. Por que existe a discriminación social? Eu dende o meu punto de vista o feito de que discriminemos a uns colectivos e non a outros vén dado polos estereotipos que se forman nos medios. Dende o primeiro momento no que uns reciben un tratamento diferente aos outros ahí estamos discriminando, e máis cando nun caso o tratamento é positivo e outro moi negativo. No primeiro momento no que se indica a nacionalidade dunha persoa nunha noticia só no caso de que sexa estranxeiro ahí estamos discriminando, estamos creando prexuizos na sociedade, estamos a facer que as persoas asocien determinadas nacionalidades con delincuencia e iso é discriminación. Pode ser que os que escriben esas noticias non se dean conta da repercusión social que están a ter as súas palabras pero non podemos excusalos da culpa.. Se vivíramos nunha sociedade na que predominara a igualdade todos os protagonistas das noticias serían tratados da misma maneira. Por desgraza, isto non é así, pero nin no caso da inmigración, nin no da pobreza. Hoxe en día, e tal como indico no artigo, é o diñeiro o que move o mundo. Un exempo práctico é o de Isabel Pantoja. Defraudó a hacienda millóns de euros, estivo 1 ano e pouco no cárcere e xa lle concederon o 3er grao. Despois, unha muller compra pañais para a súa filla cunha tarxeta que atopou na rúa e condeanlle a 5 anos de cárcere (http://www.lasprovincias.es/v/20130116/sucesos/madre-prision-tras-comprar-20130116.html). É inxusto.
      O mundo non é igual para todos. Se tes a sorte de nacer con diñeiro o transcurso da túa vida vai ser moito máis fácil, e se non tes esa sorte pois serás visto coma un parásito da sociedade. Grazas Bea.

      Revisión do coordinador: 10:30

      Gústame

  2. Costoya, David (S1C1)

    Interesante reflexión Nerea. O título fíxome recordar a un documental que che recomendo que vexas, que trata sobre os problemas que proporcionan os cartos “El dinero es deuda”

    Neste documental afondan e explican de manera didáctica e cunha linguaxe sinxela como nace o diñeiro e porque é imposible erradicar a pobreza. Tamén pódese apreciar cal é o mecanismo que proporcionan os cartos para obter poder. Espero que che resulte interesante para completar a túa visión sobre o tema que estás a tratar.

    Saúdos!

    Revision GBO: 22/04/2016 22:35

    Gústame

    1. Toda a información que me axude a formar opinión sobre a inxustiza que impera na sociedade é benvida. Porque creo que ese é o principal problema na nosa sociedade, a desinformación de todo. Se fóramos máis conscientes do que ocorre a noso arredor, e sobretodo se nolo mostraran os medios, as persoas seríamos moito máis empáticas e máis solidarias. Grazas polo video Deiviz, cando teña un oco bótolle unha ollada que agora ando un pouco atareada. Un saúdo!

      Revision coordinador: 10:25

      Liked by 1 person

  3. Campos Castelos, Patricia – S1A4

    Ola Nerea! Moi boa entrada, antes de nada. É certo o que dis, que se alguén procede de países desenvolvidos se lle etiqueta como estranxeiro posto que sábese que ten diñeiro. En cambio, se alguén prové de países non desenvolvidos directamente chamámoslle inmigrantes e pensamos que só veñen ao noso país a conseguir os papeis da nacionalidade ou incluso a roubar cando en moitas ocasión veñen en busca de traballo para mellorar a súa situación económica e así poder mandarlles diñeiro as súas familias para que saían adiante. É un tema que me molesta xa que no meu pobo veñen senegaleses a vender pulseiras polas noites e sempre ten que existir alguén que o etiquete de inmigrante e discriminalo para que ninguén lle merque nada. Todos estes estigmas que ten a sociedade están creado a base dos medios porque eles mesmos encárganse de chamalos incorrectamente. Unha situación moi triste a verdade e sobretodo máis triste é que a propia sociedade sega sendo conservadora xa que tamén relaciona os conceptos de inmigrante con escravo.

    http://www.elmundo.es/internacional/2016/04/20/5716bb73268e3e5d2c8b4621.html
    http://eldia.es/sur/2016-04-22/5-restos-extranjeros-reposaran-lugar-origen.htm

    Nestes dous enlaces que che deixo vese a clara diferenza da que ti mesma falas. Xa que na primeira noticia o titular mesmo dinos “Descubren un camión frigorífico en Francia con 12 inmigrantes, 8 de ellos menores”, é dicir, xa os chaman inmigrantes por proceder de Eritrea. En cambio no segundo enlace chámannos estranxeiros posto que a noticia fala da morte dunha muller e un home italianos e outra persoa de orixe finlandés. Como estes tres son de países desenvolvidos non os etiquetan de inmigrantes.

    Data de revisión do editor: 22/04/2016 14.27
    Data de revisión do coordinador: 22/04/2016 14.37
    Data de publicación: 22/04/2016 14.41

    Gústame

    1. Ola Patri. Vivimos nun mundo no que impera a inxustiza e no que o diñeiro é o que marca a dirección de todo. Aínda que intentamos loitar para que non se produzan esas discriminacións en noticias coma as que ti aportaches a sociedade ten que mudar a súa forma de pensar. E a forma máis fácil de que a sociedade mude esa forma de pensar é que os medios de comunicación tamén o fagan. Non esquezamos que toda a información que temos do mundo provén de eles, os nosos valores, as nosas ideas, as nosas opinións sobre temas X, todo iso construímolos en base ás información que nos proporcionan, e se os medios non afrontan estes temas coa responsabilidade que merece… A maior parte da sociedade tampoco o fará. Basta de prexuizos e inxustizas. Grazas pola túa aportación Patri. Un saúdo.
      Revisión coordinador: 10:30

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s