O Rap como “música de yonkis”

Lestón Lago, Antón- S1E6

censura en el rap

Imaxe recuperada b-music.com

Comentaba, nos anteriores artigos, a importante presenza dos medios de comunicación á hora de crear os prexuízos na sociedade. Como formadores da opinión pública, exercen unha forte influenza, a través do linguaxe das noticias e dos titulares. O racismo e o vandalismo da rúa son algunhas destas evidencias. Outro exemplo, é a idea de que o rap e o House son músicas relacionadas coa xuventude, a droga, a festa decadente. Se vos gusta esta música, seguro que algunha vez tivestes que escoitar iso de “quita esa música de yonkis”.

Sobre este tema, falouse nun dos últimos programas de Risto Mejide, “Al rincón de pensar”. O entrevistado era Tote King, un rapeiro sevillano de fama internacional, que falou da censura nos medios de comunicación. Critica as canles musicais do país por exercer unha forte censura contra os estilos que non falan diplomaticamente, ou que simplemente se queixan pola situación do país. O cantante, pon de exemplo o Reggaeton, xénero que segundo el, os medios rexeitaban, pero no que o tirón popular foi un elemento decisivo. Aínda así, destaca que se pon á horas moi marcadas e se controla moito a súa reprodución, asunto que relaciona ó linguaxe que soen ter as cancións de este estilo.

O mesmo pasa, neste sentido, no rap. As emisoras máis populares non poñen, salvo motivos especias, nunca cancións de este xénero. Polo menos, no noso idioma. Porén, estamos moi acostumados a escoitar este tipo de música en inglés. Pero, nese caso, os medios non teñen problema en reproducila e en exaltala como unha boa canción. E aí non é polo mensaxe, senón pola censura que exercen. Por exemplo, existe unha canción que, ata fai pouco tempo, nos cansamos de ouvir, “Smoke Weed Every Day” de Snoop Dogg. Non había unha emisora musical, na que non se escoitase, polo menos, unha vez ó día. Pois ben, estou certo de que se unha canción igual de boa, levara por título, “Fumo marihuana tódolos días” non sería nin aceptada por moitos dos medios. O mesmo pasa, cá polémica “Blurred Lines”, que xa tivo problemas de censura, dende o principio, por aparecer no videoclip mulleres espidas. Pois ben, esta é a letra traducida , e é impensable imaxinala soando en calquera das nosas canles.

Entón, temos por unha banda, a criminalización e a censura que exercen os medios ao non reproducir o rap español. Dá a idea de que non está ben, de que é malo. Polo tanto, caemos aí no segundo prexuízo que se crea a partires disto, o dos ouvintes de rap. “Os que escoitan rap fuman porros” é un dos razoamentos máis incoherentes e estúpidos que hai sobre este colectivo de persoas. Igual que levar a gorra para atrás, significaba, ata fai pouco, ser “raper”. Estes, e outros moitos estereotipos, inflúen nos mozos cando empezan a escoitar este xénero musical.

Outro exemplo da discriminación sufrida, é a que se fai ós propios artistas. De exemplo, serve a industria musical galega e os seus medios de comunicación. Cando se fala de cantantes galegos, nunca aparecen os rapeiros na conversa. Pese a iso, Galicia conta con dous mozos, que levan xa varias xiras por España, e algún outro país como, Marrocos ou Francia. Eles son Hard Gz e Arce, dous dos rapeiros con máis proxección en España pero que seguen a ser discriminados polo seu estilo. O primeiro conta con case dous millóns de reproducións  nalgúns dos seus vídeos, e o segundo con case dez millóns. Porén, ningún dos dous está acostumado a saír na prensa, e tan só Arce apareceu na contraportada da Voz de Galicia nunha ocasión . En cambio, é moi distinto o trato da prensa galega a un nova banda pontevedresa de pop rock, que por suposto, si aparece nos 40. Aínda así, é certo que ao ser un grupo formado por nenas e nenos de 11 e 13 anos, fai que o suceso sexa máis espectacular e máis accesible á prensa. Pero, no tocante ó tirón popular non hai color,ningunha das súas cancións chegan ao millón de reproducións en Youtube.

