O código ético do xornalismo e a prostitución

Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

ultima foto
Imaxe obtida de: Flickr

Durante as últimas clases traballamos nun código ético renovado, xa que o vemos necesario para poder evolucionar cara un novo xornalismo de calidade no que se lle dea espazo aos grupos de atención social prioritaria. Actualmente, os medios de comunicación teñen o seu propio código deontolóxico, mais no caso da prostitución, está obsoleto ou mal construído. Para a publicación de novas que falen deste colectivo, é necesario realizar unha serie de cambios para que a xente ao lelas non constrúa estereotipos sobre o tema, e as afectadas teñan acceso aos medios.

Os medios, a miúdo publican novas sobre a prostitución sen ofrecer aos lectores unha contextualización, unha pequena aclaración da situación na que tiveron lugar para que os lectores comprendan en que situacións se producen os feitos. O meu grupo, S1B, defendeu na clase que para poder escribir novas sobre a prostitución, é necesario documentarse para informar ben aos receptores sen crear estereotipos. Os códigos deontolóxicos dos medios actuais son insuficientes, están mal construídos ou obsoletos, polo que se deberían actualizar. Para darlle voz aos grupos minoritarios, ademais de engadir a contextualización da que falabamos, tamén é necesario que non se trate a prostitución como cifras, que non se posicione o xornalista e que exprese as causas e consecuencias que poden ter eses feitos. Se nos referimos aos medios galegos, libros de estilo como o de La Voz de Galicia, non fan mención ao tratamento da prostitución entre as súas liñas, algo que é moi grave, pero si que o fan, por exemplo, cos menores e enfermos de saúde mental. Con estes colectivos establécese protexer baixo calquera situación e aínda así, nalgunhas ocasións non o cumpren, como podemos observar nesta noticia na cal aparece a opinión do autor. Un dos códigos deontolóxicos que máis se pode achegar ao que buscamos sería ‘El tratamiento de la prostitución y la trata con fines de explotación sexual en los medios de comunicación’,  ignorado en numerosas ocasións polos medios.

As membros do noso círculo de aprendizaxe comentábannos que a maioría da xente relaciona o seu oficio coa violencia, as drogas e a ilegalidade por culpa das novas. Con noticias como ‘Detenidas nueve prostitutas por drogar y robar a clientes’ tan só se crea unha imaxe delas que non é certa, xa que fala de cifras e das diferentes procedencias das traballadoras, algo que consideran racista e sexista, facendo alusión aos nosos indicadores. Segundo o que se dixo na clase, cremos que as noticias sobre prostitución están incompletas, posto que a  xente sen a documentación necesaria sobre o tema, necesitaría polo menos un parágrafo no que se expliquen os antecedentes, a problemática do colectivo e a historia. O xornalismo actual ten ese erro, non conta o previo nin o posterior aos feitos, só o presente.

Ademais, as mulleres do noso círculo defenden que deben publicarse as noticias en lugares visibles, non nas esquinas das últimas páxinas, mesmo chegando a ocupar en algunha ocasión unha zona da portada. Afirman que os medios ás veces inventan o que non saben, e por suposto non amosan as causas e consecuencias dos feitos. No xornal Praza Pública case non se atopan noticias sobre a prostitución, en La Voz de Galicia, publican noticias, pero se escollemos algunha, como por exemplo, ‘Una familia acepta 18 meses de cárcel por traer a 7 sudamericanas a sus clubes de alterne’, podemos observar que se limitan a dar datos e a informar das penas para os implicados, mais non contextualizan nin  lle dan voz ás protagonistas.

É necesario que os xornalistas, como indica ‘La prostitución en los Mass-Media hoy’ informen con propiedade e cunha linguaxe adecuada ao tema, sen censura, e informando desde a realidade das propias mulleres afectadas. Deberíase deixar de ignorar o tema, deixando de tratalas como mulleres de segunda e facéndolle ver aos cidadáns a dura realidade á que se enfrontan as prostitutas día a día. Os medios deben denunciar a situacións destas, dándolle visibilidade para que a sociedade teña conciencia da problemática e se faga algo por mellorar a súa situación. Noticias nas que se fala sobre os servicios que realizan e o prezo, non aportan nada para a comprensión da problemática e crean certo rexeitamento cara o colectivo que estamos a tratar.

Durante as últimas clases de Comunicación Interpersoal, entre todos aportamos cuestións que consideramos fundamentais para un novo xornalismo no que os medios son os encargados de educar, formar e informar aos receptores das noticias. Eliminando estereotipos e, referíndonos a prostitución, amosando a problemática que ten, dándolle visibilidade e eliminando o rexeitamento da poboación cara a ela, que segundo as participantes do círculo, deberían facelo contando a realidade e centrándose nas historias persoais delas.

