Solidariedade ou publicidade?

Aguete Sancho, Gemma – S1C2

fundacion-amancio
Imaxe extraída de: http://www.laopinioncoruna.es/

 

Humanidade, bondade, altruísmo, facultades que deberían adherirse a nós dende o momento no que chegamos ao mundo. Axudar ao próximo é un dos actos máis éticos que o ser humano pode realizar. Sen embargo, todas as boas accións que realicemos poden converterse en meras estratexias e manipulacións cando non se tratan de feitos desinteresados. Isto ocorre cando a caridade ten un fin máis alá do estrictamente moral.

O mércores 20 de abril de 2016, publicábase no periódico coruñés La Opinión a seguinte noticia: La Fundación Amancio Ortega costeará una residencia para discapacitados en Oleiros. Esta relata como se levarán a cabo as obras dunha nova estructura que facilitará a vida de moitas persoas con <<gran discapacidade>> e cun <<alto grao de diversidade funcional>>. O convenio firmouse o día 19 deste mes entre o presidente da Asociación Pro Personas con Discapacidad de Galicia (Aspronaga), Álvaro Martínez, e o director xeral da Fundación Amancio Ortega , Óscar Ortega.

Por outra banda tamén atopamos outras pezas informativas que favorecen a posición deAmancio Ortega, recentemente comentadas no noso círculo de debate: Inditex abre su primer ´outlet´ en A Coruña e integra a 9 empleados con discapacidad . Tito e Lolita xa sospeitaban na segunda reunión que todas estas noticias poderían ser un salvo conduto para o empresario galego, acusado de permitir a explotación en moitas das súas fábricas.

Analizando en profundidade as dúas noticias, decatámonos de que ambos titulares comezan co nome das institucións que rexenta Ortega, aportándolle gran protagonismo ao longo delas, repetíndose catro veces o nome da Fundación na primeira e ata cinco a empresa “Inditex” na segunda. Con todo, vemos como o diario La Opinión de A Coruña dota de maior interese a quen realiza a boa obra deixando nun segundo plano ás persoas cara as que vai dirixida.

Sen embargo, vemos coma noutros xornais, como La voz de Galicia, a noticia foi tratada dunha forma mais xeneralista, nomeando ademais empresas e asociacións como Cofer, a Fundación Mapfre ou a Federación Down de Galicia: Ferrol apuesta por la inserción laboral de personas con discapacidad.

A cuestión non é deixar de realizar este tipo de actos, aportar bolsas e crear novas infraestruturas para persoas con discapacidade, o cuestionable dos feitos son os fins cos que se fan. Tampouco debemos criminalizar ás empresas e acusalas do emprego da discapacidade coma unha ferramenta de marketing, mais vivimos nunha sociedade influenciada polos medios de comunición. A imaxe que estes aportan de nós é un feito clave. Limpar unha imaxe é tan sinxelo como manchala. Neste punto é donde debe actuar non só a moralidade da persoa senón o código ético do medio.

Revision editor: 22/04/2016 15:32

Revision GBO: 22/04/2016 16:23

Publicacion: 22/04/2016 22:30

Advertisements

11 comentarios en “Solidariedade ou publicidade?

  1. González García, Julián S2A

    Ola Gemma. Paréceme que o tema que estás a tratar nesta entrada é moi interesante e ademáis penso que é unha discusión que está de actualidade. Pois recordo, sin ir máis lonxe, o moito que se falou deste tema cando Mark Zuckerberg anunciou tras o nacemento da súa primeira filla que donaría o 99% da súa fortuna. http://elpais.com/elpais/2015/12/01/estilo/1449009485_567061.html

    Moita xente ve este tipo de donacións como un acto para mellorar a súa imaxe, de cara a galería ou para evadir impostos. Personalmente, gústame pensar que non é así. De todos modos, penso que nunca vamos a saber cales son os verdadeiros motivos que levan a esta xente a realizar actos benéficos. Sin duda, seguro que tamén o fan para sentirse mellor consigo mesmos, pero non vexo nada de malo en eso. Posto que ao final, en maior ou menor medida, sempre van a contribuir a mellorar a saúde ou o benestar doutras persoas, e iso paréceme moi importante.

    Do que non me cabe duda é de que os medios deben ser sinceros á hora de tratar esta información. Tampouco se trata de encumiar a estas empresas, simplemente de contar o que fan.

    Un saúdo!

