Manual de boa praxe xornalística en noticias LGTBI

Fotografía de Marco Fieber

Ana Lemos Alonso (S2B2)

Nas sociedades occidentais de hogano, os xornalistas atópanse con relativa normalidade sucesos aos que están viculados persoas pertencentes ao colectivo LGTBI. Emporiso, enfróntase a un tratamento da información á que moitos non están acostumados. Moitas veces, o descoñecemento de, por exemplo, certo léxico, dá lugar a noticias discriminatorias ou denigrantes para este colectivo. E é que a linguaxe non é só a nosa aliada, tamén é a nosa peor enemiga.

A continuación, unha lista de catro recomendacións que poderán guiar aos xornalistas á hora de redactar noticias que estén involucradas con esta comunidade.

Ser LGTBI non é triste

O enfoque que se lle dá moitas veces ás noticias das saídas de armario de gais, lesbianas ou bisexuais é negativo. Tendemos a contar o mal que reaccionaron os seus seres queridos, canto lle custou a esa persoa admitir a súa sexualidade…

Olvidamos que esa persoa ten, por exemplo, un traballo que desenvolve con profesionalidade e que merece ser recoñecida. E que merece ser tratada con positividade.

Non esquecer o diccionario

Unha característica moi concreta da comunidade LGTBI é o léxico no que se move. Se estamos a informar sobre eles, o mellor é ter a man un glosario de termos que nos oriente na escolla da palabra que mellor defina o que queremos plasmar.

Por suposto, e en relación coa linguaxe, evitar sempre calificativos pexorativos como poden ser “maricón”, palabras que non deberían existir nos medios.

Sobre a transexualidade

Sen dúbida algunha, as persoas trans son a asignatura pendente dos medios de comunicación. Algúns apuntamentos para o tratamento informativo da transexualidade:

  • Non naceron nun corpo que non é o deles ou nun corpo equivocado. Cada un ten o seu corpo e cómpre amalo sexa como sexa.
  • Non é necesario coñecer o nome anterior da persoa transexual. Expoñelo nun medio é crear morbosidade innecesaria (premer para ter unha idea de mala praxe)
  • Non se cambia de sexo: reasígnase. Este erro é moi común nos medios.

Ante a dúbida: persoa

Se non é necesario, o mellor é deixar os calificativos fóra. Se por exemplo falamos dunha persoa transexual que está involucrada nun accidente, o máis seguro é que a súa transexualidade non teña nada que ver co suceso. Polo tanto, ese dato carece de relevancia informativa e debería quedar fóra da redacción final da noticia.

Sen embargo, se estamos a falar dun feito no que esa adxectivación é necesaria, o mellor é dicir “persoa homosexual”, “persoa transexual”, “persoa bisexual”… persoa sempre debe ir diante. Este “truco” serve non só para o tratamento informativo deste colectivo, senón que se extende a moitas outras minorías: “persoa con discapacidade”, “persoa cega”…

Revisión da editora: 24/04/2016 ás 22:15

Revisión GBO: 25/04/2016 ás 11:30 e segunda revisión 25/04/2016 ás 12:37

Publicado: 25/04/2016 ás 12:25

Advertisements

8 comentarios en “Manual de boa praxe xornalística en noticias LGTBI

  1. Ola Ana.
    A idea de facer esta serie de recomendacións para tratar as novas relacionadas co LGTBI paréceme necesaria. Pensar que tiñamos que facer isto para guiar aos xornalistas cara unha mellor redacción… pero sí que é certo que non se están a facer ben as cousas. Falta, como en outros moitos casos, formación e información. E eu non me exclúo nisto. O teu artigo, supoño que así o pretendes, fíxome ampliar o meu coñecemento sobre o LGTBI. Non sabía, por exemplo, que non podía dicir cambio de sexo, senón que debo utilizar o termo “reasignación”. http://elpais.com/elpais/2016/04/04/estilo/1459770787_752513.html Xa ves que non era o único. E é que quizáis falte comunicación entre ambos. Comunicación entre o colectivo do LGTBI e a prensa. Nesta nova podemos ler no titular que usan o termo “cambio de sexo”. Seguramente sen maldade algunha, pero resulta ser un calificativo pexorativo.
    En canto ao uso do léxico eu creo que fai falla un avance e mellora non xa no xornalismo, senón nun ámbito máis global. Que palabras como “gai”ou “marica” se usen como insulto é unha mostra do atraso social que vivimos. Como vas tratar de meterte con alguén dicindo que lle gusta unha persoa do seu mesmo sexo? É absurdo.
    Nesta nova http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/11/actualidad/1460381700_417492.html?id_externo_rsoc=TW_CM onde o cantante Bryan Adams cancelou un concerto no sur dos Estados Unidos polas súas leis discriminatorias contra a comunidade, vemos varios erros comúns na redacción do artigo. Aparece o calificativo e non primeiro a palabra “persoa”, como reclamas na túa derradeira recomendación. Logo, no desenrolo da nova, en varias ocasións confunde as siglas de lugar. As veces pon LGTB e outras LGBT. Ademáis non ten cabida a letra I de intersexuais.
    Todo isto non podemos saber se faise a propósito ou por simple descoñecemento. Pode que ao confundir as letras de lugar, fora un erro nos dedos á hora de redactar. Sexa como sexa, unha cousa ou outra, o importante debe ser facer chegar este tipo de recomendacións aos xornalistas para que sexan conscientes, posteriormente as apliquen e finalmente podamos gozar dunha mellora na calidade das novas relacionadas con esta comunidade.
    Un saúdo.
    Revisión do editor: 12:10
    Revisión da coordinadora: 12:49
    Publicación: 13:23

