Firma Convidada: Andrés Caamaño Hermida

manos lse
Fonte: Wikipedia

Por: Andrés Caamaño e o grupo S3A

Andrés préstase de boa gana a facer un artigo con el e ademais ben preparado con algúns artigos que lle gostaría comentar connosco para comezar. Debido á súa dificultade para escribir coma un ouvinte, seremos nós os que escribamos este artigo, sempre primando a súa opinión e experiencias. Esperamos conseguir o punto de vista dun afectado de primeira man e resolveremos algunha das dúbidas que se nos foron plantexando. A intérprete tamén colabora para permitir a comunicación e facer os apuntamentos necesarios.

Lemos a primeira nova que nos trae (7, 1995), que di no seu titular: “La asociación de sordomudos leyó la conversación de los duques de Lugo durante la boda”. Andrés coméntanos que o titular non é claro, xa que non se refire a ler de forma visual, nun papel, senón que a asociación captou esa conversa lendo os labios. Así explicanos que: “Á maioría das persoas xordas cústalles entender o titular. É problema de lectura. Teño que ler toda a noticia completa para entendelo. O titular é moi difícil de entender, polo que é mellor utilizar unha frase máis sinxela”. Continúa dicindo que isto ocorreu porque os xornalistas querían saber o que estaban a falar entre eles e buscaron a axuda dunha asociación de xordos. Isto tamén sucedeu na voda de Carlos de Inglaterra e en España pasou algo parecido.

Por outra banda, e co tema da lectura labial, Andrés pon o exemplo dos políticos no parlamento, que moitas veces se tapan a boca para falar entre eles porque así os xornalistas non teñen maneira de descifrar o que din. Porén, cando isto se da no ámbito familiar Andrés di que “é insultante porque rexouban entre eles e síntome discriminado. O mesmo no  espazo laboral, se os compañeiros de traballo nos dan as costas tapándose tamén, incomoda porque eu non os escoito e poden estar falando mal de min”. Ademais engade que é unha tontería pensar que por ser xordomudo tes que ler mellor os labios que un ouvinte, porque eso depende de cada persoa, destacando así a diversidade dentro do colectivo, e porque non todas as persoas falan ao mesmo ritmo. Pon de exemplo a súa propia experiencia como profesor, xa que moitas veces non entendía o que dicían os alumnos, mentres que eles co tempo si que conseguían entender a súa forma de falar. Para rematar neste punto recoméndanos que usemos o termo de xordo, porque é máis neutral.

Despois ensínanos un artigo da revista Muy Interesante (8, 1995) que fala dos xordomudos dende un punto de vista científico. En conclusión, destaca que os xordos teñen o hemisferio esquero máis desenvolto, a parte que ubica as cousas dentro dun espazo.

Pasamos agora a outra nova titulada: “Dos lesbianas sordas escogen un donante para tener hijos que no puedan oir”. Tráenola de exemplo dunha nova que busca o sensacionalismo e a morbosidade. Andrés comenta que: “é unha situación un pouco surrealista e nefasta”. Un pouco máis abaixo hai unha viñeta que trata o enfrontamento entre xordos e cegos con humor. O noso convidado confírmanos que esta rivalidade entre ambos colectivos existe por ver cal dos dous é inferior. Volta coa nova anterior sentenciando que non está de acordo con que se busque ter un fillo xordo, porque no futuro ese neno terá moitos problemas

Nós, sorprendidos ante toda esa información, lanzámoslle algunhas preguntas que nos responde encantado: “¿Por que non se unen ambos colectivos para loitar xuntos por reclamar os seus dereitos en vez de enfrontarse?”. Andrés pensa que a integración de ambos colectivos é posible pero “intelectualmente faría falta unha educación especial, igual que os ouvintes”. E de seguido reprocha que o feito de que haxa intérpretes, aínda que son imprescindibles, fan que os contidos das frases se perdan.

Na segunda pregunta que lle facemos centrámonos na nova que nos trouxo: “¿Son tantas as barreiras y tan poucas as vantaxes?”. Andrés explica que é normal que a maioría das persoas prefiran ter nenos ouvintes, xa que lles permitirá ter un maior acceso ao mundo. Na súa opinión é distinto que se o teu fillo nace xordo de forma natural e non, como é neste caso, buscar esa deficiencia. Reitera para concluír que non está de acordo coa nova.

Por último, tratamos a última noticia sobre a película “La familia Bélier”. A trama trata sobre unha familia francesa na que todos son xordomudos menos un. Nesta nova exponse o dilema de se esa persoa ouvinte debería permanecer coa familia  ou seguir o seu traballo. Andrés defende que debería marchar aínda que sexa unha decisión difícil. Nós expoñémoslle unha cuestión sobre se a forma de pensar distinta entre os pais e os fillos non podería marcar diferenzas entre eles. Andrés cóntanos que: “cando eres pequeno non, pero cando tes 18 anos xa te das conta. Na ESO empézanse a dar conta”. Continúa dicindo que é normal que cando crecen queiran ser independentes pero os pais soen ter medo de que marchen por unha falta de cultura, por se non se poderán integrar ben. “É un tema moi delicado. Os pais non o queren deixar ir por medo, pero deben facelo porque forma parte da vida”.

