Multi-viral

Calle_13-Multi-Viral-Interior1

Fonte: http://www.coveralia.com

Fontela Alvelo, Lara. S2A2

 

Calle 13 é un grupo puertoriqueño de rap-rock que se caracteriza polas súas letras satíricas e de denuncia social. Multi-Viral é o nome do álbum e que tamén da nome á  onde denuncia a manipulación mediática e la desinformación, para favorecer os intereses dos máis poderosos.

Este disco contou coa colaboración do fundador de Wikileaks, Julian Assage (acusado de filtrar información clasificada). René Pérez pediu a su colaboración neste disco, pois comparte a súa posición contra a censura, a ocultación e la manipulación da información e manifestou claramente o seu apoio a Assangue porque “es una víctima de la manipulación de los medios, se le culpa de haber hecho pública una información a la cual todos deberíamos haber tenido acceso, porque merecemos estar informados”.

 

Multi-Viral-de-Calle-13_07

“Una noticia mal contada es como un asalto a mano armada”, “si la prensa no habla nosotros damos los detalles pintando las paredes con aerosoles en las calles”, é parte da letra onde denuncia e critica a desinformación das corporaciones mediáticas.

A demanda dunha información libre é cada día máis ruidosa dende todos os ámbitos: tv, prensa, cine, grupos musicais e sociedade en xeral. Denunciar as malas prácticas, a censura e calquer outro tipo de manipulación pode conseguir que non enterremos o oficio xornalístico que pasa por un período de grave crise de credibilidade debido aos “tejemanejes” por parte dos poderes políticos e económicos para facerse co control da información que se convertiu en un dos valores máis cotizados da sociedade actual.

O xornalismo é un mundo cada vez máis complexo e globalizado, as novas tecnoloxías non paran de xenerar un crecente e cambiante caleidoscopio de voces e imaxes.

Está máis vivo que nunca o xornalismo debido a que aparecen novos formatos, novos xéneros e aparecen novas vías de comunicación directa entre profesionais e o seu público.

 

Referencias:

BBC. (2013). Julian Assange escribe canción con Calle 13. 14 de junio de 2013, de BBC Sitio web: http://www.bbc.com/mundo/ultimas_noticias/2013/06/130614_ultnot_assange_calle_13_cancion_jgc

Infolibre. (2016). Assange defiende que la independencia de los medios se consigue pagando por la información. 07/04/2016, de Infolibre Sitio web: http://www.infolibre.es/noticias/mundo/2016/04/07/assange_denuncia_manipulacion_los_medios_atribuye_nacimiento_podemos_internet_47562_1022.html

Yumber Vera Rojas. (2014). Calle 13, a ritmo de redes sociales. 27 de abril de 2014, de El País Sitio web: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/04/26/actualidad/1398525630_104638.html

Democrazy Now!. (2013). René de Calle 13 habla sobre “Multi_Viral”, Wikileaks y los movimientos sociales en América Latina. 15 de noviembre de 2013, de Democrazy Now! Sitio web: http://www.democracynow.org/es/2013/11/15/rene_de_calle_13_habla_sobre_multi

 

Revisión del editor:22/04/2016 18:00

Revisión del GBO: 22/04/2016 18:50

Hora de publicación: 21:13

Advertisements

6 comentarios en “Multi-viral

  1. Riande Cortizo, José Carlos
    Moi boas Lara.
    Como ti dis, as letras de Calle 13 son de temas de denuncia social e estou seguro que este derradeiro disco así o será tamén. Fan falla este tipo de grupos, que chegan sobre todo a xente xoven, para que teñan conciencia de clase e poidan ver outra realidade. Esa realidade que por desgraza non informan os informadores, é dicir nós, os xornalistas. Cada vez son menos as novas que aparecen nos xornais sobre denuncia social e estamos nun momento oportuno para que se fixese, xa que fai falla.
    Outro grupo como os Chikos Del Maíz tamén teñen este estilo de letra nas súas cancións. O problema é que estos grupos non logran chegar a tanta xente como pretenden. Non moita xente os coñece e xeran, non sei por que, unha primeira impresión negativa. Aquí deixo un enlace http://versosperfectos.com/noticias/2010/04/los-chikos-del-maiz-responden-a-abc-y-la-razon/ no que podes cómo os xornais ABC e máis La Razón tachan aos Chikos Del Maíz de pro-etarras. A súa vez dicen varias afirmaciones, todas negativas, denigrando e creando unha mala impresión do grupo. Non hai liberdade nos versos, a censuran os medios.
    Así que polo que vexo nas frases das cancións novas de Calle 13, máis pronto que tarde chegarán as primeiras críticas. Iso non debería facer crer á xente que eles son os malos da película. Nós, os lectores dos medios, cando nos atopamos con estes desprestixios a grupos independentes ou que din cousas diferentes ao discurso habitual, deberíamos oler a chamusquina. É dicir, desconfiar do que nos contan.
    Estou seguro que só loitando moito por un xornalismo transparente e limpo, pode saír a flote de novo a profesión. E as novas tecnoloxías deben axudar no proceso, en vez de entorpecelo. http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/article/view/168 Aquí podes ver algunhas propostas para mellorar a formación dos novos xornalistas.
    Un saúdo.

