Conclusión S2D: Pobreza e Precariedade

Fonte Imaxe: El Diario, versión online

Traballar cos membros do círculo de aprendizaxe directamente foi, quizais, o máis enriquecedor deste proxecto. Puidemos coñecer de primeira  man a realidade que se agocha detrás da información que aparece nos medios e  traballamos conxuntamente cos membros do círculo para tentar atopar e reparar os fallos dos xornalistas. Intentamos, en definitiva, devolverlle á voz a aqueles que un día se lles arrebatou, sendo os protagonistas da historia.

O que máis difícil nos resultou, foi ese primer contacto cos afectados. Entrar nun comedor social en hora punta causa unha impresión que xamais se esquece, o mesmo que falar con persoas que durmen na rúa ou que non teñen nin sequera algo que levar a boca. Pero todo pagou a pena, porque sen sentirse obrigados, puideron contar as súas historias, puideron informar a sociedade do que realmente pasa a diario nas cidades galegas a través das nosas palabras. E iso é o máis reconfortante de todo.  

Experiencias tan variadas coma a de Anxo e Manuela no ámbito da precariedade laboral, a de Marta e Miguel atendendo ós máis necesitados, e por suposto as vivencias dos afectados que nos falaron da sua situación, deixáronnos unha cousa clara: Se as súas historias están fora da axenda mediática non é por criterios xornalísticos profesionais, senón pola tremenda influencia que os prexuízos, o mero morbo e, sobretodo, os grandes poderes económicos exercen sobre a maioría de medios de comunicación. Son esas presións as que silencia e disfrazan a realidade, desviando a atención hacia temas secundarios e aportando un enfoque a noticia que nada ten que ver coa información orixinal. No falemos xa das descalificacións e denominacións tan incorrectas que empregan os medios de comunicación para referirse a determinados colectivos, tal e como observamos ó longo destes meses. Resulta impactante o punto ó que chega a manipulación mediática nestes temas tan cruciais e tan cercanos á inmensa maioría da poboación, pero sobretodo, resulta impactante a falta de humanización coa que se tratan. Falta comunicación interpersoal, falta aprender a escoitar a outra parte implicada e deixar de guiarse polo efecto “cifra”, no que todo o que leva unha porcentaxe parece verídico. Hai que empezar a tratar ós afectados como o que son: persoas que precisan axudan.

Outro problema que observamos foi a falta de contextualización que acompaña as noticias que se publican. Se xa de por si son poucas, o menos que se podía facer é dar unha información completa e veraz sobre os feitos. Pero nin sequera iso é posible. De feito, nalgunhas ocasións atopámonos con que houbo noticias que tiveron que ser retiradas e rectificadas polo trato que se lle daba ó tema, tal e como nos explicaron os membros do círculo. Outra das cousas que máis nos sorprendeu foi o feito de que poida haber xente que non saiba cómo acceder a un medio, ou a un xornalista, algo que se dá por feito hoxe en día na nosa sociedade globalizada.

Por outra banda, queremos destacar tamén a gran labor do Observatorio. O blogue foi unha ferramenta fundamental, non só para compartir o noso traballo, dar voz ós nosos convidados e criticar a pésima labor dos medios, senón tamén para participar ó mesmo tempo do traballo dos nosos compañeiros. Aprendimos o que é o verdadeiro xornalismo, o xornalismo honesto, á vez que coñecemos cousas sobre outros ámbitos que nunca teríamos imaxinado; seguramente porque nunca terían saído na prensa.

En resumo, se tivésemos que gardar na memoria unha única cousa de todas as que nos aportou o proxecto,  sen dúbida sería a aprendizaxe do contacto humano, a  importancia da comunicación interpersonal e comunitaria no noso día a día. Falar con persoas e non con cifras, enquisas ou fontes; coñecer a súa historia para entender así a situación na que vive; averiguar de primeira man a función de determinadas asociacións que axudan a centos de persoas, pero cuxa valía queda olvidada entre tanta saturación informativa. A humanidade é, en definitiva, a maior aportación do Observatorio pero a gran perda do xornalismo. E está nas nosas mans, como futuros profesionais da información, levar a cabo ese cambio tan necesitado e reclamado por todos para devolver á profesión a súa labor social.

Revisión editor: 20/04/2016 ás 19:00

Revisión coordinadora: 20/04/2016 ás 20:30 e segunda revisión 22/04/2016 ás 19:52

Publicado: 22/04/2016 ás 13:55

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s