Día Mundial da Liberdade de Prensa

WPFD2016_POSTER_ES
Fonte: Unesco

González García, Julián S2A

O próximo 3 de mayo celebrarase o Día Mundial da Liberdade de Prensa, como cada ano dende que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas o proclamase en 1993. O motivo de escoller esa data foi facela coincidir coa declaración de Windhoek, na que periodistas africanos redactaron un documento que recollía os principios da liberdade de prensa. Este ano o país encargado de acoller as celebracións será Finlandia, e a premiada co premio Guillermo Cano 2016 será a periodista arzeibayana Khadia Ismayilova.

 

O Día Mundial da Liberdade de Prensa nace, entre outras cousas, para evaluar a situación da prensa no mundo ou para defender aos medios de comunicación de atentados contra a súa independencia. Tamén serve como ocasión para informar aos cidadáns de violacións da liberdade de prensa (sobretodo en determinados países do mundo onde as publicacións son censuradas e os xornalistas acosados) e para promover e desenvolver iniciativas en favor da liberdade de prensa. Así como para recordar aos gobernos a necesidade de respetar o seu compromiso e para que os xornalistas reflexionen sobre cuestións de liberdade de prensa e ética profesional.

Máis este ano, en concreto, porase o foco en tres aspectos: a liberdade de información como liberdade fundamental e dereito humano, a garantía da seguridade do periodismo en internet e fora dela e a protección da liberdade de prensa fronte á censura e o exceso de vixiancia. Esta última, moi relacionada cos temas que vimos a tratar dende o S2A, posto que a censura e o exceso de vixiancia poden representar perigosas armas de manipulación informativa. Sobre as que dende Nacións Unidas nos invitan a reflexionar con preguntas coma as seguintes: Qué medidas poden adoptarse para garantizar efectivamente a proteción das comunicacións periodísticas cas fuentes? ou qué salvagardas poden introducirse para evitar estas violacións?.

Con motivo deste data, sucederanse numerosos eventos no Finlandia Hall de Helsinki. A donde acudirán altos mandatarios da UNESCO e da política, así como numerosos profesionais e teóricos do ámbito da comunicación chegados dende todas as partes do mundo. Que serán os encargados de desenvolver distintas conferencias que abarcarán temas coma o impacto da crise dos refuxiados nos medios públicos ou a seguridade dos xornalistas. O evento será retransmitido en livestream e cuberto por estudantes de periodismo fineses que traballarán de forma conxunta con xóvenes invitados que chegarán dende África, Asia e Latino America.

Como ben aseguran dende a ONU, a liberdade de prensa e o acceso á información son esencias para a democracia e o desenrolo sostible. Por iso mellorar as condicións para o exercicio do periodismo é clave para desenrolar unha cultura de apertura, acceso á información e liberdades fundamentales. O próximo 3 de maio será interesante ver se se lle da a suficiente visibilidade ao Día Mundial da Liberdade de Prensa. Para que nos serva a todos e en todo o mundo como unha xornada para reflexionar e debater sobre a actual situación da prensa e as medidas que convén tomar para cambiala.

Referencias

ONU. Día Mundial de la Libertad de Prensa. Recuperado de http://www.un.org/es/events/pressfreedomday/

Advertisements

10 comentarios en “Día Mundial da Liberdade de Prensa

  1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

    Noraboa polo artigo. Achegándose o día da Liberdade de Prensa este artigo mostra ao que moitos xornalistas están condicionados e desde fóra non parece. En ocasións, os xornalistas senten que non poden mostrar as infomacións que realmente lles gustaría por condicionantes da empresa á que pertencen. Por parte dos lectores ou espectadores é fácil xulgar que non publiquen algo, pero se se sabe o que hai detrás a historia non é o mesmo. Aínda así, como informadores debemos sempre intentar sacar á luz toda a verdade, como se mostraba nas película vistas estos día nas sesións de tarde nas que poñían por encima as investigacións duns casos en concreto, independentemente do que a empresa lles estaba a dicir. Isto é o tipo e prensa que debería permanecer. Ao igual que ser moito máis accesibles e non quedarse coas fontes fáciles de conseguir, e que en moitas ocasións son as propias fontes as que, por interese, se achegan ao xornalista. Deberíanse potenciar os medios comunitarios. nos que todo o mundo ten voz, e non se exclúen a certos colectivos.

