Círculo de lectura crítica 2

IMG-20160422-WA0001Fonte: grupo S3A

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

Riande Cortizo, José Carlos- S3A2

Rodríguez Arias, Icía- S3A3

Rodríguez Obregón, Lucía- S3A4

Villar Manso, Susana- S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela- S3A6

Chegamos o mércores día 13 de Abril á residencia do Burgo das Nacións co noso círculo de lectura crítica. Esta vez acudiu máis xente e, ademáis dos que xa apareceran no anterior video (agás Noemí) tamén contamos coa colaboración de Iván Vázquez, Cristina Páramos e Jaime Fernández. Andrés, José e Maite xa veñen máis relaxados e en seguida tomamos os nosos postos. Jaime e Cristina comezan un pouco serios pero en seguida se animan a participar no debate e Iván, o máis xoven e animado de todos, vese que está máis nervioso co resto.

Comezamos coa primeira nova que nos traen, que conta o caso de Pilar Lima, a primeira senadora xorda do país. No artigo conta que é esencial que a xente normal asuma o protagonismo nas institucións, posto que coñece as necesidades e as demandas xerais. Todo, comunicado a través dunha intérprete posto que como ela mesma di, “utilizarei a lingua de signos porque é a miña lingua materna”. Analizándoa mediante os indicadores atopamos que no caso desta noticia, si se visibiliza a un afectado dun grupo minoritario, neste caso unha persoa xorda, o que non sempre sucede.

Despois de que Maite interprete para todos a nova, Jaime comeza dicindo que é algo normal e que está ben, mentres que Cristina veo máis como unha forma de propaganda política de Podemos e saca a colación a nova do bico entre Iglesias e Domènech, co que tampouco está de acordo nin lle gusta esa imaxe que da do partido. Jaime rebátea dicindo que da igual o partido que o faga pero Iván e Cristina seguen amosando certa desconfianza porque a iniciativa foi do partido de Pablo Iglesias e temen que sexa unha maneira de manipulación. José Antonio continua argumentando que, como xa dixo Jaime, independentemente do partido político que propoña a inclusión dunha persoa con discapacidade auditiva, estase a recoñecer o acceso a estas persoas, algo que nunca se fixera: “por fin se reconoce que un xordo pode ejercer un cargo”. Tamén asegura que para él que este tipo de novas sexan tratados como feitos inusuais ou que haxa dias como o adicado a muller, denotan que algo falla na nosa sociedade, pois estas situacions xa debian estar normalizadas e implantadas. Fai referencia así mesmo á nova sobre o Langui, ao que non lle deixaron subir nun autobús pola súa silla de rodas, o que para José Antonio significa que a nova debería ser que os autobuses non están adaptados para este tipo de discapacitados. Andrés, pola súa parte, pregúntase como é posible chegar a ese cargo porque aínda que teñas a capacidade é moi difícil o acceso e que é preciso neste caso comprender ben a noticia, porque as persoas con xordeira empregan outras estructuras de lectura. Jose Antonio apóiao reclamando que haxa intérpretes preparados en tódalas aulas criticando así a falta de medios mentres Andrés asinte con firmeza. Aquí atopamos unha falta do uso das ferramentas comunicativas adecuadas no seu día a día, pero tamén no medio teinteresa.es de Valencia, xa que como Andrés indicou foille complicado entendela porque empregan unha sintaxe diferente. Este tipo de cousas son as que impiden a accesibilidade á información do colectivo que estamos a tratar e que ve denegado en moitas ocasións o seu dereito á comunicación e á información. Volvendo á noticia, Jaime di que unha persoa xorda tamén está capacitada para exercer eses traballos, el coñece a Pilar Lima e cóntanos que sabe que está ben preparada, porque ao igual que antes non había mulleres nos poderes políticos e agora si, tamén pode haber xordos.

Aproveitando que se trata esta comunicación entre ouvintes e xordos no Senado, trasladamos esta pregunta a un plano máis xeral. Jaime responde que sí que hai recursos orais como logopedas ou a escritura que poden facilitar a comunicación entre ambos pero o mellor é coñecer linguas, xa que o lse é outra lingua mais do noso pais e isto fomentaría a integración das persoas xordas na nosa sociedade ouvinte. Para rematar coa súa aportación recalca que poden aprender destrezas orais pero que cada persoa é distinta, hai unha ampla diversidade entre xordos ao igual que no resto da sociedade.

Preguntamos agora se cren que se realiza o esforzo necesario, por chamalo dalgunha maneira, para integralos. Responde José, que distinguiría entre persoas con deficiencias auditivas coma el, e persoas xordas coma son os demáis presentes no círculo, xa que non presentan as mesas necesidades nin carencias. José explica que eles sempre necesitan dun intérprete porque non todo o mundo coñece o lse aínda que na súa opinión debería ser obrigatoria. Ademais engade que en cada aula debería haber un intérprete, algo que hoxe en día non se cumple, xa que hai moitas carencias nas ferramentas comunicativas necesarias para a súa integración na sociedade. Logo disto, José explica a situación dos disminuidos auditivos coma el e admite que: “o noso problema é que moitas veces non recoñecemos que somos xordos. Facemos un esforzo moi grande por intentar estar ao mesmo nivel que as persoas que escoitan”. Expón tamén que non son capaces de integrarse, polo que adoitan a ser persoas máis solitarias. Tamén confesa que a el suponlle unha grande dificultade ter que ir a reunións, xa que non consegue oir nada e, en contraposición cos xordos, opina que eles polo menos son conscientes da súa discapacidade, asúmena e adáptanse, algo que no seu colectivo de diminuídos auditivos é moito máis doloroso por querer estar á altura dos ouvintes. Andrés faille un xesto de aprobación co pulgar da man, deixando ver que está de acordo con isto. Recoñece habelo pasado moi mal, ao non poder asistir a este tipo de actos. Confesa a súa vez que sendo secretario de concello, tivo feito plenos sen escoitar prácticamente nada. “Aínda que pareza increíble, é así”. Para rematar esixe que en calquera acto ou reunión, ampliando a súa premisa anterior referida ás aulas, debería haber sempre unha intérprete.

