Internet, un novo xornalismo

González Núñez, Ana – S2A6

likecoholic

                                                        Fonte: Trollingdian.blogspot

Co uso xeralizado de internet, a comunicación foi cambiando substancialmene. Empezamos a informarnos de outro xeito. Primeiro, a través de pantallas de ordenador. Máis tarde, a través dos teléfonos móbiles, o que quere dicir que estamos continuamente “informándonos”. O xornalismo en internet ten aproximadamente 20 anos. Algúns autores predecían que internet revolucionaría o xornalismo (Dahlgren, 1996; Deuze, 1999; Heinonen, 1999; Pavlik, 2001) debido ás múltiples vantaxes que ofrece o hipertexto, a interactividade ou os recursos multimedia. Pero o paso do tempo foi demostrando que esta revolución desenvolveu tanto aspectos atractivos como aspectos perxudiciais para a información.

O xornalismo dixital une todas as linguaxes dos medios de comunicación masivos en unha: a linguaxe hipermedial. Grazas a este aspecto, o receptor da información pode seguir a súa propia liña de discurso. Outro gran cambio que trouxo a web atinxe á participación dos receptores da información: interactividade. Isto implica que o usuario pode tomar decisións, opinar publicamente sobre a información dada polo medio. Hoxe en día a mayoría dos xornais posee unha versión online, o que pode enriquecer moito o modo de acceso a información.

Os xornais dixitais poseen unha estrutura cómoda e sinxela para os usuarios. A forma de clasificar as noticias segundo contidos (política, economía, deportes, sociedade, cultura…) ou situación xeográfica (nacional, internacional) aforra tempo e facilita o aceso a información.

Por outra banda, o costume de informarnos continuamente a través de esta vía foi esaxerando un dos aspectos que sempre foi inherente ao xornalismo: a rapidez. Actualmente, sabemos o que acontece ao momento. Os xornais dixitais están obsesionados coa inmediatez, preocúpanse por publicar canto antes, por ter algún dato, por mostrar a “última hora” o antes posible. Isto moitas veces leva a publicar informacións que non están contrastadas, a publicar noticias de un parágrafo nas que non se profundiza no feito nin se contextualiza.

O xornalismo, a parte de rapidez, sempre requeriu profundidade. Esta profundidade require buscar, reflexionar, preguntar, contrastar, contextualizar… E actualmente, este aspecto fundamental e esencial do xornalismo estase perdendo. As presas por contar os feitos e o tipo de soporte elexido predominan sobre o contido da información. Isto só leva a noticias sen información. Este artigo da revista Cambio16 explica ben a realidade do xornalismo dixital e o resultado desta obsesión pola inmediatez, pola actualidade.

Ademais, as múltiples posibilidades que nos ofrece a World Wide Web provocan a necesidade de aproveitalas. Como se vai publicar unha notica en internet sen fotografías ou sen vídeo? Moitas veces, a rapidez unida a esta necesidade de aproveitar a linguaxe hipermedial, fai que se escollan imaxes pouco informativas ou pouco adecuadas para acompañar unha noticia. Cóllense imaxes de arquivo, imaxes sen información, imaxes que non son adecuadas ao contido pero si ao formato. O soporte sempre debería estar ao servicio da peza informativa e non ao contrario. Se temos un vídeo útil, que proporciona información, é unha sorte que grazas á estrutura da rede poida acompañar ao texto, ou viceversa. Pero non se debe abusar destas ferramentas só polo feito de telas.

É importante destacar que tamén hai xornalistas que son conscientes destes problemas e que avogan por un xornalismo de calidade. Este pode ser o caso da publicación Delayed Gratification. É unha iniciativa levada a cabo en Estados Unidos por Marcus Weeb e Rob Orchard e que aposta por deixar de lado a inmediatez e ofrecer un xornalismo tradicional e de reflexión.

