“Enfermidade” por ignorancia

Fonte: pernambucogypsy.blogspot.com.es

Martínez Lorenzo, Inés – S2B5

Cando pensamos na sociedade democrática na que vivimos agora a relacionamos cunha poboación liberal, permisiva, que deixou os tabúes atrás, e máis nos casos relacionados coa orientación sexual. Se preguntamos a cidadanía sobre como cree que está a situación e a aceptación da homosexualidade actualmente, a gran maioría respondería que é un tema cada vez máis normalizado, que se está a conseguir unha diminución da homofobia e que xa non hai os problemas que había noutros tempos como as épocas franquistas nas que esteseran perseguidos.

¿Pero como de certo é isto? ¿Cómo reaccionarías se alguén te di agora que a homosexualidade é unha enfermidade? O primeiro que te vería a cabeza é que esa persoa é unha retrograda, unha antiga, pero sorprenderíate saber que a cantidade de xente que aínda manteñen esa idea, e que, de feito, ata non fai moito a homosexualidade era incluso oficialmente unha enfermidade.

Na época Nazi a homosexualidade foi moi perseguida nos casos dos varóns alemáns. Os nazis pensaban que era unha dexeneración racial que se transmitía polo “vicio” de uns a outros, e que as autoridades tiñan o deber de acabar con isto. Ademais era considerada unha enfermidade. Nos campos de concentración, segundo as memorias de Rudolf Hoes, comandante de Auschwitz, separábanos do resto para previr a propagación a homosexualidade. Deseñáronse políticas para curar a “enfermidade” a través da humillación e o traballo duro.

Pero esta idea non quedou na época Nazi, houbo unha época, non fai moito, na que a homosexualidade estaba incluída nos manuais de psiquiatría como un trastorno mental máis. E, como outros problemas psiquiátricos, pensábase que esta “alteración da conduta” podía curarse con diversas terapias e tratamentos. En 1886, o psiquiatra alemán Richard von Krafft Ebing incluía no seu libro ‘Psychopathia Sexualis’ a homosexualidade como unhaperversión sexual“,  e lle atribuía unha orixe hereditaria. O psicoanalista Sigmund Freud tamén estudou a homosexualidade, caracterizándoa como o resultado dun conflito durante o desenrolo  da identidade sexual na que o varón identifícase con el sexo feminino e empeza a sentir atracción polos homes.

A pesares de que estas ideas parécenos moi antigas, sorprenderíanos saber o actual que son algunhas cuestións relacionadas con estes pensamentos. Sanidade non retiraba ata o 2009 de circulación unha edición , que aínda estaba á venta, da CEI que mantiña que a homosexualidade era unha enfermidade. Estaba obsoleta desde o ano 1990, no que a OMS deixou de considerar a homosexualidade como enfermidade. Aínda que pareza que foi fai moito tempo cando esta idea deixou de ser algo oficial, hai que ter en conta que tan so pasaron vinte cinco anos, un período de tempo no tan grande para unha cuestión que parece estar xa tan eliminada na actualidade.

Hoxe en día, a pesares dos avances nos últimos anos, seguimos atopando numerosas persoas con esta idea tan errónea nas súas mentes. Parte da Igrexa segue a manter as súas antigas ideas e segue sen permitir o matrimonio homosexual.  Las terapias de reorientación sexual que quere prohibir Estados Unidos seguen sendo legais en España. Se buscamos en internet podemos atopar aunténticas barbaridades como a seguinte, sacada dunha páxina cristiá chamada “Conocereis la verdad”: “Igual que el tuberculoso es víctima de la tuberculosis, sea inocente o responsable por su comportamiento, de sufrir la misma. El homosexual sea consciente o no, responsable o no de su homosexualidad, siempre es víctima de algo que va contra la naturaleza.” Outro exemplo podería ser esta publicación que fai ACI Prensa, tamén un medio relixioso: “Estudio demuestra que homosexualidad es una enfermedad y puede curarse”. O título fala por si solo.

