Os múltiples rostros da precariedade e a pobreza

Viñeta anónima

Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

Resulta realmente dificil xustificar a existencia de pobreza nun estado tan rico coma España. Por iso ningún medio di nunca que esta favor de que e bote a familias das suas casas cando hai milleiros de casas vacías, ou que hai xente que non ten ningun tipo de ingreso mentres grandes empresarios tributan ó 1% mediante SICAVs. Parece que ós medios non lles queda outra que culpar ás victimas, homoxeneizalas, reproducindo un modelo único de persoa pobre vaga, antisocial, incompetente, tapando as moitas situacións diferentes que se poden dar.

Estos prexuízos que homoxeinizan ás victimas da pobreza en torno a un so perfil nos medios axudan a que ignoremos que ata máis de un cuarto da poboación do estado este en risco de exclusión social, segundo indica a EAPN. Que afecta a milleiros de persoas normais, familias enteiras, que calquera é susceptible de padecela por un gran variedade de razóns, non por  preguiza ou incompetencia como moitas veces se intenta dar a entender, igual que milleiros de persoas non caen na trampa das drogas voluntariamente. Sen embargo, esta imaxe de pobre que a miúdo predomina nos medios e na sociedade, e moi eficaz para xustificar o discurso a favor do establecido da maioría de medios. Porque a invisibilización da pobreza e a precariedade ten un límite. Cando a suciedade e demasiada como para agochala en baixo da alfombra, é mais fácil promover un modelo de victima da pobreza co cal o lector medio non pode empatizar, como si faría cunha nai de familia calquera que non chega a fin de mes e é desafiuzada do seu fogar.

Este fenómeno foi resumido á perfección por un dos afectados que participou nos noso círculo de lectura sobre a precariedade e a pobreza: “A pobreza son moitas cousas, pero o xornalista reduce o seu significado a unha”. Non se pode xulgar igual o drogadicto, o inmigrante, o traballador explotado ou a muller que non pode pagar a luz da sua casa. Non se lles pode pedir o mesmo igual que chegaron a pobreza por razóns diferentes. Da mesma maneira, tampouco se lles pode desprezar, infravalorar ou metelos a todos nun mesmo saco.

Precisamente esta última tendencia foi bastante destacada durante o primeiro encontro e debate do citado círculo de lectura, especialmente a través do exemplo de titulares cuestionables coma “El indigente que da clases, recibe un alud de trabajos el fin de semana“. Esa imaxe da persoa pobre analfabeta e antisocial leva a sorprendernos de que un indixente sexa unha persoa normal, que traballaba e sabía idiomas, e que as circunstancias da vida leváronlle a esa situación. Por desgracia, a precariedade e a pobreza teñen milleiros de rostros diferentes, son tan diversa coma a sociedade mesma, cas virtudes é defectos que calquera persoa pode tener.  Se nos damos conta do absurdo que é homoxeneizar as victimas en torno a un único perfil, poderemos ver o verdadero alcance desta realidade. E do urxente que é facer algo de verdade ó respecto.

 

REFERENCIAS:

Círculo de lectura precariedade e pobreza. (2016). [S2D] Debate 1: pobreza e precariedade. 22/04/2016, de Observartorio cidadá de comunicación Sitio web: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

Alfonso Congostrina. (2016). El indigente que da clases recibe un alud de trabajos el fin de semana. 22/04/2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/01/catalunya/1456863767_533921.html

Cintia García Vegas. (2016). “A pobreza son moitas cousas, pero o xornalista reduce o seu significado a unha”. 22/04/2016, de Observatorio de Comunicación Sitio web: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/a-pobreza-son-moitas-cousas-pero-o-xornalista-reduce-o-seu-significado-a-unha/

Amaya Larrañeta. (2015). http://www.20minutos.es/noticia/2579829/0/arope/maximos-pobreza-espanoles/2014/. 22/04/2016, de 20minutos Sitio web: http://www.20minutos.es/noticia/2579829/0/arope/maximos-pobreza-espanoles/2014/

Mouriño Almeida, Jacobo. (2016). A falta de contextualización no tratamento da pobreza e a precariedade na prensa. 25/04, de Observatorio de Comunicación Sitio web: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/a-falta-de-contextualizacion-no-tratamento-da-pobreza-e-a-precariedade-na-prensa/