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 15:10
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:35

    Gústame

  2. González García, Julián S2A

    Hola Noelia, gracias por comentar. Dende logo que se deberían potenciar os medios comunitarios, danlle voz a moita xente e permiten dar a coñecer noticias que de calquera outro xeito nunca saldrían á luz. Coma ti ben dis, é importante que os xornalistas intentemos sempre sacar a verdade e chegar ata o final da mesma. Máis no actual panorama informativo, moitas veces antollase demasiado complicado facelo. Por eso todo o que sean axudas ou implementos de cara a aumentar a seguridade dos xornalistas no seu traballo serán benvidos. Penso que o Día da Liberdade de Prensa debería ser unha xornada na que se intentase difundir o importante papel que xogan os medios de comunicación na nosa sociedade. E para que todos, dende os propios xornalistas ata os políticos, sen esquecer aos cidadáns, se conciencien de que hai moitas cousas que podemos e debemos cambiar.

    Revisión da editora: 25/4/2016 ás 16:20

    Gústame

  3. López Fernández, Alejandro- S2D5

    Ola Julián! Interesante artigo sobre un día que afecta non só aos propios xornalistas, senón tamén ao resto da sociedade. A libertarde de prensa é un requisito fundamental para lograr un xornalismo veraz e honesto ao servizo do pobo, e opino que a súa reivindicación non debería ser cousa dun día, posto que debería estar presente en calquera lugar e momento.
    Aínda así, considero acertado que o Día Mundial da Liberdade de Prensa sirva de recordatorio de todas aquelas malas prácticas que fan dos medios unha ferramenta de manipulación masiva. É un bo método de concienciar e dar a coñecer os principais erros do xornalismo, así como a importancia de correxilos o antes posible. Deixo por aquí un enlace a un artigo de Europa Press do Día da Liberdade de Prensa do ano pasado, no que se realiza un listado de quince películas de todo tipo que tratan as múltiples facetas do xornalismo.
    http://www.europapress.es/cultura/cine-00128/noticia-15-peliculas-dia-libertad-prensa-20150503153205.html

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:17
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:18

    Gústame

    1. González García, Julián. S2A

      Ola Álex! Moitas gracias por comentar. Que grandes películas hai en esa noticia! Dende logo, moitas delas son interesantes e intentarei ver algunha o 3 de maio. Aínda que coma ti ben dis, non sexa o único día no que nos debamos preocupar pola liberdade de prensa. Nin moito menos, nos deberíamos facelo todos os días. Pero sí que supón unha oportunidade para concienciar a moita xente que poida non ter en conta a tremenda influencia que exercen os medios de comunicación na sociedade e as nefastas consecuencias que poden ter as malas prácticas informativas.

      Saúdos!

      Revisión da editora: 25/4/2016 ás 19:20

      Gústame

  4. S3A3 Rodríguez Arias, Icía

    Boas Julián! Paréceme que é moi interesante o tema que tratas hoxe. A liberdade de prensa é algo fundamental (se non o é todo) dentro da nosa profesión, e como xa se reflexionou en anteriores artigos do teu grupo, debería salvagardarse. Non poderemos exercer dunha forma correcta o noso traballo se estamos sometidos a presións externas.
    Gustoume especialmente a ligazón que engadiches no teu artigo sobre a xornalista premiada co Guillermo Cano, un exemplo digno de admirar. Alguén que non cala ante o asasinato dun compañeiro. Hai que ter forza e autodeterminación para ir na busca da verdade aínda cando sabes que a túa vida e a da túa familia corre un perigo constante. E aínda que pareza un pouco como unha “película”, aínda hai casos nos que é así. Agardemos que o gremio obteña mellores condicións co esforzo por facer un bo xornalismo por parte nosa e das vindeiras xeracións.

