Concertos para xordos

Villar Manso, Susana (S3A5)

11136123_10152818203270679_7638700884429404957_o

“Martin Garrix dio un concierto 100% para gente sorda”, “DJ Martin Garrix ofreció un concierto especial para gente sorda”, “Concierto para sordos de Martin Garrix”, “DJ Martin Garrix ofrece concierto para personas con problemas auditivos en Miami”… Estes son exemplos dos  titulares de diarios dixitais que recollen a noticia de como o concertó do DJ irlandés foi preparado para poder ser taméndisfrutado polas  persoas con discapacidade auditiva.

Basicamente o que se fixo foi dotar as persoas con sordeira dunha mochila que proyectaba o sonido directamente no seu corpo. Ademáis, outro tipo de elementos visuais, de movemento e vibración foron usados, así como intérpretes no escenario para que poder seguir as lestras das cancións.

Esta iniciativa, que sen dúbida tivo unha boa fin, pois permitiu achegar as persoas con discapacidade auditiva á música da que os oíntes disfrutamos tódolos días sen apenas darnos conta; perdeu todo o seu contenido pola forma na que foron tratados polos medios de comunicación. A maior parte deles olvídanse de falar do importante que é que por fin os xordos podan ir a un concertó e céntranse en falar do “bon” que é Martín Garrix e do “gran sacrificio” que fixo para poder adaptar o seu concertó a este colectivo.

Nese artigo, en lugar de informar básicamente o que se fai e contar os lectores de qué marca son as mochilas coas que se lles dotou son gratuitas e do estilo Subcap, para que así todo o mundo sepa quenes foron os “xenerosos” patrocinadores do evento.

Neste outro fálase do “curioso  que é que non sexa o primeiro esforzo por transmitir música a persoas con discapacidade auditiva” grazas a estas mochilas. Como pode un xornal dicir que lle parece curioso que non sexa a primeira vez que inténtase adaptar un concerto para as persoas xordas? Volvemos outra vez o mesmo tema de sempre, por moita que se fale e se adapte á lei para integrar as persoas con algún tipo de discapacidade, segue a verse como algo extraño cando as cousas cambian para integrar ós xordos.

Estes son só dous exemplos de xornais que falan do concerto, pero se nos paramos a ler todos, podemos ver como os paragráfos que aparecen neles  son exactamente iguais nuns artigos e noutros, son un copia e pega. Ademáis, os testimonios son das mesmas  persoas, parece que ninguén se molestou en enterarse do que pensou  realmente a xente a cerca do concerto.

Tamén cabe resaltar que en todos os medios dice “xordos”. Outra vez vólvense a incluir a todos eles no mesmo bando. Evidetemente, as adaptacións que se fagan para unha persoa xorda total non van ser as mesmas que para unha parcial xa que os niveis de xordeira non son os mesmos.

Ademáis, por máis que busquemos  alguna referencia a esta nova en La Voz de Galicia, El País ou o Mundo non a atoparemos. Parece que os grandes medios de comunicación teñen cousas máis importantes das que informar que de como os xordos poden por primeira vez difrutar do concerto dun dos Djs máis importantes do momento.

Con todo isto non quero criticar a Martin Garrix polo  seu concerto, todo o contrario, de feito, paréceme que debería ser tomado como exemplo por outros grandes artistas para axudar así a integración. O que estou criticando é  na forma na que Martin converteuse no protagonista da iniciativa cando realmente os protagonistas deberían ser as persoas coa discapacidade auditiva. Pero disto non ten culpa o DJ, se non a forma que temos os informadores de contar as cousas.

Nesta noticia de La sexta por exemplo fálase doutro concerto que foi ofrecido en 2015 tamén para persoas con discapacidade auditiva, pero o tratamento é totalmente distinto. Aquí os claros protagonistas da velada son os xordos e non a xenerosidade dos cantantes ou a publicidade das mochilas. E sen embargo, o máis probable é que pouca xente oirá falar destoutro concerto.

A idea é que quedémonos co importante, que cada vez os xordos poden disfrutar de máis servicios, como neste caso un concerto, pero estos non son suficientes e hai que seguir loitando para que cada vez se acheguen máis ós oíntes.