Revisión do editor: o autor é o editor

Revisión GBO: 22/04/2016 ás 19:30

Publicado: 22/04/2016 ás 19:47

 

Advertisements

12 comentarios en “Os múltiples rostros da precariedade e a pobreza

  1. García Fernández, Ana. S2A4

    Ola Jacobo,
    Como ben dis os medios de comunicación reduciron o significado da pobreza en España. O habitual nas noticias é atopar casos de xente como esta (http://www.ideal.es/granada/costa/201604/16/ordenan-desafiuzamento-nai-menores-20160415005134.html ), na que de certa maneira, se culpabiliza á vítima no desenvolvemento da noticia por non ter ingresos cos que sobrevivir. Con todo, son os mesmos medios os que se fan eco destes casos, xa que sen a axuda destes, só coñeceríanse os casos próximos de desafiuzamentos.

    En contra do que enuncias no teu post, creo que España é un país rico só para uns poucos. A riqueza deste país está moi mal repartida e a maioría da poboación vive en risco de pobreza ou cun nivel económico normal. En noticias como esta (http://www.20minutos.es/noticia/2579829/0/arope/maximos-pobreza-espanoles/2014/ ), dámosnos/dámonos conta do que digo: o 29.2% da poboación española atópase en risco de pobreza. Estes datos, rexistrados pola EAPN (http://www.eapn.es ). Esta cifra non comezou a descender, senón que se incrementa cada vez máis.

    É certo que os medios de comunicación non tratan coa mesma xustiza a un español que a un inmigrante en casos de desafiuzamentos, o que si é certo, é que se non fóra por eles a maioría destes casos non se coñecerían. Queda moito camiño por percorrer para solucionar a pobreza que sofren moitos españois, pero, grazas ás noticias, cada día son máis as persoas que se unen para loitar contra os desafiuzamentos, por exemplo a Asociación Stop Desaloxos. (http://afectadosporlahipoteca.com/stop-desalojos/ ).

    Revisión editora: 24/04/16 11:15

    Gústame

    1. Ola Ana, moitas grazas polo teu comentario! Oxalá a prensa informase de verdade da gravidade da situación en vez de documentar un par de casos case de pasada. Se os xornalistas ensinasen esta dura realidade, xa faría tempo que teríamos outros políticos ó mando do país. Sen embargo, por desgracia os xornalistas adoitan ser complices dos bancos e gobernos desafiuzadores máis que ferramentas para o cidadán.

      Precisamente o que digo no meu post é que España é un estado tremendamente rico, pero aínda así un de cada catro españois esta en risco ou situación de pobreza, precisamente por ese reparto vergoñentamente desigual da riqueza. Oxalá máis persoas e asociacións se sumen a actividade de Stop Desaloxos, A PAH, as mareas branca e verde, as marchas da dignidade, etc e podamos acabar pronto con este sistema de barbarie.

      Revisión do editor: 25/04/2016 ás 3:31
      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 11:40

      Gústame

  2. Ola, Jacobo!

    Noraboa polo artigo. Creo que esa retrospectiva hacia esa xeralización que facemos sobre os pobres dá para unha boa e profunda reflexión.

    Que os xornalistas reducimos o significado de “pobre”, está máis que claro. Senón, que llo digan ao redactor do ABC que nesta nova http://www.abc.es/espana/20140920/abci-aparofobia-delito-odio-201409172113.html, que entende por “pobre” unha “persoa sen fogar”. O indixente que da clases do teu artigo parece non caber na súa definición.
    Por outra banda, dá conta dos poucos datos dos que precisa o mismísimo Ministerio do Interior para elaborar o seu informe sobre delitos de odio. Isto sucede porque non se denuncia, claro está. E as persoas pobres non son as únicas que prefiren non denunciar. No meu primeiro artigo neste Observatorio (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/10/contexto-e-situacion-do-colectivo-lgtbi/ segundo parágrafo) falo diso.

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 19:45

    Gústame

    1. Ola Ana, moitísimas gracias polo teu comentario! En efecto, o emprego da terminoloxía á hora de tratar o tema da pobreza adoita ser nefas, ó igual que o que ti apuntabas sobre as noiticias sobre o colectivo LGTBI no teu ultimo artigo. De feito, considero que por desgracia, o tratamento totalmente discriminatorio que os medios lle dan a colectivos coma o LGTBI ou os afectados pola pobreza ten moitos paralelismos. E incríbel que nunha sociedade que se di avanzada sigamos a discriminar á xente segundo o tamaño da sua cartera, a sua raza, o seu sexo, ou a sua identidade ou orientación sexual. Saúdos!

