Traballo e verdade son as dúas caras do xornalismo. A verdade, o fin; o traballo, o camiño

fotografía sd-real.co
fotografía: sd-real.co

 

Negreira Chaves, Isabel. S2C5

Tras meses de observación das publicacións sobre temas relacionados cos colectivos sociais mais vulnerables nos medios de comunicación, no caso que nos ocupa a “Terceira Idade” podemos comprobar que existe unha verdadeira conciencia para dar relevancia, voz e protección a este colectivo. Tanto na prensa local coma na nacional publícase polo menos un artigo semanal sobre o tema polo que pódese considerar que os medios de comunicación cumpren co seu rol de dar voz aos colectivos ou individuos que o precisen. O tratamento da información é veraz pero incompleto xa que nas noticias esquecen as causas e consecuencias que han provocado esa noticia e ante un contexto tan escaso distorsionase a información e polo tanto a comunicación.
A falla de obxectividade, debida a un paternalismo implícito, provoca unha limitación na súa función de demanda social que leva consigo a comunicación entre as persoas (fonte/problema) e a solución (intervención de Poderes Públicos) e ao mesmo tempo, a sociedade , xera unha opinión que pode estar moi alonxada da realidade posto que carecen de todos os datos para elaborar, con criterio, unha conclusión acertada.
Outro dos fallos ou carencias no tratamento informativo é o tratamento superficial, buscando a espectacularidade o que leva á desvalorización ou perda de credibilidade das persoas sobre as que se está a informar.
Por exemplo, nesta noticia dísenos que o xubilado soamente cobra 650 € ao mes, pero non nos explica porqué. Si traballou toda a vida e incluso ten aforros, como manifesta o entrevistado, atopámonos con preguntas coma: ¿Por canto diñeiro ou canto tempo cotizou este traballador?, ¿é vítima ou cómplice dunha economía somerxida? Non sabemos si está, ou non, xustificada esa pensión (falla de información e contexto).
Outro exemplo ou maneira de facer as cousas podemos observalo no articulo publicado en El Correo Gallego o 7 de abril do 2016 ”Más de 121.000 maiores viven solos en Galicia, la mayoría mujeres”, a maneira de afrontar a información amósanos dúas visións do mesmo problema; a das persoas que viven solas por necesidade e as que o fan por propia decisión, como declara un xubilado no reportaxe. A contextualización aporta participación á comunicación dotándoa de credibilidade e ao mesmo tempo respecta a dignidade das persoas da Terceira Idade non cosificándoas.

Indicador:
– Tratamento informativo

Revisión do editor: 20/04/2016 18:45

Revisión do coordinador: 20/04/2016 20:15

Publicada: 21/04/2016

Advertisements

4 comentarios en “Traballo e verdade son as dúas caras do xornalismo. A verdade, o fin; o traballo, o camiño

  1. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    A falta de obxectividade é un dos grandes problemas dos medios de comunicación e das persoas en xeral. É frecuente, tras un conflicto, escoitar a ambas partes debatir cal é a visión dos dous que máis razón ten, é dicir, quen se achega máis a realidade. De seguro nalgunha situación similar tedes escoitado iso de: Cada un ten a súa verdade. Non,é imposible, feito hai un, verdade hai unha e opinións moitas, pero a opinión non vale nada á hora de informar.
    Como ben comentaches unha das formas máis comúns de obviar á obxectividade é non contextualizar ou acortar un titular só para que chame a atención.
    A semana pasada tratei un tema similar e puxen o exemplo que se soe usar: “Dos rumanos roban en una casa, pegan al dueño y estrellan su coche al huir”.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2015/04/15/dos-jovenes-rumanos-roban-casa-pegan-dueno-estrellan-coche-huir/0003_201504O15C7995.htm
    Seguramente todos nós nos cuestionemos a necesidade de añadir a nacionalidade no titular porque non aporta nada. O único que os medios consiguen con este tipo de titulares é crear unha visión equivocada dun colectivo, xeralizar e e invisibilizar, ademáis de acentuar, o problema da xenofobia. Todo aquelo que os vosos indicadores señalan e o que un medio de comunicación nunca debería facer.
    O mesmo ocorre nesta noticia onde, de novo, a nacionalidade cobra protagonismo no titular: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2016/04/19/detenido-palma-marroqui-vinculado-estado-islamico/00031461046707532830717.htm

