ELECTROSHOCS COMO PARTE DO TRATAMENTO MÉDICO

María Barcón Lage – S1A2

1
Giphy photos

Estamos ante un bombardeo de noticias sobre enfermos mentais que os tratan coma persoas agresivas as que hai que intentar frear, coma podemos ver na noticia sobre a aplicación dos electroshocs, onde hai diferencia de opinións e o seu emprego non é regulado de xeito correcto nalguns hospitais , pero tamén se contribúe a estigamatizar ao colectivo dende o estado, con a modificación do código penal, deixando que enfermos mentais poidan ser  “Presos para siempre” , como di a seguinte noticia

Ou esta outra na que di “Los impagos dejan en el aire a 300 enfermos mentales en Alicantequedando estas persoas sen a atención necesaria que requiren para tratar as súas enfermidades. 

Antigamente cando un enfermo se encontraba mal o agredían coa esxusa de intentar controlalo pero na actualidade isto é inaceptable e totalmente inmoral. Pero seguen habendo técnicas que causan controversia, como é o caso da estimulación mediante electroshocs.

 

Pero por desgraza aínda na actualidade está a técnica dos electroshocs ou terapia electroconvulsiva Se leva a cabo polo persoal técnicos dos hospitais unha forma muy dura de controlar ao individuo que estea descontrolado. Esta situación e tan abusiva coma o tratamento recibido polos enfermos no manicomio na antigüidade.

2
Giphy photos

A terapia electroconvulsiva centra o tema da noticia que estamos a tratar “ Te sorprenderá saber con que frecuencia se usa el electrochoque hoy ”  Con estas palabras empeza a noticia na que unas persoas alaban a eficacia dos electroshocs e as suas experiencias persoais. Unha técnica que consiste en dar descargas eléctricas ao enfermo de ata 130 voltios, mentres o enfermo se encontra inmobilizado nunha camilla do hospital, esta acción se repite hasta que a persoa se calme ou mellor dito non poida moverse debido a electricidade emitida no seu corpo. É unha forma rápida de acabar cos impulsos dunha persoa, pero, ¿ é control ou abuso?*

 

Tras varias sesións de electroshocs os pacientes o califican coma “un salvavidas”, pero cando os efectos secundarios aparecen co avance dos anos, a opinión sobre o procedemento cambia por completo. Como por exemplo a testemuña dunha señora que ficho varias sesións durante 20 anos di que ten lagoas e di tamén que non recorda etapas de vida: “ lo peor de todo es que no recuerdo a mis hijos creciendo”.

 

Esta terapia indicada para controlar a agresividade ou re-activar a depresión, se concibe como un agradecemento no artigo o que é canto menos cuestionable cando por moitos profesionais se segue a debater a súa eficacia. Po lo tanto queda constatada de novo o posicionamento dun medio a hora de tratar o tema das enfermidades mentais. Que faltos de documentación apuntan a comentarios persoais para facer fronte a redacción.

Segundo a OMS  esta terapia e un procedemento no que o paciente debe consentir ou non que lle apliquen os electroshocs, así se podería responder a pregunta plantexada no texto*, pero moitas institucións o aplican de forma indebida para controlar os pacientes, este é un abuso de poder sobre unha persoa indefensa no momento do brote depresivo e non se debe subministrar correntes producindo un control sobre o paciente sen o seu consentimento. Po lo tanto é necesario que as institucións estén controladas e controlar o persoal médico para erradicar as neglixencias e posibles efectos adversos que poida producir unha técnica invasiva no paciente.

