Reportaxe sobre o Valedor do Pobo

S3c2- Mara Senra Rivas

S3C5- Natalia Yáñez Vila

Imaxe destacada extraída da páxina do Valedor do Pobo

 

1. Como nace o Valedor do Pobo?

A figura orixinal é o Defensor del Pueblo, que nace en España o 28 de decembro de 1982 sendo escollido polas Cortes. A posibilidade de creación e organización dunha institución similar ao Defensor del Pueblo recóllese no Estatuto de Autonomía de Galicia, en concreto, no seu artigo 14. Fíxose efectiva a través da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.

É o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Con este fin e en xeral co obxecto de coñecer o pleno respecto á lei e o dereito, o Valedor do Pobo supervisará de oficio ou a instancia de parte (a través dunha queixa) a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como a da Administración local naquelas materias que sexan competencia da nosa Comunidade.

 

2. Quen designa ó Valedor do Pobo?

Aínda que o Valedor é definido no Estatuto do 1981, ata tres anos despois non se fai oficial esta figura e ata 1990 non é designado o primeiro.

O requirimento da maioría cualificada e a falta de acordo entre as forzas políticas ten provocado que algúns ocupantes do cargo estiveran máis tempo do que lles correspondía por lei. Foi xa o caso do primeiro, Xosé Cora Rodríguez, quen estivo 20 meses máis do que lle tocaba, e do segundo, que prorrogou o seu mandato un ano.

O Valedor é elixido polo Parlamento, previa proposta da comisión de Peticións da Cámara galega. Aínda que o candidato adoita chegar consensuado entre todos os partidos, non ocorreu así co primeiro. O 8 de maio de 1990, cando a comisión de Peticións debatía quen ía propoñer, o BNG formulou a candidatura de Isaac Díaz Pardo, rexeitada polos demais partidos. Pero uns días despois, presentou unha impugnación, logo rexeitada tamén, pero que atrasou a elección do primeiro Valedor ata a sesión plenaria de 1 de xuño de 1990.

As longas negociacións entre partidos fixeron que tamén se atrasaran as eleccións dos dous seguintes valedores.

3. Os diferentes Valedores do Pobo

De 1990 ata o 2002 o Valedor do Pobo foi Xosé Cora, quen chegaba do mundo da xustiza e xa ocupara diferentes postos como xuíz e como presidente do TSXG.

Foi substituído por Xosé Ramón Vázquez Sandes dende o 2002 ata o 2007, que ao igual que seu predecesor fora presidente no TSXG e xuíz durante anos.

No 2007 tomou o relevo Benigno López ata o 2012, que novamente proviña do ámbito xurídico.

José Julio Fernández chegaría á institución en 2012 ata agosto de 2015,tamén xurista galego.

Ó mes seguinte ocuparía a praza a actual Valedora do Pobo, Milagros Parga Otero, a primeira muller a cargo da institución, titulada en dereito e catedrática en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.

 

4. É o Valedor do Pobo unha soa persoa?

Aínda que a institución e a persoa con máis relevancia leven o mesmo nome, tras ela atopamos un equipo numeroso, o cal se move en diferentes ámbitos e coordínase para levar a cabo todas as tarefas. Actualmente o equipo do Valedor do Pobo é:

 

 

  • VALEDORA DO POBO: Milagros Otero Parga
  • ADXUNTO Á VALEDORA DO POBO: Pablo Cameselle Martínez
  • SECRETARIO XERAL: Fernando Luís de Andrés Alonso
  • COORDINACIÓN DE ÁREAS: Beatriz González Moreno

 

