Círculo de lectura crítica 3

Lse
Fonte: GPC Slip

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

Riande Cortizo, José Carlos- S3A2

Rodríguez Arias, Icía- S3A3

Rodríguez Obregón, Lucía- S3A4

Villar Manso, Susana- S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela- S3A6

O día 19 de abril reunímonos para o noso derradeiro círculo de lectura crítica no lugar habitual, a residencia do Burgo das Nacións, nunha sala acondicionada para o debate. Nesta ocasión repetimos os mesmos convidados que na anterior (Iván, Andrés, José Antonio, Cristina, Jaime e Maite) pero agora o ambiente é moito máis distendido e falan entre eles sen máis, con comodidade. Ao chegar á aula que temos preparada colocamos os sillóns e poñémonos en marcha.

Coma sempre, empezamos o debate cunha das novas que nos trouxeron. Neste caso a dun colexio de Bosnia onde os nenos aprenderon a lingua de signos para comunicarse cun compañeiro que era xordo. Neste país, dende 2003, por lei todos os rapaces con discapacidades deben estar totalmente integrados nas aulas, e grazas a casos coma este podemos ver que en ocasións a lexislación si cumple coa súa función. A nai do rapaz de seis anos asegura que “o cativo síntese feliz e vai máis contento a clase”. Neste caso, se nos centramos nos indicadores, non se inclúe a ningunha persoa xorda no artigo, senon á nai do neno en cuestión, que pode ser igualmente unha boa fonte.

Jaime é o que toma a palabra e conta que xa hai en España un colexio bilingüe, o Gaudem de Madrid, que ten alumnos xordos e ouvintes facilitando a integración dos primeiros. José Antonio apostilla que os nenos posúen unha grande empatía polo que non lles custa aprender novos idiomas e adaptarse ás necesidades dos seus compañeiros. Ademais el, que non emprega o lse porque é hipoacusio, lanza unha pregunta cara os seus compañeiros: “a linguaxe de signos é igual en todos os países?”. Jaime da unha breve explicación negando esta suposición que ten moita xente: a linguaxe de signos non é internacional, cada país, ao igual que na linguaxe oral, ten o seu propio idioma. Incluso escolle como exemplo Arxentina e España, que teñen diferenzas na súa linguaxe oral e, do mesmo xeito, tamén presentan diferenzas na linguaxe signal. De seguido José pregúntalle por que non o é, xa que así sería máis doado que todo o mundo o aprendera e se puidese comunicar con eles. A resposta do grupo, liderada primeiro por un Iván ansioso de respostar á súa pregunta, é clara: cada cultura e cada país son diferentes e aínda que podería facilitar a comunicación tamén se pode aplicar á linguaxe oral dos ouvintes, mais ninguén fala o esperanto. Aínda así contan que tamén hai un sistema de signos internacional que se creou artificialmente para comunicarse en conferencias, etc. Non é o máis empregado xa que é máis ben un sistema de comunicación e non unha lingua e, como di Iván: “cada país ten a súa lingua: España, Francia… e iso é a riqueza lingüística, iso é igual que nas linguas orais”.

Volvendo a centrarse na nova e neste tipo de iniciativas que ligan o lse e os centros educativos, Iván conta indignado que no seu centro especial de educación para persoas xordas había profesores que nin sequera sabían linguaxe de signos calificándoo como “unha vergonza”. Sumado a isto conta que nas oposicións hai un apartado específico na parte de linguaxe oral para persoas con problemas da fala ou audición e non inclúe a linguaxe de signos. Todos coinciden en que melloraría moito a súa situación se todo o mundo aprendese o lse xa nas escolas como unha lingua máis, xa que en calquera momento podes atopar a unha persoa xorda e segue sendo un recurso, porque podes perder audición e con esta linguaxe seguirías podendo comunicarte co mundo.