Referencias:

Comunicación interactiva UFC. “La interactividad” Recuperado de: https://interactivosuft.wordpress.com/2007/04/18/la-interactividad/

Bianchini, Adelaide. “Conceptos y definiciones de hipertexto”. Universidad Simón Bolívar. Venezuela. 2000. Recuperado de: http://ldc.usb.ve/~abianc/hipertexto.html

Delayed Gratification Magazine. Recuperado de : http://www.slow-journalism.com/

Domínguez Moreno, Manuel. “El nuevo periodismo renace desde la reflexión”. Cambio16. Recuperado de:  http://www.cambio16.com/firmas/nuevo-periodismo-reflexion/

Lamarca, María Jesús. “Hipertexto: El nuevo concepto de documento en la cultura de la imagen”. Recuperado de: http://www.hipertexto.info/documentos/hipermedia.htm

Llano Aristizábal, Sergio. “Hipermedia e interactividad en el periodismo digital colombiano”. Realidades Comunicativas. (20/04/2005). Recuperado de: https://taller5a.files.wordpress.com/2010/02/hipermediaeinteractividad.pdf

Masip, Pere e outros. “Investigación internacional sobre ciberperiodismo: hipertexto, interactividad, multimedia y convergencia”.(23/09/2010)

Revisión editor: 24/04/2016 23:29

Revisión GBO: 25/04/2016 13:00

Publicación: 25/04/2016 13:05

 

Advertisements

16 comentarios en “Internet, un novo xornalismo

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    Nos últimos anos o periodismo está a sufrir unha continua e rápida evolución. O auxe das redes socias, o valor da inmediatez e a búsqueda da exclusividade traen moitas veces consigo un perigroso enimigo: a falta de contrastación da información. O exemplo máis recente desta peligrosidade atopámolo na cobertura dos atentados de París do pasado mes de novembro, onde moita prensa española deixábase levar pola ansia da publicación instantánea e exclusiva da noticia, conlevando isto a caer en multitude de fakes e montaxes que circulaban polas redes sociais, e que en moitas ocasión apareceron en informativos ou na prensa dos medios españoles como noticias, tranformando deste xeito a información en desinformación. Neste artigo recopílanse algúns dos errores máis destacados; http://www.moedetriana.com/errores-de-medios-y-periodistas-espanoles-tratando-los-atentados-de-paris/
    Os medios deben aproveitar as posibilidades da evolución tecnolóxica para utilizalo como un valor engadido e non como un elemento perxudicial. A ruptura espazo-temporal que supón a existencia da rede ofrece multtitude de vantaxes aos medios que deben ser aproveitadas con acritude. A converxencia tecnolóxica conleva á polivalencia do periodista. Enlazo este decálogo de Ramón Salaverría, profesor de periodismo en la Universidad de Navarra, sobre cómo escribir na rede e a forma de actuar coa información nas redes sociais: http://www.salaverria.es/blog/2014/11/27/300-paginas-y-diez-ideas-sobre-escribir-para-la-red/

    Revision GBO: 26/04/2016 1:43

    Gústame

    1. É certo que se cometeron múltiples erros despois dese fatídico 13 de novembro debido á inmediatez á que estamos acostumados. E tamén a outras malas prácticas xornalísticas. Un bo exemplo é o do galego que foi dado por morto:
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/11/15/alberto-pardo-touceda-gallego-dado-muerto-atentados-paris/00031447588401763451869.htm
      Este rapaz foi equivocadamente dado por morto polas autoridades francesas. Aínda que este erro non fora xornalístico, os medios españoles non tardaron nada en publicar o seu nome, as súas fotogrfías e a súa vida enteira. Coñecemos onde vivía, o que estudou, fotos do seu facebook e mesmo as súas aficións. Violouse a súa intimidade en poucas hora, debido á inmediatez coas que se publican as noticias. E finalmente tivo que ser el mesmo o que chamara a súa nai para comunicarlle que non estaba morto.
      Os medios deberían aproveitar as novas tecnoloxías sen perder a esencia do bo xornalismo.