Hai que aceptar, que, como di este artigo, moitos dos prexuízos contra este estilo, xorden das propias cancións e nos propios artistas. Pero, os medios, non deben nunca apoialos. Porque a censura e a discriminación que exercen sobre este xénero é evidente e fai, que en moitos casos os mozos se vexan como culpables por escoitala.

Referencias:

-Antena 3 (28 de Decembro de 2015). ToteKing: “vivimos en un país racista,machista y en el que hay censura” – Al Rincón. Youtube (Conta de Antena 3): https://www.youtube.com/watch?v=gXwc6MuX0pU

-El 1 digital (29 de outubro de 2015). Rap contra los prejuicios. (Versión dixital): http://www.el1digital.com.ar/articulo/view/55456/rap-contra-los-prejuicios

-La voz de Galicia (15 de Abril de 2015). El nuevo vídeo del rapero santiagués Arce suma 130.000 visitas en Youtube en 3 días. (Versión dixital): http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2015/04/15/rapero-compostelano-arce-suma-nuevo-video-130000-visitas-tres-dias/00031429088810157300843.h

-Letras en inglés ( 2013). Robin Thicke- “blurred lines” traducida al español. (letraseningles.es):http://www.letraseningles.es/letrascanciones/traduccionesPR/RobinThicke- BlurredLinesTraducida.html

-Negratinta (28 de Marzo de 2016). El rap y los medios. Negratinta.com : http://negratinta.com/el-rap-y-los-medios/

-Yahoo respuestas (2010). ¿Está mal escuchar rap?. (Es.answers.yahoo.com): https://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20100927174207AAdWlCO

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 21/04/2016-16:00

Revisión do GBO: 21/04/2016-17:00

Publicación:21/04/2016-18:20

 

Advertisements

13 comentarios en “O Rap como “música de yonkis”

  1. María Aneiros Aneiros – S1A1

    Boas Antón,
    Creo que realizaches un artigo moi interesante sobre o que todos debemos reflexionar. A censura estivo presente no noso pasado e agora, que xa superamos aquelas ridiculeces de cortar escenas de películas americanas por haber nelas comportamentos inapropiados para os nosos gobernantes de aquel entonces, ou de ter que traer certos libros agochados nas maletas dende Andorra, parece que a cousa non cambiou tanto como debera. A música é unha forma de arte, de expresar, igual que o é o cine, a literatura ou a danza. Cando censuran unha peza de arte están a censurar un pensamento. Resulta que un rapeiro ten que coidarse do que dí pero un pintor non ten que cohibirse á hora de pintar un espido, coma si o ten que facer un cineasta. Onde esta o límite entre o que podemos ver e escoitar e o que non?
    Noraboa por aportar esta visión ao campo de debate e só agardo que nuns anos vexamos a censura agora exercida como algo tan ridículo coma agora vemos a exercida anos atras.

    Revisión do GBO: 21/04/2016 20:00

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Moitas grazas María. Estou totalmente de acordo co teu razoamento, e, é que non debemos esquecer que a música é unha forma de expresarse, tan válida como calquera outra. Cada vez, menos xente se acorda de que tamén é un arte. O que pasa, é que, téndese a considerar como arte só a música clásica. Pero, aínda se non fora arte, sería censura cultural. De todas formas, chamándolle arte ou cultura, é inaceptable que, como ti dis, sigamos a ver o mundo como os nosos antecesores dos anos sesenta e setenta. Daquela, censurábanse escenas, que viñan nas películas estranxeiras, agora, censúranse ás letras que crean os nosos artistas. Entón, está claro que imos a peor, se non nos deixan manifestarnos nas rúas, e tampouco mediante a cultura, onde agarda a nosa liberdade de expresión?

      Gústame

  2. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

    Antón, tal e como dis, o xénero do rap é o máis ametrallado polas emisoras de radio e polos medios en xeral. Nunca vemos noticias sobre unha xira de Violadores del Verso ou de Kase.O. En cambio, se calquera grupo de pop español emerxente fai un concerto, por íntimo que sexa, adoita aparecer nos xornais e incluso en portada.