Como reflicten moitos estudos a eficacia do procedemento non é fiable e parece mais ben un negocio entre diferentes empresas relacionadas coa psiquiatría dado que desde finais dos anos 30, que foi cando se realizou a primeira máquina para realizar esta terapia, os resultados foron nulos volvéndose a provocar en menos de seis meses unha recaída na depresión. Polo que se podería afirmar que o negocio non resulta eficaz.
Tanto a OMS como os diferentes estudos indicados poñen en dúbida a efectividade do emprego de técnicas electroconvulsivas, po lo tanto fronte ao descoñecido non está de máis que o xornalista estude a súa evolución e os efectos da mesma nas persoas que xa o experimentaron, de modo que non sigan creando un estigma no que se asocie o exercer forza contra as persoas que teñen enfermidades mentais.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 25/04/2016 20:00
  • Hora de revisión do GTO: 25/04/2016 20:45
  • Hora de publicación : 25/04/2016 22:15
Advertisements

8 comentarios en “ELECTROSHOCS COMO PARTE DO TRATAMENTO MÉDICO

  1. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Moi boas María. Moi interesante o teu artigo. Eu era a primeira en crer que este tipo de técnicas estaban máis que extinguidas pero o certo é que non. No libro “Manual de Recursos de la OMS sobre Salud Mental, Derechos Humanos y Legislación”, o cal xa vos acheguei a pasada semana: http://www.who.int/mental_health/policy/legislation/WHO_Resource_Book_MH_LEG_Spanish.pdf, a Organización Mundial da Saúde afirmou que “Aunque existe una considerable controversia alrededor de la terapia electroconvulsiva (TEC) y alguna gente cree que debería ser abolida, lo cierto es que ha sido y sigue siendo usada en muchos países para ciertos trastornos mentales”. Baixo o meu punto de vista esta non constitúe máis que unha tortura para o paciente que, seguindo a medicación adecuada, non ten por que chegar ao extremo de precisar ese tipo de terapias.
    Achego un traballo moi interesante sobre a terapia electrocombulsiva no que se nos explica cando e como se aplica: http://www.revistafml.es/articulo/323/terapia-electroconvulsiva-cuando-y-como-se-aplica/ e un enlace para ampliar información sobre a mesma: http://www.drromeu.net/electroshock-terapia-electro-convulsivante/ así como un artigo no que realiza unha clara defensa desta técnica: http://ecodiario.eleconomista.es/salud/noticias/658432/07/08/Vuelve-el-electroshock-una-terapia-revolucionaria-para-pacientes-con-enfermedades-mentales.html. Espero que che sexan de axuda.

    Liked by 1 person

    1. Barcón Lage María, S1A2

      Grazas polo teu comentario Sandra. Esta claro que vendo os comentarios deste post moita xente descoñece do seu uso na actualidade. En si a terapia do electroshocks non está prohibida e hai persoas que dan o seu consentimento para que se lles realicen estas descargas, as cales pensan que son beneficiosas para a súa enfermidade. Pero o problema aparece cando os médicos de países coma, Rumanía ou Países Árabes, crean clínicas onde se realizan estas actividades sen ningún tipo de garantía sanitaria e sen pedir consentimento algún ó paciente para empregalo no seu corpo. Tampouco se lles informa das consecuencias a largo prazo que poidan ter no desenrolo de actividades cotidias no futuro, e coma ben indicas nos enlaces, as prácticas de electroshocks deben ser controladas polo persoal médico e sobre todo estar consentidas pola persoa que as reciba. Debemos intentar erradicar iso e dende a nosa posición como futuros xornalistas non deixar que os comentarios afecten no momento de tratar o tema das enfermidades mentais.

      Saúdos

      Gústame

  2. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    Digo o mesmo que o comentario de enriba: descoñecía que actualmente seguían utilizándose este tipo de técnicas. Soan totalmente anacrónicas. A “Alguén voou sobre o niño do cuco”, ou algo así.

    Gustaríame destacar unha das túas reflexións: “(…)esta acción se repite hasta que a persoa se calme ou mellor dito non poida moverse debido a electricidade emitida no seu corpo”. Se temos isto como certo, é bastante entendible pensar que este remedio non axuda en ningún momento a solucionar o conflito; simplemente o esconde. E con fortes doses de dor e nefastas consecuencias futuras, aínda por enriba. “Control ou abuso?” Penso que non son excluíntes. Non neste caso. Control abusivo.

    Un artigo moi interesante, sen dúbida. Saúdos!