      Gústame

  2. Boas, Ana

    Primeiro de todo, noraboa polo teu artigo. Gustaríame profundizar na perda de calidade e profundidade que supón a rapidez que á súa vez supón a existencia da información dixital. Bru Rovira reflexiona neste artigo sobre este tema: http://internacional.elpais.com/internacional/2011/09/28/actualidad/1317224307_335108.html

    Hai pouco, lin nunha rede social o comentario dun rapaz sobre o este novo xornalismo de hoxe en día: distribuir a información de forma gratuita e completa foi un grave erro que agora se tenta solucionar a través da publicidade. Neste enlace http://www.ull.es/publicaciones/latina/aa2000kjl/u36di/10sandoval.htm faise unha profunda reflexión sobre a publicidade nos medios dixitais. A conclusión: a publicidade na prensa escrita non mudou. Nos xornais de papel podemos atopar un montón de publicidade nas páxinas (ás veces ocupando planas de periódico enteiras), ademáis dunha sección de breves que non deixa de ser publicidade.
    Pois en Internet, o mesmo, pero parece antoxarse dunha forma moito máis molesta: pop-ups, vídeos, incluso bloqueos da noticia mentres non vexas un vídeo ou fagas algunha acción que o anunciante quere de ti. Canda menos, paga a pena reflexionar sobre isto.

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 15:13

    Gústame

    1. Os medios de comunicación necesitan da publicidade para financiarse. Os xornais actualmente non obteñen beneficios a través das ventas, o que se intenta arranxar mediante a publicidade e as subvencións públicas. Que sería de calquera medio de comunicación se non fora pola publicidade? Na seguinte noticia de El Confidencial revélase canto teríamos que pagar pola información se non existise a publicidade.
      http://www.elconfidencial.com/empresas/2016-04-19/y-si-la-publicidad-no-existiera-cada-hogar-deberia-apechugar-con-225-euros-al-ano_1185799/
      O que é certo e que esta publicidade debería separarse completamente da información. Se un medio ten un anunciante habitual que adoita invertir no seu xornal, é posible que ese medio non publique información que poida perxudicar a dita empresa. E isto é debido aos intereses económicos do medio. Este tema está moi ben tratado no noso III Círculo de debate:
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/iii-circulo-de-debate-a-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/
      Unha das xornalistas que formou parte del, Purificación Carballo, afirma que hoxe en día o xornalismo móvese polo diñeiro. O que di nesa entrevista o xornalista Bru Rovira paréceme moi acertado, non debemos substituir o criterio xornalístico polos índices de audiencia.

      Gústame

  3. Meda López, Xiana- S2b6

    Boas tardes Ana

    A verdade é que ca chegada de Internet, abriuse un abanico de posibilidades para o xornalismo. Como ben dis, a inmediatez e a interactividade ( entre outras cousas) son dúas virtudes cas que non conta a prensa escrita, e que dota a Internet de certa vantaxe. O problema está en cando esa rapidez nos leva a pensar que calquera pode ser xornalista ou que os xornalistas non teñen por qué profundizar nas noticias. Para min, en Internet deberían confluír dúas extensións nas noticias. Por unha parte, pequenos “chíos” informativos, é dicir, titulares e breves extensións que nos informen de maneira rápida dun suceso. Pero ao mesmo tempo, é fundamental que exista un xornalismo de investigación máis profundo que empregue a rede para presentar o seu traballo. Xa que Internet pode facilitar a lectura deste tipo de reportaxes grazas as imaxes, vídeos e hipervínculos que están só a un golpe de click.
    Pese a todos os avances que se están a desenvolver, eu sigo a ter debilidade pola prensa en papel.
    Axunto este interesante artigo de opinión co que comparto moitas ideas! http://www.diarioinformacion.com/opinion/2016/03/01/prefiero-prensa-escrita/1733527.html
    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:08

    Gústame

    1. É certo que internet ten moitas vantaxes para a información, pero non creo que informarse soamente a través de titulares, breves oracións ou tweets sexa un aspecto positivo. Estes titulares as veces poden levarnos a confusións, a entender mal un feito. Este é un gran problema que xeran as redes sociais, pois moitas veces a xente só le unha frase e non acode á noticia enteira.
      Outro problema, como ti ben dis, é o intrusismo que provoca internet respecto á profesión xornalística, que leva a pensar que hoxe en día calquera pode ser xornalista. Actualmente, a xente segue blogs e le artigos coma se estivese lendo un xornal e isto é moi perigoso para a profesión e para a veracidade da información. Quizais o que deban facer os xornalistas para salvar a súa profesión é deixar claro que realmente hai unha diferenza ente a información profesional e a creada polos aficionados. Isto poderíase conseguir facendo un xornalismo de calidade que busque, que contraste, que contextualice, que non oculte voces… Deixo o enlace dun artigo que explica como pode favorecer internet a este intrusismo http://generaciondospuntocero.com/intrusismo-laboral-en-el-periodismo/

