Acción, reacción, repercusión

Cascales Quiroga, Gádor- S1E5

periodistas-prensa

Imaxe recuperada de silviaalbert.com

O papel do xornalismo na sociedade é fundamental, hoxe e sempre, así foi dende os seus inicios. O xornalista é aquel que ten a capacidade de informar á poboación e, polo tanto, de formar opinión pública, e é quizá ese segundo feito o máis importante de todos, o de formar á poboación. Por iso, o noso papel é fundamental, e moitas veces non lle damos a importancia que merece, ou simplemente o esquezemos, pero cando escribimos unha noticia, o simple feito de utilizar un léxico determinado, ou de engadir algún termo considerado como pexorativo, pode influír na percepción da realidade das persoas.

É o que ocorre con esta noticia publicada por La Voz de Galicia, o 10 de novembro do 2015,  ensinouma o xoves pola tarde o psicólogo José Manuel Oreiro, e non puiden ficar máis sorprendida. O titular “El final de las discotecas de tarde lleva las peleas juveniles a las calles de A Coruña” suscita dous pensamentos: o primeiro é que os mozos, nas sesións de tarde das discotecas, só se pelexaban, non facían outra cousa, xa que ao desaparecer estas teñen que pelexarse nas rúas, e por outra banda que agora, os habitantes da Coruña non van poder saír das súas casas por temor a isto, de feito, se continuamos a ler vemos que a noticia pon: “La agresividad juvenil sigue ahí. Cambia el modo de manifestarla y, sobre todo, el lugar. Si hasta la década pasada los problemas se solían registrar en las sesiones de tarde y tarde-noche de las discotecas, ahora lo hacen en las zonas de botellón o las proximidades de centros comerciales”, ademais de asociar palabras como “botellón” e “agresividade” aos mozos, crea unha realidade completamente distinta.Imaxino a unha persoa lendo isto con total descoñecemento do tema, encerrada na súa casa por temor a atopar unha imaxe como esta se sae á rúa. Ademais, segundo podemos extraer da noticia, estas pelexas so están protagonizadas por mozos, son os únicos que beben sen control nas “zonas de botellón” e despois temos que aturar que se pelexen.

Por outra banda, se continuamos lendo podemos ver que o xornalista tomouse a molestia de sinalar as zonas da cidade onde podemos atopar estas situacións e que é mellor evitar. De feito, esta noticia parece a folla de consellos que che proporcionan nas axencias cando contratas unha viaxe a unha zona “potencialmente perigosa”. Con todo isto, podemos dicir que o tratamento da información é superficial e espectacularizante, é dicir, en toda a noticia, a única fonte que aparece é a policía, e non os seus verdadeiros protagonistas, os mozos que participaron nalgunha pelexa, aínda que esa é outra, ao non aparecer as persoas implicadas neses feitos, da unha sensación de que todos os mozos son agresivos, todos participan en pelexas, non se teñen en conta ás persoas como suxeitos individuais, senón como suxeitos pertencentes a un grupo cunhas determinadas características que poden concordar, ou non, coa verdadeira personalidade de cada un deles. Ademais, o emprego de termos superficiais como “botellón” ou “agresividade”, como dixemos anteriormente, so crea morbosidade que banaliza a información e desvaloriza ás persoas que participan nela.

Os xornais están cheos de noticias como esta e as consecuencias son artigos de opinión como este publicado tamén na La Voz de Galicia nel aparece, xa ó comezo : “agora a diversión é vandalismo, romper cousas, facer pintadas, mexar onde vén ben, tirar botellas rotas, queimar porteiros automáticos, meterse coa xente, poñerse de alcol e outras sustancias ata as orellas… É dicir, un caos”, esta é a repercusión da acción emprendida polos xornalistas que criminalizan a xuventude, esta é a imaxe dos mozos hoxe en día. Falando deste tema o pasado martes con Iris Rois, membro da asociación Wikitrans pola defensa dos dereitos dos mozos transxénero, díxome algo que comparto totalmente: “las consecuencias son más que visibles, solo que estamos tan acostumbrados a ellas que no nos damos cuenta.Por ejemplo, los vecinos miran mal a los estudiantes que se acaban de mudar a su bloque, tienen miedo de que sean unos fiesteros que no les dejen dormir por las noches, eso es lo que leen y eso es a lo que temen, aunque sean personas tranquilas, que aunque les guste salir, sean civilizadas y sepan lo que deben o no deben hacer”. Como dicía anteriormente, non se trata aos mozos como persoas individuais, son todos membros dun mesmo grupo coas mesmas características, e esta crenza se alimenta das informacións morbosas dos xornalistas, e non terminará ata que entendan o poder que teñen, para ben e para mal, e que poden cambiar a maneira de pensar da xente, cambiando o tratamento das súas informacións.