RESPONSABLES DE ÁREA

  • ÁREA  A: EMPREGO PÚBLICO E INTERIOR: Submaterias que leva: emprego público, seguridade cidadá, tráfico. Persoa responsable: Nuria Palmero Sande
  • ÁREA  B: URBANISMO: Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
  • ÁREA  C: MEDIO AMBIENTE: Persoa responsable: Fernando Luis de Andrés Alonso
  • ÁREA  D: EDUCACIÓN: Persoa responsable: Beatriz González Moreno
  • ÁREA  E: INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO: Submaterias que leva: industria, gas, defensa do consumidor, comercio e turismo. Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
  • ÁREA F: AGRICULTURA, GANDERÍA E PESCA: Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
  • ÁREA G: SERVIZOS SOCIAIS: Persoa responsable: Fernando Luís de Andrés Alonso
  • ÁREA H: EMIGRACIÓN E TRABALLO: Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
  • ÁREA I: SANIDADE: Persoa responsable: Nuria Palmero Sande
  • ÁREA K: XUSTIZA: Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
  • ÁREA L: ADMINISTRACIÓN ECONÓMICA E TRANSPORTES: Submaterias que leva: tributos, impostos, contribución territorial e transportes, bancos, seguros. Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
  • ÁREA M: OBRAS PÚBLICAS E EXPROPIACIÓNS: Submaterias que leva: estradas, portos, costas, expropiación forzosa. Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
  • ÁREA N: CORPORACIÓNS LOCAIS, SERVIZOS MUNICIPAIS E PROTECCIÓN CIVIL: Submaterias que leva: servizos municipais e dominio público municipal, protección civil. Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
  • ÁREA O: MENORES: Persoa responsable: Beatriz González Moreno
  • ÁREA P: CULTURA E POLÍTICA LINGÜÍSTICA: Persoa responsable: Beatriz González Moreno
  • ÁREA R: SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: Submaterias que leva: administración electrónica, protección de datos, medios de comunicación. Persoa responsable: Pablo Cameselle Martínez
  • ÁREA S: DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO: Persoa responsable: Pablo Cameselle Martínez
  • ÁREA T: TRANSPARENCIA: Persoa responsable: Pablo Cameselle Martínez
  • ÁREA U: VIVENDA E DESAFIUZAMENTOS: Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre

 

XEFA DO SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN E PERSOAL: María Puy FRaga

UNIDADE DE ASUNTOS ECONÓMICOS E RÉXIME INTERIOR: Juan Neiro Pulleiro

 

5. Como contactar co Valedor do Pobo

É posible poñerse en contacto coa institución a través da súa páxina web: http://www.valedordopobo.gal/es/  . As queixas pódense formular a través deste enlace, pero para aqueles que non manexen ben internet tamén teñen a opción de acudir ás instalacións que están na Rúa do Hórreo á altura do Parlamento de Galicia.

 

6. Portal de transparencia

Pódese acceder a gran cantidade de contidos de interese no seu portal de transparencia,  no cal constan os informes dos últimos anos en tódalas materias tratadas (dende o 2007 ao 2013, actualmente están elaborando o do 2014). Nestes documentos explícanse os casos que chegaron ás súas oficinas  e como se resolveron. Tamén facilitan contidos como monografías e informes extraordinario, o último é de xullo de 2015 ten por nome: “A situación das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Un análise dende o punto de vista do tecido asociativo” . Tamén teñen un apartado de noticias e boletíns informativos no que se fala sobre as achegas da institución.

http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/

http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/

 

7. Que actividades están realizando

Preparación da oficina da transparencia. Son o novo comisionado da transparencia en Galicia e están a traballar na creación da Comisión da Transparencia de Galicia, un órgano colexiado que presiden e que se encargará de garantir o acceso da cidadanía á información pública no marco das novas leis ao respecto.

Continúan coas xornadas de apertura aos concellos. A súa nova visita será a Pontevedra o día 11 de maio.

Sobre queixas, teñen temas moi variados. Están recibindo a persoas a diario para escoitar os seus problemas. As últimas visitas foron as de profesores acreditados para cátedra nas diferentes universidades, veciños de Cotobade e Cerdedo, que se opoñen á fusión dos seus municipios, etc.

Tamén seguen traballando arreo na área de non discriminación. Como logro nas últimas semanas conseguiron que o Sergas accedese a completar a operación de cambio de xénero dun galego que quedara sen facelo ao pecharse a unidade de referencia. Están dando trámite a outra queixa de características moi semellantes.

Continúan tamén coa súa actividade divulgativa de dereitos. As últimas charlas ao respecto protagonizadas pola valedora gardaron relación coa violencia de xénero por medio das redes sociais, a educación en igualdade ou os retos actuais dos dereitos humanos.

Data de emisión da publicación: 22/04/2016- 13:33

Data de revisión do editor: 22/04/2016- 15:43

Data de revisión do GBO: 23/04/2016- 18:35

Data de publicación: 25/04/2016- 14:48

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s