  • Revisión editor: 25/04/2016 14:30
  • Revisión coordinador: 25/04/2016 15:00
  • Publicación: 25/04/2016 17:31
Advertisements

14 comentarios en “Concertos para xordos

  1. Ola Susana!

    Ata que leín o teu artigo non tiña idea de que Martin Garrix ofrecera un concerto para sordos, e a verdade e que creo que é algo moi novedoso, que sin dubida tiña que salir en todos os medios de comunicación. Paréceme unha iniciativa estupenda e moi novedosa, polo que a verdade non me cabe na cabeza como os grandes xornais non fixeron ningunha publicación sobre isto. Ademais, é unha gran novidade, podemos falar dun gran cambio para todo o colectivo de xordos ou xordomudos, con este tipo de cosas rómpense as barreras, e creamos esa igualdade que aínda escasea na xente discapacitada.

    Por outra banda, dame moitísima mágoa que os medios de comunicación non sexan conscientes da importancia e nas repercusións que pode chegar a ter esta noticia. É moi triste que a prensa decida centrar as súas publicacións falando dos patrocinadores e non das cuestións que realmente importan. Que as noticias sexan totalmente iguales mostra esa falta de interese polo tema, o que verdadeiramente da pena.¿De verdade podemos considerar isto un bo periodismo? Dende logo desde o meu punto de vista, non. Ademais, comparando isto coa noticia da Sexta, non ten nin punto de comparación. Esta última informa de verdade sobre o avance que esto supon para este tipo de discapacitados, e non so se queda coa marca da mochila.

    Martin Garrix é sin dúbida un exemplo máis de como é posible acabar coas barreiras que separan os discapcitados dunha vida normal. Aquí deixoche outras iniciativas que tamén pretenden acabar con este tipo de problemas. O primer enlace é unha noticia sobre como o teatro Galdós ofrecerá as súas primeiras obras para xordos ou xordomudos. O segundo é un tour ofrecido en Escocia chamado “Edimburgo a través de las manos”. De feito, estanse a realizar en numerosas axencias de viaxes tours e viaxes especiais para xordos ou xordomudos.

    http://www.parasordos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=156:el-galdos-ofrece-sus-primeras-obras-de-teatro-accesibles-para-ciegos-y-sordos&catid=15:temas-de-interes&Itemid=164

    http://www.viajarporescocia.com/edimburgo-a-traves-de-las-manos.html

    Por último engadir, que para min este tipo de iniciativas son tan so o principio dunha sociedade que non rexeite aos discapacitados, sinon que os traten dunha vez por todas como as persoas iguais que son.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:22

    Gústame

  2. Que interesante o teu artigo, Susana. Non sabía que se realizaban este tipo de concertos esperimentais, foi unha achega moi especial.

    Tes toda a razón na túa crítica ó tratamento informativo que se realiza do acontecemento. Unha vez máis os medios de comunicación ignoran as realidades sociales e as súas necesidades nos medios para dar pé o que realmente lles importa e lles aporta subvencións: a publicidade. Paréceme especialmente alarmante que non só non tratan o tema como deberían senón que o aproveitan.

    En canto as ofertas culturais que podemos atopar no mundo das persoas con dificultades auditivas atopei a referencia a de este libro: http://www.excepcionales.es/2016/04/sordo-y-que.html. Paréceme moi aproveitable a maneira na que os propios “xordos” contan as súas percepcións e as situacións que viviron, creo que podería ser un aprendizaxe realmente educativo.

    No mundo das discapacidades en xeral creo que é fundamental a pedagoxía que debe facerse dende os nenos aos adultos para empregar unha linguaxe de inclusión que logo podo verse reflexada tamén nos medios de comunicación. Se dende un primeiro momento estamos acostumados e acostumadas a un bo uso da inclusión todas estas cousas non pasarían.

    Por outro lado o problema das publicidades encubertas nos medios de comunicación ten unha solución moito máis complexa. Atopámonos diante dun problema estructural de gran calado que está a dominar toda a información e que non permite facer honra ó dereito a ser informado dos cidadáns. Para unha rexeneración do xornalismo deberíase levar a cabo un lavado total dos métodos de subvencións dos medios e comezar a ser totalmente transparentes co que hai detrás das direccións dos xornais, tv, radios…

