IIº Círculo Saúde Mental

María Barcón Lage S1A2Santiago Cacheiro Requeijo S1A3

Patricia Campos Castelos S1A4

Laura Casal Tizado S1A5

IMG_20160419_190352
Imaxe propia

O pasado martes 19 de abril voltamos ao piso que a asociación Itínera ten no centro de Santiago de Compostela para levar a cabo o segudo círculo de aprendizaxe. Nesta ocasión volvimos a contar con Marcos como usuario sa asociación, con Carlos como psicólogo do centro e con Cristina e Antón como voluntarios. Como representante de AGARESO contamos nesta ocasión con Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial e profesor adxunto da USC. Foi Carlos o que actuou de moderador na conversa, a cal estivo prácticamente monopolizada por este e Xurxo.

 

Xurxo adiantouse e comezou a falar da primeira noticia que previamente seleccionara. A nova publicouse no xornal “El Periódico” baixo o seguinte titular: “Un niño con un brote psicótico mata a un profesor en el instituto”. Destacou xa a forma teatralizada que seguira o xornalista á hora de comezar a relatar o suceso: “oigo voces, oigo voces, que me dicen que tengo que matar a todos”.

Carlos indica que este tipo de cousas van ser cada vez máis extraordinarias. “El tipo de diagnóstico está cambiando”, igual que antes se tendía máis a falar de esquizofrenias e brotes psicóticos e agora téndese máis a falar de trastornos de ansiedade, etc. Carlos asegura que as noticias sobre saúde mental nos xornais pasarán a ser máis enfocadas á “autoaxuda” ou centrándose no tema da “soidade social”. Aproveita isto para destacar un segundo titular: “Muere en soledad un hombre con 3544 amigos en Facebook

.Carlos convida aos demais membros do círculo a comentar esta noticia, e contrapoñela á típica noticia do enfermo mental violento. Dálle a palabra a Marcos, que ata agora se mostrara máis observador que participante, e apunta, logo de mostrarse titubeante, que hoxe en día todos crean unha vida artificial nas redes sociais e  que este non é un caso illado.

 

Nun de cada 6 fogares vive unha soa persoa, apuntou Carlos, e de aí poden nacer novos trastornos: ansiedade, depresión, soidade… e que se seguen existindo noticias sobre brotes psicóticos relacionados con violencia, é porque aínda non se desterrou ese estigma social. “Estas son as noticias que máis morbo xeran, e o seu tratamento non é o máis adecuado, en parte porque os xornalistas non temos unha preparación”, apunta Xurxo. Marcos insiste no tema do estigma social inxustificado: “el porcentaje de gente con enfermedad grave que delinque es menor que el porcentaje que delinque entre la gente “normal”.

 

Xurxo bota man da sonada noticia sobre a morte do batería de Los Piratas, na que se mencionou que sufría un trastorno mental, para que logo se xerasen un feixe de contradicións arredor do caso.

Carlos apunta que unha persoa diagnosticada pode cometer un delito sen que tivera nada que ver a enfermidade, pero que o problema é que, moitas veces, se utiliza o diagnóstico como atenuante á hora do xuízo. Antón fala por primeira vez, asegurando que se se comenta o tema da enfermidade mental nos medios é por morbo, e porque “é o que vai vender”. Xurxo é tallante: “a pesares de que os delitos cometidos por persoas con enfermidade mental é moi reducido, o impacto que teñen mediaticamente xera este tratamento”.

Un psicólogo da USC, Jorge Sobral, nun curso de formación, comentaba que a sociedade non é capaz de asimilar que exista xente malvada, e intenta xustificar esa maldade por medio dun diagnóstico, informa Carlos mentres  todos asinten.

Xurxo dá paso a unha nova noticia, sobre Andreas Lubitz, o copiloto que estrelou o avión de German Wings  . Marcos opina que ao mellor iso é necesario, que prima o posible perigo dos viaxantes. “Si tienes tendencias suicidas a lo mejor no es muy conveniente que pilotes un avión”, asegura. Ábrese un pequeno debate sobre se é lícito que exista segredo a cerca do historial médico en casos nos que a profesión supón ter responsabilidade sobre a vida doutras persoas. Marcos intenta intervir, pero de novo Carlos e, sobre todo, Xurxo, monopolizan a conversa.  en los medios

 

Carlos introduce un novo tema a coloquio sobre unha nova que trataba o caso dun home condenado en Andalucía a ir a un psiquiátrico. Nun momento maníaco depresivo o home escapou e conseguiu crear unha empresa que daba de comer a doce familias. Debates sobre si prima máis que este home voltase ao psiquiátrico ou que puidese permanecer ao cargo da súa empresa non xorden na sociedade, pois todo xira sempre en torno  a se é perigosa ou non unha persoa que padece unha enfermidade mental. Carlos quixo destacar a importancia de abrir o debate a novos campos, como os pisos tutelados ou  as residencias que existen para xente con este tipo de problemas, que son cousas que aos medios non lles interesan porque non dan morbo.

