Reportaxe: Seguridade Viaria

CQTd_dBWEAAta6J

Alicia Casas Fontán (S1D3) y Carmen Badía Deltell (S1D2)

Se teño que decidir entre a declaración de Patrimonio da Humanidade e a A-76 teño claro que me quedo coa autovía. A Ribeira Sacra sobreviviu todos estes anos sen ningunha declaración, grazas ao traballo de agricultores e viticultores.

Estas foron as declaracións de Tomé, alcalde de Monforte, que ten moi clara a súa postura. Para el, o impacto paisaxístico das obras na Ribeira Sacra non é un argumento suficiente para solicitar que se deteña a tramitación do proxecto. Tomé afirma que posturas coma a de AGE ou BNG solo serven para que o proxecto acabe nun caixón. Por iso califica de barbaridade políticaa inicitativa destas forzas políticas no Parlamento de Galicia para que a Xunta solicite a paralización deste.

Escoitando estas declaracións, cabería pensar que existe unha prioridade en canto á construción de infraestructuras para a circulación de vehículos que en ningún caso ten en conta o impacto da  acción humana na paisaxe e máis ben responde a intereses políticos. Isto é, A Intensidade Media do Tráfico (IMD) da actual N-120 non chega aos 5.000 vehículos, polo tanto, afástase dos 10.000/15.000 que a Unión Europea recomenda para realizar un desdobramento (a A-76 programada). A Asociación Ecoloxista Adega  ven denunciando dende hai tempo os procedementos ambientais legais da planificación desta obra, xa que non garanten a minimización de impactos ambientais e ecolóxicos.

E se cadra, esta prioridade poderíase extrapolar a meirande parte do territorio galego. Unha vía alternativa para a redución do uso do coche é a bicileta, medio de transporte sostible, barato e saudable  que o pasado 19 de abril celebrou o seu día mundial e recorda o primeiro experimento do científico Albert Hofmann con alucinóxenos. O vehículo de dúas rodas funciona mellor en moitas das cidades europeas que en Santiago, xa que o seu uso non é doado debido a  que non é unha cidade compactae o clima é desfavorecedor. Ademáis, non hai espazo para construir carrís bici. A aposta é a convivencia de tráficos na mesma rúa e promover o uso do transporte público para reducir o a concentración de coches na cidade.

Carolina Bruzon é unha ciclista viguesa que nestes momentos está a facer unha ruta europea dende Amsterdam ata Vigo. Según nos conta, os carrís bicis conectan ás poblacións ó longo de máis de 50km, teñen supermercados indicados durante a ruta, son respetados polos coches e a superficie é chá na súa meirande parte. Ademáis, hai sitios específicos para deixar as bicicletas en todas partes. Comparou estes aspectos ós carrís galegos, concluíndo que aquí son escasos e  demasiado estreitos (incluso con coches aparcados ou contenedores de basura). Mediante eles é imposible percorrer distancias longas e a orografía é complicada aínda que iso non sexa un gran problema.

Neste link atoparedes a canle de youtube de Carolina se queredes seguir a súa viaxe e botar un ollo as súas rutas. 

Santiago de Compostela: Seguridade Viaria

Santiago está formado pola Zona Vella, feita no Medievo, e o Ensanche, que comezou a aparecer nos anos 60 e 70 e cada zona da cidade ten unhas necesidades diferentes acordes ao momento no que naceron. Unha cidade moderna necesita tráfico, a cuestión é canto tráfico necesita e que tipo.Esto foi o que nos comentou a coordinadora de Educación Viaria da Policía Local de Santiago, Diana Parente.  Engade a isto que Compostela está sendo cada vez máis peonil, os espazos que se lle están a restar aos coches devolvénse aos peóns (limtando así as prazas para estacionar) e os desprazamentos en coche pasan a segundo plano ao igual que en outras moitas cidades. De feito, o paso seguinte será a Cidade 30, é dicir, que a velocidade acreditada será a de 30km/h. Deste xeito, en caso de atropelo haberá unha posibilidade de falecemento de peóns do 5% (unha cifra moito menor ao 80% que morrería a unha velocidade de 60km/h).

O Departamento de Educación Viaria é relativamente novo e nestes momentos está a levar a cabo campañas de concienciación da poboación acerca dos perigos da rúa. Unha de estas campañas é Colecamiños.

O Colecamiños é unha iniciativa que parte da Policía Local e é apoiada polo alcalde, Martiño Noriega. Este programa, orientada ós nenos de primaria, comezou co curso escolar 2015-2016, aínda que  levan un ano traballando nela: creando a súa mascota, a estratexia de publicidade, analizando itinerariosFoi no CEIP Pío XII no colexio no que, por agora, se puxo en marcha esta experiencia. 

Diana Parente  coméntanos que esta campaña está a ser marabillosa pero que para que  a resposta fose moi positiva, debería haber máis apoio por parte dos proxenitores, xa que estes son un factor determinante. O problema de base é o medo: medo a un posible atropelo, a un rapto e ao rexitamento social (Se non levo ó meu fillo ó colexio non son un bo pai). Diana contempla o sobreproteccionismo ou hiperpaternalismo dos pais como un gran obstáculo na persecución da autonomía progresiva dos máis novos. Para os nenos este Camiño Escolar é un camiño de convivencia no que aprenden a relacionarse co entorno: rúas, avenidas, prazas, coches…Ademáis, os nenos non só aprenden na propia rúa senón tamén nas salas de pantallas da policía, onde observan o tráfico dende outro punto de vista. 