Para rematar despídome cun monólogo do gran xornalista Gay Talese, no que destaca o lado humano do xornalismo, a necesidade de tratar coas persoas, de tratalas non só como fontes, de ter en conta as súas experiencias, a súa vida, para facer bo xornalismo, para rescatar “el lado humano”, e polo tanto, para poder formar, correctamente, á poboación. 

Referencias:

-Javier Becerra. (2015). El final de las discotecas de tarde lleva las peleas juveniles a las calles de A Coruña. 21 de Abril de 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/11/10/final-discotecas-tarde-lleva-peleas-juveniles-calle/0003_201511H10C19911.htm

-Juan Ordóñez Vuela. (2016). Cuestión de educación. 22 de Abril de 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/04/05/cuestion-educacion/0003_201604B5C11992.htm

-Juan David Torres Duarte. (2015). El periodismo según Gay Talese. 22 de Abril de 2016, de El Espectador Sitio web: http://www.elespectador.com/noticias/cultura/el-periodismo-segun-gay-talese-articulo-596379

Hora de publicación e revisión:
Revisión do editor: 22/04/2016-16:00
Revisión do GBO: 22/04/2016-18:00
Publicación:22/04/2016-20:45

Advertisements

14 comentarios en “Acción, reacción, repercusión

  1. González García, Julián S2A

    Ola Gádor! Non cabe ningunha dúbida de que o xornalismo e os medios de comunicación desempeña un papel na nosa sociedade. Xa que son os que nos permiten coñecer o que pasa no mundo e por tanto nos permiten formar a nosa propia visión do mesmo. Por eso debemos ser moi precabidos á hora de elaborar a nosa información e facelo co máximo rigor posible.

    A verdade é que esa noticia que mencionas do peche das discotecas de tarde na Coruña paréceme totalmente fora de lugar. Porque para empezar, tampouco eran algo tan concurrido pola xente nova en Coruña. Os meus amigos apenas iban e se o facían sería un día á semana, como moito. E os demais días seguían saíndo por Coruña e non pasaba nada. Así tampouco hai motivo para ter medo agora. Non quero decir que non se den peleas, pero non creo que sexan tan alarmantes.

    A nova deixa á xuventude coruñesa en moi mal lugar e eso está mal, porque non se pode xeneralizar. Como dixen, sí que hai moitas conductas que son reprochables e que deberíamos intentar cambiar na xente xoven, máis non me parece que esta sexa a mellor forma de facelo. Penso que a noticia debería aportar máis datos e levar un enfoque totalmente distinto. Porque senon contribúese a crear unha imaxe errónea entre a sociedade que tan só empeorará a situación.

    Revisión da editora: 24/4/2016 ás 11:40

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador S1E5
      Tes toda a razón Julián, e entiendo perfectamente o teu descontento pola situación. O problema de todo esto reside en que os medios de comunicación trátannos como axentes de consumo, e no como persoas con dereito, pretenden dar visibilidade ao noso colectivo, pero en vez de iso, dan unha imaxe errónea e totalmente fora de lugar, igual que ocorre cos mozos pertencentes a outras etnias ou relixións. En vez de mostrar a nosa realidade, nos criminalizan grazas ao tratamento que fan da súa información, por iso é tan importante que nos percatemos do que está a pasar, para non repetir os mesmos erros no futuro e lograr que a situación cambie.

      Gústame

  2. Ola, Gádor!

    Primeiro de todo, moi interesante e bo artigo. Estou totalmente de acordo contigo. Mentres lía o teu artigo, non fixen máis que lembrar aquela vez que un estudante portugués que está de Erasmus aquí en Santiago destrozou o baño do pub Casa do Patín.