 

O diálogo continúa contestando aos apuntamentos de Carlos, indicando por qué os medios realizan este tipo de noticias, que segundo Xurxo “se os medios fan isto é porque hai un público que o consume,  pero cando levas a cabo una nova de investigación a resposta que obtés dos teus superiores é que iso non vende”.

 

Recorre ao pasado para defender que se pode avanzar na sociedade sempre que se teñan presentes os problemas e se busque solución no conxunto desta, como se fixo noutros temas como a violencia de xénero, apuntando que na actualidade o que comete o acto é desterrado socialmente a diferenza do que ocorría cando el estaba na facultade e aínda se comenzaba a falar deste tema. Logo fai referencia á imaxe que se amosa das persoas con enfermidades mentais en produccións audiovisuais poñendo como exemplo a persoaxe interpretada pola actriz Silvia Abril na serie “La que se avecina”, en Telecinco. A través dela dase unha imaxe que, como apunta Carlos, pouco ou nada ten que ver coa realidade.

 

Marcos logra facer un inciso na conversa para apuntar que o 25% da poboación ten unha enfermidade mental, polo que non é tan raro padecela, e por iso considera necesario educar dende as escolas, non só para que se vexa a enfermidade como algo normal nos demáis, senón tamén para poder asumir a posibilidade de padecela un mesmo no futuro para que non sexa un tema tabú. Por outra banda Marcos considera tamén que os xornalistas deberían informarse máis antes de escribir, ao que Xurxo responde aclarando que ninguén pode ser especialista en todo e que é moi difícil traballar ben informado cando os teus superiores che esixen que fagas novas coma churros. Ademáis, a direción do xornal é quen ten a última palabra e en moitas ocasións tende a ser conservadora. Xurxo conta como ten tido algunha disputa cos seus superiores por pensar de xeito diferente á hora de enfocar unha nova e xogar ou non co morbo.Marcos insiste en recordar que é imprescindible unha documentación rigurosa por parte dos xornalistas para que poida producirse un cambio, xa que xogan un papel moi importante no coñecemento social.

 

Como moderador deste círculo Carlos decide cambiar de tema porque senón volverase a converter nun debate a dúas bandas excluíndo  aos demáis compoñentes e di que moitos persoaxes famosos como Catherine Zeta Johnnes, a actriz que interpreta a princesa leia, e outras, perderon a súa carreira logo de facerse público que padecían unha enfermidade mental. Acto seguido ábrese un debate sobre cómo facer visibles as campañas de saúde mental para a visibilización do colectivo. Xurxo aposta por quitar os estigmas con campañas de choque mentres que Carlos apunta que ata que a xente siga sin “saír do armario” por así dicilo non se vai poder mudar iso, e que a publicidade de choque no eido da saúde mental non funcionou coma con outros temas como a droga. Marcos, pola súa parte, relaciona as campañas de saúde mental con cousas demasiado brutas.

 

Carlos decide rematar o círculo propoñendo que cada un expoña os seus coñecementos e as aportacións que lles supuxo o mesmo. Carlos abre o debate dos manicomios porque cre que nestos sitios os locos non son os ingresados senón a persoas que dan descargas etc. Antón fala sobre unha nova na que se da por sospeitosa a unha muller solo polo feito de ter unha enfermidade mental  como exemplo de que o problema dos prexuízos vai moito máis aló do que pensamos. Cristina opina que as noticias deberían tratar as enfermidades mentais dende un punto de vista máis positivo e tanto Xurxo como Marcos, conclúen dicindo que moi poucos saben realmente o que é convivir cunha persoa cunha enfermidade mental.

 

Tras isto dimos por finalizado o noso segundo círculo no que, pese a que gran parte da conversa versara exclusivamente en torno a dous dos membros, tocáronse temas dos que non se falara na nosa primeira reunión, como a posibilidade de abrir o debate sobre as enfermidades mentais introducindo novas variables que ata o de agora non se contemplan, ou o importante que resulta ás veces a existencia dun referente famoso que asuma a súa condición sen medo e demostrando que é perfectamente compaxinable unha vida laboral exitosa con ter unha enfermidade deste tipo.

Horas de publicación e revisión:

  • Hora de revisión do editor: 25/04/2016 21:00
  • Hora de revisión do GBO: 25/04/2016 22:00
  • Hora de publicación: 25/04/2016 23:00

Advertisements

Un comentario en “IIº Círculo Saúde Mental

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s