    Revisión da editora: 23/4/2016 ás 10:20

    Gústame

    1. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

      Ola Julián! En primeiro lugar moitas grazas polo teu comentario. A verdade é que tes toda a razón. O tema de Zuckerberg foi tamén moi soado de modo que é todo un acerto mencionalo. Quero pensar que realmente o feito de ter unha filla fixese cambiar a mentalidade do creador de Facebook e todo o seu novo proxecto sexa en verdade para loitar contra a desigualdade. Mais, coma ti dis, nunca o saberemos ao 100%.

      Sen dúbida estas doazóns fan falla e nunca veñen mal, sexan realizadas polos motivos que sexan. A problemática radica en se eses feitos son éticos ou non. É ético doar o 99% da túa fortuna para unha boa causa, pero segue sendo ético cando é para evadir impostos? De todos modos, non acuso a Zuckerberg, nin moito menos, a culpabilidade sería dos medios que aínda sospeitando das súas intencións o colman de eloxios e pura promoción.

      De novo, moitísimas grazas polo teu comentario.

      Saúdos!

      Revisión GBO: 26/04/2016 10:26

      Gústame

  2. Lois Barcia, Mélani S2C1
    Boas Gemma, gustaríame saber se Amancio Ortega, por usar o teu exemplo, faría ese tipo de accións solidarias se soubese con seguridade que non ían saír nos medios. Facelo anonimamente é a mellor maneira de demostrar que o fas por altruísmo e non por interese propio.
    Hai moita xente, que non é famosa nin moito menos, que realiza montes de accións bondadosas e caritativas e que non o conta, e que obviamente non sae nos medios.
    Entendo que pode ser un feito noticioso o feito de que Amancio Ortega costee unha residencia para discapacitados pero non debería ser noticia, polo menos que non aparecese destacada entre o resto de noticias.
    Este tema xa aparece nos medios, pois todo o mundo é consciente de que isto sucede, e como di a seguinte noticia de El País (http://elpais.com/elpais/2014/08/28/icon/1409245135_207043.html ) a liña que separa a solidaridade da publicidade é moi fina.

    Gústame

    1. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

      Moi boas Mélani! Grazas polo teu comentario e polo artigo que me recomendas, trata xusto o que quería expresar neste post, algunhas boas accións acaban formando parte do “circo da caridade”.

      Apoio a túa opinión sobre que cando un fai unha boa acción non ten que ir berrándoo aos catro ventos. Esta reflexión recordoume a unha frase da miña avoa que di: “Se presumes de facer unha cousa ben quere dicir que o resto as fas mal”.

      O problema de todo isto é que actos como este teñan que ser actos noticiosos. Preocúpame moito os intereses que poida haber detrás deste tipo de titulares, mais, como ben dis, a liña que separa a solidariedade da publicidade é moi fina, e é moi difícil atopar onde se encontra a verdade.

      Moitas grazas polo teu comentario e pola ligazón, moi interesante.

      Un saúdo!

      Gústame

  3. Fernández Peón, Alexandre – S2C2

    Boas, Gemma. En primeiro lugar, gustaríame agradecerche a publicación deste post, xa que afonda nun problema clave: o egoísmo como “xenerosidade neurótica”. Non chegaremos a saber, en realidade, se Amancio Ortega é un egoísta que só xulga á xente pola súa utilidade e que utiliza ás persoas como un medio para a consecución dos seus fins (neste caso, a propaganda e a publicidade) ou se, pola contra, é de verdade unha persoa bondadosa e toma a construción do centro para discapacitados en Oleiros coma un fin en si mesmo.
    Porén, aínda que non poidamos coñecer as verdadeiras intencións, como xornalistas debemos intentar afondar nas posibilidades e non só reducirnos a relatar os feitos acontecidos. Debemos, pois, procurar, ir máis alá do superficial, sobre todo cando se trata, como é o caso, de persoas ou institucións de reputada fama e de moita repercusión pública.
    Así, vemos que, por exemplo, tamén Oprah Winfrey doara, no ano 2013, 600.000 dólares a causas benéficas (http://cadenaser.com/ser/2013/11/04/television/1383536126_850215.html), cantidade despreciable para a súa fortuna, valorada, por Forbes, nuns 2.000 millóns de dólares. Isto o que nos leva a pensar é se de verdade a xente de prestixio dona máis que unha persoa media (en proporción ó que se ten).
    Por último, e falando xa sobre o tratamento informativo deste tipo de doazóns, é innegable que, malia que a persoa que decide ceder parte da súa fortuna é crucial, esta non debería copar toda a noticia.
    Un saúdo!

