O tratamento dos excluídos sociais nos medios de comunicación

Carrera Álvarez,Jesús- S1E3

jeuss

Imaxe recuperada de Forodefotos.com

Os profesionais das políticas sociais incorporaron o termo “exclusión social” para referirse a unha boa parte da poboación obxecto das súas atencións. Expoñer o pensamento dende o compromiso social con situacións e persoas en exclusión, diríxenos a analizar os factores que a provocan e os impactos que deixa.

A exclusión social é un tema grave e dramático que afecta a moitas persoas. España é o país que menos diñeiro aporta ás prestacións para as familias e a infancia. Sé se compara a situación da infancia coa doutros colectivos tradicionalmente vulnerables como os maiores,os resultados son máis destacables.Mentres que os primeiros ven como a súa situación se deteriora, os maiores ven como a súa mellora. Nos últimos anos,os riscos de pobreza desprazáronse dos maiores cara os mozos.

A exclusión á que nos referimos é froito do sistema, tradicionalmente identificouse coa pobreza severa pero, reducida ao ámbito económico, hoxe este concepto se amplía e a partir del a nosa sociedade comeza a tomar conciencia de si mesma e das súas propias disfuncións.O problema non reside tan só nas disparidades entre os máis favorecidos e os máis desfavorecidos da escala social, senón tamén nas que existen entre quenes teñen un lugar na sociedade e os que están excluídos dela.A Cruz Vermella, durante o 2015 en Galicia,atendeu a 1258 persoas sen fogar.Con estes datos a entidade social explica que os perfís sociodemográficos dos sinteito son cada vez máis diversos.O perfil responde a persoas de nacionalidade española, sen estudos ou con estudos primarios, solteiro ou separado, que carece de calquera tipo de ingreso ou en situación de desemprego. Ademais deste perfil, as entidades sociais advirten que cada vez hai máis persoas con estudos universitarios que se ven abocadas a durmir na rúa: “Ata temos casos con niveis formativos altos ou superiores, como licenciados. Tamén se están dando casos de persoas que se quedan na rúa a partir dos 50 anos.”

Todos aqueles que por decreto do poder económico son declarados poboación sobrante como, por exemplo,os sen teito, parados, desempregados, empregados precarios, sen escola, fracaso escolar, encarcerados, tráfico sexual, violencia doméstica, drogas…Existe tamén poboación en exclusión social polo seu sexo, etnia ou idade como son os inmigrantes, refuxiados, exiliados, doentes crónicas, mulleres e infancia maltratada… un gran número de persoas na nosa sociedade dos que se sabe da súa existencia pero aos que non se axuda.

A maioría dos medios de comunicación, fanse eco da situación crítica da pobreza, pero non lle dan o suficiente empuxe a tal tremenda situación. Co pretexto da crise, redúcense gastos e xustamente quenes sofren eses recortes son os máis débiles, aos que non se lle da a visibilización suficiente nos medios.Cada vez hai máis menores pobres, un de cada tres viven por baixo do limiar da pobreza e aumenta a posibilidade que esa pobreza se faga crónica, terminando como excluídos mentres que os gobernos ven para outro lado. Este é o caso por exemplo de Arxentina, os medios critican a pobreza que tapan as estatísticas realizadas polo goberno denunciado polo xornal A Nación, afirmando que a intención é esconder o número de pobres.

Outro caso é o de Bolivia. Máis de 6500 nenos están obrigados a traballar nas minas de Potosí en condicións insoportables nos centros mineiros que rodean a cidade. Estes nenos traballan dez horas diarias por dous anacos de pan e auga, explotados laboralmente por catro dólares ao día. O curioso é que ese goberno aprobou unha norma que aproba o traballo infantil, afirmando o seu presidente: “Eliminar o traballo infantil é eliminar a conciencia social” . Bolivia é uns dos países que asinou o convenio sobre o traballo que a idade mínima é de 14 anos.

Parece quedar claro que a pobreza en xeral, e a infantil en particular, son temas informativos, unha das temáticas que forman parte do xornalismo social. A natureza destes temas esixe a este tipo de xornalismo un tratamento profundo e responsable a través dunha contextualización que contribúa a unha adecuada compresión e a creación dunha conciencia cidadana consecuente, crítica e activa.