Como podemos ver, a pesares de crer que avanzamos e que vivimos nunha sociedade libre de prexuízos e discriminación, aínda quedan moitas persoas que, tal vez, a próxima vez que digan que a homosexualidade é unha enfermidade, deberían de ser elas as que se plantexen se están enfermas o é simplemente pura ignorancia.

 

REFERENCIAS:

Elmundo.es. (2005). Cuando la homosexualidad se consideraba una enfermedad | elmundo.es salud. [online] http://www.elmundo.es/elmundosalud/2005/06/24/medicina/1119625636.html [Consultado 22 Abril 2016].

Libertad Digital. (2009). Sanidad considera la homosexualidad como una enfermedad. [online] http://www.libertaddigital.com/sociedad/sanidad-considera-la-homosexualidad-como-una-enfermedad-1276361447/ [Consultado 22 Abril 2016].

Pinto, T. (2015). Las terapias de conversión para homosexuales que quiere prohibir EEUU son aún legales en España. [online]                                          http://www.eldiario.es/sociedad/conversion-homosexuales-prohibir-EEUU-Espana_0_395461241.html [Consultado: 22 Abril 2016].

Ushmm.org. (2010). La persecución de los homosexuales del Tercer Reich. [online] https://www.ushmm.org/wlc/es/article.php?ModuleId=10007018 [Consultado 22 Abril 2016].

Revisión da editora: 24/04/2016 ás 23:30

Revisión GBO: 25/04/2016 ás 12:15 e segunda revisión 25/04/2016 ás 13:58

Publicado: 25/04/2016 ás 13:43

 

 

 

Advertisements

12 comentarios en ““Enfermidade” por ignorancia

  1. Como dis, pensamos que a sociedade sempre avanza e que nos imos adaptando a todas as novidades, pero non é así. Ás veces incluso retrocedemos. A homosexualidade é un tema moi polémico que debería haberse normalizado fai moito tempo.
    Podemos culpar aos medios de comunicación ou ás leis, pero o certo é que é cousa de cada un de nós concebir a orientación sexual como algo libre e repectable en calquera caso. É certo que avanzamos lexislativamente neste eido, e sorpréndeme o dato que aportas de que ata o 2009 seguía en circulación unha edición da CEI que mantiña que a homosexualidade é unha enfermidade.
    A diversidade é o que enriquece a sociedade e non deberiamos loitar contra ela, senón defendela. As principais armas son os medios de comunicación e as redes sociais ás que todos temos acceso.

    Queda moito camiño por percorrer e depende de todos axilizalo.

    Gústame

    1. Boas tardes Melani!

      Como ven dis, xa non é que non avncemos, senon que parece que en ocasións retrocedemos. Na cuestión da homosexualidade parece estar nun extremo ou noutro. Está a visión liberal e de igualdade, e pola contra está esa, dende o meu punto ainda antiga para os nosos tempos, de que tan so son posibles as relacións entre persoas de diferentes sexos.
      Tamén coincido contigo en que xa non é cuestión de leis, senon de cada un de nos, e sobre todo das influenzas que recibimos. Á hora de falar da aceptación ou discriminación das persoas con diferente orientación sexual, eu creo que a educación que cada un recibe é verdadeiramente importante, e vai a ser esta a que marque na gran maioría dos casos a túa maneira de pensar.
      Por último engadir, e como xa dixen nalgún outro comentario ou artigo, que estou totalmente de acordo co último que dis, queda moito camiño por percorrer.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:30

      Gústame

  2. Ola Inés!
    Moi dcordo contigo, a pesares de que nos consideramos totoalmente liberiais, aínda sigue a haber xente que non só critica, senón que xulga os homosexuais pola súa condición sexual. Sen embargo e por máis qe nos empeñemos, esta condición sexual non ten nada que ver cunha enfermidade, senón que existe, ao igual que os heterosexuais, os transexuais e asexuais.
    Sen dúbida alguna, á relixión e algo que ten moito que ver neste tema. No caso da igraxia católica parece que a concepción está comenzando a cambiar, ás últimas declaracións do Papa Francisco o demostran http://www.eltiempo.com/archivo/documento/CMS-12954166 , en contraposición co anterior Papa, que o consideraba unha seria ameaza http://www.20minutos.es/noticia/1271441/0/papa/matrimonio-gay/amenaza-humanidad/
    Sen dúbida aínda queda un longo camiño para recorrer na normalización destes colectivos, pero é necesario que os medios de comunicación contribuyan a cambiar a mentalidade para evitar así noticas como esta do pasado nove de marzo http://www.elmundo.es/madrid/2016/04/24/571ca18de5fdea35728b4640.html
    Revisión editor: 26/04/2016 17:00
    Revisión coordinador: 26/04/2016 17:10
    Publicación: 26/04/2016 17:22