      Gústame

  4. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Boas Ana:

    A verdade é que me resultou moi interesante o teu artigo. Estou de acordo contigo, o avance das novas tecnoloxías e Internet tivo as súas vantaxes e tamén os seus inconvintes. A chegada das redes sociais, por exemplo, permitiu que as noticias se difundisen entre a poboación inmediatamente pero tamén fixo que calquera puidese publicar información sen ningún tipo de control. En especial Twitter estase a converter nunha ferramente moi importante á hora de compartir e recadar información. Ademais ofrece unha oportunidade de difusión e feedbacko moi superior a outras redes sociais. Déixoche unha entrevista a Sarah Marshal (editora de Social Media de Wall Street Journal) moi interesante que xustamente trata deste tema, por se lle queres botar unha ollada. (https://es.audiense.com/en-twitter-nace-un-nuevo-periodismo/). Na miña opinión, as redes sociais son unha boa ferramente de difusión pero non un substituto dun bo xornalismo de investigación.

    Un saúdo e noraboa polo artigo.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:20
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:18

    Gústame

    1. É certo que internet e as redes sociais fan que todo o mundo poda publicar o que quere sen control. Isto leva a información enganosa, pois temos que ter moito coidado coas páxinas web que utilizamos para informarnos xa que nos podemos atopar con calquera cousa. Aqui deixo un interesante artigo que explica como se debe evaluar a información obtida en internet http://juanjbano.blogspot.com.es/2013/10/evaluando-la-fiabilidad-de-la.html

      Paréceme moi interesante a entrevista a Sarah Marshal. É certo que internet tamén axuda aos xornalistas á hora de investigar e que, o aspecto de que as redes sociais permitan a interacción dos usuarios pode ser moi enriquecedor. Internet e as redes sociais teñen moitos aspectos positivos, deberíamos aproveitalos ao máximo sen entrar en malas prácticas.

      Gústame

  5. Boas tardes Ana!

    Sen dúbida un artigo moi interesante que fala de como se atopa o periodismo actualmente. Esta claro que a chegada de Internet revolucionou esta profesión, e que achegou miles de facilidades aos periodistas e tamén aos lectores. Como ben dis ti, somos unha sociedade continuamente informada, se ocurre algo na outra punta do planeta teremos a noticia inmediatamente ao noso alcance.

    Por outra banda, é o que falas de como pasamos dos xornais de papel, ao ordenador, ata chegar ao móvil, ese do que non nos separamos, polo que xa non hai ni un segundo de marxe para os medios. Se ocurre algo, hai que publicalo, o máis rápido posible, e así chegamos ao problema da inmediatez, ese que todos os medios están sufrindo. Se publicamos rápido, perdemos esa profundidade da que ti falas, esa que é a verdadeira tarefa do xornalismo, a indagación, a verdadeira contrastación de fontes.

    Por outra banda, a este problema podemos engadir o dos archivos multimedia. Cando subidos unha noticia a internet, unha imaxe ou vídeo e casi obligatorio, o polos menos é o que o lector quere ver, e isto, lévanos a esa mala utilización de imaxes.

    Como podemos comprobar é un problema cada vez máis real, e parece que chegados a un punto imos ter que sacrificar unha das dúas cousas, inmediatez ou calidade.

    Deixoche un artigo moi interesante de como internet afecta ao xornalismo.

    http://www.marketingdirecto.com/anunciantes-general/medios/como-afecta-internet-al-periodismo-tradicional/

    Un saudo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:29

    Gústame

    1. Está claro que o xornalismo se atopa nunha etapa de cambio, na que os xornalistas deben demostrar que son conscientes das vantaxes dos avances texnolóxicos sen deixarse vencer polos seus inconvintes. Está ben que aproveitemos as tecnoloxías e que aproveitemos as redes sociais para estar informados, pero isto non debe converterse nunha obsesión. Hoxe en día, non nos despegamos do teléfono móvil. Cando acontece algo importante, os medios vense obrigados a publicalo en internet canto antes e isto presiona ao xornalista, ata o punto de facer un traballo con pouca calidade informativa pero publicado con actualidade. A actualidade é importante e non debemos deixar de coñecer as cousas que ocorren día a día pero tampouco debemos deixar de lado o xornalismo de investigación. Este é un campo moi importante da profesión que actualmente se atopa en crise. Aquí deixo o enlace dunha entrevista á xornalista Giannina Seginini na que explica a importancia do xornalismo de investigación e aclara que vivimos nunha época abarrotada de información, a cal debemos usar de maneira intelixente.
      http://www.nacion.com/archivo/Giannina-Segnini-periodismo-investigacion-democracia_0_1322467776.html

