Entrevista a Charo Iglesias, coordinadora de actividades na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos

PastedGraphic-1

Usuarias do servizo da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos

Reboreda López, Sandra (S3.D1); Rodríguez Carballo, Aixa (S3.D2); Rodríguez Losada, Adrián (S3.D3); Rubio Rodríguez, Iciar (S3.D4) y Villamel Baliñas, Tatiana (S2.D5).

Como xa dixemos anteriormente, o grupo de apoio S3.D estamos levando a cabo diversas actividades co obxectivo de dar a coñecer o labor do Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC, en relación ós temas tratados no Observatorio.

A pasada semana tivemos a oportunidade de falar con Charo Iglesias, coordinadora de actividades na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Esta fundouse no ano 1992, na actualidade leva 25 anos funcionando. Foi no ano 2000 cando se xuntou co club San Francisco Teo, polo tanto levan16 anos xuntas ambas organizacións. As dúas son iniciativas da propia veciñanza, un grupo de persoas con inquietudes, intereses, e necesidades similares que se aunan para cubrir esa necesidade puntual, no caso do clube deportivo, actividades orientadas máis ao deporte, e no caso da Asociación Recreatival e Cultural Os Tilos crear unha oferta cultural e recreativa onde os veciños da zona dos Tilos non tivesen que achegarse á cidade de Santiago cada vez que quixesen algún tipo de actividade cultural.

O servicio SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela envia a tódolos voluntarios a tavés da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos aínda que a do Clube San Francisco, a segunda entidade, é moi importante xa que tódalas familias son socias das dúas entidades por igual.

Actualmente están movendo preto de 350 familias asociadas, pero acaban o curso cos programas de verán e campamentos con 480 familias.

Como xurdiu a iniciativa deste proxecto? Que papel desempeña nesta asociación?

Empezou cun programa de alfabetización de grupo de maiores e posteriormente con actividades culturais de adultos, pero claro, estes adultos precisaban de espazos onde deixar os seus cativos, e a partir de ahí xurdiron as primeiras pinceladas das aulas de xogos cas que traballamos actualmente, con cerca de 120 nenos e aulas de maiores que xa contan con 40membros.

A nosa Asociación conta con preto de 1100 metros cuadrados, que son unha cesión, da igrexa que está situada no piso de enrriba, de 30 anos, dos cales quedan 5 anos para que se renove, ou esa é a intencion da igrexa. Esta concesión ven xa que porque nós nos comprometiamos a condicionar as instalacións para que eles, fóra do noso horario, que serían os domingos, puidesen celebrar a catequesis. Aínda que a cesión é da igrexa, a vincualcion relixiosa non está presente nas nosas actividades, nós temos unicamente un fin social. Cando digo nós, refírome a Asociacion Recreativa e Cultural Os tilos.

Eu traballo como coordinadora de actividades na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Resultavos díficil establecer contacto cos medios de comunicación, xa sexan locais ou non, para dar a coñecer a vosa labor e as vosas actividades como Asociación?

Ao vivir nunha cidade como Santiago, tódolos medios locais teñen constancia da nosa actividade, pero a verdade e que nós non nos poñemos en contacto con eles para dar a coñecer as nosas actividades, a contribución económica á que nos teriamos que facer fronte non é sostible, somos unha Asociación recreativa, non unha grande empresa, polo que como dixen anteriormente nós dámonos a coñecer polo boca a boca.

Ben é certo que algunha das nosas actividades coma por exemplo ¨Un anaquiño de tempo para ti¨, que desenvolvemos cada 8 de mazo en colaboración co Club San Francisco de Teo polo día da muller, sae nos medios de comunicación como pode ser no xornal El Correo Gallego e danos a coñecer por toda a Comunidade Autónoma.

A principios de ano saíu unha nova sobre o robo de votos aos maiores, Denuncian el robo de votos a ancianos en una residencia religiosa de Teruel, que opinades dende a vosa asociación sobre este feito?

Son numerosos os casos que sairon a luz sobre compra de votos a persoas maiores, pero ainda así o seu eco nos medios de comunicación foi mínimo, e as proptestas en canto a este tema case inexistentes. Dende a nosa Asociación buscamos que os nosos maiores sexan conscientes da situación e de facelos participes dos temas da actualidade, para que non sexan manipulados externamente.

En definitiva débense incrementar as medidas legais que busquen a erradicación deste fenómeno, e por outro lado unha maior difusión do tema nos medios de comunicación.

Cada vez son máis os estereotipos sobre os maiores, e en moitas asociacións e incluso a publicidade a que incentiva esta imaxe estereotipada, que opinades sobre isto?

A idea de que a mentalidade dos máis maiores é máis conservadora e desactualizada é outro canon asociado á vellez, ao igual que a súa predisposición á intolerancia e ao mal xenio. Todo o mundo pode ver día a día que clase de publicidade está asociada á xente maior, e moitas destas difusións poden ser ás veces discriminatorias. As etiquetas sociais e estereotipos, son inherentes á cultura e asúmense polos membros da mesma, incluindo aos que soportan estas etiquetas.

É fundamental comprender o grave do asunto, non podemos conseguir un envellecemento saudábel se seguen existindo este tipos de estereotipos, que están tan arraigados na nosa sociedade.

Debemos loitar, e empezando, polos medios de comunicación, que contan cun gran poder social, aínda así dende a nosa Asociación buscamos que estos estereotipos desaparezan por completo.

Data de emisión da publicación: 25/04/2016- 17:45

Data de revisión do editor: 25/04/2016- 18:30

Data de revisión do GBO: 25/04/2016- 19:01

Data de publicación: 25/04/2016- 19:23

Advertisements

2 comentarios en “Entrevista a Charo Iglesias, coordinadora de actividades na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos

  1. Este texto como diría Hearst, e non Orwell, sería máis publicidade que información. En parte polas preguntas feitas que non deixan aprofundir no que poidera ter de interesante esta aproximación á Asociación, se é que o ten. Os hipervínculos están mal aproveitados no marco do texto e os erros de dixitación falan de descoido na presentación final. Ollo editores e coordinadores. É a segunda vez.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s