Disminuído = Discapacitado?

untitled los porques.png
Fonte: 57rs.blogspot.com.es

Costoya, David (S1C1)

A forma na que as sociedades concibiron ás persoas con discapacidade, evolucionou desde a época das supersticións ata o presente. Esta evolución tamén traduciuse na linguaxe ao longo do tempo, e de igual modo, nos termos cos que a sociedade se refiere a este colectivo.

As sociedades pasaron da visión mitolóxica da discapacidade, por exemplo na sociedades primitivas, a posteriores períodos de entender a discapacidade como estigma. Esta estigmatización propiciaba a mágoa cara este colectivo (sentimento aínda moi presente na maior parte da poboación na actualizade) e a segregación. Nos nosos días, atopámonos a medio camiño entre o enfoque médico-rehabilitatorio e o enfoque de dereitos humanos.

A pesar dos avances que no campo da comprensión do fenómeno da discapacidade, observouse durante as últimas décadas, e o esforzo de organismos como a ONU que tentan promover unha linguaxe de consenso co respecto e dignidade da poboación con discapacidade, onde de forma atinada, empréganse conceptos que colocan a condición do ser humano por encima de calquera outro elemento diferenciador, e con iso, o rescate da dignificación destas persoas.

Sen embargo, no noso país podemos aínda encontrar aínda hoxe exemplos de organismos que non seguen as directrices da ONU en canto á modificación de termos cando se trata de abordar a discapacidade.

Segundo a Real Academia Española (RAE):

Sidddn título

Sinff título

Aínda que se ben é certo, xa en 2005 o termo disminuido estivo a debate. O goberno do PSOE, co presidente Zapatero á cabeza, propoñía cambiar o termo disminuído polo de discapacitado no Artigo 49 do capítulo 3 do Titulo I da Constitución. O artigo reza o seguinte:

Los poderes públicos realizarán una política de previsión, tratamiento, rehabilitación e integración de los disminuidos físicos, sensoriales y psíquicos, a los que prestarán la atención especializada que requieran y los ampararán especialmente para el disfrute de los derechos que este Título otorga a todos los ciudadanos.

 

Por aquel entonces, os membros máis conservadores da Real Academia Española negáronse. Por exemplo, o académico Gregorio Salvador afirmou que o termo discapacitado resultaba máis negativo por definición e afirmaba que: «la realidad no se cambia con las palabras» e que «las viejas palabras están ahí por algo y por señalar una realidad no son más o menos respetuosas o despectivas». Finalmente, rexeitouse a proposta e o termo non se modificou.

É enton correcto apreciar a unha persoa que ten unha discapacidade (xa sexa física ou psíquica) como unha persoa empequenecida o como unha persoa falta de algo? Porque segundo a RAE:

Sin títuldfso.jpg

Sin títuldfsdsadsaso.jpg

É innegable que a linguaxe é unha forma de comunicación do ser humano que suxiu espontáneamente e que ao longo das épocas foi evolucionando sen control.

Non foi ate fai poucos séculos cando se regraron as pautas para que nun territorio determinado a xente pudidese entenderse na mesma lingua. Pero a lingua está ao servizo da sociedade, e non debemos entendelo ao contrario. A sociedade  e os avances non deben estar restrinxidos pola lingua, pois a lingua ten que adaptarse a estos avances e non entender os cambios como rupturas coa tradición linguística ou coa desaparición da riqueza léxica.

Tal e como se fixo séculos atrás, estamos noutro momento decisivo para poñer regras para que a lingua propicie e represente a tolerancia e a dignidade das persoas, tal e como se recolle no noso código de dereitos e deberes, porque segundo a Constitucion Española de 1978 no Título I:

Artículo 10: 1.La dignidad de la persona, los derechos inviolables que le son inherentes, el libre desarrollo de la personalidad, el respeto a la ley y a los derechos de los demás son fundamento del orden político y de la paz social.

Artículo 14: Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.

 

Referencias:

  • Constitución Española. Indice sistemático de la Constitución Española. Congreso.es. Recuperado de:

http://www.congreso.es/consti/constitucion/indice/index.htm

 

  • Hemeroteca (2005, 6 de diciembre) La RAE rechaza el término discapacitado. ABC.es. Recuperado de:

 

  • Real Academia Española. Diccionario (buscador). Rae.es.

Recuperado de:

http://dle.rae.es/?w=diccionario

Revisión editor: 22/04/2016 16:30

Revision GBO: 22/04/2016 17:30

Publicacion: 22/04/2016 18:30

Advertisements

4 comentarios en “Disminuído = Discapacitado?

  1. García Fernández, Ana. S2A4

    Ola David,

    Como ben dis algúns significados da RAE (http://www.rae.es ) crean problemáticas e poden chegar a ocasionar unha maior exclusión en certos colectivos. Hai pouco circulaba por Internet un vídeo sobre como reaccionaban nenos xitanos ao ver o significado que a palabra tiña no dicionario (https://youtu.be/DqBvpWbmdkQ ). A causa do enfado era o significado que a RAE dá de “xitano”: “xitano” como “trapacero”, aquel que “con astucia, falsidades e mentiras procura enganar a alguén nalgún asunto”.

    Este vídeo, que se fixo viral, fixo que moitos estudiosos reformularanse o significado que a palabra “xitano” tiña no dicionario e levaron a cabo acciones para que a RAE cambiáseo. Con todo, estes movementos por parte da poboación xitana non xurdiron os resultados esperados (http://www.publico.es/actualidad/rae-mantendra-polemica-acepcion-xitano.html ). A RAE xustifica este significados argumentando ?que a RAE nunca fará un dicionario politicamente correcto para todo o mundo? (http://www.elmundo.es/cultura/2015/01/23/54c2396322601d372c8b4587.html).