Referencias

El tratamiento de la prostitución en los medios. (20/02/2015). Federación de Sindicatos de Periodistas. Retrieved: 24 de abril de 2016 from http://www.fesp.org/index.php/noticias/item/6029-el-tratamiento-de-la-prostituci%C3%B3n-en-los-medios

Esta es la situación de la prostitución en España (21/04/2015). Europa Press. Retrieved: 24 de abril de 2016 from http://www.europapress.es/sociedad/noticia-situacion-prostitucion-espana-20150421141927.html

La situación de la prostitución en España (noviembre de 2014). Global Freedom Network. Retrieved: 24 de abril from http://www.globalfreedomnetwork.org/scelles-torres/

Resultados sobre prostitución. Faro de Vigo. Retrieved 24 de abril de 2016 from http://www.farodevigo.es/buscar/default.jsp?cx=partner-pub-8592438293566705%3A3607877501&cof=FORID%3A10%3BNB%3A1&ie=ISO-8859-15&q=prostituci%F3n&q1=prostituci%F3n&sa=

Resultados sobre prostitución. La Voz de Galicia. Retrieved 25 de abril de 2016 from http://www.lavozdegalicia.es/temas/prostitucion

Resultados sobre prostitución. Praza pública. Retrieved 25 de abril de 2016 from http://praza.gal/buscar/?q=prostitucion&area=&mes=&parte-mes=&novas=novas&editoriais=editoriais&opinions=opinions&blogs=blogs&xornalistas=xornalistas&ducias=ducias

Día: 25/04/16

Horarios de revisión e publicación:

Hora revisión da editora: 14:30

Hora revisión GBO: 15:00

Hora publicación: 15:45

Advertisements

9 comentarios en “O código ético do xornalismo e a prostitución

  1. S3A3 Rodríguez Arias, Icía

    Boas, Sheyla.

    Coincido totalmente no que ves a dicir no teu artigo. A contextualización paréceme vital para ofertar unha información completa e de calidade. Cando dis “que non se trate a prostitución como cifras”, gustaríame apuntar a que isto faise con moitos outros colectivos (e non por iso deixa de estar mal), pero como apuntas, polo menos é reflectido nos seus libros de estilo. Aínda así, penso que aínda que están “mal vistos” os prexuízos contra persoas que padezan algunha enfermidade, xa sexa física ou mental, non están tan mal vistos os prexuízos contra as persoas que exercen a prostitución. Ademais, gustaríame apuntar a que deberíamos, como estudantes de xornalismo, reflexionar sobre cal é o noso obxectivo ao facer unha noticia deste estilo.

    E paréceme tamén de especial importancia o que apuntas de non tratar a prostitución censurándoa. Penso que algo que non se coñece non se pode tratar, e moito menos solucionar ou mellorar a súa condición. Agardo que de cara ao futuro poidamos deixar de vendar os ollos ante as realidades que non son tan bonitas ou que implican unha dose extra de investigación e implicación.

    Un saúdo!

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

      Desgrazadamente o que estás a dicir é totalmente certo. A pesar de que noutros colectivos se se intenta protexer máis a imaxe dos afectados, nestes casos non o fan, e incluso as propias mulleres se poden chegar a sentir afectadas coas fotografías que aparecen acompañando ás noticias, como por exemplo nesta noticia: http://es.rfi.fr/americas/20160415-francia-multa-al-cliente-de-la-prostitucion Creo necesario reivindicar que a súa imaxe sexa tratada con coidado ao igual que a de outros grupos minoritarios e que se reflicta, por suposto, nos libros de estilo. Non se deberían censurar noticias sobre a prostitución ao igual que non se deberían censurar ningún tipo de informacións, xa que con isto o único que se consegue é crear eses estereotipos dos que falas e rexeitamento por parte da poboación cara a ese colectivo.
      Hora de revisión da editora: 16:30
      Hora de revisión coordinador:16:45
      Hora publicación: 17:00