    Gústame

  2. Os grupos de rap como os que mencionamos moitas veces son tachados de antisistema e calificativos moito peores xa que para os grupos de poder e influenza son un inconvinte e moléstalles que denuncien as malas artes e prácticas coas que desexan enganar a cidadanía.
    A canción protesta existe en España dende os anos 60 e eran os chamados cantautores os que denunciaban nos seus traballos a situación política e social do noso país.
    En 2014 moitos cantantes de pop e rock tamén se uniron para enviar unha mensaxe nas súas composiciñons musicais: Fito y Fitipaldis, Miguel Bosé e Manolo García entre outros, fartos de tanta corrupción e intentar poñer da súa parte sen mirar para outro lado.
    É bo que os grupos se impliquen e denuncien porque a música remove os sentimentos e chega a xente de todo tipo de idade e de condición.
    Neste enlace podes ler un artigo sobre a implicación dos grupos en España:
    http://elpais.com/elpais/2014/12/22/planeta_futuro/1419253966_825447.html

    Moitas gracias polo comentario.
    Un saúdo.

    Fontela Alvelo, Lara. S2A2

    Gústame

  3. Ana Noguerol Fernández -S2C4

    Ola Lara!

    Calle 13 é un grupo ao que a min me gusta calificar como multifunción debido ao carácter reivindicativo que amosa nas súas cancións.

    Outros grupos archicoñecidos como Rage Against The Machine, Muse, Pink Floyd, Molotov, Lendakaris Muertos e Nao, entre unha lista infinita de nomes, seguen esa misma liña que é totalmente necesaria nos tempos que vivimos.

    Os medios de comunicación tentan marxinar este tipo de música. Un exemplo é o enlace que deixo a continuación dunha nova na que denominan proetarra ao grupo de rap Los Chikos del Maíz.

    http://www.minutodigital.com/noticias/2010/04/07/el-grupo-pro-etarra-los-chikos-del-maiz-contratado-por-la-izquierda-sevillana/

    Gústame

    1. Dous diarios, ABC e A Razón son os que publicaron os artigos nos que se tachaba de proetarras ó grupo de rap ” Los Chicos del Maíz”. Ante o ataque destes medios de ideoloxia de dereitas, o grupo de rap fixo un comunicado donde amosan a súa repulsa absoluta ante semellante calificativo, denunciando ademais que o resto de diarios que publicaron a noticia adicaronse a copiar o teletipo da axencia EFE, sen contrastar mínimamente a información.
      “Los chicos del Maíz”, califican como lamentable o traballo de investigación periodística levado a cabo por estes diarios.

      Por “casualidades de la vida” este grupo de rap está formado por estudantes de xornalismo e comunicación e comentan que aprenderon dos seus profesores na facultade que tergiversar,manipular e non contrastar fontes e información son graves errores e abusos que os xornalistas nunca deben cometer e sen embargo son o que fixeron ABC e La Razón nos seus artículos.

      Neste enlace podes ver o comunicado que fixo o grupo ante as acusacións tan graves contra eles: http://versosperfectos.com/noticias/2010/04/los-chikos-del-maiz-responden-a-abc-y-la-razon/

      Un saúdo Ana e moitas grazas polo comentario.

      Fontela Alvelo, Lara. S2A2

      Gústame

  4. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

    Cando falamos de rap, estamos falando un dos estilos de música no que máis se reivindican as cousas. A través do rap estos artistas mostran as súas opinións e, en parte, a realidade das cousas. Como podemos ver nesta canción: https://www.youtube.com/watch?v=8kHHpwHcVQw este cantante fai unha crítica por como son tratados nos medios de comunicación. E como este colectivo poderíano facer outros máis, como cando, por exemplo no tema que estamos a tratar nos, precariedade e pobreza1: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/ , senten que en moitas ocasións hai informacións que non son verdade, e que utilizan palabras que non son axeitadas e que ofenden as persoas que están vivindo así. Moitas veces os xornalistas non miden as súas palabras. Debería haber un xornalismo no que a manipulación estivese penalizado, no que a verdade sempre saíse a luz e que servise para educar a sociedade e non para condicionala cunha opinión, que para uns será a correcta, pero que para outros non é así.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:44
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:35

    Gústame

    1. Polo que vimos observando nos artigos e noticias nas que nos documentamos para realizar este traballo sobre a manipulación nos medios de comunicación, as denuncias son moi númerosas e aumentan cada día.
      Temos que acabar coa farta de mentiras, medias verdades e calquer tipo de manipulación que se producen cada día nos medios de comunicación, e os periodistas temos que ser os primeiros que debemos intentar parar estas presións que non nos permiten exercer a profesión con liberdade e respecto hacia a nosa sociedade, de outra maneira acabaremos dilapidando a xa maltreita reputación da profesión periodística.
      En: http://www.apmadrid.es/images/stories/LA%20REPUTACION%20DE%20LOS%20PERIODISTAS.pdf atoparás un interesante articulo de la Asociacion de Prensa de Madrid sobre la reputación de los periodistas.

      Grazas polo teu comentario Noelia, un saúdo.

      Fontela Alvelo, Lara. S2A2

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s