[Firma invitada S2D] Un novo concepto, non tan novo: o Ecofeminismo

por Marta Quintas Vila (miembro del Círculo del grupo S2D)

O ecofeminismo é un concepto xurdido en Europa nos anos setenta que unifica as correntes ambientalistas e as feministas orientado na súa teoría e praxes a deter o deterioro do planeta e os efectos negativos que teñen especialmente para as mulleres. Do ambientalismo rescátase a idea da preocupación polos efectos da actividade humana que fan inviables os ecosistemas locaismentres que do feminismo mantense a oposición á subordinación históricas das mulleres aos homes.

Xurdiu como unha reacción ao movemento ambientalista europeo que funcionaba baixo patróns patriarcais. Non obstante, non faltaron voces críticas que afirmaban que se as feministas concienciadas comezaban a militar en organización ecoloxistas, deixarían a un lado estas reivindicacións e centraríanse nos aspectos medioambientais.

Se ben o ecofeminismotivo o seuberce en Europa, pronto millóns de mulleres de ambos hemisferios faríansúas estas ideas. Para moitas mulleres, tanto do Norte coma do Sur, esta teoría non era nada novo, sólles faltaba dotaladunnome. Foi así, coa súa expansión e as discusións internas, como a palabra “ecofeminismo” deixou de empregarse en singular e empregouse a súa forma en plural: ecofeminismos, tantos e tan variados coma mulleres, culturas, idiomas, formas de entender a vida… existen no Planeta. A rica heteroxeneidade de situaciónssociais vinculadas ás problemáticas ás que se enfrontan os ecofemismos así como os seusacercamentosaos postulados teóricos e prácticos, fai que non exista un único ecofeminismosenón múltiples. Porén, o inimigo en común mantense: o sistema patriarcal que oprime ás mulleres e á natureza.

As previsións alegadas publicamente referentes a que non existirán suficientes recursos para a poboación mundial baséanse en estadísticas e na suposición de que toda a xente que viva no Sur acabará seguindo, co tempo, o modelo social, e económico do Norte industrializado. Un exemplo disto son os vaticinios do crecemento da produción automobilística, de ordenadores ou de habitantes. Meten aos nenos e nenas no mesmo cómputo que aos obxectos. É máis, a produción de coches debe aumentar mentres que a poboación do Sur debe descender, o que indica unha clara tendencia na que só importan nas gráficas se son consumidores, se non compran, non serven.

Ás mulleres acúsaselles de destruír os bosques para obter combustible, de esgotar a auga para conseguir potabilizala e de extinguir os recursos da terra porque enxendran demasiadas bocas que alimentar.

A construciónideolóxica de que existe un exceso de poboación no Planeta baséase en premisas erróneas de que as relacións entre Medio Ambiente e as persoas teñen intereses contrapostos.

A esta temática dende a perspectiva dos medios de comunicación debe dárselle máis visibilidade, ao feminismo, e en xeral aos temas sociais. Parece que falar de certas temáticas, que na época de Franco estaban censuradas, ségueno estando na actualidade. Por exemplo, non dar noticias sobre o índice de suicidios, ou de que os presos morren na cárcere, ou de que as mulleres, solo polo feito de ser mulleres, estamos condeadas a ser menos que os homes, non máis, iso non o queremos, simplemente ser iguais. A prensa, a radio, a tele, son factores educativos para a sociedade, abordar certas temáticas e facelo dunha maneira “sa” suporía a mellora indubidablemente da nosa sociedade.

Revisión do editor: 22/04/2016 ás 10:13

Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:55

Publicado: 22/04/2016 ás 19:49

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s