Volvendo a noso país, un caso non moi afastado é a denuncia que fixo a policía local de Salamanca que, segundo confirman ao xornal La Meseta, todos os días reciben unha orde verbal por parte do xefe para evitar que mendigos estean polas rúas de Salamanca, onde os obrigan a actuar baixo a orde do bando ditado pola alcaldía sobre mendicidade e menores. A sociedade non os acepta e criminalizaos pola mera falta de recursos e por non dar unha boa imaxe nas rúas. Os estados están obrigados a protección dos nenos en risco de exclusión social. Son coñecedores da súa situación pero non aplican ningún tipo de leis. Os nenos soldados, os refuxiados, sen escolarizar, os que viven na rúa… están destinados á exclusión se non se fai nada por axudalos e os medios de comunicación deberiamos ser os primeiros en visibilizar a súa situación para que se tomen medidas para axudalos.

 Referencias:

-Costa, S. (2016, 04). Los sintecho: hombres de mediana edad y cada vez con más estudios.La Voz de Galicia. Obtenido 04, 2016, de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/18/sintecho-hombres-mediana-edad-vez-estudios/0003_201604G18P9993.htm

Ennis, B. (2015, 07). Pobreza e indigencia: ¿Qué oculta la crítica de los medios del atraso y la exclusión?.Info.news. Obtenido 04, 2016, de http://www.infonews.com/nota/235009/pobreza-e-indigencia-que-oculta-la-critica

Estefanía, J. (2016, 04). El cepo social: de los mayores a los jóvenes.El País. Obtenido 04, 2016, de http://economia.elpais.com/economia/2016/04/17/actualidad/1460889825_250673.html

Lanza, O. (2014, 07). El Gobierno de Bolivia aprueba la norma que permite el trabajo infantil desde los 10 años.Nueva Tribuna. Obtenido 04, 2016, de http://www.nuevatribuna.es/articulo/america-latina/bolivia-aprueba-norma-permite-trabajo-infantil/20140721164502105334.html

Sánchez, C. (2015, 05). Policías locales de Salamanca denuncian que reciben a diario una orden para retirar de las calles a los mendigos. El Diario. Obtenido 04, 2016, de http://www.eldiario.es/meseta/policias-locales-Salamanca-retirar-mendigos_6_388871138.html

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 21/04/2016-17:00

Revisión do GBO: 21/04/2016-17:30

Hora de rexeitamento:

              1º Rexeitamento:21/04/2016-17:35

               2º Rexeitamento:22/04/2016-19:00

Hora de envío da versión final: 25/04/2016-11:00

Publicación:25/04/2016-13:10

Advertisements

6 comentarios en “O tratamento dos excluídos sociais nos medios de comunicación

  1. García Vegas, Cintia (S2D2)

    Alégrome que trates este tema, Jesús! O meu grupo (S2D) levamos investigando no tratamento que se fai del nos medios de comunicación durante estes últimos catro meses e compartimos moitas das conclusións que expós no teu artigo. As persoas en risgo de exclusión, nunha situación de precariedade ou mesmo de pobreza extrema, non teñen voz dentro dos medios. A súa realidade, o seu día a día, non aparecen nas páxinas nun xornal xa que non venden. O único que pode aparecer (e dando grazas) son os resultados dunha enquisa ou dunha observación, onde as persoas son tratadas como meras cifras. Ademais, as informaciós relacionadas con este colectivo sempre están descontextualizadas, deshumanizadas, creando así un sentimento de rechazo por parte da sociedade ó presentar a estes individuos como xente perigosa. Non se conta o por qué estas persoas se atopan nesta situación, ó igual que tampouco se presentan posibles solucións ó problema (un problema que se agrava nas nosas cidades día tras día). Por qué? porque nin sequera se ten contacto cos principais afectados; sendo esta unha das principais trabas coa que nos atopamos dende o inicio da nosa investigación.

    Déixoche os links ás nosas conclusións sobre o tema, para que vexas máis pormenorizadamente a que me refiro: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/conclusion-s2d-pobreza-e-precariedade/
    Tamén che deixo o link a unha entrevista que puiden facer a unha das persoas sen recursos que adoitaba vivir no Toural: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/a-pobreza-son-moitas-cousas-pero-o-xornalista-reduce-o-seu-significado-a-unha/

    Espero que che interesen!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:26
    Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:18