    Gústame

    1. Boas, Carlos

      Grazas pola túa lectura! No teu comentario tratas dous aspectos sobre os que me gustaría ampliar.

      O primeiro, o tema do léxico. Estamos ante unha expansión do nosos vocabulario e é completamente normal non coñecer estes termos ao menos que os busques a propósito. Na cotidianidade informativa, téndense a redactar as noticias rapidamente para estar o antes posible á disposición do lector, así que naturalmente dubido que os xornalistas empreguen estes termos erróneos coa finalidade de, digamos “ofender”. A non ser que a liña editorial así o esixa, está claro.

      En canto ás siglas, podería extenderme, pero limitareime a deixar o enlace a unha publicación da miña compañeira Inés Martínez, que trata ese tema no seu artigo. Podes acceder a él neste enlace: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/lgbti-moito-mais-que-unhas-siglas/

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 14:53

      Gústame

  2. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    Boas tardes Ana! Tal e como apuntas, hai que tener un coidado especial no léxico á hora de tratar ó colectivo transxénero nos medios. De todas as formas de discriminación contra o colectivo LGTBI, a transfobia sexa probablemente a máis extendida, froito principalmente da ignorancia e os prexuízos contra as persoas transxénero.

    De feito, nos medios é tremendamente común que se use a palabra travesti, que se refire a alguén que se viste de forma asociada socialmente ó sexo oposto, sen ningunha relación co proceso de reasignación sexual, en vez do termo correcto, transxénero. Ademais, non so se usa mal, senon que adoita aparecer nos medios en casos de delincuencia e marxinalidade onde en absoluto é necesario aportar ningún dato sobre o xénero ou a sexualidade do individuo. Así, os medios xeneralizan e criminalizan a un colectivo perpetuando os prexuízos contra eles, coma se pode apreciar en noticias coma esta: http://www.diariosur.es/malaga-capital/201601/25/detenido-relacion-muerte-esta-20160124230713.html, ou esta: http://www.laopiniondemalaga.es/marbella/2015/11/27/detenido-travesti-pasear-puerto-banus/811828.html. Por razóns coma estas é esencial que sigamos pautas coma as que ti propós, pois o linguaxe empregado é esencial para tumbar os prexuízos e conseguir a igualdade

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 21:19

    Gústame

    1. Boas, Jacobo!

      Grazas polo teu comentario. O primeiro de todo, sinalar que é curioso que as noticias que presentas son bastante similares, pois dalgunha maneira, o feito de que exerzan a prostitución e de que sexan travestis ou transexuais (carecemos de datos para afirmar cal das dúas identidades se axusta a estas persoas), non me parece, persoalmente, que teña interese informativo. Ademais, volven a pecar do último punto deste pequeño manual: “el travesti”. Esta persoa foi reducida a unha simple sustantivización dunha parte dela.

      Pero o que máis me chama a atención, reincido, é niso de que “estaban a exercer a prostitución” como dato relevante da noticia. En todo caso, o grupo S1B está a tratar este tema, así que non está de máis botar unha ollada ás súas publicacións. Podes coñecelos aquí: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/s1b/

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 10:30

      Gústame

  3. Ola Ana, paréceme interesante este manual rápido sobre como enfocar o tratamento informativo de persoas pertencentes ao colectivo LGTBI, non leva nin cinco minutos lelo e a súa utilidade é evidente, pois poñelo en práctica eficazmente evitaría a execución de colosais errores deontolóxicos no mundo do xornalismo.

    En liñas xerais, é cuestión de aplicar o sentido común e ter certa sensibilidade á hora de tratar temas que conteñan información relativa a colectivos minoritarios que todavía non son totalmente aceptados na sociedade. Claro que aplicar o sentido común pode soar moi sinxelo, pero na praxe temos exemplo clarividentes de que non o é tanto.