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 16:22
      Revisión do editor: é o autor

      Gústame

  3. O tema da homoxeinización de colectivos minoritario é tamén da interese do noso círculo de debate. No noso caso falamos de persoas con discapacidade auditiva e durante este tempo traballando, comprobamos como os medios de comunicación non fan distinción entre persoas parcialmente xordas e persoas con xordeira total. Non se pode encasillar a todos os xordos no mesmo bando, cada un ten os seus propios problemas, e sen dúbida, o mesmo pasa co resto dos grupos marxinais da sociedade. Algo que soemos facer as persoas por exemplo, é xeneralizar e meter a xordos e mudos nun mesmo grupo e sen embargo, grazas a estes círculos de debate, descubrimos que os xordos e os mudos teñen moi mala relación entre eles.
    O que máis sorprende dos medios de comunicación é que ratan o tema dos grupos marxinais dunha forma que máis que defender as inxustizas para intentar darlles visibilidade , o fan para quedar ven e darse publicidade. Un exemplo en relación con deshaucios é está nova da voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/04/23/concello-destina-800000-euros-evitar-desahucios-plena-polemica-xunta/0003_201604V23C2991.htm Por máis que preteñan denunciar os deshaucios parece que o concello pagóulles por saír no xornal. De feito, as persoas pobres son un recurso que empregan os políticos para gañar votos http://www.periodistadigital.com/politica/partidos-politicos/2016/04/07/los-pitufos-de-podemos-el-truco-de-usar-gente-pobre-para-colar-donaciones-ilegales-de-5-000-euros-al-partido.shtml outro exemplo disto o temos aquí http://adnsureste.info/nosotros-si-estamos-cerca-de-la-gente-pobre-asegura-salomon-jara-2153-h/
    Revisión editor: 26/04/2016 15:40
    Revisión coordinador : 26/04/2016 16:00
    Publicación: 26/04/2016 16:54

    Gústame

    1. Ola Susana! Resulta sorprendente como colectivos a prioir dispares como poden ser as persoas afectadas pola pobreza e a precariedade e as afectadas pola xordera reciban un trato tan equiparablemente discriminatorio por parte dos medios.

      Demóstrase a enorme influencia que ten a prensa sobre a sociedade, e polo tanto a sua responsabilidade na marxinación destes colectivos tan diferentes pero á sua vez con tantos paralelismos é total. Cando se dará conta a sociedade de esta realidade?

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 16:27
      Revisión do editor: é o autor

      Gústame

  4. Iglesias Hervella, Kelly- S2B1

    Bos dìas Jacobo,

    en primer lugar moitas felicidades polo teu artigo, nótase unha ampla documentación e un entendemento e concienciación total co colectivo tratado.
    Chamoume moito a atención o titular que analizas na entrada, e é que, cada vez máis o modelo de persoa “pobre” está a mudar.
    De feito, unha das cousas que máis me chamou a atención de Santigao é a cantidade tremebunda de persoas que están pedindo nas rúas, persoas que antes, eran médicos, mecánicos ou ata profesores.
    É unha pena que moita xente non pare nin a ler os carteis que portan explicando o porqué e a súa necesidade.
    Así, pasandoos por invisible, a sociedade (e menos os medios de comunicación) mudarán.
    Cabe felicitarvos tamén polo círculo posto no enlace, a súa visualización foi moi interesante.
    Por útlimo apórtoche aquií un enlace a un artigo que está moi en relación có tema, xa que trata o aumento do número de persoas pobres como consecuencia da crise económica coa que levamos acarreando xa, 8 longos anos.
    Nel, pódese ler:

    “Expertos corroboran que la aparición de los “trabajadores pobres” no se trata tanto de un efecto colateral de la crisis y sí de un cambio estructural en el mercado de trabajo”

    http://www.publico.es/sociedad/cunetas-crisis-economica.html
    Saúdos Jacob!
    Revisión da editora: a autora é a editora.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:03

    Gústame

    1. Ola Kelly, moitas gracias polo teu comentario! En efecto, cada vez máis o que antes chamabamos “clase media” esta pasando a formar parte da clase baixa (ou quizais sempre foi así e agora nos empezamos a dar conta, que é o que penso eu), que sufre a precariedade e a pobreza. E aínda así, seguimos a pasar de largo de esas persoas coma outra calquera que nos piden axuda.