    Revisión GBO: 28/04/2016 13:04

    Gústame

    1. Barcón Lage María, S1A2

      Boas Adrián, grazas polo teu interese, é do meu agrado adquirir a información necesaria para que se saiba moito máis sobre as prácticas que se exercen sobre os enfermos mentais, que nalgúns casos sen consentimento do propio enfermo. Esto xenera moita controversia, como dixen no texto. Pero tamén é tratado dende un punto de vista que atemoriza ós lectores dos xornais cando poñen como referencias películas de terror onde se utilizan o aparello de electroestimulación coma obxeto de agresión e presión sobre o individuo.

      Saúdos

      Gústame

  3. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Moi boas María! Noraboa polo teu artigo, a verdade é que contas algo moi interesante e pouco visible cara a sociedade. Dende logo, eu non tiña nin idea de que estas prácticas continuaban vixentes a día de hoxe. Pensei que a época do electroshock quedara aló pola década dos 40 cos nazis, máis é unha realidade coma moitas outras non contada.

    Apéname saber que moitas persoas que padecen unha enfermidade mental teñan que sufrir esta tortura, porque sí, é unha tortuta. Os defensores de esta práctica como unha ferramenta curativa están a permitir o martirio dunha persoa que sente e sofre o mesmo ca el.

    Dáme vergoña saber que nalgures alguén está permitindo esta serie de actividades que lonxe de ser unha cura son perxudiciais para o doente. Os enfermos mentais deben contar cun tratamento axeitado, non cun castigo.

    Liked by 1 person

    1. Barcón Lage María, S1A2

      Ola Gemma, moitas grazas por comentarme. A verdade é que a maior parte da sociedade parece ter unha visión sesgada da información, debido ás malas publicacións con falta de documentación e trato despectivo, como as referencias das noticias que apuntei neste post. Para o meu asombro, por desgraza estas máquinas, aínda que se modernizasen, están a cumplir a mesma labor que fai uns 30 anos. E por desgraza tamén hay países que as usan como métodos de tortura sen ter potestad para facelo, é dicir, sen a autoridade por parte do paciente. Parace que a sociedade se decanta por mirar cara outro lado e deixar que estas atrocidades segan a ocorrer.

      Gústame

  4. Figueroa Torres, Iria – S2A1

    Boas, María! Agradézoche moito o escribires este artigo, porque persoalmente descoñecía por completo que esta técnica dos electroshocks se seguira a empregar sobre os enfermos mentais, e venme de xerar un gran impacto.
    Considéroo profundamente desprezábel, máis aínda tendo en conta a derradeira reflexión que achegas sobre as dúbidas que pon a OMS sobre que o método teña ningún tipo de efectividade. Evidentemente, o uso desta técnica non sería en ningún caso xustificábel polos mencionados efectos secundarios que pode provocar, así como pola nula moralidade do seu uso inxustificado contra unha persoa indefensa que está a sufrir calquera tipo de ataque; mais creo que a gravidade disto aumenta exponencialmente se realmente o electroshock foi unha técnica na que se investiu no pasado e que desmostrou non ser demasiado válida, pero que se segue a empregar por rendibilizar ese investimento.
    É aterrador os puntos aos que chega o predominio dos cartos sobre o respecto cara ás persoas e a súa saúde.

    Liked by 1 person

    1. María Barcón Lage (S1A2)

      Moitas grazas Iria polo teu comentario. Para min foi totalmente sinxelo encontrar información sobre as máquinas de electroshocks dado que coma ti ben dis, estas utilízanse dende fai anos para intentar frenar impulsos agresivos chegando a dañar física e mentalmente as súas capacidades. Por outra banda, tamén encontraba unha gran cantidade de películas que como dixen xa na anterior resposta trataban o tema de forma totalmente chamativa e rozando creaban un estigma de medo contra as persoas que se lles realizaba este tipo de actividades. Cando son actos dolorosos e canto menos hai que tratalos dun xeito serio e contrastalo.

      Saúdos

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s