    Gústame

    1. Carrera Álvarez, Jesús – S1E3
      (Respondo eu no seu lugar por problemas técnicos)

      Ola Cintia, supoño que foi unha investigación interesante, pero supoño que desde o principio a fin da mesma, non houbo moitas novidades e é unha mágoa, porque cada vez son máis os que están nesa situación. Quizá fai uns anos, estaban os que nunca tiveron nada, pero agora xa son de todo tipo, refírome ás persoas que tiñan o seu posto de traballo, con estudos medios ou superiores, a súa vivenda e un longo etc?,e por cuestións case incomprensibles, vense sen casa, sen traballo e na rúa, triste pero a realidade é esa e vosotr@s vivístela en primeira persoa.
      Segundo Anxo Dorrego, director de Cáritas as familias con fillos son as que máis sofren a pobreza, seis de cada dez casos. A idade tamén forma parte da pobreza, o 90% dos afectados está en idade laboral cunha idade entre os 30 a 55 anos, sen prestaciones de ningún tipo. Esa situación pola falta de ingresos, traballo, é sen dúbida a clave para a caída ao baleiro, que se traduce en deshaucios, ocupación de centros de pernocta, saturación de comedores sociais, etc?A situación de miseria que viven algunhas familias na actualidade, descoida a educación dos seus fillos para dar prioridad á alimentación, é todo unha cadea, que os Medios de Comunicación deben facer incapié e ser conscientes que este tipo de situación debe estar todos os días nas parrillas de noticias e non só cando se fan enquisas a nivel estatal ou das Comunidades Autónomas.

      Revisión do editor: 25/04/2016 16:40
      Revisión do GBO: 25/04/2016 17:30
      Publicación: 25/04/2016 18:03

      Gústame

  2. Villamel Baliñas, Tatiana S3D5
    Non cabe dúbida que España é un país no que a exclusión social e demasiado notoria. Os medios de comunicación ao igual que as persoas de a pé discriminan a aquela parte da sociedade que non consideran relevante nin importante para o resto. É todo unha serie de prexuízos, prexuízos que temos as persoas sobre outras que consideramos inferiores, e “prexuízos” que teñen os medios de comunicación ao considerar que é aquilo que lle vai interesar á sociedade, e que é aquilo polo que unha persoa non se pararía a ler o xornal. Debido ao alto grado de monopolio dos últimos anos prodúcense esas desigualdades, desigualdades que remiten á idea de poder como representante. Neste sentido, atopámonos ante un proceso de produción de desigualdades sociais, é dicir, a exclusión é a manifestación máis extrema de dita desigualdade.
    Quero resaltar as palabras do Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Mora: “Cuando se expone la situación de la realidad, dicen que desmoralizamos. No, lo que roba la esperanza es ver noticias como la de ayer, lo que quita la esperanza a la gente de que podemos cambiar el mundo es que cada uno tiene una bolsa cada vez más grande o igual cada vez más lejos, en los paraísos fiscales”, fala de noticias como as da corrupción á que está sometida España, políticos que chean os seus bolsillos con diñeiro público mentres miles de persoas están vivindo en situacións de pobreza extrema. http://www.publico.es/politica/detenido-francisco-granados-macrooperacion-corrupcion.html
    Estou de acordo contigo cando dis que os medios de comunicación deberían profundizar máis neste tema, son eles os encargados de chegar a meirande parte da poboación e, polo tanto, de dar unha información veraz e exhausta.
    Deixovos un enlace do Observatorio Europeo que loita contra a exclusión social para que observedes a situación que están vivindo os diferentes países: http://www.eurosur.org/epitelio/obs1-es.htm.es Así como o enlace do Observatorio Social de España, que se encargan de documentar e analizar as intervencións públicas que desenvolven os gobernos estatais, autonómicos e locais en materia do benestar social e a calidade de vida, establecendo comparacións tanto da situación de España con outros países da UE ou de contexto internacional: http://www.observatoriosocial.org/ose/pObservatorio.html
    En conclusión, a orixe da exclusión social reside no exercicio de poder dun grupo social contra outro. Dita exclusión é unha manifestación de desigualdades sociais, de feito, é a súa expresión máis extrema, sendo un fenómeno multidimensional, con diferentes tipos de exclusións que poden interactuar entre elas reforzando as dinámicas excluíntes. Polo tanto, a exclusión sería sinónimo de erosión da cidadanía social chegando a cuestionar así a súa función arquitectónica de lexitimización de desigualdades.