    Un saúdo!

    Gústame

    1. González García, Julián. S2A

      Hola Icía! Moitas gracias polo teu comentario. Sin duda, que os periodistas gozen de liberdade no seu traballo antóxase fundamental para que poidan procurar a verdade e servir de utilidade á cidadanía. Algo que a veces, por desgraza, se torna imposible debido as múltiples presións as que se ven obligados a sucumbir moitos profesionais da comunicación.
      Dende logo, exemplos coma o de Khadia Ismayilova son dignos de admirar e deberían servirnos para ver que sempre vale a pena loitar polo que un cree. Máis tamén compre apuntar que o ideal sería que casos coma este non se tivesen que ver nunca máis. Oxalá algún día tan só teñamos que preocuparnos de premiar a quenes fan o xornalismo máis fermoso e non aos que loitan porque sobreviva.

      Revisión da editora: 26/4/2016 ás 13:20

      Gústame

  5. Aixa Rodríguez Carballo
    Como dis está a chegar un día moi impirtante para nós e para o xornalismo, porque sen a liberdade de prensa hoxe non poderíamos ler, escribir e comunicar sobre certos temas libremente.
    Porque se nos trasladamos a outros países ou continentes esta liberdade non existiría polo que resultaría dificil traballar alí, polo menos para min.
    Informar e estar informado é unha necesidade vital hoxe en día, e é un privilexio poder ler información de todos os ámbitos.
    Aínda así teño algo que criticar aínda que non existan censuras, sempre que sea correcto o que se di ou se fagan críticas con respeto e educación hai algo que debería cambiar. Ao que me refiro é a influencia do poder nos medios, poñendo só a información que lles interesa. Isto non debería ser así xa que teñen que aceptar o que se di deles, moitas veces verdades que non queren recoñecer, o que acepto é que non se poñan aspectos privados da súa vida que a ninguén lle interesa.
    Outro aspecto que quero tratar é que aínda que todo mundo teña dereito a informar moitas veces non se lles da voz aos protagonistas ou victimas dos sucesos, e si se fai e por interese. Principalmente como se viu no observatorio ao longo das semanas omítese a voz de certos colectivos como símbolo de inferioridade. Polo tanto nas información dadas polos medios teñen que ter voz tanto fontes oficiais como cidadáns implicados.
    Por último repetir que é un privilexio contar coa liberdade de prensa e que mellor que facer un acto para celebralo e ogallá aproveitemos ben este dereito para que siga permanecendo e mellore cada vez máis.

    Referencias
    http://www.eluniversal.com.mx/entrada-de-opinion/articulo/benito-nacif-hernandez/nacion/2016/04/25/historia-de-un-triunfo-de-la
    http://es.euronews.com/2016/04/25/la-ebru-umar-periodista-holandesa-detenida-este-fin-de-semana-en-turquia/
    http://m.rsf-es.org/grandes-citas/clasificacion-por-paises/

    Gústame

    1. González García, Julián

      Ola Aixa, moitas gracias por comentar. Sin dúbida, a liberdade de prensa supuxo un gran avance para os países nos que está instaurada. Permítenos estar informados de case todo o que acontece no mundo e recibir múltiples visións e opinións acerca da mayoría da actualidade. Pero como dis, hai outros países nos que todavía non é así e onde aínda queda un largo camiño por recorrer. Onde as liberdades coma esta aínda brillan pola súa ausencia. Por eso é tan importante o 4 de maio.

