Xogan os xornalistas coas imaxes?

Patricia Campos Castelos – S1A4

getty images
Getty Images

A maioría das publicación dos xornais van apoiadas por unha fotografía. No caso dos temas nos que se tratan as enfermidades mentais deberían de coidar mellor a privacidade de cada individuo que ten unha enfermidade mental e non dar un dobre sentido ás imaxes que poidan crean na sociedade estereotipos sobre este grupo social.

O punto de partida deste artigo comezou no círculo que celebramos a semana pasada. Un dos seus integrantes, Carlos Martínez, coordinador da Asociación Itínera, sacou o tema das imaxes discriminatorias sobre saúde mental nos medios de comunicación. Carlos apuntou: “Prohibir certo tipo de imaxes só xera estereotipos ou incluso máis discriminación, polo que non se pode crear tabú con respecto as imaxes dos enfermos mentais”.

Á hora de tratar o tema de saúde mental nos medios de comunicación sempre se ilustran as noticias con imaxes nas que aparecen actores que representan as persoas con enfermidade mental, os cales representan basicamente baixo tres visións prototípicas: a do maníaco o a maníaca homicida que hai que recluír, a da persoa adulta con condutas infantís que requiren control externo e a do espírito libre e creativo que produce unha certa admiración. Aínda que tamén podemos engadir a estas tres visións as imaxes nas que saen persoas coa mirada perdida, tendido no chan, tapándose a cara, ou en longos corredoiros escuros cunha luz ao final.

Isto non ocorre nos medios escritos xa que na televisión tamén. Silvia Abril interpreta a Violeta, na serie “La que se avecina”, que representa a unha muller que ten unha enfermidade mental que lle fai ter comportamento violento e ofrecerse sexualmente a descoñecidos. Na quinta temporada, emitida no 2014, potenciaron este personaxe levándoo ao extremo e o ridículo xa que comete actos violentos, autolesiónase, insulta… O único que fai todo isto é potenciar máis a visión distorsionada e denigrante das persoas que teñen unha enfermidade mental, é dicir, alimentan o estigma que sofren cada día estas persoas. Por iso a Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental redactou unha carta  aos responsables da serie para que deixen de alimentas os falsos prexuízos contra o colectivo. O que resultou algo positivo posto que a produtora púxose en contacto con Feafes para transmitir o seu pesar por ofender ó colectivo.

 

Nesta primeira noticia vesanoticia na imaxe unha persoa gritando tras unha saba coma se o estiveran torturando. Xa de primeiras lendo o titular e os subtítulos a fotografía non se corresponde co contido da noticia posto que a nova nos fala sobre as queixas por parte das asociacións de saúde mental e tamén dunha nai sobre o abandono institucional posto que non están ben atendidos e agora sofren o rigor económico xa que o Goberno pensa que é un gasto moi elevado e na imaxe refléxase todo o contrario. Vendo a imaxe, o consumidor da noticia leva a relacionar os conceptos de persoa que ten unha enfermidade mental con violencia posto que vese como o enfermo mental está gritando. Tamén levan a dar unha mala imaxe dos psiquiátricos posto que a fotografía mostra como se torturaran aos pacientes. Co visto ata agora, os medios de comunicación seguen levando as súas noticias ao morbo e se utilizan imaxes así crean estereotipos erróneos.

Na segunda noticia a tratar é sobre a operación con éxito dun paciente mediante a colocación de dous eléctrodos no cerebro que emiten leves descargas chegando así a remitir os síntomas un 35%. Trátase dunha boa noticia xa que poden curar os síntomas desta enfermidade pero o que non está acorde coa nova é a fotografía. Nela aparece un rapaz no cal vese a súa propia sombra dándonos a entender que a esquizofrenia trátase dunha dobre personalidade cando esta enfermidade trátase de deteriorar o pensamentos, a vontade e as emocións. A imaxe só está sendo tabú no sentido de que non amosa o que é a esquizofrenia e que leva a confusión ao propio lector do xornal.

En sínteses, en moitas ocasións unha imaxe fala máis que mil palabras pero cando se trata deste tema non é así xa que o único que fai é crear máis estigmas contra este colectivo. Deben utilizar imaxes acordes co contido, é dicir, que non creen ideas falsas.

Referencias bibliográficas:

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: 22/04/2016 10:00
  • Revisión do GBO: 22/04/2016 11:20
  • Publicación: 12:00
Advertisements

6 comentarios en “Xogan os xornalistas coas imaxes?

  1. Natalia Yáñez Vila- S3C5

    As enfermidades mentais son un dos temas peor tratados polos medios de comunicación, non se fala en sentido positivo destas persoas, só hai noticias relacionadas con delitos ou violencia. Pouco a pouco van xurdindo algunhas publicacións que se preocupan por amosar que moitas destas persoas levan unha vida totalmente normal, e fano a través dos famosos, con listaxes que citan a actores ou cantantes con algún tipo de transtorno.