    A Unión Romaní lembrou que non hai moito tempo o dicionario dicía que “ser galego” equivalía a “ser parvo” e que, tras as protestas desta Comunidade, a Real Academia eliminou esa definición “denigrante” para os españois naturais desa rexión

    Con isto só quero argumentar aínda máis a túa posición sobre este tema e, é que, algunhas veces o ambiente que nos rodea, e que non ten intención de cambiar, axuda a que siga existindo esta exclusión cara a certos colectivos.

    Revisión editora: 25/04/16 11:24

    Gústame

    1. Ana, moitas grazas polo teu comentario e por aportar outro exemplo da RAE e do inmovilismo dalgúns sectores da RAE que se negan a darlle un cariz moito menos excluínte e discriminatorio cara algúns colectivos. Pero parece ser que non só este inmovilismo cara termos actualizados e menos discrimatorios afecta a organismos que teñen que ver coa lingua. Quero recordar que fai uns anos, a primeira na lista do partido politico UPYD, Rosa Díez, utilizaba o termo “Gallego” co sentido máis desactualizado do termo “tonto, pouco espabilado”.( O vídeo da declaración https://www.youtube.com/watch?v=HPgWFmnxDHk )
      As reaccións desde Galicia non se fixeron esperar, esixíndolle a Rosa Díez que retirara as súas palabras e que pedise disculpas públicas ao pobo galego

      http://www.lavozdegalicia.es/espana/2010/02/25/0003_8317708.htm

      A petición das forzas políticas galegas non foi ben aceptada por Rosa Díez e a polémica continuou durante algún tempo:

      http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/rosa-diez-llama-ahora-perturbados-gallegos-sintieron-ofendidos/idEdicion-2010-02-27/idNoticia-520528/

      E a opinión pública galega movilizouse, creando páxinas e grupos en facebook en contra dela:

      http://www.lasexta.com/noticias/hemeroteca/vengas-nunca-galicia-paleta_2010022500186.html

      Polo tanto podemos ver como esta desactualización de termos en prol da tradición segue afectando a certos colectivos xa estigmatizados no pasado. Se vivimos en democracia e somos todos iguais, como é posible que obras e organismos de referencia da lingua do noso estado continuen promovendo este tipo de discriminación?

      Para finalizar,en xuño de 2009 a presión da Academia Galega conseguiu que a Real Academia de la Lengua retirase do diccionario a quinta acepción do termoo “gallego” que daba por válida a palabra “tonto” como sinónimo.

      Gústame

  2. Costa Iglesias, Nerea- S1B2
    A linguaxe debe ser respetuosa e inclusiva cando se refire a persoas dos grupos de atención prioritaria e os medios de comunicación teñen a labor fundamental de difundila. Desde a asociación EAPN en colaboración con AGARESO elaboraron unha guía de boa praxe xornalista (http://www.cogami.es/es/difusion/sala-de-prensa/guias-de-estilo-para-periodistas/como-informar-a-colectivos-en-riesgo-de-exclusion/) na que aperecen os termos adecuados que deben usar os xornalistas para non caer na discriminación. Por exemplo alertan de que non se debe substantivizar aos enfermos falando de discapacitado, parlítico ou esquizofrénico xa que desa maneira estase etiquetando alguén só por un aspecto da súa vida. Senón que a maneira correcta de referírse a eles como persoas con discapacidade, con movilidade reducida ou cunha enfermidade de saúde mental .
    Os medios de comunicación teñen o deber de comunicar de maneira igualitaria e sendo o máis correctos cos colectivos en risco de exclusión social. Por iso desde asociacións como COGAMI piden que non se empreguen os termos como inválido, minusválido, disminuído ou subnormal.8http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/temadia/disminuidos-psiquicos-retan-dga-encierro-indefinido_1104730.html). Sen dúbida aínda queda moito camiño por recorrer pero anímote a escoitar Convivir en igualdade da Radio Galega, un exemplo dun xornalismo ético e comprometido cos colectivos marxinalizados.
    Revisión da editora: 15: 55
    Revisión do GBO: 15: 05
    Publicación: 15: 15

    Gústame

    1. Ola Nerea, grazas polo teu comentario. Moi interesante a guía de estilo que achegas no link. De feito, polo que vexo está linkeada desde COGAMI. O noso círculo de lectura crítica Compostela Diversa está composto por algún dos membros de COGAMI, e dende o primeiro momento aconselláronos sobre os termos que debíamos usar para referirnos ao colectivo de persoas discapacitadas.
      De feito, estou dacordo contigo con que a adxectivación das persoas por enfermidades ou discapacitades desplaza ás persoas detrás do seu problema, e este cobra maior protagonismo.
      Sen embargo, segundo os nosos convidados ao círculo de lectura crítica, admitiron que o peor de todo non é cómo se dirixan a eles, senón como os tratan. “Un dos temas que máis soaron no noso encontro foi o uso da linguaxe, tanto nos medios como no día a día das persoas que forman o círculo. A maioría dos presentes mantinañan a postura de que non servía para nada que os dominaran correctamente se, pola contra, á hora da verdade, os trataban <>, segundo eles mesmos definiron. ”
      Aquí tes o link:
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/31/primera-reunion-compostela-diversa-circulo-de-lectura-critica/

      E como eles mesmos apuntaban, as peores barreas non son as arquitectónicas, son as que impoñen as propias persoas.

      Saúdos!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s