“Defendo que eu son Antía e que sempre o fun. Non hai máis volta de folla respecto a iso”

Imaxe: autora do artigo

Losada Miguéns, María – S2B3

Antía Fernández é coñecida por ser a primeira transexual federada nun deporte Olímpico en España. Activista por convicción, esta coruñesa, responde nesta entrevista acerca da súa vida, do deporte e dos medios de comunicación.  Unha chega á realidade transexual, moitas veces esquecida nas grandes cabeceiras, que precisan dun marco e experiencias coma esta para poder interpretar e realizar a información de xeito rigoroso. O contacto directo coas persoas, e a achega de testemuñas coma este son o camiño para fuxir de estereotipos e lograr a integración.

Tiveches algún referente cando comezaches o teu tránsito?

Non. Aínda que si que podo dicir que houbo un momento no que os feitos da miña vida, se foron encadeando e me levaron ata un punto no que o único que me quedaba por diante era dar o paso.

No verán de 2013, estiven cunha chica que me dicía que cando estaba comigo sentíase como coas outras mozas coas que ela estivera. Foi unha especie de “clic”.

En decembro vin un reportaxe na televisión sobre voluntariado en Estremadura nun centro de recuperación de aves, e decidín facelo, xa que me atopaba nun momento da miña vida no que non sabía cara onde ir. Logo, atopeime noutro canle a Carla Antonelli,  unha persoa transexual cunha vida normalizada e chegou a ser deputada no parlamento. Pareceume como se alguén lle tivera dado ó interruptor dunha segunda fase.

Nese período íame realizar unha vasectomía, e uns dás antes díxenlle ó urólogo: “se se lle vai a man e me corta todo, non vai haber protesta ningunha”. O doutor reaccionou moi ben, explicándome que o que tiña que facer era ir o médico de cabeceira, pedir unha avaliación psiquiátrica de disforia de xénero, hormonarme, e ós dous anos xa estaría lista para facer esa operación.

Abriume os ollos a unha posibilidade, que para min estaba fora do meu alcance. Isto foi en febreiro de 2014. O interruptor estaba xa nunha fase tres.

Que aconteceu nesa experiencia de voluntariado en Estremadura?

Cando cheguei comporteime dunha maneira rara, non quería socializar. Enchíanseme as narices se alguén me chamaba “tío”. Empecei a querer tratar máis cos paxaros que coa xente, vía neles unha mirada de liberdade absoluta.

Un día, nunha caixa que poñía obxectos perdidos atopei unha saia. Collina, e funme a Mérida, onde non me coñecía ninguén.

Saín do meu vehículo coa saia posta,  disposta a cruzar a ponte que une o casco antigo coa zona moderna. E tiña o sentimento de ser un chico desesperado, ó que lle espera suicidarse.

Alí, pedín unha foto, e decateime de que cando o fixen, estaba a referirme a min mesma en feminino por primeira vez diante de todo o mundo. Non sei as horas que botei nese paseo pero foron as máis felices da miña vida. Pese á alopecia, as canas, pese a todos os demais caracteres secundarios, eu era feliz e so me puxera unha saia. Cando rematei aquel paseo sabía que empezaba un proceso novo.

En ese proceso como inflúe a familia, o entorno próximo?

No meu caso eu sabía que a miña familia estaba pechada. E quizais fora ese o motivo de retrasalo tanto, pero , estando en Mérida asumín que cando voltara a casa  ía facelo con saia.

Sabía que tiña a posibilidade de que a miña familia me dixera “nesta casa non”. Pero por primeira vez eu prefería prescindir da miña familia, que prescindir de ser eu mesma.

Fai pouco coñecín a familia dun neno de 8 anos, transexual, que xa leva 1 ano de tránsito. Decátome de como a súa familia está o redor, e non me sae outra palabra: a familia éo todo.

Que prexuízos percibes o teu redor?

A miúdo, sinto que me miran e vena un chico vestido de chica. A xente non entende por que o fago, e pensan ademais que as razóns son de índole sexual. Ese é o gran problema.

Pero que motivación sexual  pode ter un neno de 4, 6, 8 anos? Isto é o que máis costa romper cando falas coa sociedade. Eu só quero que me recoñezan e me traten como eu me sinto. Se os demais me tratan en feminino  son feliz.

Que precisa a sociedade para avanzar?

Educación. Formación.  Que dende xa, se ensine nas bases e na infancia, que chegue a información de que está diversidade non se elixe e que a motivación nunca ten orixe sexual. É  unha cuestión de identidade.

Segue habendo prexuízos no deporte?

Claro, pero é que a xente que está dentro do mundo do deporte ten que escoitar máis ós médicos, que explican ata a saciedade que en menos de 12 meses de tratamento de reemprazo hormonal as diferenzas metabólicas ou anatómicas desaparecen.

O COI acaba de dar un paso importantísimo, xa que recoñeceu o acceso ás prácticas olímpicas das persoas transexuais mesmo que non pasaran por quirófano.

Como che chegou a atención mediática e como a afrontaches?

Non podes calculala nin prevela. Foi triste que me chamara Fernando Carreño do Marca e me dixera que consultara coas federacións e que non constaba ningún caso anterior ó meu, que era a primeira deportista transexual federada en España. Triste por pensar que dende que  nacín non houbera ningunha oportunidade para as persoas transexuais

Pero por outra, xa non era solo xogar ó voleibol. Isto adquiriu dimensións máis grandes.

Que pedirías a un xornalista que che vai entrevistar?

Que non me pregunte o meu segundo apelido, que non faga mención a si estou non estou operada e en principio que non mencionaran a miña idade, por coquetería.  Pero sobre todo non preguntar polo nome anterior porque non ten valor informativo e creo que denigra a persoa transexual. Defendo que eu son Antía e que sempre o fun. Non hai máis volta de folla respecto a iso.