      Gústame

  2. Alexandre Fernández Peón – S2C2

    En primeiro lugar, Sheyla, gustaríame agradecerche a publicación desta entrada, xa que amosas as taras máis importantes do xornalismo actual e as solucións máis recomendables a esta serie de problemas. Penso que tratar ás persoas como simples números non leva máis que á banalización dos acontecementos. No meu caso persoal, por exemplo, puiden comprobar que na meirande parte das noticias que atinxen os colectivos vulnerables non se acode ás experiencias dos propios actores, os que máis carga informativa poden aportar. O máis común nestes casos é botar man de fontes institucionais ou de informes ou estudos científicos e estatísticos porque é o método máis cómodo e, non obstante, o que menos se achega á verdadeira problemática.
    Ademais disto, vemos que o xornalismo non deixa de estigmatizar a aquelas persoas que pertencen a grupos vulnerables mediante o uso de determinadas expresións e formas nos artigos, o que leva á cidadanía a interiorizar e reproducir os estereotipos. Isto aparece reflectido no seguinte enlace (https://www.cibercorresponsales.org/pages/representaciones-y-estereotipos-en-los-medios) mais asociado, sobre todo, ós estereotipos vencellados á adolescencia.
    Se xuntamos estes dous aspectos, o de non dar a voz ós protagonistas e o de representar e estigmatizalos, veremos que así nunca poderemos chegar a coñecer a totalidade das perspectivas sobre os feitos.

    Un saúdo!

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

      Moitas grazas, Alexandre. Apoio a túa afirmación de que os números tan só banalizan os acontecementos e tamén defendo ao igual que ti que na maioría dos casos, os xornalistas nin se molestan en acudir ás fontes para indagar sobre os datos que van a publicar, xa que ao sacalos de fontes institucionais limítanse a escribir o que alí lles indican. Isto é unha cuestión moi grave, porque poden chegar a errar estes datos e pode ser que as mulleres afectadas se sintan humilladas ou mesmo a xente se cree unha imaxe delas que non é certa.

      Desde logo, está claro que non lle dan voz ao problema e é máis, tenden a invisibilizalo, pero se engadimos a maneira de tratar o tema, podemos ver que o fan dunha maneira fría e matemática, contando os feitos e esquecendo o tema aos poucos minutos. Desde logo, mentres se sigan publicando noticias como http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/12/14/tres-mil-prostitutas-trabajan-pisos-clubes-calles-provincia/0003_201512P14C1992.htm nas que parece que importa máis o lugar de traballo que a súa situación e a fotografía pode chegar a facerlle dano a algunha muller, podemos dicir que o xornalismo non está axudando moito no tratamento da prostitución.
      Un saúdo.
      Hora de revisión editora:16:30
      Hora de revisión coordinador:16;45
      Hora de publicación: 17:00

      Gústame

  3. Iciar Rubio Rodríguez S3D4
    Totalmente dacordo contigo Sheila, os medios publican constantemente artigos sobre a prostitución e as mulleres que a exercen sen ningún tipo de contextualización nin aclaracións sobre que sucedeu para que chegasen a esas situación ou para que se producirán determinados feitos.
    Existen organizacións que defenden os dereitos das traballadoras do sexo na prensa, como poder ser “Hetaira´´ http://www.colectivohetaira.org/web/documentos/251-tratamiento-de-la-prostitucion-en-los-medios-de-comunicacion.html, Hetaira naceu o 12 de marzo de 1995 e é unha iniciativa dun grupo de mulleres, as cales algunhas exercían a prostitución e outras non. Creouse a necesidade de construir unha organización para combatir a estigma social que recae sobre as prostitutas, defendelos seus dereitos a traballar tranquilas, organizarse, sindicarse, cotizar, denunciar agresións físicas, chantaxes, abusos de poder e favorecer a sua organización en defensa dos seus intereses como traballadoras. Como esta outros colectivos loitan todos os días para conseguir que os medios non damnifiquen o seus traballo. Por desgraza todavía lles queda moito camiño por recorrer.
    Temos de exemplo este artigo do xornal “El Mundo´´ no que fala das prostitutas coma se foran carne de vacuno. O seu titular o di todo, http://www.elmundo.es/internacional/2014/02/10/52f90c30e2704efd308b457f.html.
    En definitiva, como ben dis no texto, aos medios todavía lles queda moito que mellorar e moitos ámbitos que modificar como o seu código deontolóxico onde non implican temas como a prostitución que dende o meu punto de vista paréceme tan importante coma moitos outros.

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, S1B5

      Moitas grazas pola información e o enlace sobre a organización ‘Hetaira’, algo sen dúbida moi interesante e que pode servir de axuda nas pescudas sobre a prostitución e os medios nun futuro. Está moi ben que existan asociacións deste tipo porque gústenos ou non, o mundo da prostitución é un traballo, é un grupo rexeitado pola poboación que necesita que alguén mire por el e esixa que non se vulneren os dereitos das traballadoras nos medios. Como ben dis, ao igual que en temas como a igualdade de xénero, á prostitución quédalle un longo camiño por percorrer, xa que na actualidade publícanse noticias como

      Mentres sigan aparecendo nos xornais noticias como esta, http://www.20minutos.es/noticia/2712202/0/prostitutas-asesinadas/espana-feminicidio/mujeres-extranjeras-jovenes/ , estaremos todos dacordo en que algo se está a facer mal na sociedade e que deberían moverse algo máis polo ben do colectivo.