    Gústame

    1. Boas tardes Susana!

      Vivimos nunha sociedade liberal, que ainda xulga a aqueles que non consideran iguais. Dende o meu punto de vista todos somos persoas, que vivimos nun mesmo país e que somo totalmente iguais, o único, que temos diferentes gustos á hora de falar de orientación sexual. ¿Pero acaso discriminarías a alguén porque lle guste o vermello en vez de o azul? Dende o meu punto de vista hai xente que se quedou cun pensamento un tanto retrograda, e que é hora de que abra os ollos e se de de conta que somos todos iguais, non importa con quen vaiamos da man pola rúa.

      En canto ao referente do Papa e da Igrexa, tamén che dou a razón. Parece que o novo Papa está a crear unha nova concepción que pode que acabe dunha vez por todas coa discriminación da igrexa hacia os homosexuais. A pesares disto, creo que vai ser moi complicado, xa que a Igrexa é moi grande e hai ainda moitos altos cargos que non están a favor das parellas homosexuais.

      E si, sen dúbida queda moito camiño por percorrer, como xa dixen numerosas veces.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:35

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:42

      Gústame

  3. Moi boas, Inés!

    Vou ser breve, xa que o feito de que teñamos que seguir a falar desta cuestión paréceme absurdo. Vivimos nun mundo que aínda non comprende que a sexualidade é un dereito, non un deber. O ser humano ten que disfrutar do sexo ao longo da súa vida, e ninguén pode privarlle a unha persoa de ter o sexo que lle gusta. Igual que algúns prefiren a carne ás verduras e a outros lles gusta máis unha cor que outra, un individuo pode sentirse atraído por un home, unha muller ou polos dous xéneros.
    Vetar a alguén, dicirlle como ten que vivir a súa vida e etiquetarlle de enfermo polo feito de sentir atracción polo seu mesmo sexo é unha acción primitiva.

    http://www.lavanguardia.com/local/madrid/20160121/301570875395/homofobia-transexuales-madrid-delitos-de-odio-ola-agresiones-homofobas-madrid.html

    Dándolle a este enlace chegarás a unha noticia na que se fala de agresións a homosexuais e transexuais en Madrid por parte de lacra agresiva que o único que fai é contribuír á conversión deste mundo nun inferno.

    Gústame

    1. Boas tardes Ana!

      Esta claro que parece mentira que no século XXI siga habendo problemas con este tipo de cuestión, e que se siga a considerar a homosexualidade como unha enfermidade, pero por desgracia, e por moi absurdo que sexa, como dis ti, ainda hai moita xente con este tipo de pensamentos.

      Estou totalmente de acordo co que ti pensas de que a orientación sexual é unha liberdade, e que cada un decide quen é a súa parella, sexa home o muller, e que cada un é libre de ter sexo con quen quera, ou incluso non telo, como é o caso dos asexuais, un dos grupo do LGTBI. De feito, déixoche este novo anuncio de colchones Flex que fala da homosexualidade e que cita: “En Flex pensamos que en su cama todo el mundo puede hacer, o no hacer lo que le de la gana.”