Sobre o tratamento cara o seu grupo, José é o primeiro en dicir que quere que o traten coma os demais, porque aínda que non escoite ben, iso non quere dicir que non poida ser boa o mala persoa, destacando aquí a diversidade do grupo. Porén, esixe que teñan en conta a súa deficiencia auditiva para evitar frases como “é que escoitas o que a ti che interesa”. Andrés explica que tamén é importante que o profesor coñeza a situación na que se atopa o alumno para que non se produzan situacións como esa ou a anécdota que contou no anterior debate, na que o profesor lle dicía que escribía coma un indio. Nesta ocasión ademais reivindica que os psicólogos tamén teñan unha intérprete, xa que doutra maneira é imposible axudar ao rapaz e non poderán manter ningún tipo de comunicación. A realidade que nos conta Andrés é que moitos xordos se sinten reprimidos ao non poder contar a ninguén os seus problemas desde pequenos e moito menos na escola. Por iso pide que nas facultades de maxisterio se integre unha asignatura de linguaxe de signos, xa que moitos nenos xordos síntense coma se fosen os últimos porque o profesor discrimínaos facéndolles unha explicación aparte ao final da clase e isto provoca que sexan os “bichos raros”. Esta é outra mostra máis da falta de ferramentas comunicativas que, neste caso, contribúen ao fracaso escolar dos xordos.

Andrés continúa explicando que para os nenos é moi fácil aprender a linguaxe de signos. “Os nenos son coma esponxas, aprenden moi rápido”. De maiores xa cambia a cousa, vólvense máis solitarios. Pero de pequenos teñen curiosidade e isto facilitaría moito a integración. Volve sobre a mesma idea e insiste en que en maxisterio debería haber unha asignatura especial de linguaxe de signos. Ademáis logo está o tema dos pais. Cando nace un neno non saben se é xordo ou non. “E cando sabes que o teu neno é xordo como te comunicas con el? Como te fala a ti e como lle falas ti a el?”

A partir dos catro anos é a idade ideal para que o rapaz aprenda a linguaxe de signos. Xa unha vez que entra no instituto, todo se complica. Por iso repite que cre importante unha prematura aprendizaxe.

“Logo os pais en moitos casos buscan o implante coclear para os seus fillos. Bueno é a súa decisión. Pero a lingua de signos tamén é un bo recurso para aplicar. Non?” Pregunta Andrés.

Reflexionamos, por tanto, que a base está na educación. Todos asinten. “A educación é o principal, é fundamental. Concordo con Andrés. E tamén a formación dos pais. Cando nace un neno xordo, pois prepararse algo, para que o desarrollo sexa igual. Pero falta formación e información”. Apunta neste caso Jaime.

Andrés quere contar unha anécdota. “Miña muller é hipoacúsica e estudou no colexio de Bonaval. O profesor de relixión contaba os seus temas e daba a súa materia. O profesor estaba explicando que Jesucristo aos 40 días resucitou. O anxo tocaba o instrumento e todos se ergueron. Entón miña muller quedouse pensando e fixo unha pregunta. ‘Mire, e os xordos como fan se non escoitan os instrumentos?’. O profesor bloqueouse e díxolle para sacala do medio: ‘Pois aos xordos chámanos con xestos’.”

José tamén conta unha anécdota. “Miña filla chegou un día cando era pequena e díxome: ‘Papá, o profesor di que Deus nos fala. Pero eu non o escoito. Ti si?’. E claro, eu contesteille que sendo xordo, pois non podía escoitalo.” Todos rin coa anécdota e Andrés fai o xesto de aplaudir no linguaxe de signos, movendo as mans. Foi un momento distendido e simpático.

Tras isto, entre nós, falamos de se daba tempo a outra nova máis. José nos di “agora mesmo comenzáchedes a falar entre vós e eu non entendín nada. Baixáchedes o ton e me perdín. Para que vexades a dificultade que nos causa estar en reunións ou conferencias.”

Finalmente pasamos á seguinte nova. “Lanzan en Nicaragua el primer portal en televisión para personas ciegas y sordas”.  José di que volvemos ao principio do debate. “Isto xa tería que estar colocado. Xa debería funcionar así. O mellor sería ter unha canle específica. Co nivel de desarrollo que temos, estas novas xa non debían ser novidade”. Os medios de comunicación e as tecnoloxías están moi avanzados. Este tipo de novas son un exemplo máis de que non hai unha integración total.

Jaime di que coas tecnoloxías actuais hai unha gran capacidade de acceder á comunicación e á información. “As veces as cadenas poñen excusas, polo que eu penso que non queren facer isto. Non lles interesa”. Poñen subtítulos ou ao intérprete no recuadro pequeno, mais non é suficiente. “Se os ouvintes baixan a voz, para nós é o mesmo que si nos reducen o tamaño do intérprete. E este é moi pequeno”. José cre que podería haber unha canle específica para xordos. “Ogallá” contéstalle Jaime.