    Gústame

    1. Aguete Sancho, Gemma S1C2

      Moi boas Alexandre! Agradézote profundamente este comentario porque a verdade é que tes moita razón e profundizas bastante nas claves do tema a tratar.

      Coma ben dis, non chegaremos a saber a verdade sobre as intencións de Amancio Ortega ou de calquera personaxe célebre que realice unha doazón, mais podemos indagar máis aló da fachada da información. No caso destas noticias, a miña crítica vai dirixida cara a importancia que reciben as institucións por riba dos afectados e colectivos aos que van dirixidas as obras.

      Cada quen verá as proporcións xustas segundo a súa opinión, mais sempre será, ao meu parecer, máis humano e altruista o neno que doa tres euros dos cinco da súa paga, ca o empresario que doa 500.000 euros das súas decenas de millóns.

      Un forte saúdo!

      Revisión GBO: 26/04/2016 14:55

      Gústame

    1. Fernández Ruiz, Nagore S2C3

      Ola Gemma. Estou de acordo co teu artigo, xa que eu son desas persoas que pensan que a sociedade avanza coa axuda de todos e sendo solidarios. Aínda así, creo que é un comentario moi xeneralista, xa que non todas as persoas teñen estes valores, e non por iso son peores.
      En canto ao que dis, a axuda aos demais sempre se utilozou como unha estratexia, como ben defendes no artigo, xa que os bos actos tamén dan audiencia, e a Igrexa sempre foi a que xogou mellor as súas cartas. Refírome á Igrexa porque penso que é o maior negocio que existe, e que se aproveitou dos bos actos das perosas, da súa fe e pos suposto dos seus temores para beneficiarse. Aínda así, debo dicir que sigo tendo fe nas persoas, sobre todo cando vexo noticias como a seguinte, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/03/10/os-vayais-favor-os-vayais/0003_201603G10P24991.htm, na que a única recompensa destes paiasos é un sorriso no rostro dun neno que non ten nada que darlles a cambio. Ese sorriso desinteresado e noble é o que me fai seguir crendo nas persoas.
      Un saúdo

      Gústame

      1. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

        Moi boas Nagore! Tes toda a razón, eu tamén quero crer na bondade da xente e en que comenten actos desinteresados, mais nalgúns momentos non podo evitar ter as miñas sospeitas.

        O caso da Igrexa resúltame moi interesante. Comparto totalmente a túa opinión, esa gran institución que predica o amor e a caridade é a que moitas veces pide máis a cambio.

        A pesar de todo isto, ler noticias como a que suxires sácame un sorriso. Ese tipo de actos altruistas son os que deberían fundamentar a nosa sociedade, e non o “do ut des” polo que nos reximos actualmente.

        Grazas polo teu comentario. Un saúdo!

        Gústame

  4. Ola, Gemma.
    Cando leo o teu artigo, non podo evitar recordar un debate que tivemos o ano pasado no V Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional: se era lícito utilizar a persoas famosas nas campañas de captación de fondos de ONG. Algunhas persoas aplicaban a túa reflexión, e dicían que esas persoas realizaban eses actos para lavar a súa imaxe, como parte dun acto de popularización e de caer ben á sociedade a costa das organizacións sen ánimo de lucro.
    Eu teño unha visión bastante distinta. Se ben é certo que hai certas ocasións nas que canta bastante que empresas ou personalidades fagan este tipo de aportacións e saian en todos os medios como heroes ou heroinas nacionais, eu penso en que en realidade, si que están facendo algo bo, e, polo tanto, “que me quiten lo bailao”.
    Se sacando a Casillas nun anuncio de Cruz Roja salvo a UN neno en África, eu xa me quedo satisfeita. Para min vale máis unha vida, un estómago famento máis, o benestar dunha persoa, que que Amancio ortega se lave a cara.

    Gústame

    1. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

      Moi boas Laura! En primeiro lugar, grazas polo teu comentario. A túa opinión resulta moi interesante pero non se afasta tanto da miña. Eu tampouco creo que se deban de deixar de realizar este tipo de obras, o que critico é a ética coa que os medios eloxian as andanzas e as obras de caridade do empresario. Ao meu parecer, os medios trataron de forma esaxerada a noticia e déronlle máis protagonismo ao benefactor que aos beneficiarios.

      Na túa opinión está a facer algo bo, neste punto eu atópome dividida. Considero que é algo bo o feito de levantar unha residencia para persoas con discapacidade, mais considero algo malo aproveitarse diso. En calquer caso, como ben apuntas, sempre sae beneficiado o colectivo de afectados e iso é importante.

      Grazas de novo pola túa opinión. Saúdos!

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s