Revisión da editora: 24/04/2016 ás 18:00

Revisión GBO: 25/04/2016 ás 12:45 e segunda revisión 25/04/2016 ás 19:36

Publicado: 25/04/2016 ás 16:36

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

4 comentarios en ““Defendo que eu son Antía e que sempre o fun. Non hai máis volta de folla respecto a iso”

  1. Lois Barcia, Mélani S2C1
    Boas María, gustoume moito a túa entrevista a Antía. Paréceme moi frutífero coñecer de preto unha historia coma esta e que non podes atopar nos medios.
    O primeiro paso para este proceso é a aceptación da familia, pero tamén é moi importante a aceptación da sociedade. Os medios de comunicación deberían axudar na normalización das persoas transexuais, sobre todo tendo en conta que tratamos de acadar un mundo cada vez máis igualitario e libre.
    Respeto tamén que Antía non queira que os xornalistas pregunten certas cousas, pero ao mesmo tempo sería produtivo que aceptase a súa condición incluindo o seu pasado para non tratalo como un tema tabú. Debe partir dela para que o resto da sociedade tamén o trate como algo normal, que ao fin é o cabo non deixa de selo.
    Sen embargo, o máis importante, como xa dixen antes, é o papel que xogan os medios, xa que cando tratan o tema da transexualidade fano de xeito “frío” e pouco “humano”: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/17/madrid/1458224319_809732.html

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María S2B3

      Moitas grazas pola túa achega Melani. Considero coma ti, que este tipo de entrevistas son necesarias para coñecer de primeira man a realidade das persoas transexuais na nosa sociedade. En moitos casos vemos como os medios de comunicación se aproximan a esta temática con descoñecemento ou falta de rigor, porque non tratan directamente coas persoas afectadas e que sofren a discriminación.

      Porén, respecto ao feito de que Antía comente que prefire non facer mención do seu nome anterior, refirese máis a reivindicación dun dereito, que a que ela non conte detalles do seu pasado (que describe sen problemas). Trátase máis ben de que ve innecesario que se publique o seu antigo nome, porque non considera que isto supoña ningún aporte informativo, e só alimenta unha carga morbosa da información. A defensa de que sempre foi Antía, é o motivo polo que non ve ben que se publiquen os antigos nomes, xa que só fan fincapé nunha realidade que non é certa e que se pode ler moito nos medios, e que ven dada por expresions coma “nacer nun corpo equivocado”. Ela defende que o seu corpo e seu, e non equivocado, e que o seu nome sempre foi Antía.

      Porén, é evidente que existen moitas opinións, deixoche aquí mesmo un enlace sobre a expresión que che mencionei a continuación “nacer nun corpo equivocado”, analizada por persoas transexuais.
      http://sentiido.com/nacer-en-el-cuerpo-equivocado/

      Moitas grazas e un saúdo

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 21:20

      Gústame

  2. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    Dende logo, o caso de Antía e un exemplo de superación dos prexuízos; debe ser moi dificil chegar a ser atleta pese a todas as dificultades e incomprensión que haxa podido atopar, froito da máis absoluta ignorancia da maioría da xente sobre a realidade das persoas LGTBI. Día tras día, os medios reproducen eses prexuízos, coma o caso de medios que afirman que a bisexualidade e unha “moda” ou un sinónimo da intersexualidade (http://www.elespanol.com/corazon/20160121/96240420_0.html, http://www.huffingtonpost.es/2016/01/19/arcopoli-rae-bisexual_n_9018158.html).

    O colectivo intersexual, xa que o menciono, debe de ser o colectivo máis descoñecido e prexulgado, aínda máis que o transxénero, que xa é decir. É habitual empregar termos incorrectos coma “hermafrodita” ou tentar xulgalos segundo os parámetros tradicionales do que chamamos home e muller. Un exemplo de esta incomprensión é esta lamentable noticia de Periodista Digital, que en línea co seu estilo 100% antixornalístico, fala dun “abuelo hermafrodita que se mete a prostituta” utilizando termos cada vez menos respetuosos ó longo de todo o artigo. Cómpre que sexamos máis duros con este tipo de ataques que impiden ó colectivo LGTBI en xeral alcanzar a igualdade plena que toda persoa merece.

    Revisión do editor: 26/04/2016 ás 0:05

    Revisión da coordinadora: 26/04 ás 10:15

    Gústame

  3. Losada Miguéns, María- S2B3

    Moi boas Jacobo, estou moi dacordo contigo na ignorancia que existe en torno ó colectivo LGTBI. No caso da transexualida é máis que evidente e isto traducese en prexuízos e estigmaticación. A sociedade ten asimilados certos conceptos pexorativos relacionados coa transexualidade que non se corresponden en ningún caso coa realidade, que só entorpecen o avance cara a integración do colectivo.

    Se queres afondar na cuestión transexual deixoche o seguinte enlace para que poidas facelo :
    http://www.revistaandaluzadeantropologia.org/uploads/raa/n5/raa5/tena.pdf

    Pola outra banda concordo contigo na necesidade de maior coñecemento da realidade intersexual, e nisto os medios de comunicación teñen un papel fundamental. Deixoche un artigo que escribin eu tamén sobre este feito, e no que destaco o esquecemento e confusión dos medios de comunicación con esta realidade, e a necesidade dunha maior formación para, así á súa vez, a sociedade poida recibir esta información rigorosa:

    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/01/intersexualidade-a-gran-esquecida-dos-medios/

    Saúdos

    Revisión da coordinadora: 26/04 ás 11:12

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s