    Espero que che servise de algo o meu comentario. Moitas grazas

    Gústame

    1. Moitísimas grazas Marina! Precisamente nun dos nosos círculos tratamos o tema das dificultades que teñen as persoas con discapacidade auditiva para aprender a comunicarse dende nenos. Se non teñen ningún familiar que padeza xordeira a miudo estes problemas acentúase e os nenos acaban preferindo pasar o tempo en soidade para non sentirse distintos o resto. Como te dicía, é moi difícil ensinar a falar a un neno xordo, e ademáis, cabe resaltar que como ben sabemos, cada persoa é diferente e ten o seu propio ritmo de aprendizaxe. Deíxoche un enlace dunha web na que se pretende axudar os país a ensinarlles os nenos a comunicarse http://aprender.cuidadoinfantil.net/ensenar-a-hablar-a-ninos-sordos.html . Pero sen dúbida o mellor é acudir a algún centro educativo, xa que do contrario, atopamos vídeos como estos que non nos aportan nada https://www.youtube.com/watch?v=dYjwufrjozc
      Revisión editor: 26/04/2016 16:00
      Revisión coordinador:26/04/2016 16: 10
      Publicación: 26/04/2016 16:22

      Gústame

  3. Alexandre Fernández Peón – S2C2

    En primeiro lugar, Susana, moitas grazas pola aportación, xa que, de non ser por esta entrada, non tería nin a máis remota idea da realización deste concerto. Opino, coma ti, que a invisibilidade desta iniciativa nos medios de comunicación de masas é inadmisible na época que estamos a vivir. Ademais, e como moi ben apuntas, normalmente non se lle dá a correcta importancia ós propios protagonistas (que neste caso serían os asistentes ó concerto). Algo diferente ocorre neste artigo sobre unha exposición de cadros para invidentes que se fixo no museo do Prado (link do artigo: http://www.20minutos.es/noticia/2350985/0/cuadros-para-ciegos/obras-maestras/museo-prado/), posto que aquí si que se lle dá a voz a aquelas persoas que desfrutaron da exposición.
    Por outra banda, tamén se bota en falta unha maior profundidade nas informacións, sobre todo no que se refire ás consecuencias que tivo este concerto para o colectivo que agrupa a aquelas persoas con discapacidades auditivas; dado que isto melloraría, sen dúbida algunha, a comunicación comunitaria de forma substancial.
    Por último, gustaríame incidir no descrédito que causan as malas prácticas do xornalismo (tales coma o copia-pega do que falas nesta publicación) e que están levando á sociedade a un escepticismo moi marcado no que ós medios se refire. É, pois, a nosa tarefa como xornalistas é a de profundar nas informacións que imos publicar e fuxir, por tanto, dos copia-pega.

    Gústame

    1. Moi boas Alexandre! Está claro que é totalmente necesario que este tipo de iniciativas sigan levándose a cabo e, sobre todo que os xordos estén cada vez máis integrados na sociedade. Un exemplo de que esta integración aínda non está conseguida, é esta noticia http://www.20minutos.es/noticia/2730018/0/asociacion-sordos-melilla-celebra-sus-18-anos-vida-reivindicando-mayor-integracion/#xtor=AD-15&xts=467263 , na que os xordos melillenses siguen loitando por unha maior integración, ou esta, http://www.unionjalisco.mx/articulo/2016/04/24/educacion/guadalajara/analfabetismo-afecta-al-40-de-los-sordos na que descubrimos que o cuarenta por cierto dos xordos sufren analfabetismo. De feito, esta deseintegración das persoas con problemas auditivos mostrase neste artigo http://consalud.es/opinion/no-hagan-oidos-sordos-26222 do doutor Alfonso Vidal, que nos fala de que estes problemas auditivos son máis común do que cremos e que é necesario facerlles caso.
      Revisión editor: 25/04/2016 15:45
      Revisión coordinador: 25/04/2016 15:50
      Publicación: 25/04/2016 16:20

      Gústame

  4. Adrián Álvarez Martínez S1B3

    Moitas grazas polo artigo Susana, resultou tremendamente entretido coñecer máis sobre a aplicación de tecnoloxías adicadas á integración de persoas con discapacidade. Por unha parte estou dacordo contigo no tratamento das publicacións que presentaches, posto que coido se realiza un enfoque negativo para o solidario do acto. Mais tamén vexo xusto que aqueles grupos financieiros, que invertiron nun soporte capaz de facer chegar a música ás persoas con dificultades auditivas, poidan publicitarse. O que me parece unha gran inxustiza é o propósito da prensa cos documentos, nos que se ve ao DJ coma unha especie de mesías como ti mencionas.

    Un dos problemas máis graves aos que se enfrenta este colectivo é que malia non ter ningún condicionamento físico, son tratados coma se o tiveran. Amais de que o descoñecemento sobre este tipo de discapacidades, leva aos estratos máis baixos da cidadanía a discriminación e ao rexeitamento dun grupo de atención social prioritaria. Para axudar a esta formación da cidadanía, gustaríame compartir contigo un documental sobre as persoas con discapacidades auditivas, no cal se afonda na súa vida cotiá.