    E foi portada. Iso foi o que máis me estranou. Se ben é certo que o rapaz non o fixo ben, por que levalo ás portadas dos xornais?
    Decidín darlle unha ollada aos corpos de noticia, e non podo darte máis razón no que comentas. En El Correo Gallego (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/un-estudiante-eramus-portugues-lia-un-zipizape-casa-do-patin-santiago/idEdicion-2016-02-22/idNoticia-981505/) podemos ver palabras como “altercado” (que segundo o dicionario, a definición é “discusión”), “acciones violentas” ou referencias como “…de este sujeto” (despersoalización).
    Iso non queda aí. A sesión informativa continuou no mesmo xornal (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/vandalo-casa-do-patin-arranco-incluso-tuberias-tres-banos/idEdicion-2016-02-23/idNoticia-981746/). Esta vez, os actos do rapaz califícanse de “vandálicos”. En todo momento, faise mención da Policía, dos destrozos do local, de que son “Erasmus”… e repito: foron portada na edición en papel! Non habería cousas máis importantes, supoño.

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 26/04/2016 ás 12:30

    Gústame

    1. Olá Ana! Tes toda a razón no que comentas, ademáis debo dicir que en todo o traballo non me lembrara da noticia que mencionas, e iso foi porque non me chamou a atención o tratamento informativo da mesma cando a lin, e nesta mesma línea, cabe dicir que a noticia publicouse moito antes de que comezara con este traballo, e por aquel entonces estaba tan acostumada a ler noticias de ese tipo que non lle din importancia, aínda que o tratamento fose totalmente erróneo e que as mostras de criminalización fosen totalmente patentes, xa que é evidente que se está a relacionar todo o tempo a palabra xuventude con violencia. Por iso é importante que nos demos conta do que está a suceder, e que nos percatemos de estas cousas, e non so no que se refire á mocidade, senón en todos os temas tratados neste OCC.
      Un saúdo!

      Gústame

  3. Meda López, Xiana – S2b6

    Boas tardes Gádor!

    Estou de acordo co teu artigo, tanto na introducción como na análise da noticia de La Voz de Galicia. O certo é que a criminalización dos xoves é algo frecuente nos medios de comunicación. Moitas veces de maneira inintencionada e outras con intención.
    Volvendo ao exemplo que das, paréceme pouco profesional redactar unha noticia basándose só nunha fonte, que neste caso nin sequera é a afectada. Sería importante darlle voz as persoas implicadas, e non só iso, poderíase preguntar a terceiros para saber cómo percibe o resto da poboación o suceso.
    A asociación que se produce entre xoves e agresividade, está inxustificada plenamente. É como se un estudante de xornalismo se mete nunha pelexa e os medios de comunicación redactan : ” os estudantes de xornalismo os máis agresivos da usc”. Neste sentido, non se pode xeralizar con certos colectivos.
    Xa para rematar, estaría interesada en saber a túa opinión sobre noticias como esta http://internacional.elpais.com/internacional/2015/03/07/actualidad/1425691777_918827.html

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:11

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador S1E5
      Olá Xiana!
      Grazas polo teu comentario. O problema deste tipo de noticias moitas veces é que como se está a falar de mozos o tratamento queda no superficial, a menudo non se consultan as fontes verdadeiramente implicadas, e iso confírelle invisibilidade ao colectivo, xa que o seu punto de vista, a súa visión dos feitos, queda escondida. Por outra banda, e como xa mencionei anteriormente, é frecuente atopar nas noticias a relación da palabra xuventude con “agresividade” e iso comporta unhas terribles consecuencias na sociedade, xa que encasíllannos a todos nun mesmo grupo, e confírennos a todos as mesmas características. Por último, na noticia que mencionas, volvemos ao xa dito, a relación de termos como”juvenil” con “violencia”, e xa o titular “Presas por sus hijos”, da unha idea do enfoque da noticia, non se que se pretende con este tipo de tratamentos, pero sen dúbida non vai amañar ningún problema.

      Gústame

  4. Ana Noguerol Fernández S2C4

    Ola Gádor!

    A estereotipación é unha enfermidade que ataca aos medios de comunicación dende hai moito tempo.
    Gustaríame que botases unha ollada ao artigo que indico a continuación. Nel fálase da manía que teñen os medios de dividir ás persoas segundo a raza para ofrecer un tratamento informativo distinto segundo o sector no que se atope o protagonista do feito.

    https://psicologiasocialytecnologia.wordpress.com/2013/11/13/efectos-de-la-estereotipacion-y-racismo-en-los-medios-de-comunicacion/

    Noraboa polo teu artigo!