    Isto nos leva a plantexarnos por qué esa censura intencionada contra o rap. Quizais podería deberse ao feito da linguaxe empregado en algunhas cancións pero, ¿acaso o pop ou o rock non empregan linguaxe “inapropiado”? Todo esto débese a unha terrible xeneralización que sempre termina no mesmo: prexuízos. Cadena 100, 40 principales, Kiss FM…todas elas non teñen reparo algunha á hora de emitir, tal e como dis, cancións de sesgo machista e dañino. E, é que, o diferente adoita dar medo. O que se busca é vender, non satisfacer ao público.
    A música non só é un disco de Lady Gaga ou o novo ‘single’ de Miley Cirus. Música é o clásico, o pop, o indie, o rock, o rap… E aquel que pretenda ter unha radio musical e non emita diversidade, non o estará facendo da forma correcta.

    Incorporo aquí un enlace cunha lista das canciones consideradas como as máis “dañinas” do pop:
    https://chemisanchez.wordpress.com/2012/10/21/top-10-canciones-machistas/

    Revision GBO: 22/04/2016 22:53

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Hola Lucía! Grazas polo comentario, esa lista das dez cancións mais machistas, é, cando menos, moi curiosa, e sorprende ver os Beatles nela. Respecto o que dis, sobre a discriminación deste xénero, estou totalmente de acordo contigo. Non é entendible a censura que sofre en tódolos medios. Persoalmente penso que, en parte, é culpa da sociedade española. Estamos en pleno 2016, e a xente, pola rúa, se segue alterando cada vez que lle chamas “cabrón” a un amigo. Non sei, quizais, é unha consecuencia da forte disciplina á que se viu sometida a meirande parte da poboación durante o réxime franquista.
      O que si é verdade, é que xa se está indo demasiado lonxe. Xa non é só que censuren, as míticas cancións de rap, que van contra o sistema, cousa que tamén é vergonzosa, senón que discriminan a canción por estar escritas na nosa lingua. Se escribes un rap en inglés, tes máis oportunidades de entrar no radar dos medios, que se o fas en castelán. Estamos a subestimar o noso idioma?

      Gústame

  3. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Gústame que trates este tema no teu artigo xa que é certo que os medios non promocionan rap a no ser que sexan rapeiros moi recoñecidos. De todas formas discrepo co de que Hard e Arce sexan bos rapeiros. Coñécoos desde hai catro anos e vin como as visitas nos seus vídeos foron aumentando pero sempre me preguntei o por qué. O de Hard é algo máis polo meu gusto, pero Arce, como supoño moitos otros artistas, teñen letras machistas e con moi poco fundamento.

    O rap está cambiando. Naceu nos Estados Unidos e pisaron moi forte 2PAC, Nototorious, Dr. Dree, Run-DMC ou os Bestie Boys, entre otros. Eles sí que sonan na radio porque o seu prestixio é incuestionable. Denunciaban nas súas letras temas como o racismo ou a vida da calle, porque a diferencia que moitos que actualmente falan de ela, eles sí que se criaron nela. Pero como dixen antes o rap cambiou, é obvio. En España atopamos un panorama no que o referente, dende o meu punto de vista é C. Tangana, coñecido hai uns anos como Crema. Boa producción e boas letras e bo directo. Outro tipo de rap podería ser o que fan Corredores de Bloque ou D.Gómez en solitario.

    Con todo isto quero dicir que o rap case non existe nos medios de comunicación, o que desemboca en que si non soa na radio a xente non coñece. De todas formas non hai tanto rap de calidade como querríamos, pero tampouco pop, pero o segundo é o que quere a xente. Música simple, pegadiza e bailable. Non falo do reggeton porque levaríame uns parrágrafos máis.

    Incido en que gustoume moito este tipo de artigo, porque é moi necesario.