      Por iso é esencial que o xornalismo denuncie a situación e pida un cambio para as persoas afectadas pola precariedade e a pobreza, en vez de poñerse do lado dos poderosos coma estan a facer ata agora. A noticia que aportaches, sen dubida o corrobora. Moitas gracias!

      Revisión do editor: é o autor
      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 16:34

      Gústame

  5. Adrián Álvarez Martínez S1B3

    Moi boas Jacobo, agradézoche moito o teu post, coido que tratas un tema tipo do que ninguén quere falar. Por desgraza como ben dis o tratamento que se lle da nos medios ás persoas en risco de exclusión social é de homoxenidade, coma se de ovellas brancas se trataran. Como ben se cita noutro comentario a cantidade de xente recurrindo á mendicidade en Santiago de Compostela é moi elevada. Mais o problema que ollo no tratamento que da a prensa con respecto a pobreza, non deixa de estar relacionado co grupo ou grupos, empresariais que normalmente financian aos medios de comunicación. Estes estamentos máis aristocratizados, reproducen as súas conductas elitistas e sesgadoras cara o denominado cuarto poder.

    Dito isto creo que como ben dis existe moi pouca profundidade á hora de analizar os casos de pobreza neste país. Neste caso gustaríame compartir contigo este documental da man de Popular Televisión, que sen dúbida mostra a cara máis cruda da precariedade monetaria.

    Un saúdo e grazas polo teu artigo de novo.

    Revisión do editor: 22:00

    Revisión do coordinador: 23:40

    Hora de publicación: 23:47

    Gústame

    1. Ola Adrián, moitas gracias por aportar ese documental! Estou totalmente dacordo contifo en que a responsabilidade da pobreza está neses grandes poderes económicos, xa que a súa riqueza depende da explotación dos demais, dando así lugar á desigualdade e a pobreza. E como estes grandes poderes económicos son á sua vez os propietarios dos medios, non van permitir que os seus medios descubran a súa culpabilidade directa á xente.

      E logo critican ós medios públicos… coma se os privados non estuvesen manipulados. Para min, de feito, o están moitísimo máis! Grazas de novo polo teu comentario.

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 16:30
      Revisión do editor: é o autor

      Gústame

  6. Figueroa Torres, Iria – S2A1

    Boas, Jacobo! Efectivamente, este é un problema preocupante polo tratamento informativo que recibe. Gustoume moito o teu artigo e a análise que fas de como desde os medios se trata igual a calquera persoa en situación de pobreza e se lle homoxeniza inmediatamente, sen contextualizar nunca nin ter en conta a súa situación particular e persoal.
    A cuestión non é xa a visión maioritariamente negativa que se achega das persoas en situación de pobreza desde os medios (“Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago”, La Voz de Galicia: Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago) senón que efectivamente nunca interese puntualizar nada sobre a súa historia ou situación, como si se fai cos protagonistas doutras novas.
    Os medios protexen máis aos asasinos machistas (que se tiña unha enfermidade mental, que se tiña depresión, que se tiña X ou Y problema, a cuestión sempre é non poñer o foco sobre o problema do crime machista en si) que ás persoas en situación de pobreza, das que nunca se ofrece ningún destes datos nin ningún outro doutro tipo.

    Gústame

    1. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

      Grazas por comentar Iria! Penso que é moi interesante esa comparación que fas entre o tratamento da pobreza e a violencia machista porque en mi opinión en ambos casos o fin é o mesmo: por un lado, invisibilizar a existencia da precariedade e da pobreza, e por outro invisibilizar o machismo omnipresente na nosa sociedade, falando de casos “puntuais” e incluso “xustificados”.

      O sistema capitalista e patriarcal no que vivimos necesita negar ámbalas realidades para perpetuarse. Pero creo e espero que pronto chegará o momento en que a realidade sexa xa imposíbel de ocultar. Un Saúdo e grazas de novo!

      Revisión do editor: o autor é o editor.

      Revisión da coordinadora: 27/04 ás 15:40

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s