III Círculo de Debate. Prostitución

Castaño Gosende, Noelia -S1B1

Costa Iglesias, Nerea -S1B2

Álvarez Martínez, Adrián -S1B3

Alonso Posada, Fabián -S1B4

Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

debate 3
Imaxe obtida de: anticapitalistes.net

Durante a tarde do xoves 21 tivo lugar o terceiro e derradeiro debate coas mulleres do noso círculo. Unha vez chegamos á Asociación Vagalume, reunímonos con elas nun pequeno cuarto do centro. A habitación era moi acolledora e a gran fiestra que tiña daba unha sensación de tranquilidade. Pouco a pouco foron entrando na sala as integrantes e tras saudarnos de maneira moi agarimosa, sentaron preparadas para contarnos o que pensaban dos medios e do seu tratamento da prostitución.

Eran preto das seis cando chamamos á porta da Asociación. Unha vez dentro, recibíronnos de moi boas maneiras e contándonos moi orgullosas pola súa pescuda que traían varios temas dos que falar. Desde logo, temos que agradecer unha vez máis a súa implicación con nós e o tempo que nos dedicaron. Tivemos o pracer de contar con todas as membros do noso círculo: Lourdes, a educadora da Asociación Vagalume, como moderadora do debate, e cinco das asistentes ao centro: Amor, Dominica, Magdalena, María del Carmen e Flor.

Estando xa todos sentados e tras unha breve introdución na que explicamos que sería o último debate, comezamos a analizar as noticias que trouxeron. A maioría proviñan de medios galegos, mais tamén trouxeron algunha que eran doutros xornais. A primeira noticia que recortaron, foi publicada no xornal La Voz de Galicia e usámola en referencia ao indicador ‘invisibilización’. Nesta, fálase sobre a situación de explotación á que se vén sometidas moitas prostitutas. A maioría das mulleres do grupo coincidiron en que o titular era certo e que ningún home se expuña a que puidesen estar sendo coaccionadas. María del Carmen explicábanos que  un home vai a eses lugares para desafogarse, porque fala con elas e reláxase sen que saia nada para fóra. Por outro lado, estaba Flor, que nos contou que ás veces a situación non é coma a debuxan os medios de comunicación: “Hai clientes que se dan conta da verdadeira historia que hai detrás desas mulleres e intentan axudalas a saír dese mundo, co cal, hai algún que si se expuña ó que hai detrás dese sorriso. Pero despois a xente retrocede porque cren que poden ter problemas coa mafia e se teñen mulleres e fillos, dobre problema”. Con todo, tamén insisten coa idea de que cando uns van a un club, son egoístas e que o último que pensan é nas mozas e os seus problemas.

Puidemos comprobar con esta testemuña que os medios de comunicación só contan unha parte da realidade, que coincide coa máis repetida e coa máis xeralizada pero que hai situacións nas que non se dá. Isto ocorre porque non se permite o acceso aos medios dos grupos marxinalizados, como neste caso as prostitutas.

O tema que tratamos a continuación saiu a raíz do titular  “Cáritas ve un retorno de mujeres a la prostitución debido a la precariedad” que está relacionado indirectamente coa noso indicador de invisibilización. Aquí, antes de comezar temos que engadir algo importante: a educadora do centro que estaba alí con nós, Lourdes, foi a creadora da documentación para esta mesma noticia. Ela contounos como tivera que crear uns arquivos sobre a actualidade da prostitución segundo Cáritas. Logo, os xornalistas, sacaron totalmente de contexto esa frase e fixeron así o gran titular que querían e andaban buscando. Lourdes comentounos tamén que non era primeira vez que lle pasaba algunha cousa así cos medios de comunicación.

Regresando de novo ao debate, a maioría das mulleres estaba de acordo con que esa información era certa. Unha das integrantes do grupo, Magdalena, estaba empeñada en culpar a Cáritas deste suceso. Insistía en que se lle deran un traballo iso non ocorrería, que co paquete de arroz e lentellas non sobrevivían. Por outro bando varias das participantes entendían que non era o deber de Cáritas o de darlle un traballo, eles ofrecen moitos cursos para formarse e ter máis coñecementos, polos cales se non fose por Cáritas terían que pagar. A outra muller seguía sen ver a relación entre os cursos e o traballo, a ela o que lle importaba realmente era o momento e o cobrar para poder vivir. Deixouno moi claro coa frase “e de que me vale ter coñecementos se teño a barriga baleira”. Lourdes puxo fin a esta disputa porque comezaron a tomarse de forma moi persoal este tema e decidimos pasar á seguinte nova.