    Revision GBO: 22/04/2016 23:34

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Boas Carmen, e grazas polo comentario. En primeiro lugar, debo dicir que eu tampouco considero como bos rapeiros a Hard e Arce. Aínda que Hard é máis do meu gusto, por escribir letras con bastante fundamento na sociedade actual. Un exemplo é este tema, que é do ano pasado: https://www.youtube.com/watch?v=GXnNyo-LWgA

      Respecto o que dis sobre os referentes actuais do rap español, discrepo. Penso, ademais con seguridade, de que os referentes , por prestixio e fama, son SFDK e Violadores do Verso. Tamén Frank T, aínda que anda desaparecido do panorama musical nos últimos anos. Pero aínda así, o que máis quero sinalar e esa discriminación da que falábamos. Non importa que artista sexa, “se fai rimas e leva a gorra para atrás”, xa non entra na programación. Problema de prexuízos.

      Gústame

  4. RODRÍGUEZ FILGUEIRAS, EILA – S3B3

    Boas Antón!
    Parabéns polo artigo! Como fan do xénero dende fai moitos anos, sentinme identificada co que dis. Efectivamente en España dáselle moita máis importancia á musica estranxeira que á local, pero non só en temas de rap, senón prácticamente en todos os xéneros. Se miramos na lista dos 40 Principais desta semana (http://los40.com/lista40/), vemos cales son as 40 cancións máis escoitadas en España. Temos que contar cos dedos das mans as composicións de industrias locais.
    Falando dun xénero como é o rap, atopamos aínda máis dificultades. Como ti dis, ao ser un xénero moitas veces de denuncia social ou que inclúe palabras malsonantes póñense moitas trabas para que saia en medios públicos como a radio. Pero, collendo o mesmo artista como exemplo, Snoop Dog, deixo aquí a letra traducida da súa última canción “California Roll” que nos imos cansar de escoitar na radio (http://www.noticias.com/entretenimiento/letra-en-espanol-california-roll-nueva-cancion-snoop-dog-stevie-wonder-pharrell-williams.html). A canción fala da marihuana e inclúe palabras malsonantes, pero parece que non se lle aplica o mesmo criterio que ás españolas.
    Nunca escoitei ningunha canción dos meus grupos favoritos de rap na radio, como SFDK ou Violadores del Verso, aínda tendo en conta que algunhas das súas cancións non teñen un vocabulario soez ou malsoante. Deixamos así en evidencia a silenciación sufrida por este colectivo, que parece que os medios non queren que se extenda.

    Revisión do editor: 13:05

    Revisión do coordinador: 13:19

    Hora de publicación: 13:41

    Gústame

    1. Lestón, Lago, Antón – S1E6

      Boas Eila! Encantoume facer este artigo porque era algo que levaba pensando dende fai tempo, e cos vosos comentarios encontro que non era o único. Como ti ben dis, a parte do rap ( que xa é una discriminación esaxerada) parece que se esta a censurar a nosa música, a española. Mentres sexan en inglés, da igual que as 40 cancións que soan na radio musical máis importante do país, teñan todas o mesmo estilo, a mesma estrutura, ata case as mesmas letras. Como en moitos outros ámbitos, búscase unha sociedade homoxeneizada (que a todos nos guste a mesma roupa ou a mesma música). Pero isto non se debe permitir, estamos permitindo que se apoderen de nós, “mandan” cal é a música que temos que escoitar.

      Pois non quero escoitar a inglesa, e non quero escoitar o rap en inglés, pois non o entendo perfectamente, e se algo importa no rap, no bo evidentemente, son as letras e o significado das cancións. Como esta, dun dos meus rapeiros preferidos, Kultama:
      http://versosperfectos.com/canciones/kultama-paletos

      Gústame

  5. Ola Antón!

    Estou totalmente a favor de todas as liñas que defendes. O rap, o reggae, o dub, o techno e demais estilos de música alternativos encádranse sempre no típico ‘iso é o que escoita un kinki’.

    É curioso, dado que chega o verán e todo o mundo baila con cancións como o ‘Taxi’, que o único que fan é reforzar a postura patriarcal de que a muller é un obxecto sexual e fomentan o acoso e a perda de valores. Ata os nenos pequenos bailan con música deste tipo que, casualmente, lle poñen seus pais.