    Pero onde aínda non hai avances é precisamente no campo da fotografía, xa que ao ser un tema tabú non se adoita poñer o rostro de persoas. Por que? Pois porque temos medo deles, cremos que son perigosos e que hai que preservar a súa identidade para non avergoñalos a eles nin ás súas familias. Pero hai algúns xornais virtuais que sí se atreven a publicar fotografías co fin da concienciación e que denuncian o trato que recibe esta comunidade en cárceres e noutros países, algo que resulta inimaxinable facerlle a un ser humano. http://peru.com/actualidad/internacionales/eeuu-espeluznantes-fotos-enfermos-mentales-prisiones-noticia-256162
    http://www.upsocl.com/mundo/19-perturbadoras-fotos-de-enfermos-mentales-de-indonesia-muestran-su-vida-en-la-pobreza-absoluta/

    O seguinte informe fala do presente e do futuro das enfermidades mentais en España,os principais transtornos son analizados das mans de expertos, deste xeito podemos coñecer a realidade deste colectivo e velo dende un punto de vista máis humano e aceptar que calquera pode padecelos e que non significa que haxa que huir deles.
    http://www.inesme.com/pdf/informediciembre11.pdf

    Gústame

    1. Campos Castelos, Patricia – S1A4

      Moitas grazas polo teu comentario Natalia. Estou moi dacordo con todo o que dis xa que por iso mesmo decidin realizar este artigo posto que a imaxe das persoas que teñen unha enfermidade mental está moi dañada nos medios de comunicación, xa que eles mesmos son os culpábeis.

      Como ti mesma dis, en moitas publicacións se amosan que as persoas que teñen unha enfermidade mental poden levar unha vida completamente normal e o transmiten a través dos famosos. Pero aínda así os propios famosos teñen medo de dar a coñecer a súa enfermidade. Como nos presentou Carlos Martínez, coordinador de Itínera, tiñan un cartel publicitario no que aparecían algúns deles pero por medo non se chegou a amosar nos medios de comunicación.

      Gústame

  2. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    É certo que os medios de comunicación informan sobre os enfermos mentais, mais non o fan de unha maneira clara e respetuosa como o fan con outros temas. Ademais, se nos poñemos a falar sobre as fotografías que publican acompañando a información, na meirande parte das ocasións chegaríanos a sorprender o ofensivas que son. Moitas veces acompañan o texto con imaxes de xente tirada no chan ou coa mirada perdida, imaxes que para nada amosan interaccións sociais, senón que nos trasmiten lástima, soidade e mesmo rexeitamento. Así, os medios creannos certos prexuízos sobre as persoas con enfermidades mentais cando en verdade, a enfermidade non lle cambia o aspecto físico, co cal escollen imaxes sensacionalistas que atraian de mellor maneira aos lectores. Déixoche un manual que pode servirche de axuda sobre os coidados que teñen que ter os medios en canto a este tema nas súas publicacións, https://consaludmental.org/publicaciones/GUIADEESTILOSEGUNDAEDICION.pdf
    Hora de revisión da editora: 24/04/2016 ás 14:30
    Hora de revisión do coordinador: 24/04/2016 ás 19:00
    Hora de publicación: 25/04/2016 ás 6:53

    Liked by 1 person

    1. Campos Castelos, Patricia – S1A4

      Moitas grazas polo teu comentario Sheyla. Estou moi dacordo con todo o que dis xa que en esencia é o que dixen no meu artigo. Os medios de comunicación só buscan o sensacionalismo e o morbo xa que amosan só esas imaxes que nombraches ti. Por iso mesmo á hora de falar de enfermidade mental, a xente ten a imaxe de alguén gritando e non de unha persoa como outra calqueira. Basta xa deste esteotipos posto que unha persoa que ten unha enfermidade mental pode ser incluso máis intelixente cunha persoa que non a ten.

      Gústame

  3. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Boas tardes Patricia! En primeiro lugar, quero felicitarte por este artigo. A verdade é que é moi interesante e trátase de algo que é tan usual, que non nos decatamos da problemática que conleva.

    As imaxes nos medios, por suposto, deben ser respetuosas pero, ademais, tamén deben representar unha realidade. O caso que comentas de Silvia Abril é algo decepcionante. Son seguidora da serie e admiro á actriz, mais cando se denigra a posición dun colectivo non hai risas nin marabillosas actuacións que vallan.

    A integración do colectivo ten que ser algo primordial na nosa sociedade e este tipo de situacións, lonxe de crear unha situación igualitaria, só conseguen desprestixiar a posición do colectivo.

    Atopei este artigo sobre a integración dos enfermos mentais que podería ser de gran axuda: http://elpais.com/diario/1999/10/26/sociedad/940888829_850215.html

    Un saúdo e gran traballo.

    Liked by 1 person

    1. Campos Castelos, Patricia – S1A4

      Boas Gemma! Moitas grazas pola túa achega e tamén o enlace, xa que me serviu de axuda para seguirme informando sobre o tema que esta a tratar o meu grupo.

      É certo que as imaxes que se publican sobre personas que teñen unha enfermidade mental deben de mostrar a realidade e non crear os estigmas que teñen a xente por parte dos medios de comunicación. Eu coma ti, son seguidora da serie, e a verdade que ninguén que teña unha enfermidade mental se comporta como o persoaxe, Violeta.

      Un saúdo e grazas.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s