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
      Olá Ana! Grazas polo teu comentario. Estou dacordo contigo en que a estereotipación que fan os medios afecta a moitos colectivos, e, sobre todo, as persoas pertencentes a outras etnias, culturas e relixións. De feito tratamos este tema en artigos anteriores do noso grupo que te animo a ler, xa que a criminalización que fan os medios de comunicación hacia os mozos engloba tamén estos aspectos, pois os mozos poden pertencer a distintas etnias, relixións, etc.
      Moitas grazas pola achega do artigo.
      Un saúdo!

      Gústame

  5. Losada Miguéns, María- S2B3

    Moi boas Gádor, estou dacordo contigo no tratamento homoxenizador que realizan os medios de comunicación cando se refiren ós mozos. Existe a idea de que os xovenes son case como un “lastre” da sociedade, que non aportan ningunha acción que reporte beneficios. Evidentemente esta concepción é errónea, e contradise a si mesma se buscamos informacións sobre os logros que está acadando a xuventude en todos os ámbitos neste momento

    http://murciaeconomia.com/not/42546/murcia-celebra-una-nueva-edicion-del-encuentro-de-jovenes-talento-en-crecimiento-/
    http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/04/23/jovenes-voluntarios-tui-llenan-furgon/1446987.html

    http://www.diariovasco.com/alto-urola/201604/21/jovenes-voluntarios-cruz-roja-20160421002940-v.html

    Como vemos son moitas as noticias que existen arredor de comportamentos positivos por parte da mocidade, pero estas son tratado de xeito aillado, e esquecidas cando se realizan noticias pexorativas, nas que xeraliza desmesuradamente, e nas que non se bota un ollo á hemeroteca.

    Un saúdo

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 21:39

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador S1E5
      Moi boas María! Como dixen anteriormente, o problema é que engloban a todos os mozos nun mesmo grupo, cunhas mesmas características, que aínda por riba, son conferidas pola propia sociedade, xa que se pensa que os mozos so están interesados en sair de festa, en beber alcohol, en pelearse uns cos outros, etc. O que ocorre é que a realidade non é así, e están obligados a mostrar tamén que hai noticias positivas no que se refire aos mozos, que somos unha xeración preparada que se move, e que somos capaces de lograr grandes cousas, pero, por outra banda, as noticias malas sempre venderon máis que as boas, e os medios de comunicación son empresas que buscan acadar beneficios, quizá sexa alí onde radica o verdadeiro problema.
      Un saúdo!

      Gústame

  6. Alonso Posada, Fabián – S1B4

    É indudable a influencia e o poder que exercen os medios de comunicación; e é indudable tamén que moitos utilizan precisamente ese poder como medio transmisor das súas ideas. Nesto consiste a manipulación dos medios de comunicación: é unha influencia indirecta, sutil, que pretende transformar á persoa sen atacar directamente a súa vontade ou a súa liberdade. A manipulación é unha influencia que actúa por agochamento.O inconsciente é a que consiste en difundir tópicos sen teren noción ou coñecemento do que se está diciendo, a idea en palabras de Ortega e Gasset sería “non sabemos o que nos pasa e iso é o que nos pasa, que non sabemos o que nos pasa”. Poderiamos pór como exemplo o mundo do ensino, planteando que cabe preguntarse se o profesor é consciente da relación persoal e inevitable que establece na aula cos alumnos, é dicir, se é consciente do que di, a quien llo dice e se os alumnos captan o que lles está diciendo o profesor.
    Para cambiar de tema e pór outro exemplo é o trato que lle deron os medios formadores de opinión, sobre os atentados do ISIS, revela un prexuicio social e unha manipulación das ideas do que significa o mundo musulmán, o terrorismo en todas as súas formas e ata do rol de Occidente no mundo. En primeiro lugar, a enorme maioría das víctimas do terrorismo islámico son musulmáns. Isto non adoita ser publicado nin coñecido polo común da xente, que sometida ao manexo da información sostén que o mundo musulmán está en contra da Europa libre e cristiá.
    Que haxa atentados terroristas non implica que o mundo musulmán e Occidente estén enfrentados. Esa é unha simplificación falaz, que sitúa á Europa Cristiana e a Estados Unidos no papel de fiscal e xuez universal.
    Por otro banda, pon aos musulmanes nunha posición de incivilizados e que na súa maioría apoyan ataques como o cometido en París. Nada máis lonxe da realidade, dado que diariamente en Libia, Irak, Siria y sufren as consecuencias do integrismo.
    Son situacións ben distintas (ao referido á temática) pero ben comparables á hora de falar da manipulación e do que xera nas persoas esta influencia. Para máis información como por exemplo ao falar da manipulación respecto ao que implica aos musulmáns do terrorismo: https://actualidad.rt.com/opinion/yizbeleni-gallardo/185229-manipulacion-medios-comunicacion-crisis-migratoria e https://elrobotpescador.com/2015/01/12/la-manipulacion-de-los-medios-de-comunicacion-en-los-atentados-de-paris/