    Mais hai que ter en conta outra cuestión. Coma defensora do rap, non podo defender a liña que seguen artistas como Arce ou Hard GZ. Nos medios de comunicación non aparece a súa música, e menos mal. O contido sexista intrínseco na maior parte das súas cancións é un deses lastres que hai que exterminar na nosa sociedade.

    Arce, de feito, publicaba ainda hai pouco en Twitter que ‘las zorras presumen tener a muchos hombres trás ellas, es normal porque todo lo que está en oferta y barato siempre atrae muchos clientes’.

    Por desgraza, outros ‘rapeiros’ marcan esta liña. Todos coñecemos a Costa, ese salvaxe que para facer unha canción tan só precisa unha base e frases que combinen con ‘puta’, ‘guarra’ ou ‘zorra’. Parece que o Pitbullismo chega ata os xéneros máis útiles e reivindicativos. Adxunto un enlace dunha nova dunha cancelación dun concerto de Costa por esta razón.

    http://www.20minutos.es/noticia/2644786/0/cancelan-concierto/rapero-costa/letras-machistas/

    Saúdos!!

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón – S1E6

      Ola Ana! Como ti ben dis, o rap non é o único xénero que se atopa sempre cá censura. De feito, este artigo, en principio, tamén ía a tocar a problemática ca música techno, pero despois dinme conta que sería demasiado longo.

      Por outra parte,vexo que non me expliquei ben ao falar de Hard Gz e Arce. No texto non quero amosar a miña aprobación ou non hacia eles, só quería facer ver a desigualdade do tratao da prensa. Non porque sexan bos ou malos, senón porque están a ter moitos seguidores e a encher salas por toda España. Situación que, por iso, enfrontei ca de Furious Monkey House. Respecto a se me gustan ou non, podería defender a Hard nalgún tema como Antifascistas(https://www.youtube.com/watch?v=GXnNyo-LWgA ), pero non a Arce, pero é evidente que ten tirón, e lle guste ou non aos medios, é un “personaxe público” para unha parte da poboación.

      Gústame

  6. Boas Antón. Paréceme un artigo moi interesante, xa que falas de cousas que pasan desapercibidas no día a día. Os estilo de música son outra das estratexias dos medios para definir ás persoas e incluílas nun grupo social determinnado. A concepción de rap que se ten neste país é moi equívoca, xa que hai moitos tipos de rap diferentes e por suposto moitos artistas. No meu caso, gústame moito escoitar a raperos como Sharif, KaseO, Lechowski ou Rapsusklei. Asegúroche que podes escoitar toda a discografía de cada un deles, pero non atoparás letras machistas, sexistas ou racistas.
    O problema dos medios do noso país é que os xornalistas seguen sentíndose superiores a nós, é dicir, cren sabelo todo. Imaxínome a traballadores dalgunha emisora de radio criticando ás letras dalgún rapero e dándolle o play despois, como ben dixeches ti, a Snoop Dog.
    Antes de rematar, quero engadir unha entrevista do xornal 20minutos.es a Sharif, que pode que axude a cambiar a forma de ver a estos artistas. http://www.20minutos.es/entrevistas/sharif-fernandez/577/

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón – S1E6

      Grazas polo comentario Nagore! Como ti, penso que artigos como este serían importantes na nosa prensa, pois é un problema do que non te das conta se non cho din. Efectivamente, a música, é outro dos instrumentos que usan os medios e, “o poder”, para marcarnos a todos cunha etiqueta. Agora, como xa dixen en comentarios anteeriores, parerce ser que a todos nos ten que gustar a música inglesa que domina os 40.

      Respecto o que escribes sobre a concepción dos rapeiros, non podía estar máis de acordo. Pénsase en “tipos informais”, incluso se relacionas con criminais moitas veces. Seguramente, moi poucos saben que un dos mellores rapeiros que dou este país, é un gran estudoso de filosofía, e chegou a traballar de mestre nalgún momento da súa vida. El é Lírico, posiblemente o mellor escritor de todo o rap español. Aquí unha pequena mostra, nunha das miñas cancións favoritas: http://www.musica.com/letras.asp?letra=940266

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s