    Un saúdo!

    Revisión do editor: 22:00

    Revisión do coordinador: 23:40

    Hora de publicación: 23:46

    Gústame

    1. Moitas grazas polo enlace do documental Adrián! Paréceme unha forma moi entretida de coñecer como é o día a día dunha persoa xorda. Quería aclarar que en ningún momento pretendín dicir que as empresias publicitarias que crean este tipo de avances tecnolóxicos non deban darse a conocer, todo o contrario, paréceme moi necesario que a xente sepa destas cousas. Sin embargo, creo que neste preciso caso, a forma de facelo non foi a adecuada, xa que creoque a persoa que lea a nova debe quedarse co feito de que o xordo poida escoitar o concerto, non saber a marca das mochilas. Supoño que son formas distintas de velo.
      Revisión editor: 15: 40
      Revisión coordinador: 15:50
      Publicación: 16:19

      Gústame

  5. Valdivieso Vidal, Jaime (S3C4)

    Dá moito que pensar o feito de que para poder atopar unha boa noticia como esta teñamos que recorrer a un observatorio non cal nos adicamos a estudar como traballan os medios de comunicación. Fora do que podemos considerar como o máis importante do día a día na axenda mediática, os medios de comunicación en moitas ocasions optan por publicar noticias cargadas de tinguiduras sensacionalistas ou de sucesos que chaman ao morbo dás audiencias. Parece, como ben dis non artigo, que non interesan este tipo de noticias ou que son demasiado estrañas para ser publicadas na prensa cando sen dubida, son moi boas noticias.

    Chamame moito a atención o que escribes sobre o “copia pega” dous medios de comunicación cando van contar a noticia. O que me leva a pensar isto e que realmente, e como dicía anteriormente, á prensa non lle interesa o feito de que Martin Garrix brindase a posiblidade aos xordos de gozar do concerto se non ou feito de non quedar atras ante a competencia que si tratou o tema. Canto menos, aquel que vai cubir calquera tipo de acontecemento periodistico, debería abondar naquilo que vai publicar buscando as suas propias fontes de información e contando o feito desde a sua perspectiva. Que ainda hoxe haxa profesionais dá información que fagan ou seu traballo copiando a información doutro dá moito que pensar sobre a situación dous comunicadores. Se non cambiamos a forma de facer xornalismo e non somos quen de darlle as noticias o trato que merecen, colectivos como o que mencionas ti quedaran subordinados a unha empresa que comercializa mochilas ou a un DJ que tivo a gran xenerosidade de acordarse deles.

    http://www.apmadrid.es/noticias/generales/el-copia-pega-es-una-falta-de-respeto-al-autor-al-lector-y-una-admision-de-mediocridad
    http://www.bbc.co.uk/blogs/mundo/blog_de_los_editores/2012/07/como_la_pirateria_esta_acaband.html

    Gústame

    1. Boas Jaime!

      Pois así é, a maior dos medios de comunicación deciden o seu contido informativo en función do que faga a competencia. Non só necesariamente en temas de tremenda relevancia, senón prácticamente con todas as novas. Un exemplo moi claro destes copia e pega o podemos ver na información que foi aparecendo ó longo dos meses sobre o caso asunta. O ideal sería que cada medio saise en busca da súa propia información para que os cidadán recibísemos unha información máis veraz e diversa.

      http://www.lavozdegalicia.es/temas/caso-asunta

      http://elpais.com/tag/caso_asunta/a/

      http://www.elmundo.es/t/ca/caso-asunta.html

      Revisión editor: 25/04/2016 15:30
      Revisión coordinador: 25/04/2016 16:00
      Publicación: 16:18

      Gústame

  6. Fernández Ruiz, Nagore – S2C3

    Bo artigo, Susana. Todos sabemos que as persoas con discapacidade auditiva teñen limitacións á hora de facer vida normal, por iso temos que ser conscientes de que esta clase de iniciativas xorde como unha alternativa para aqueles que, polas súas características, non poden desfrutar da música dunha forma que poderíamos chamar “convencional”. Non obstante, para que eventos coma este teñan unha repercusión real na sociedade, é necesario que aparezan nos medios de comunicación, cousa que non se chega a cumplir neste caso (xa que a noticia, como ti dis, non se tratou nos medios máis masivos). Así, eu atopei esta noticia, que nos mostra como hai outras ideas que procuran achegar a cultura ás persoas que teñen algunha clase de discapacidade auditiva (link: http://www.20minutos.es/noticia/880446/0/visitas/guiadas/sordos/)
    Outra cousa a ter en conta é a actuación dos xornalistas, posto que semella que non lle conceden o peso suficiente á nova, ó facer, como ti explicas, un corta-pega. Paréceme que a labor do xornalista debe ser a de procurar a verdade e ir sempre un paso máis alá no proceso de compilación da información.