    Sen embargo, como digo, calquera xornalista que faga correctamente o seu traballo vai facer un tratamento informativo coherente. De feito, teño a sensación de que, cando se realiza un enfoque erróneo ou se utilizan termos pexorativos, faise de forma intencionada, co obxectivo de crear polémica ou de botar leña ao lume, porque actualmente todo o xornalista é consciente –ou debería selo– da necesidade de desempeñar a súa labor profesional dende a tolerancia e o respecto.

    Déixovos un folleto da American Psychological Association, no cal se dan resposta a varias preguntas que poden xurdir no tocante ao colectivo trans (https://www.apa.org/topics/lgbt/brochure-personas-trans.pdf).

    Gústame

    1. Bo día, Aarón!

      Primeiro de todo, grazas polo cumprido. Pero é que hai unha cousa da que fas alarde que eu considero obvia: sentido común. Si, claro, é moi doado dicilo. Facelo xa…
      A min gústame pensar que os termos pexorativos que van nas noticias non son empregados de forma intencionada e úsanse en pleno descoñecemento de que as palabras que estás a usar poden ferir. O único argumento que teño para defendelo (liñas editoriais aparte) é que a sociedade non muda de un día para outro, e adquirir consciencia e aceptación sobre o colectivo LGTBI vai levar moito tempo. Pero por algo hai que comezar, non?
      E falando de aceptación, sabías que España é o país máis tolerante co colectivo LGTBI? Falo diso e dalgunhas cousiñas máis no meu primeiro artigo neste Observatorio. Anímote a botarlle unha ollada: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/10/contexto-e-situacion-do-colectivo-lgtbi/

      E por certo, moi bo artigo o que adxuntas. Sen dúbida, é un grande traballo o que se levou a cabo para realizalo.

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 10:33

      Gústame

  4. Alonso Posada, Fabián – S1B4

    Hola Ana, parto dun principio que, aínda que para min é básico, os propios medios de comunicación adoitan negar, e é que a información nunca é obxectiva. Dende o momento en que utilizamos a linguaxe, selecionamos palabras, noticias, formas de expresarnos, seciones, estamos utilizando criterios subxectivos, con orzamentos, con ideoloxía. O mellor que podemos facer é pór isto encima da mesa, e incluso pór a nosa propia posición tamén. Neste sentido o primero que hai que dicir é que os medios de comunicación non son meros “transmisores de información”, non se dedican só a “contar a realidade, informar”
    Neste marco é onde cobra sentido un análise sobre os medios de comunicación en relación aos gays e as lesbianas. O primerio que nos chama a atención ao ver a televisión, escoitar a radio ou ler a prensa é que o punto de vista é sempre heterosexual. Isto é importante porque é o máis difícil de percibir, é un punto de vista tan arraigado e tan xeralizado que sinxelamente non se ve.
    Partimos dun marco social onde existe homofobia, onde a integridade de gays e lesbianas vése ameazada a menudo, onde se vive con medo. A partires disto, podemos ver a responsabilidade que teñen os medios de comunicación na consolidación da homofobia ou no contrario, e tamén podemos ver que tipo de representación ofrecen dos gays e lesbianas, porque van ser esas representacións as que van a influír nas nosas vidas. Ser capaces de producir as nosas propias formas de identidade e de vida, variadas, subversivas, que disolvan esos estereotipos que nos intentan ceñir en categorías de conducta ou de moda. Esa si é unha responsabilidade dos gays e das lesbianas, e neste sentido reivindico precisamente romper coa normalidade, utilizar o lugar de exclusión que nos atribuíron como unha ferramenta para cuestionar a orde social. Resulta moi interesante a síntese que fixo un alumno da Universidade de Sevilla sobre a relación da homosexualidade na prensa: http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/viewFile/43472/41120

    Revisión editora: 26/04/16 18:00
    Revisión coordinador: 26/04/16 18:30
    Publicación: 26/04/16 19:13

    Gústame

    1. Boas, Fabián

      É tal e como dis. Parece que a “normalidade” ven resultando ser a heterosexualidade, cando non o é necesariamente. E aínda no remoto caso de que así fora, resulta para nada respectuoso para o resto de condutas sexuais non chamalas “normais”. Polo menos, no sentido mediático.
      Adxúntoche este enlace https://heterogen.wordpress.com/2008/11/29/heterosexualidad-lo-normal/ que fala sobre a heterosexualidade e o seu tratamento social como a “orientación normal”.

      Tal e como ti conclúes, eu conclúo: “reivindico romper coa normalidade”.

      Un saúdo e grazas!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s