    Revisión editora: 26/04/16 18:00
    Revisión coordinador: 26/04/16 18:30
    Publicación: 26/04/16 19:17

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gádor-S1E5
      É certo que a criminalización que fan os medios de comunicación non so afecta aos mozos e mozas, afecta a moitísimos colectivos, e nesta mesma línea, provoca a xeración de certos patróns de conducta por parte da sociedade que inflúen, directamente, no modo de vida das persoas víctimas deste tratamento informativo. Ao relacionar certos termos como, no caso da mocidade, “xuventude” con “agresividade”, “botellón”, etc. provocamos crear unha falsa imaxe do que representa o colectivo na realidade, o mesmo que ocorre coa comunidade xitana, por exemplo, cando nas noticias os vemos relacionados cos termos de “clan”, “patriarca” ou “reyerta”, ou o que ocorre, como ben dis, coas persoas que pertencen á relixión do Islam, as que se eles trata de “islamistas” e “terroristas”, comportando consecuencias como que agora penses dúas veces se queres manifestar que pertences a esta relixión polos prexuízos que poderias ter en conta.
      Todo isto temos a oportunidade de frenalo cun bo exercicio do noso traballo, e iso queremos demostrar cos artigos do noso blog, ademáis quero resaltar que a criminalización dos medios hacia mozos doutras culturas, etnias e relixións, tamén a tratamos noutros artigos que te invito a que leas.
      Un saúdo!

      Gústame

  7. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Ola Gádor! En primeiro lugar quero felicitarte polo teu post. Consegues mostrar á perfección á importancia e, sobre todo, a influencia dos periodistas na opinión pública.

    Os medios de comunicación contan cun poder de cambiar mentalidades asombroso. Pensamos coma eles pensan, sabemos o que eles nos deixan saber. O exemplo que pos é un claro exemplo da manipulación do emprego da linguaxe e a distorsión dos feitos. Degrada a imaxe da xuventude actual e descontextualiza en todo momento a realidade. O peor non é iso, o peor é que a opinión que xera serve para algo e para alguén.

    Nas publicación conta todo, ata cómo se relatan e describen os feitos. A linguaxe e o emprego de termos axeitados é de vital importancia.

    Aquí deixo un documento moi significativo para o emprego da linguaxe nos medios e a súa influencia: http://www.duoc.cl/lenguajeycomunicacion/articulo/la-influencia-ling%C3%BC%C3%ADstica-de-los-medios-de-comunicaci%C3%B3n

    Un saúdo e bo traballo!

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gador-S1E5
      Olá Gemma!
      Moitas grazas, e alégrome de que che gustase o artigo. Como ben dis, todos os que tratamos este tema, tentamos explicar a importancia e relevancia que ten a linguaxe empregada polos medios, e non so a linguaxe, o tratamento que fagan da información é vital, xa que, dando un punto de vista ou outro, contando con todas as fontes implicadas ou soamente con algunhas, logramos dar unha visión máis o menos exacta da realidade dos colectivos cos que tratamos, e a súa vez, logramos darlle visibilidade ou invisibilidade aos seus problemas e demandas. Por outra banda, invítote a ler o artigo do meu compañeiro Aarón Cabado sobre as consecuencias psicolóxicas da criminalización dos medios, é moi interesante e se che gustou este, estou segura de que o tamén che gustará o del.
      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s