    A descontextualización é un gran problema para a sociedade, á que lle resulta case incapaz seguir ao día o que ocorre no mundo. Ultimamente as noticias refentes ao Estado Islámico son moi comúns. Sen embargo en poucos medios podemos coñecer o problema de raíz para comprender as últimas accións ocorridas en canto ao tema. O verdadeiro asunto é que se crea unha falsa sensación de información, porque saen noticias á luz e hai diversos medios entre os que escoller, pero non é así. Un cidadán corrente seguramente non comprenda como se creou o conflito entre Israel e Palestina, aínda que se vexan novas continuamente.

    Aínda que ti levas traballado máis acerca deste tema, polo que seguramente teñas moito máis coñecemento sobre o mesmo, teño que disentir en canto a que o colectivo de persoas maiores está tratado de maneira bastante correcta nos medios. Ben é certo que se mostran publicacións frecuentes en canto ao asunto pero a información que proporcionan non é sempre noticiable e útil. Recordemos o caso das preferentes, aquel no que tantos anciáns foron manipulados e estafados. Recordo entrevistas a afectados pero, sen embargo, a voz de este sector non se escoitou o suficiente, as noticias amosaban a visión de expertos, economistas e demáis por riba dos afectados. http://www.lasprovincias.es/v/20110821/comunitat/ancianos-objetivo-estafadores-ladrones-20110821.html Nesta noticia por exemplo, na que se trata o tema das estafas a anciáns, en ningún momento se engade algunha declaración dalgún damnificado.

    Os medios de comunicación deberían estar especialmente atentos a este colectivo e levar a cabo unha labor de visibilización xa que se trata dun grupo que pode chegar a ser moi vulnerable.

    Gústame

  2. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

    Estou de acordo nunha parte do post contigo. Vivimos nun país, nunha sociedade, cunha ideoloxía e convivimos con máis xente a diario, polo tanto, queirámolo admitir ou non, nunca poderemos ser obxectivos de todo. Este artigo apoia esta afirmación tan calra, https://www.linkedin.com/pulse/la-objetividad-existe-jos%C3%A9-luis-benavides . A nosa nenez e as persoas que nos coidaron serán das máis importantes á hora de tomar exemplo. Mais todo isto non creo que sexa unha limitación para demandar socialmente unha solución para os maiores. Tampouco considero que a sociedade estea tan equivocada sobre a realidade que rodea as xeracións máis avellentadas, pois conviven día a día con elas en moitos casos ou exercen do coidado dos netos, como indica esta noticia, http://elpais.com/elpais/2016/04/04/actualidad/1459776134_480073.html .

    Adentrándome na última parte do teu post, sobre a noticia na que tratan a situación de soidade na vivenda de moitos anciáns, na que expós teriamos que dividir entre os voluntarios e non voluntarios. Ben, é un matiz importante, pero non se da unicamente nas persoas maiores. Noticias similares sobre persoas de tódalas idades hai moitísimas. En noticias coma esta, http://www.20minutos.es/noticia/2714677/0/encuesta-hogares-ine-2015/sube/personas-viven-solas/, tratan a información pero non dan explicacións concretas como ás que ti te referías, pois non as hai nin para maiores nin para mozos. Os medios de comunicación non achegan eses datos á sociedade, cando si son importantes para poder separar os voluntarios dos obrigados á soidade diaria.

    Revisión do editor: 09:00
    Revisión do coordinador: 09:30
    Hora de publicación: 11:00

    Gústame

    1. En resposta a teu comentario douche a razón en que a obxetividade está nos ollos de cada un de nos pero canto máis amplas sexan as nosas miras máis ampla será a obxetividade. Por outro lado a convivencia diaria non leva, necesariamente, a recoñecer a realidade. Existen moitos tratados de psicoloxía nos que queda patenta a invisivilidade dos individuos dentro dunha sociedade. Vivimos nunha sociedade da inmendiatez, dos logros materiais e, as veces, estes obxetivos chocan frontalmente coa realidade que nos rodea polo que soémos mirar cara outro lado. Moitas grazas polo teu comentario.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s