      Por último, en canto o enlace que pasaches, tan so engadir que é unha vergoña que a día de hoxe sigan a ocurrir estas desgrazas. Ninguen debería de ser agredido nin pola súa orientación sexual, raza, sexo, ou o que sexa. Con este tipo de conductas si que hai que acabar dunha vez por todas

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:32

      Liked by 1 person

  4. Villamel Baliñas , Tatiana S3D5
    A discriminación cara o colectivo LGTBI é algo que persistirá durante moito tempo ata que de verdade a xente entenda que todos somos iguais sen importar a nosa orientación sexual . A situación deste colectivo é diferente, pero non tanto, daquela na que se atopaba non fai moito tempo. Tras a dictadura franquista, a evolución cara a aceptación dos seus dereitos civís incrementouse exponencialmente, sen embargo a homofobia continúa sendo unha forza poderosa na sociedade española. No ano 2005, España convirtese no terceiro país do mundo tras os Países Baixos e Bélxica en aprobar o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e en ter unha das lexislacións máis progresistas con respecto a temas que afectan á comunidade LGTBI, como a adopción.
    Una suposta “situación” positiva é a que viven os homosexuais no noso país, pero non sempre é así. Gustaríame resaltar os delitos de odio cara este colectivo. Dende 2013 as agresións homófobas en Madrid non deixaron de medrar: pasou dunhas cinco en 2013 a unhas 30 en 2015. Pola contra, algo que desconcerta é que as denuncias cada vez son menores, seguramente por medo ou vergoña, 12 en 2013, 26 en 2014 e sete en 2015. Deixovos o enlace dunha noticia na que se amosa como o colectivo LGTBI e o máis agredido en España: http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/extremadura/colectivo-lgbt-mas-agredido-espana-informe-policial_820845.html
    No ano 2015 unha parella de adolescentes foi expulsada dun Burguer King de Madrid polo encargado de seguridade do establecemento, atendendo a petición dunhas familias moi respetable que consideraban que un rapaces bicándose eran un mal exemplo para os nenos alí presentes: http://www.lavanguardia.com/sucesos/20141201/54420939468/gay-burguer-king-beso-homofobia.html No mesmo ano un grupo de neonazis déronlle unha paliza a outra parella como castigo por atoparse sentados nun banco collidos da man. Estos son apenas dous exemplos de esa suposta “aceptación “ que vive o colectivo LGTBI en España. Isto ocorre nun país no que o 88% da poboación di aceptar a homosexualidade, un país que foi pioneiro na extensións dos dereitos das minorías sexuais.
    En conclusión, non hai dúbida que o colectivo LGTBI a pesar dos seus avances, seguen discriminados pola sociedade. O que sucede é que a sociedade impón modelos a seguir, uns certos patróns de conducta que unha vez que sales deste camiño e rompes o paradigma prodúcese un trato diferente ou discriminacion. A solución é sen dúbida educar aos nenos, ás futuras xeracións de relevo para poder así propiciar un desenvolvemento cheo de tolerancia, respeto e aceptacion dos valores fundamentais sustentos na nosa sociedade. Neste enlace aparece a historia do colectivo LGTBI en España ao longo das décadas: http://hipertextual.com/2015/06/homosexualidad-en-espana-historia

    Gústame

    1. Boas tardes Tatiana!

      A pesares de que vivimos nunha sociedade que parece liberal e que ten normalizada a situación do colectivo LGTBI, a situación non é tan sencilla como parece. Sí que é certo que España é un país moi avanzada en estas cuestións, e é fantástico que estemos entre os tres primeiros países europeos en captar o matrimonio homosexual, xa que é un gran avance. Pero a pesares disto é o que ambas decimos, a discriminación é os pensamentos retrógradas, dende o meu punto de vista, siguen presente en demasiadas persoas para estar xa no século XXI.

      Como podemos comprobar segue a haber miles de casos de abuso ou discriminación hacia este colectivo, como ven ti mostras nos enlaces. Segue a ser do máis común a presenta deste tipo de publicacións nos medios de comunicación, o que desde longo xa non solo é unha pena, senón tamén unha aunténtica vergoña. Aquí deixoche esta trágica noticia do 2012, onde un mozo morreu tras recibir unha paliza dun grupo de neonazis.

      http://www.univision.com/noticias/noticias-de-latinoamerica/murio-joven-gay-atacado-por-neonazis-en-chile

      Por outra parte tamén coincido contigo en que otros dos problemas desta sociedade é a de crear estereotipos e etiquetas, e crear esa imaxe de que algo é mellor. Sen dúbida aínda quedan moitas cosas por cambiar.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Gústame