É o turno de Jaime, quen pensa que “o mundo está un pouco ao revés. Vemos persoas xordas falando e unha persoa ouvinte que quere participar non pode, precisa dun intérprete. E ese intérprete non sería para nós, senón para a outra persoa”. E aplica o mesmo exemplo ao viaxar ao estranxeiro. Cando estamos noutro país do que non coñecemos a lingua, a persoa que encesita a alguén que lle traduza ou interprete somos nós, non os demais. Esta interesante reflexión fai que nos demos conta de que todo depende do punto de vista dende o que mires. O que cambia entre xordos e ouvintes é a canle comunicativa, que no caso dos primeiros é auditiva-oral e no dos xordos visual-xestual. José di que está de acordo pero volve a recalcar a necesidade dunha ferramenta comunicativa que lle axude a entablar unha conversación con eles xa que el non coñece o lse e sentiríase illado. Iván comprende a súa frustración e para el o lse debería darse xa no bacharalato e Cristina tamén o apoia concluíndo que isto rompería as barreiras comunicativas. Andrés, volvendo ao comentado por Jaime, pregúntalles que ocorrería se nunha familia so hai unha persoa xorda e o resto son ouvintes, ou viceversa? A discriminación ofrécese en ámbalas dúas situacións. José pensa que na familia xa se fai un esforzo para intentar comprendelo e comunicarse. Despois volve outra vez a insistir na necesidade dun sistema educativo que fomente a integración das persoas xordas mediante o bilingüismo obrigatorio de toda a poboación, xa dende pequenos. Iván, pola súa parte, mostra outra visión cando José reclama a necesidade de máis intérpretes e explica que moita xente se asusta de falar con eles e ese medo é o que realmente impide a comunicación. O esforzo que se fai na familia do que fala José é o que deberían facer por todas as persoas, falar despacio… pequenas cousas que facilitan e respetan o seu dereito á comunicación.

Jaime plantéxanos a cuestión dende unha nova perspectiva. Si lle falamos a unha persoa e descubrimos que esta está xorda, escapamos ao momento, sen embargo, cun inglés ou un francés cando descubrimos que non falan a nosa lingua si que intentamos comunicarnos. Que diferencia hai entre estas dúas situacións? Continua Iván pregúntanos como nos sentimos sen a presencia dunha intérprete cando el chegou, xa que pensou que algún de nós coñecía o lse. Todos coincidimos en que ao non saber como vai ser a situación e se algún dos nosos xestos pode molestalos, procuramos falar despacio, para evitar unha situación incómoda. Neste punto, Jaime dinos que “non é signar, é falar simplemente”, recalcando así o problema co emprego de ferramentas comunicativas, co que, aínda que non nos damos conta, temos prexuizos.

Volvendo ó tema da familia, Andrés recalca que se os pais, avós e irmáns non saben signar, ao neno vaille custar falar, igual que lle custaría a un neno ouvinte se tivese pais xordos que só signasen. Se nos centramos na visión dos pais ouvintes  de nenos xordos, moitos din que non aprenden a signar dado que se sínten como “bichos raros”. Andrés achaca estes prexuízos á falta de información, polo tanto, para conseguir o obxectivo de integración, o máis importante vai ser a formación. Nesta parte da falta de información que conta Andrés tamén tomamos parte os medios de comunicación, que non debemos invisibilizar estos temas, senón formar e informar sobre as problemáticas desta e outras minorías en especial, e das persoas afectadas en xeral. Se non temos xordos e ouvíntes o mesmo dereito a comunicación, o desenvolvemoento dos xordos verase mermado e continuarase empregando estas expresións pouco respectuosas para dirixirnos a este colectivo. A culpa non e dos profesores, é da forma na que a lei plantexa a educación. Jose quere restarlle un pouco de peso á educación e ó profesorado e apunta que no caso particular das persoas parcialmente xordas, el considera que tamén é importante que estas informen de que non oen perfectamente, xa que do contrario os ouvintes trataranos como iguais e acabaran tendo que sufrir comentarios do tipo de “Só escoitas o que che interesa”.

Para rematar, dinos que nas nosas mans está a posibilidade de sembrar a semilla para que estes colectivos teñan a fortaleza para dicir que teñen un problema de audición e así recibir a axuda que necesitan para estar en igualdade de condicións. Nós como xornalistas somos os que debemos visibilizar este tipo de situacións e darlles voz, a voz dos propios afectados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s