Chegando xa ao tramo final do debate, outras das novas que nos trouxeron foi  “Liberadas 29 mulleres chinas explotadas sexualmente nunha operación con China e Francia”, no cal tocábamos dous dos indicadores, xa que por un lado tratamos un tema relacionado coa invisibilización das prostitutas e por outro, o racismo, neste caso ao falar de mulleres chinas. Analizamos o feito noticioso e moitas opinaron que a prensa debería ter posto a información nunha páxina principal, onde fose visible, xa que non se adoitan dar casos de explotación sexual e trata das mulleres de nacionalidade china. Cren que é algo novidoso, distinto ao xa acostumado dado que moitas veces, os feitos que pasan en China, teñen que ver moito con outro tipo de temas e ámbitos como pode ser o tráfico de órganos ou a explotación laboral. Neste caso, mostráronse contentas debido a que sempre é bo atoparse cunha noticia na que aparecen as mulleres liberadas das mafias ás que están sometidas. Parécelles que agora mesmo, os medios están poñendo máis atención no tema e que cada vez a xente e os clientes teñen maior conciencia da situación das traballadoras. Aínda así, Magdalena queixábase de que estas noticias saísen en lugares pouco visibles das páxinas dos xornais e mais que aparecen a miúdo na prensa, moitas veces as novas son manipuladas e nunca din a verdade como é.

derradeira nova que ocupou a mesa do noso círculo de debate proviña de La Voz de Galicia, e falaba daquelas persoas que exercen a prostitución como medio para conseguir a nacionalidade, outro tema que toca o indicador invisibilización. Neste punto mostrouse un lixeiro escepticismo con respecto ao documento, xa que a pesar de que nalgún caso si que é certo, a maioría das persoas que exercen o sexo de pago, fano como unha última vía, non coma un acto premeditado. Comentaba Lourdes que a nacionalidade non é cousas de dous días, e que na maioría dos casos existe un descoñecemento completo das leis do país, dando lugar en moitas ocasións a que as implicadas se convirtan en vítimas de trata. Ademais disto, súmaselle o tabú laboral que supón a súa labor, xa que as súas familias non coñecen o traballo que desempeñan en España. Desde o grupo comentouse que é como “aferrarse a unha vela ardendo”, e que se chegan a vivir situacións nas que segundo Magdalena, “temes a saír á rúa, pensas que te vas a atopar un mundo novo, pero realmente chegas a pensar que estabas mellor no teu país.”

Antes de marchar, despedímonos e agradecémoslle a colaboración co noso círculo. Ao rematar de falar comezaron a aplaudir e xa logo, pouco a pouco, cada quen abandonou a súa cadeira e deixamos a sala. O último debate de noso círculo tivera lugar nun clima de certa incomodidade por parte delas nalgunha noticia polo feito de estar tan relacionadas con iso, pero sen ningún outro problema.

Por outra banda, en canto ás mulleres do círculo, dicir que máis ou menos todas se involucraron con nós e nos trataron moi ben. Lourdes, a educadora, procuraba que ninguén se faltase ao repeto e engadía datos e informacións que foron de moita axuda para comprender certas cousas.Persoalmente para nós significou unha experiencia de coñecemento que non se compara a ningún outra e cambio profundamente a perspectiva sobre a prostitución. 

Este último debate cerraba así unha serie de faladoiros sobre o tratamento da prostitución nos medios de comunicación deste país, concretamente nos medios galegos. A valoración final que facemos non é en absoluto positiva. Tanto as propias mulleres do círculo, coma nós, puidemos constatar que os medios son os grandes difusores dos estereotipos sobre a prostitución. A maioría das noticias que saen repiten o arquetipo de muller inmigrante e vítima de trata, relacionan a prostitución coa delincuencia e as drogas e case nunca aparecen como fontes as propias protagonistas dos feitos. Todos isto foi denunciado polas mulleres do noso círculo, pero aínda así cren que os medios teñen a labor fundamental de desmontar tópicos e de ofrecer unha información veraz e respetuosa coa prostitución. Persoalmente para nós supuxo unha experiencia incomparable con calquera outra e cambiou totalmente a nosa perspectiva sobre a prostitución.

Día: 22/04/16

Horas de revisión e publicación:

Hora revisión editora: 16:00

Hora revisión GBO: 19:15

Hora publicación:23:59

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s