Preguntamos agora por que medio de comunicación entéranse das novas no día a día. Jaime di que na tele, Iván por internet na Voz de Galicia. José dille que é un mal periódico, un pouco en broma, un pouco en serio. Andrés ri e exclama “facha, facha”. Isto a Iván non parece facerlle demasiada gracia. José tamén di que prefire internet. “Programas de televisión, moitas veces os miro logo en internet. Poño os cascos e o vexo”. Conta que cando sacou a carreira de dereito, non foi por atender en clase, xa que perdía moita información. Poñíase ao día despois, lendo os libros.

“Na televisión hai subtítulos e poden axudar” di Cristina. Andrés non está totalmente de acordo, xa que “se estás comendo, non estás lendo os subtítulos”. Jaime aproveita para contarnos unha anécdota en relación con este tema. Cando el era neno, aínda non existían os subtítulos e veía os debuxos animados sin ter nin idea de como se chamaba cada personaxe. Polo tanto, cando na clase falaban dos debuxos non sabía de cales exactamente estaban falando, soamente puido poñerlles nome unha vez apareceron os subtítulos. Ademáis, recalca que ao igual que Jose, se estos subtítulos son moi pequenos, o máis probable é que pase de ver a televisión, xa que o seu dereito á comunicación vese truncado.

José dille que no seu caso opta por coller os cascos e enterarse das noticias a través da internet. Aproveita para dicir que ate o momento ningún partido político, con independencia de ser de esquerdas ou de dereitas, fixo nada para respetar este dereito de comunicación dos xordos, a pesares de que fai tempo que contamos coa tecnoloxía doada para elo.

Andrés intervén para falar da prensa. Conta que o seu xornal favorito e sen dúbida alguna “A Nosa”, máis alá da súa orientación política, gústalle a forma na que están redactadas as frases e a abundante cantidade de fotografías que aparecen, que fan moito máis comprensible a lectura.

Para Iván, cadaquén debería poder elixir o periódico coa orientación política que desexe, o importante é que os sordos poidan ter acceso a toda a información porque do contrario non poderán facer uso total do seu dereito como cidadáns. José intervén para darlle a razón a Iván, a pesar de que cre que é moi difícil non estereotipar determinados xornais pola forma de tratar as novas.

Aproveitando este volco que deu o tema, a moderadora pregúntalles se consideran que teñen acceso total aos medios e pídelles consello sobre como mellorar nós como xornalistas.

Jaime toma a iniciativa e explica que o que está claro que deberíamos tornar, e que todos como xornalistas facemos mal, é falar de persoas “xordomudas”. Isto é incorrecto, xa que dise persoa xorda ou con pérdidas auditivas. Da mesma forma, tampouco se lle chama mímica á linguaxe de signos. Sería o mesmo que chamar “gorda” a unha muller nun medio de comunicación. Andrés apunta que a expresións “facer oídos xordos” ou “facerse o xordo” tampoco deberían aparecer, xa que non son adecuadas.

José veo dende outra perspectiva. Teñen que aceptar que son xordos e hai que tomalo con humor, non como unha ofensa. “ Temos que responder, pois sí, son xordo, pero ti non sabes expresarte. Si nos molestamos cada vez que alguien utilice un término incorrecto, entón teño que marcharme da casa e divorciarme.” Jaime dille que todo depende da frase e do contexto no que se utilice.

José simplemente pídenos que sementemos as ideas que se trataron durante o debate. Cando vaiamos á aula temos que tratar á xente con esta problemática e preguntar a alguén se ten algún tipo de discapacidade, non soamente de oído. Tamén quere recalcar que comezamos o debate falando castelán e agora estamos falando galego.

Jaime cree que non é soamente comunicar. Proponnos que levemos á facultade de comunicación a unha persoa nativa, como unha campaña de sensibilización falando coa asociación de persoas xordas. O ideal sería pedir a unha persoa que veña para dar unha conferencia para evitar estereotipos. Non só xordos, se non xordocegos, e hipoacúsicos. “É importante a información e a difusión” E suxírense un contacto www.faxpg.es . 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s