A concienciación desta seguridade ten que vir pola aceptación e non pola represión (multas). Se un adulto que se atopa nun estado de embriaguez e pensa en coller o coche, ten que pensar que pon en risco a súa vida e a dos peonís, e non que un control de policía podería paralo. Ten que cambiar este proceso de asimilación nas personas e por iso se traballa cos máis pequenos. Pero esta concienciación  tamén ten que fomentala a escola e a familia, factores que, como xa se sinalou, son fundamentais.

Otras campañas que van da man do Colecamiños son: Móvete seguro con Moito Olliño, English and way e Pleno de seguridade viaria. No facebook de Educación  Viaria podemos atopar información complementaria e ver as actividades que se están realizando mediante estas iniciativas.

Ao rematar a entrevista con Diana Parente, puidemos ver aos rapaces que acababan de rematar a ruta ao colexio. Estaban contentos e falaban uns con outros mentres collían os instrumentos da policía e xogaban con eles, un dos rapaces incluso preguntaba se podían baixar aos calabozos. O ambiente era constructivo, dicía Diana que traballar cos nenos era moito máis agradecido que cos adultos, porque eles comprendían mellor as cousas. De feito, un aspecto da campaña é a chamada multa da vergoña, pola cal se un neno ve que un adulto comete unha infracción na rúa lle chama a atención. Esta é unha multa simbólica, menos problemática que as multas que non o son: existe unha percepción da sociedade pola cal as multas existen para recaudar e non para favorecer a seguridade viaria.

Os medios de comunicación desempeñan un papel tamén importante, xunto co dos país e a escola, no que á concienciación da poboación en canto a seguridade viaria se refire. A percepción da sociedade sobre as multas de tráfico e suposto afán recaudatorio da policía é un punto no que os medios deberan incidir. Que a percepción da sociedade se axuste á realidade. Que os medios, medien. A iniciativa Colecamiños foi difundida a través de  Europapress e  La Voz de Galicia En ambas noticias se incide no feito de que esta iniciativa é unha proposta para que os nenos vaian adquirindo unha autonomía progresiva e se convirtan ao día de mañá en adultos responsables; aínda que na noticia publicada por EuropaPress aparece que a iniciativa parte do Concello de Santiago cando en realidade foi a Policía Local quen impulsou este programa.De que os nenos saian á rúa tamén fala  El País, aínda que sen facer referencia a ninguna iniciativa concreta como o Colecamiños, senón analizando os temores dos país do século XXI a que os rapaces xoguen fóra.
Referencias

elpais.com (19 de abril de 2016). “El padre del LSD y el origen del Día mundial de la bicicleta”. El País. [Consultado el 19 de abril] http://elpais.com/elpais/2016/04/19/videos/1461058692_968167.html

lavozdegalicia.es (25 de septiembre de 2015) “El colecamiños arrancará en octubre con cuatro itinerarios del Pío XII”. La Voz de Galicia. [Consultado el 15 de abril] http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/09/24/colecaminos-arrancara-octubre-cuatro-itinerarios-pio-xii/0003_201509S24C5994.htm

lavozdegalicia.es (6 de marzo de 2916) “Tomé: «Prefiro antes a autovía que ser Patrimonio da Humanidade»”. La Voz de Galicia [Consultado de 15 de abril] http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/03/06/tome-span-langglprefiro-autovia-patrimonio-da-humanidadespan/0003_201603M6C1992.htm

elpais.com (26 de marzo de 2016) “¡Queremos jugar en la calle!”. El País. [Consultado el 14 de abri] http://elpais.com/elpais/2016/03/17/eps/1458239815_927611.html?id_externo_rsoc=TW_CC

crtvg.es (7 de abril de 2016) “A Policía Local de Santiago ensina as normas viarias aos escolares”. CRTVG. [Consultado el 15 de abril] http://www.crtvg.es/informativos/a-policia-local-de-santiago-ensina-as-normas-viarias-aos-escolares-1959109

Europapress.es  (23 de octubre de 2016) “Un programa en Santiago promueve que los niños vayan solos al colegio” [Consultado el 15 de abril]  Europapress. http://www.europapress.es/galicia/noticia-programa-santiago-promueve-ninos-vayan-solos-colegio-20150923143839.html 

Lavozdegalicia.es (8 de marzo de 2016) “La Xunta construirá 170 kilómetros de sendas para proteger a peatones y ciclistas en vías autonómicas” La Voz de Galicia.[Consultado el 14 de abril] http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/08/xunta-construira-170-kilometros-sendas-proteger-peatones-ciclistas-vias-autonomicas/0003_201603G8P10992.htm 

Lavozdegalicia.es (14 de diciembre de 2015). “Escolares porán en Carballo multas da vergoña”. La Voz de Galicia.  [Consultado el 16 de abril]. http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2015/12/13/escolares-pondran-carballo-multas-verguenza/0003_201512C13C11992.htm

Revision editora: 22/04/2016 14:00

Revision GBO: 22/04/2016 16:15

Publicación: 22/04/2016 17:35

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s