      Gústame

  6. García Vegas, Cintia (S2D2)

    Ola Ana,

    Si que é certo que, coa chegada de Internet e das Redes Sociais, a información chega a todo o mundo de maneira case inmediata. Pero, a pesares disto, esta globalización e rapidez tamén poden xogar un papel negativo. Explícoche a miña reflexión: a brecha dixital é un dos principais problemas que conleva esta interconexión; de feito, segundo os últimos datos dos que se dispoñen, case dous terzos da poboación mundial non ten acceso internet, polo que tampouco ten acceso as noticias e as informacións que se transmiten a través del (por se queres afondar máis neste tema, déixoche unha serie de gráficas comparativas elaboradas polo diario La Vanguardia: http://www.lavanguardia.com/vangdata/20150529/54431507120/graficos-brecha-digital-en-mundo-2015.html ). Por outra banda, a circulación masiva de información e a rapidez coa que esta se transmite tamén pode xogar en contra, xa que moitas veces esta non se contrasta ou incluso é falsa. Un claro exemplo témolo nos últimos días coa morte de Prince, cando se produciu unha equivocación e se propagou a idea de que quen realmente morrera foi Prince Royce (http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/22/actualidad/1461317289_690756.html ).

    Eu creo que a utilización das novas tecnoloxías e dos novos medios de comunicación é algo moi bo e que nos beneficia a todos, sempre que teñamos en canto os problemas que se poden derivar do seu uso e tentemos poñerlle remedio. Do contrario, pasaremos de ser unha sociedade da información a ser unha sociedade desinformada.

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:29
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:18

    Gústame

    1. É certo que os bulos e falsas informacións, como o caso que mencionas de Pince Royce, se difunden moi rápido debido ao uso das redes sociais. Pero tamén é certo que grazas e elas poden difundirse máis rapido as noticias que rectifican esas informacións. Deixo aquí o enlace dunha páxina que trae unha curiosa recompilación sobre noticias falsas que nós mesmos axudamos a difundir polas redes sociais.
      http://www.xataka.com/otros/13-noticias-falsas-que-hemos-ayudado-a-difundir-por-internet-en-2015

      Aínda que por malas prácticas traian ás veces problemas, non debemos deixar de usar as novas tecnoloxías. Moitas veces as redes sociais e os blogs tamén axudan a denunciar inxustizas e malas prácticas dos medios de comunicación tradicionais. Mais, internet tampouco debe ser un substituto dos mesmos.

      Gústame

  7. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    O xornalismo leva anos abocada a unha traxedia que poco a poco vemos máis próxima. Debido a aparición das tecnoloxías e a irrupción de internet a industria dos medios decaeu cuantiosamente, os xornalismo de calidade estase vendo minado polas redes sociais, un mecanismo colectivo cuxo principal obxetivo é a comunicación, unha nefasta comunicación na que son filtrados innumerables datos que proporcionan visións do mundo totalmente erróneas. Agora mesmo incluso existen páxinas web para eliminar as publicacións falsas que poida haber en redes sociais coma Facebook http://www.taringa.net/post/info/13449329/Como-eliminar-publicasiones-falsas-de-Facebook.html.

    Mentras o gran universo dos medios súmese nunha gran incertidumbre, as novas tecnoloxías avanzan de maneira desorbitada, cada golpe de talento dixital foi minando os cimientos do xornalismo ata encontrarse inmerso no desamparo dun mundo que xa non valora a súa profesión. O que os periodismo necesita realmente é unha gran metamorfosis, unha reinvención da súa tradicional estructura, suplir o conservadurismo e darlle unha oportunidade a clarividencia, o inxenio e a imaxinación das novas xeracións, deixemos atrás aos pretéritos e demoslle a benvida aos futuros.

