Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios

Santiago Cacheiro Requeijo – S1A3

miller
Fotografía publicitaria de “Prison Break”

Ás veces os medios falan sen ser conscientes do dano que causan coas súas publicacions, este é o caso do actor Wentworth Miller, que se viu na obriga de facer pública a situación persoal que atravesaba dende había anos tras unha publicación referida ao seu aumento de peso.

Dita publicación tivo lugar hai unhas semanas e trátase dun meme no que se poden apreciar dúas imaxes de momentos diferentes da súa vida acompañadas dun texto que di: “Saír do cárcere e enterarte do monopolio absoluto de McDonald’s”, facendo referencia así ao seu persoaxe estrela na serie Prison Break. A primeira imaxe correspóndese coa etapa na que Miller era protagonista da popular serie americana, e a segunda cunha imaxe tomada por un paparazzi no ano 2010 na que se pode observar ao actor cuns “quilos de máis”. Rápidamente o meme propagouse coma o lume polas redes sociais e distintos medios online de todo o mundo e o actor tivo que pronunciarse ao respecto.

Na súa carta , publicada na súa páxina de Facebook, o actor comeza explicando o motivo principal do seu aspecto na segunda foto, “que tiña pensamentos suicidas” que lle facían ter un perfil baixo. A continuación explica que sufriu depresión durante moitos anos en silencio e nese momento a única distracción que lle permitía afastarse dos pensamentos autodestructivos era a comida. Como consecuencia subiu de peso e un día foi fotografado por un paparazzi. O resultado é o que podemos ver no meme. Miller confesou importarlle este feito tan pronto se fixo viral, pero logo entendeu que era unha proba da súa curación e superación. O medio, despois de ser publicada esta carta, fixo públicas as súas desculpas  dicindo o que todos sabemos, que a saúde mental non é un chiste, e que o comportamento que tiveran non era aceptable.

Para coñecer a situación de Miller cómpre explicar polo miúdo en que consiste a depresión para contextualizalo mellor, xa que aínda que hoxe en día 350 millóns de persoas a sofre e é a enfermidade mental máis frecuente xunto coa ansiedade, a sociedade segue a estar bastante desinformada no que a saúde mental se refire. A OMS define a depresión coma un trastorno mental frecuente que se caracteriza pola presenza de tristeza, perda de interese ou pracer, trastornos alimentarios ou de sono e falta de concentración, que pode conducir ao suicidio cando se presenta na súa forma máis grave.

Facebook estase a converter dende hai uns anos nunha das principais ventás para visibilizar e dar voz a quen non conta con ela nos medios de comunicación habituais. Esta rede social visitada ao día por millóns de usuarios é coma un xigante medio de comunicación no que as persoas que o empregan confecionan as novas que queren seguir e teñen liberdade á hora de tratar temas que nos medios habituais non aparecerían ou, mesmo como ocorreu co caso de Miller ou doutros

moitos rostros sexan coñecidos ou non, colaborar ou servir de axuda a xente que teña a súa mesma situación compartindo algo persoal. A pesares disto, como en case todo, sempre hai unha cara B e recentemente son varios os medios  de comunicación que se están a facer eco de que o uso habitual das redes sociais principalmente por parte da poboación xoven pode repercutir na súa saúde mental causando depresión ou ansiedade.

Ás veces non nos damos de conta do poder que teñen os medios de comunicación, que con publicacións coma esta só buscan a burla dun tema, neste caso do cambio físico dun actor, e que logo se lle vai das mans. O único que fan é que se cuestione a calidade humana detrás da elaboración de cada noticia e, se iso é o que realmente vende, a calidade da sociedade que axuda a alimentar estes medios de comunicación.