  5. Fernández Ruiz, Nagore S2C3

    Ola Inés. Pareceme un artigo moi acertado, xa que aínda que a sociedade pense que evolucionamos e que aceptamos a orientación sexual de cada un, aínda queda moito camiño por percorrer. É certo que gran parte dos comentarios homófobos veñen por parte de persoas que pertenceron a sociedades máis atrasadas neste ámbito, como poden ser os nosos avós ou bisavós. Pero aínda así, penso que é necesario un maior esforzo por parte de todos para abrir os ollos a aquelas persoas que non comprenden como dous homes ou dúas mulleres poden namorarse ou simplemente manter relacións sexuais. O peor de todo, o máis vergoñento, é o feito de que moitos destes racistas teñen ou tiveron un posto no goberno, como é o caso do exconcejal do PP que comparou o matrimonio homosexual con un acto de zoofilia http://www.eldiario.es/sociedad/HEMEROTECA-persona-PP-matrimonio-homosexual_0_429757233.html.
    Queda moito camiño por percorrer, e témolo que facer todos xuntos.

    Gústame

    1. Ola Nagore!

      Efectivamente, como ven dis, a pesares de que creemos que hemos evolucionado é que agora xa todo está normalizado é algo totalmente incorrecto. Aínda quedan moitas cosas por cambiar. Como ven dicía a nosa compañeira nun dos comentarios anteriores, España é un país bastante avanzado nestes temas, xa que foi un dos primeiros países europeos en aceptar o matrimonio homosexual no 2005. De todolos xeitos, a pesares desto aínda quedan moitas cosas por cambiar.

      Como ven comentas, a gran mayoría de xente con estes pensamentos son os de Idade adulta, xa que recibieron outro tipo de educación e vivieron unha situación moito máis diferente como é a franquista.

      Esperemos que todo isto cambie, e que con as novas xeracions acabemos con por lo menos algún desates problemas.

      Gústame

  6. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Moi boas tardes Inés! Comento neste artigo con moito pesar, aínda que a verdade é que fixeches un gran traballo. Digo con pesar porque gustaríame non ter que ler que a día de hoxe no século XXI segue habendo persoas que discriminan ao colectivo.

    Considerar unha enfermidade o feito de sentirte atraído por unha persoa do mesmo sexo paréceme, como ti dis, de ignorantes. Con todo o vivido seguimos sen asumir que as persoas aman a outras persoas, sen máis. Coñezo a xente que durante toda a súa vida amou a unha persoa do sexo oposto e de súpeto namorouse dalguén do mesmo sexo. Enfuréceme cando a xente neste caso pregunta: Agora eres gay? Non, é persoa. Para min o problema máis grande da sociedade en relación a este tema é a adxectivización. Alguén pode sentirse atraído por soamente unha persoa do sexo oposto durante toda a súa vida e non ser homosexual.

    Con respecto á homofobia, paréceme moi entretido este artigo e poderías botarlle unha ollada: http://www.chueca.com/articulo/una-tortuga-gay-demuestra-hasta-que-punto-es-absurda-la-homofobia

    Un saúdo!

    Gústame

    1. Boas tardes Gemma!

      Moi de acordo con todo o que dis. Sen dúbida xa non solo é un problema de aceptación ou non, senón desta manía que parece que temos coa adxectivización. Para min sin dúbida, a utopía sería o momento no que xa tan se quera fixese falta nin salir do armario, nin ter que dar explicación sobre a orientación sexual, ¿o é que acaso os heterosexuais o fan? De todolos xeitos creo que esto é moi difícil, porque o problema que ten esta sociedade na que vivimos é que temen ao que eles consideran diferente, e non se dan conta que son totalmente iguais, persoas que aman ou se sienten atraídas por outra, ¿qué máis da o xénero?

      Pero como xa dixen, creo que é algo moi compricado, e que a homofobia, as discriminacións e os pensamentos retrogradas seguirán moi presentes. Ojalá un día esta situación cambie.

      Un saludo e grazas polo comentario!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s