    Tocounos vivir na era do control social, absolutamente todo o mundo é maniobrado pola gran red, internet, Os lectores teñen un ardid indiscutible para xuxgar, analizar e criticar o noso traballo. O rol do xornalista viuse trastocado polo progreso, pasamos de vixiar o poder a ser vixiados polo pobo. Emisores e receptores temos acceso a información análoga, polo que é difícil soprender ao público de maneira globar e inminente.

    Antigamente o xornalismo representaba decenas de industrias, dende o alquiler dunha vivenda ata o patrocinio da mellor marca de zapatos, sempre transpasando a dificultades debido a súa necesidade. A aparición das redes sociais produciu que estas necesidades se convertan en algo superfluo, nunca antes unha crise afectara de tal maneira a nosa profesión e por iso debemos retornar a importancia que esta tivo sempre. Artigo coma este de “El Mundo´´ móstranos un futuro positivo para o xornalismo e para nós.
    http://www.elmundo.es/television/2015/12/17/5671c634268e3e267b8b46b2.html

    Gústame

    1. O xornalismo está cambiando, mais tampouco debemos ver esta nova era da profesión como unha traxedia. Os tempos cambian e hai que adaptarse. Estamos ante un novo xornalismo que trouxo consigo probelmas pero que tamén trouxo multidude de melloras. Grazas a internet, os xornalistas teñen máis ferramentas para investigar, poden ter contacto instantáneo con moitas fontes, mesmo serve para que o traballo na redacción sexa máis cómodo e rápido, xa que fai posible que se poidan envíar as noticias duns ordenadores a outros. E mesmo fai posible que un fotógrafo, estea donde estea, envíe a súas fotos á redacción nun momento. Ademais, grazas ás redes sociais e á interactividade, os medios poden coñecer a opinión pública que crean.

      Que o pobo vixie ao xornalista non é algo malo. Ás veces os xornalistas cometen moitos erros e é importante que a poboación sexa crítica e se dea conta, xa que o xornalismo debe servir como ben á poboación.

      Por outra banda, moita xente opina que os medios dixitais poderían chegar a poñer fin aos medios tradicionais. A continuación, deixo o enlace dun interesante artigo que reflexiona e fai reflexionar sobre o futuro do xornalismo. http://www.elplural.com/2016/04/25/el-futuro-del-periodismo

      Gústame

  8. Alonso Posada, Fabián – S1B4

    Hola Ana, boa reflexión sobre o asunto que tratache. O tempo convértese nun problema ético cando prefires o rápido ao correcto, a publicación inmediata, á lentitude das confirmacións. Isto ten que ver co manexo das fontes, unha das debilidades de Internet. O xornalista profesional cando incorpora ao seu arsenal as facilidades de Internet, sinte de inmediato o impacto da falta de fontes nos materiais que atope nas redes sociais. Por exemplo, aí case todo se afirma sen máis respaldo que a real ou presunta autoridade moral do titular da conta.
    O reto para o xornalista está en practicar as normas de sempre con toda a información que se recibe de Internet, as cales impoñen un exame das fontes que deben ser plurais, diversas, idóneas e independientes. Cabe recordar a Ramón Salaverría, coordinador do libro “Ciberperiodismo en Iberoamérica” sobre este tema: http://www.heraldo.es/noticias/ocio-cultura/2016/03/16/periodismo-digital-consumo-rapido-gourmet-modelos-divergentes-auge-821575-1361024.html

    Revisión editora: 26/04/16 18:00
    Revisión coordinador: 26/04/16 18:30
    Publicación: 26/04/16 19:15

    Gústame

    1. A inmediatez que provoca o xornalismo dixital está deformando pouco a pouco o xornalismo. É certo que, cando ocorre un feito importante, se publica unha noticia ao momento, pero despois téndese a afondar máis nos feitos e comezan a publicarse noticias máis completas. O problema é cando, por culpa da inmediatez, se cometen erros na información ou se crea o pánico pola falta de contextualización. Déixote o enlace dunha interesante entrevista ao periodista Lluís Foix na que afirma que o futuro da profesión é o xornalismo longo e explica que o impacto de internet provoca un xornalismo pouco reflexivo e precipitado: http://www.elplural.com/2016/04/25/el-futuro-del-periodismo

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s