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: 20/04/2016 18:00
  • Revisión do GBO: 20/04/2016 22:00
  • Publicación: 21/04/2016 20:12
Advertisements

4 comentarios en “Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios

  1. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    Sen dúbida este post pode facer recapacitar a moita xente, sobre todo aos xornalistas. Non é a primeira vez que sucede algo así nin vai ser a última desgrazadamente. Con tal de gañar audiencia, lectores ou visitas, os medios son capaces de pisar a calquera e en numerosas ocasións, son conscientes do dano que van causar coas súas publicacións. Recordas o caso de Adele ou do que se fala agora, do aumento de peso de Taylor Laughtner? Está claro que se eres famoso sabes que te estás expoñendo aos ollos de centos de persoas e que os xornalistas te están vixiando, pero non creo que sexa necesario burlarse de ninguén e menos de unha persoa que sufre unha enfermidade como pode ser a depresión. Aínda que non somos conscientes, a depresión é unha enfermidade mental moi grave que pode chegar a límites incribles. Parece unha tontería e é moi complicada de entender, mais para as persoas que a padecen, é o peor que lles puido pasar. Como defendes no post, e estou totalmente dacordo, os medios de comunicación fan bromas ou chistes pesados que se extenden moi rápido e chegan a causar un dano tremendo nas persoas afectadas. Deberíamos concienciarnos para nun futuro fomentar o respeto e a igualdade e deixar de lado estas bromas absurdas que non serven máis que para ofender e crear unha sociedade irrespetuosa e maleducada.
    Deixoche aquí un artigo no que se fala sobre a depresión e sobre a situación da xente que a padece que pode servirche de axuda. http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/salud/2015/11/19/curar-depresion/1353934.html
    Un saúdo.
    Hora de revisión da editora: 25/04/2016 ás 9:37
    Hora de revisión do coordinador: 25/04/2016 ás 9:45
    Hora de publicación: 25/04/2016 ás 10:19

    Liked by 1 person

  2. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Grazas polo teu comentario Sheyla, moi interesante o artigo. Por desgraza claro que non vai ser este o último caso deste tipo porque hai moita xente que consume este tipo de novas (concretamente o medio que publicou o meme ten millóns de seguidores en facebook) e o medio realmente dálle o que queren ver. Isto é verdadeiramente preocupante, pero así é a sociedade na que estamos a vivir, onde todo vale para airear os trapos sucios da xente e nos sentimos mellor ríndonos de como engordou fulanito ou o feo que está menganito. Os seres humanos somos crueis.

    – Revisión do editor: 25/04/2016 13:35
    – Revisión do coordinador: 25/04/2016 13:59
    – Hora de publicación: 25/04/2016 14:15

    Gústame

  3. Costa Iglesias, Nerea-S1B2

    As enfermidades de saúde mental son un dos grandes temas tabú dos medios de comunicación deste país e cando aparece normalmente nunca se fai como debería. Por exemplo a asociación FEAFES Galicia denuncia na súa páxina (http://feafesgalicia.org/ES/content/salud-mental) que moitas veces tanto os xornalistas como a cidadanía en xeral non sabe o que é unha enfermidade mental e que a confunden coa discapacidade intelectual. Ademais advirten do uso dunha linguaxe cargada de prexuízos e estereotipos, como dicir que estas persoas son violentas.
    Nesta noticia do diario ABC http://sevilla.abc.es/hemeroteca/historico-01-09-2005/sevilla/Sevilla/un-esquizofrenico-agrede-a-su-vecino-al-creer-que-se-habia-comido-a-su-familia_61554728790.html fálase dunha persona con esquizofrenia que sufre un brote psicótico e comete unha agresión, pero non explican que iso ocurre porque esa persona non estaba sendo tratada e por iso durante o brote tivo esa reacción da que non era en absoluto consciente. Sen embargo prefrírese contribuír a difusión do estereotipo de persoas violentas.

    Liked by 1 person

    1. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3
      (Publico eu no seu lugar por problemas técnicos)

      Moitas grazas polo teu comentario Nerea. Totalmente de acordo, de feito no último círculo que levamos a cabo, que te convido a lelo se ainda non o fixeches (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/iio-circulo-saude-mental/), falamos da desinformación por parte dos xornalistas Á hora de tratar temas de saúde mental pola falta de especialización e pola carga de traballo. O trato nalgunhas noticias colabora a xerar estereotipos entre a sociedade e iso ten que frearse.

      Hora de revisión do editor: 26/04/2016 16:04
      Hora de revisión do GBO: 26/04/2016 16:30
      Hora de publicación: 26/04/2016 17:09

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s