    Gústame

    1. Ola Nagore! Moitas gracias polo link que incluiches. A verdade é que da gusto ver que na nosa cidade si que se levan a cabo iniciativas de integración de persoas xordas en eventos culturais como é esta visita á catedral de Santiago. Seguindo con esta proposta túa, decídin informarme doutras actividades culturais que pode realizar este colectivo. Aquí podemos atopar un montón delas http://www.faxpg.es/index.php/inicio/27-destacados/1684-calendario-de-eventos-y-actividades-2016-de-la-faxpg

      Creo que este tipo de iniciativas deberían levarse a cabo con máis frecuencia para unha máis rápida integración das persoas que sufren esta discapacidade
      Revisión editor: 27/04/2016 12:30
      Revisión coordinador: 27/04/2016 13:00
      Publicación: 27/04/2016 13:18

      Gústame

  7. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Moi boas Susana! Noraboa por este artigo, a verdade é que resulta muy interesante ao tratar un tema tan novidoso e entretido. Non sabía da existencia deste tipo de concertos e paréceme unha idea incrible.

    Esta noticia mestura dous temas que tratei nas miñas últimas publicacións. Na miña publicación “Non hai festa para todos”, falo do que supón para unha persoa con discapacidade saír de festa. A diversión é algo co que non todos contamos e, ao ler o teu post, alegreime de que neste caso contemos co mesmo dereito de disfrutar das cancións de Garrix. No meu último post “Solidariedade ou Publicidade?”, comento tamén o uso de publicidade e o emprego das obras benéficas como ferramentas de marketing. Coincido totalmente contigo e lle outorgo toda a responsabilidade aos medios de comunicación, que son os encargados de converter un feito noticiable nunha estratexia publicitaria.

    Aquí deixo máis información sobre como se poden levar a cabo concertos para persoas con discapacidade auditiva: http://www.ohmygeek.net/2016/04/06/concierto-musica-sordos/

    Gústame

    1. CONCIERTO PARA XORDOS: GEMMAAGUETE
      Susana Villar Manso 11:02 AM
      To: angelaprecedo@gmail.com

      Boas Gemma! A verdade é que non tiña oportunidade de ler os teus artigos e ben é certo que teñen bastante relación con este no sentido que dís. Chamoume a atención o de “Non hai festa para todos”, xa que nunca reparara en cómo se sinte unha persoa discapacitada ao saír de festa. Supoño que os xrodos preferirán ir tomar algo en lugar de acudir a discotecas. Atopei este pdf na internet http://www.mihijosordo.org/pdf/actividades_juegos_fiestas.pdf no que se fala deste problema xa non á hora de ir as discotecas, senón da forma na que xogan os nenos e como se relacionan.

      En canto se refire á publicidade, como xa dixen o mundo está cada vez máis rexido por ela, olvidando o que realmente debería importarnos, vivir nunha sociedade democrática na que existe unha plena integración de toda persoa.
      Revisión editor: 27/04/2016 13:00
      Revisión coordinador: 27/04/2016 13:17
      Publicación 27/04/2016 13:20

      Gústame

    2. Boas Gemma! A verdade é que non tiña oportunidade de ler os teus artigos e ben é certo que teñen bastante relación con este no sentido que dís. Chamoume a atención o de “Non hai festa para todos”, xa que nunca reparara en cómo se sinte unha persoa discapacitada ao saír de festa. Supoño que os xrodos preferirán ir tomar algo en lugar de acudir a discotecas. Atopei este pdf na internet http://www.mihijosordo.org/pdf/actividades_juegos_fiestas.pdf no que se fala deste problema xa non á hora de ir as discotecas, senón da forma na que xogan os nenos e como se relacionan.

      En canto se refire á publicidade, como xa dixen o mundo está cada vez máis rexido por ela, olvidando o que realmente debería importarnos, vivir nunha sociedade democrática na que existe unha plena integración de toda persoa.
      Revisión editor: 27/04/2016 13:00
      Revisión coordinador 27/04/2016 13:15
      Publicación: 27/04/2016 13:22

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s