Conclusión S3B: Migración

Fonte Imaxe: Ethic.es

Cando decidimos escoller o tema da inmigración non imaxinabamos que a realidade escondida  polos medios de comunicación era tan dura. Porén, grazas a nosa investigación e  as achegas dos propios afectados, puidemos coñecela e entendela.Sorprendeunos dende o principio a facilidade coa que os inmigrantes quixeron colaborar, ao contrario que as asoaciacións, as cales puxeron maiores trabas.

No primeiro Círculo de Debate puidemos coñecer o principio de todo, o contexto histórico, o por que da inmigración. Puidemos entender por que os periódicos non contextualizan a información sobre este colectivo, e por que non conta as causas que levan a tantas persoas a chegar ao noso país. Porque a resposta non lles interesa. Porque implica a responsabilidade do noso país. Porque as guerras das que moitos fuxen, son as mesmas que o noso país colabora. Iso non se conta, porque os intereses políticos e económicos son máis fortes.

No segundo Círculo volvimos contar con persoas que xa nos axudaran anteriormente, e que esta vez ampliaron aínda máis a visión que nos deron. Tamén contamos con puntos de vista novos, historias novas que non coñecíamos e sobre todo un aporte de primeira man do problema. Contáronnos o enfoque real de moitos problemas como as guerras, asasinatos de presidentes de países africanos ou as razóns reais destes novos brotes terroristas a nivel mundial. Revelacións cotiás para eles pero totalmente novas para nós, que rompen os esquemas.

Desgrazadamente, puidemos comprobar como todos os indicadores estudados se cumpren. A falta de visibilización deste colectivo é notable, a través da busca de noticias e da falta de integración dos nosos colaboradores, puidemos corroboralo. Como tamén a case inexistencia de noticias positivas sobre eles, o que nutre os prexuizos e a visión negativa da poboación sobre os inmigrantes.  A importante labor das ONGS como Ecos do Sur, as historias de superación como a de Dolly, xamáis cubren as páxinas dos xornais.

Como eles nos ensinan é necesario mudar o papel dos medios de comunicación, pola súa responsabilidade para cambiar a súa situación. Empezando por cambiar a linguaxe empregada, ofrecer un contexto, explicar as causas e consecuencias, afondar nas historias persoais, non caer no sensacionalismo, nos prexuizos, nos estereotipos.

Vivimos acomodados na nosa ignorancia, na indiferenza que os medios terminan conseguindo que teñamos cara temas tan importantes como este. Se eles lles restan relevancia, a conciencia social tamén diminúe.

Botar a vista atrás. Facer un balance e darnos conta do enriquecedor que foi este traballo. Non só nos axudou a coñecer mellor a realidade dos inmigrantes, senón a crer nun xornalismo diferente e o Observatorio é a gran  proba de que é posible. Nel, puidemos ver como a comunicación nos axuda a medrar e aprender os uns dos outros.Todos nos nutrimos a través das aportacións dos demais. Coñecendo distintos puntos de vista e dándolle voz a todo o que os medios silencian día a día. Sentímonos orgullosos de formar parte desta proposta e esperamos que esto só sexa o comezo, que continuemos colaborando para conseguir este xornalismo diferente e desta maneira, facer do mundo un lugar mellor.

Revisión do editor:  19:56

Revisión do coordinador: 20:32

Hora de publicación: 22:11

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s