    Gústame

    1. Carrera Álvarez, Jesús – S1E3
      (Respondo eu no seu lugar por problemas técnicos)

      Ola Tatiana, estou de acordo contigo que a España, parece non importarlle moito a pobreza, somos o país que menos axudas económicas dá á infancia, o 36% dos nenos atópase en risco de pobreza ou exclusión social. O investimento público diminuíu 6.330 mill/? entre 2010 e 2013. Dun total de 41 países somos os sextos pero pola cola e as políticas públicas para facer fronte a esta situación son case inexistentes. Estou de acordo co Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Moura, que o que quita a esperanza é ver na tv., radio ou prensa ás cabezas visibles de gobernos, personaxes públicos, etc?, que din moito e fan pouco ? A Deus dando e co mazo dando?, mentres uns pasan calamidades outros se enchen os petos, e para máis inri, o goberno anuncia un recorte de 2.000mill/? pola presión de Bruxelas. Quen vai sufrir eses recortes?, pois está claro, os de sempre, pero segundo o Ministerio de Facenda, non afectará ao gasto social.
      Aquí é onde os Medios de Comunicación, organizacións non gobernamentais, Cáritas, etc?, teñen que estar continuamente falando dese tema. Poño un exemplo: O orzamento de Defensa do ano 2014 ao 2015, tivo un incremento dun 0,38% o que equivale a 55.808,23 mill/?, quero dicir con estes datos, que hai de onde recortar, ou así o vexo eu, Para axudar a erradicar gran parte da exclusión social e a pobreza.
      http://www.defensa.gob.es/Galerias/presupuestos/presupuesto-defensa-2015.pdf

      Revisión do editor: 25/04/2016 16:40
      Revisión do GBO: 25/04/2016 17:30
      Publicación: 25/04/2016 18:03

      Gústame

  3. Alonso Posada, Fabián – S1B4

    Boas tardes Jesús, nesta tarea, os medios de comunicación cumplen un rol fundamental. Estos deben ser aliados estratéxicos para influír na axenda social do país. Desta maneria, as prioridades e acións que dela se derivan incorporan visións plurais e prácticas colaborativas. Complementariamente, os “medios de comunicación” transmiten contidos e intencionan determinadas prácticas e conductas. Polo tanto, sendo esta unha das súas capacidades máis destacadas, potencialmente poden favorecer o exercicio de dereitos das persoas en situación de pobreza: Algunhas maneiras de facelo son informar correctamente sobre os diversos instrumentos, políticas, programas e servicios disponibles; permitir con isto o aceso de aquelas familias que requieren da complementación do Estado e dos seus pares da Sociedad Civil; visibilizar publicamente as boas prácticas en materia de superación de pobreza; construír imáxenes integrais e promocionais da pobreza, que dignifiquen ás persoas e catalicen a súa integración socio-cultural, e por último, facilitar o desenvolvemento de prácticas de monitoreo cidadán, cuxo obxectivo é perfecionar, mellorar e executar en tempos razonables as políticas e programas orientados á pobreza, que se comprometeron por parte dos múltiples actores.
    Aquí deixo un análise moi interesante para concienciarnos do drama social que está a ocorrer

    http://www.comunicacionypobreza.cl/conocenos/nuestra-mirada-sobre-la-pobreza/

    Revisión editora: 26/04/16 18:00
    Revisión coordinador: 26/04/16 18:30
    Publicación: 26/04/16 19:11

    Gústame

  4. Aguete Sancho, Gemma – S1C2

    Moi boas tardes Jesús! En primeiro lugar, grazas por tratar no teu artigo un dos temas máis preocupantes da sociedade actual. A nosa situación é moi preocupante. Os datos que aportas non son, nin de lonxe, os que eu e moita xente tiñamos na cabeza.

    Estas cifras son alarmantes, pero máis alarmante é que non nos botemos as mans á cabeza ante este tipo de novas:

    http://www.eldiario.es/sociedad/Caritas-denuncia-pobreza-hereda-Espana_0_502899985.html

    http://www.20minutos.es/noticia/2579829/0/arope/maximos-pobreza-espanoles/2014/

    A problemática da situación radica en que isto parece un feito normal, non é algo de estrañar. Estamos tan habituados a falar da pobreza do noso país que caemos na pasividade. Os medios xa non lle outorgan toda a relevancia que merecen e isto non favorece a súa situación. É necesario implantar un cambio na sociedade, e para iso o primeiro cambio está nas mentalidades, esas mentalidades que os medios teñen o poder de modificar.

    Un saúdo!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s