Referencias:

García, I. (2015). La conciliación como problemaExpansión. http://www.expansion.com/emprendedores-empleo/desarrollo-carrera/2015/05/11/5550d09d268e3e35698b4578.html

Meilán, J. (2002). Dos lesbianas sordas escogen un donante para tener hijos que no puedan oír. La voz de Galicia. p.http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2002/04/09/0003_1040446.htm

Muy Interesante. Un sordo español que se fuera a vivir a los Estados Unidos hablaría con acento. (1995). Muy Interesante164, 8-9.

Voz de Galicia, La. (1995). La Asociación de Sordomudos leyó la conversación de los duques de Lugo durante la boda, p. 7.

Advertisements

2 comentarios en “Firma Convidada: Andrés Caamaño Hermida

  1. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Moi boas Andrés e compañeiros. Paréceme fantástica a iniciativa de facernos partícipes dunha historia en primeira persoa, nada mellor para coñecer a verdadeira realidade. Gustaríame que fosedes coñecedores deste traballo que vos traio: http://gara.naiz.eus/paperezkoa/20070828/35350/es/A-persona-sorda-incapacita-sociedad xa que baixo o meu punto de vista non pode expresar mellor a situación do colectivo ao que Andrés pertence. Quédome cunha cita que o presidente da Asociación de Familiares de Personas Sordas de Gipuzkoa (Aransgi), José Montero, nos agasalla neste: “la sociedad es la que incapacita, no la sordera».
    Achego ademais un artigo moi interesante sobre a discriminación a persoas con deficiencia auditiva: http://www.buenastareas.com/ensayos/La-Discriminaci%C3%B3n-De-La-Persona-Sorda/3138742.html que espero que vos sirva de axuda. Así mesmo, facilítovos un artigo sobre as diferentes barreiras que estas se poden atopar na sociedade na que vivimos: http://blogs.ua.es/jackiemar/2009/02/21/la-comunidad-sorda-y-las-barreras-con-las-que-se-encuentra-semana-3/. Saúdos a ambos.

    Gústame

    1. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

      Ola Sandra! Agradecemos o teu interese e é moi interesante o que aportas sobre as barreiras comunicativas, polo demais que comentaches xa adicamos numerosos artigos e círculos a tratar a deficiencia auditiva e os seus problemas en distintos ámbitos. Neste artigo pretendiamos ver de primeira man as súas dificultades á hora de ler a prensa, xa que este é un blog que tamén analiza os medios de comunicación, e tamén a súa situación familiar coa axuda do noso convidado Andrés Caamaño. Neste segundo caso, grazas a internet hai moitas páxinas que dan consellos sobre como podes educar ao teu fillo se ten unha deficiencia auditiva e neste enlace (https://auditiva.wikispaces.com/LA+FAMILIA+Y+LA+DEFICIENCIA) poderás ver unha delas na que ademáis axuda a detectar esa xordeira ou hipoacusia, xa que na maior parte dos casos o problema é que non se detecta ata que chegan aos 4 ou 5 anos. No caso da prensa e as dificultades que lles presenta ler e comprender o que pon, realicei un artigo adicado a ese tema: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/desenredar-as-frases-para-mellorar-a-comunicacion-cos-xordos/. Nós como xornalistas somos os primeiros que debemos recoñecer os erros que se están a cometer no noso sector para poder cambialos e mellorar a calidade de vida destas persoas, que tamén teñen “sede de información” como nos dixo Andrés nun dos nosos encontros. Debemos velar por facer chegar as novas a todo o mundo adaptándonos a tódolos nosos lectores na medida do posible para evitar estas discriminacións, que non fan máis que illalos e invisibilizalos. Así mesmo, tamén penso que é interesante o análise que fai Andrés na nova das dúas mulleres que queren ter un fillo xordo porque o único motivo polo que sae esa nova nun xornal é polo escandaloso ou morboso do feito. Con isto tamén hai que ter moito coidado, non debemos consentir que o sensacionalismo se apodere da nosa axenda mediática.
      Por último, se aínda así segues interesada en saber máis sobre a deficiencia auditiva en si, na páxina da Confederación Estatal de Personas Sordas (http://www.cnse.es/psordas.php) tes un breve resumo sobre esta moi ben explicado. Tamén che recomendó encarecidamente as publicacións do resto dos meus compañeiros no noso grupo S3A traballando no tema, que fixemos diferentes artigos sempre unidos ao noso terreo, o xornalismo.
      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s