      Pero dende logo, o feito de que teñamos liberdade de prensa non quere decir que o noso panorama informativo sexa o ideal. Hai moitas cousas que poderíamos cambiar e sempre hai aspectos nos que se pode mellorar. Como por exemplo as intromisións do poder político nos medios de comunicación, que intentan moitas veces manipular a información do xeito que máis lle convén. Neste sentido un dos temas máis preocupantes é o da televisión pública, que como decía hai pouco o veterano periodista Iñaki Gabilondo parece un gran cañón en mans do goberno de turno que o usará como máis lle convén.

      Tamén e certo que non só hai moitos países sobre cuxa situación deberíamos reflexionar nun día coma este, senón que tamén hai moitos colectivos que merecen especial atención. Porque habitualmente téndese a omitir a certos grupos da sociedade nos medios e iso non fai máis que empeorar a súa exclusión social. Porén, os medios deben ser especialmente cautelosos cas súas informacións e prestar atención a todo o mundo.

      Esperemos que o 4 de maio nos sirva para reflexionar sobre todos estes aspectos e moitos máis que nos axuden a extender a liberdade de prensa a todo o mundo e a que siga mellorándose onde xa existe.

      Saúdos!

      Gústame

  6. Adrián Álvarez Martínez S1B3

    Moi boas Julián! grazas polo artigo, coincido contigo na situación de dificultade á hora de realizar a súa labor na que tenden a verse os xornalistas. Mais coido que hai unha serie de aspectos que non mencionas no documento e que son de vital importancia á hora de analizar as conductas dun comunicador con respecto á hora de tratar un tema. En primeiro lugar —e supón un dos graves problemas aos que se enfrenta o xornalismo actual— é que o colectivo de profesionais dos medio de comunicación, non tenden a traballar unidos, non existe unha solidariedade profesional como tal, senón que cada un trata de encher o bandullo. Dese punto cómpre ter claro que o xornalista na maioría dos casos non é máis can un proletario, un membro dunha cadea de producción, e como traballador na maioría dos casos vese abocado a acatar normas de conducta aínda que non esté dacordo con elas, xa non entrar no caso das publicacións que firma. Por último resaltar os dilemas aos que se somete o propio xornalista e que o fan caer ás veces na autocensura, o comunicador ten que ser unha persoa documentada, cunha ampla perspectiva e un nivel de formación. Deíxoche o enlace a un documental relacionado co periodismo, nel un xoven profesional entrevista a varios veteranos da profesión que a exercen con ética e verdade.

    Un saúdo e de novo grazas pola publicación.

    Revisión do editor: 22:00

    Revisión do coordinador: 23:40

    Hora de publicación: 23:46

    Gústame

    1. González García, Julián. S2A

      Ola Adrían, antes de nada, quería as gracias a ti por comentar. Non cabe duda de que no meu artigo non se fala de moitos aspectos que poderían ser importantes á hora de analizar as conductas dun comunicador cando publica unha información. Moitas veces tendemos a pensar que os problemas sempre veñen de fora, que son as presións externas as que nos impiden levar a cabo un mellor traballo. Máis o máis importante, ao fin e ao cabo, sempre é o que facemos nós mesmos.

      Coincido contigo no feito de que a unión faría aos periodistas máis fortes ante todos os ataques que se poidan producir á súa liberdade e lles axudaría a desempeñar o seu traballo dun xeito máis sinxelo. Moitas veces cada un só mira polo seu e eso ao final non nos leva a ningún lado. A unión adoita aparecer ante a dificultade, así se ve cos periodistas medioambientais, un tema co que me familiaricei para publicar a miña primeira entrada. Son un dos colectivos máis delicados e máis atacados, quizáis por eso tamén un dos máis unidos.

      E tampouco me cabe ningunha dúbida de que o periodista debe intentar informarse e documentarse todo o que poida acerca dos temas que trate. Senón non publicará unha información de interese. Paréceme moi interesante o documental que enlazaches, sempre se pode aprender dos maiores.

      Moitísimas gracias a ti, e saúdos!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s