      Hora de revisión da editora:16:30

      Hora de revisión do coordinador:16:45

      Hora de publicación:17:00

      Gústame

  4. Rodríguez Losada Adrián (S3D3)

    É un feito que os medios de comunicaicón españois están cada vez maís consumidos polos estereotipos, precisan dunha boa tranformación no seu estilo, e polo tanto tamén no seu código deontolóxico como ti ben apuntas.
    Paréceme doada a vosa aportación sobre este novo código que convertiría ao xornalismo, no que en verdade debería ser, e que poda lograr os obxectivos que debe ter, como a boa informacióne a eliminación dos estereotipos.
    As cifras son un recurso que moitos xornalistas empregan para minimizar tempo, e polo tempo acortar información, que por outro lado, en moitas ocasións son relevantes. Ben é certo que as cifras crean presión e notoriedade, e fai convencer a sociedade do dano ou no caso contrario, beneficio, que iso pode ter.

    Co que estou dacordo é ca contextualización de cada unha das novas nas que se falen desde colectivo, sen unha historia, sen un pasado non podemos ser quen de comprender cal é a verdadeira historia da que estamos a opinar.
    Os medios de comunicaicón deben sacar a luz maís casos de tarta de persoas e non esconder estos temas, para facer entendera soceiedade o trascendetal deste asunto.

    http://www.eltiempo.com/bogota/menores-eran-obligadas-a-ejercer-la-prostitucion-en-kennedy/16573229
    http://www.elperiodico.com/es/noticias/internacional/mujeres-sirias-huidas-guerra-caen-redes-prostitucion-libano-5081431

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5
      Boas tardes, Adrián. Desde logo que usan as cifras para minimizar tempo e acortar a información. Ás veces acortan tanto os feitos que non nos contan o realmente importante. Persoalmente, creo que as cifras fan que a poboación desconecten do que están a ler, e que a pesar de que son importantes, non digo que non, é importante engadir esa contextualización que mencionas e que traballamos nas clases.
      Tal e como indicas, o tema da trata de persoas con fins de explotación sexual é un tema de actualidade que pasa por alto ante os ollos das persoas, cando é un problema de todos e que sucede todos os días. Déixoche un enlace que pode ser do teu interés no que podes informarte un pouco máis sobre a trata:http://www.monografias.com/trabajos98/trata-personas-con-fines-explotacion-sexual-comercial-nicaragua/trata-personas-con-fines-explotacion-sexual-comercial-nicaragua.shtml
      Hora de revisión da editora: 19:20
      Hora de revisión do coordinador:19:30
      Publicación: 19:37

      Gústame

  5. Figueroa Torres, Iria – S2A1

    Moitísimas grazas a ti polo teu artigo, Sheyla, e ao teu grupo polo interesante e necesario tema que escollistes.
    Coincido plenamente convosco en que cómpre anovar o código ético do xornalismo no que á prostitución respecta, porque efectivamente as novas que nos atopamos sobre o tema adoitan estar inzadas de prexuízos e de estereotipos.

    Por outra banda, quería pór o foco no feito de que, en moitos aspectos (que non en todos) os medios de comunicación son un reflexo dos propios estereotipos e das propias categorizacións que predominan na sociedade en torno a un determinado tema. Neste caso, coido que é así. O mal tratamento informativo que recibe a prostitución por parte dos medios é un reflexo do nulo interese por afondar no tema e da nula preocupación por xulgarmos con coñecemento de causa que impera na sociedade.
    Por iso, sen deixar por suposto de lado a mencionada anovación do código ético xornalístico en torno á prostitución, coido que é tamén fundamental que fagamos por pouco a pouco concienciar a sociedade sobre a realidade agochada tras todos os prexuízos e os estereotipos que se nos venden sobre a prostitución.
    Para esta concienciación (que comeza por un mesmo para despois espallala cara aos demais) recomendo a lectura das varias entrevistas que existen á prostituta galega Montse Neira, coma esta de “El Retroceso”: http://elretroceso.eu/entrevista-montse-neira-o-noso-unico-pecado-e-querer-deixar-de-ser-pobres. Montse Neira tamén ten impartido palestras sobre prostitución, que resultan especialmente interesantes se un ten a oportunidade de acudir a unha.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s