As persoas maiores dentro dos novos modelos familiares

Pombo Silva, Cristina (S3E1) e Tarrío Rodríguez, Eva (S3E3)

J26F5000.jpg

Foto de Tracy Friesen para La Voz de Galicia.

Ao falar do tema da familia, ao instante se pensa na clásica imaxe de pai, nai e fillos. Os avós sempre foron un factor importante nesta estrutura, un membro máis desta unidade que contaba cun papel específico. Pero os tempos están cambiando e, con eles, todo o que coñecíamos. Así que, nós cuestionámonos, nestas novas formas familiares (familias monoparentais, pais divorciados…) seguen sendo importantes os avós? Como afectan estes cambios ás persoas da terceira idade? Comezamos falando das persoas maiores en España e Galicia, a súa situación.

O envellecemento da poboación é un fenómeno a nivel mundial. España é un dos países máis lonxevos, e dentro do noso país encontrase a zona xeográfica máis envellecida do mundo: Galicia, un caso extremo de lonxevidade equiparable á Xapón.

Actualmente esta comunidade conta con 630.00 mil persoas maiores de 65 años, isto supón un 22,5% da poboación. En Galiza, a esperanza de vida é superior á media de España, con 78,2 años para los homes e  85,2 para as mulleres.

É verdade que estes datos preocupan, xa que unha poboación envellecida fai que non poidamos avanzar economicamente tanto como outras comunidades. Aínda que a crise económica que levamos arrastrando dende hai moitos anos afecta directamente a este aspecto, Galicia ten esta particularidade que fai que moitas máis persoas xoves teñan que traballar moito máis para saír adiante. Por outra banda, nestes anos difíciles, moitas persoas sen traballo se viron obrigados a vivir cos seus pais ou avós que tiveron que facerse cargo de familiares cunha pensión escasa. Porén, hai casos que funcionan á inversa; persoas maiores que non poden valerse por eles mesmos e necesitan vivir con as súas familias ou nalgunha residencia. Nestes casos a familia ten que facerse cargo deles ou pagarlles unha residencia, aspecto algo complicado tendo en conta a situación económica.

Os aspectos mencionados ata agora son as contras de ter unha poboación envellecida; pero non todo é negativo, xa que se viven tantos anos, é por que a calidade de vida que hai en Galicia ou a forma de vida que se leva é moito mellor que noutros lugares de España e do mundo.

Todos estes aspectos fan que as persoas maiores podan disfrutar tanto da vida como da súa familia. Nestes anos tan complicados podemos ver como un gran número de persoas maiores, os avós das familias, pasan moitas horas cos netos para que os pais poidan traballar e ter a alguén que coide dos nenos. Isto fai que a relación entre netos e avós fortalécese e teñan un vínculo moi especial. Dentro de esta relación, existen unhas vantaxes e unhas desvantaxes. Dependendo de como os avós se enfronten á situación, a relación pode ser de beneficio ou non para os nenos.  A idea de pedir axuda aos pais para a educación do teu fillo e moi cómoda e incluso tenra, pero hai que ter en conta algúns aspectos antes de pedilo: Como están de saúde? Poden coa responsabilidade de coidar ao teu fillo?… Hai moitos aspectos que coidar e pensar antes de tomar unha decisión tan importante.

Para comezar, unha vantaxe moi importante e que sucede na maioría dos casos e que os lazos familiares refórzanse moito, entre o neto e o avó pero tamén entre o pai e o seu pai. Ter a un familiar preto sempre fai que os nenos acudan a eles para pedir consello, contarlle as súas inquietudes ou compartir un secreto. Este é o lado bo da moeda, porén tamén ten algunha desvantaxe respecto á educación dos nenos.  Os avós tenden a “mimar” aos seus netos comprándolles xoguetes  ou doces. No caso de que isto ocorra, é aconsellable que se fale cos avós para que estes comprendan como se quere que os fillos sexan educados. Tamén pode haber unhas desvantaxes conflitivas onde os nenos se acostuman a estar cos seus avós que lles permiten facer cousas que ti, como pai, non lle permites. Estes casos crean un conflito na casa e pode que unha situación que resultaría negativa tanto para a educación do neno como para a situación familiar.

Sobre este tema, contamos coa a aportación dunha profesional do tema, unha psicóloga que afirma: “Está ben que os avós coiden do seus netos, sempre e cando poidan elixir. É inxusto que lles toque si o si. Por outro lado son moi bos compañeiros de xogos e coidados, pero sen abusar. Non lle podemos impoñer un horario de traballo a unha persoa de 70 anos. É como todo, na súa xusta medida. A eles tamén lles toca disfrutar da súa etapa da vida e estar con xente da súa idade ou viaxar”.

Hai opinións de todo tipo respecto a este tema, nesta noticia da Voz de Galicia podemos ver declaracións de avós falando da súa tarefa coidando aos nenos (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/12/14/abuelos-cuidan-nietos-ahorran-mil-millones-ano-padres-gallegos/0003_201412G14P32991.htm ).

Tamén temos outra noticia, do mesmo medio de comunicación, que mostra as desvantaxes das que falabamos antes. (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/07/24/cuidar-nietos-puede-pasar-factura-salud-abuelos/00031437734168570513334.htm ).

“Actualmente uno de cada cuatro abuelos cuida de sus nietos en España, y les dedican una media de siete horas diarias, dos más que la media europea, según datos de la Encuesta de Salud, Envejecimiento y Jubilación de Europa. Un exceso de tiempo compartido entre nietos y abuelos puede generar una situación de doble dependencia, que suele darse cuando la persona mayor necesita unos cuidados especiales debido a ciertas dolencias o limitaciones que no recibe por anteponer el cuidado de sus nietos al de su salud.”

Esta é unha cara da moeda, pero tamén encontramos a persoas maiores que xa non poden facerse cargo non dos fillos, senón de si mesmos. Isto é unha carga económica para a familia, tomando a decisión que tomen, metelo nun asilo ou residencia, ou coidalo eles mesmos na casa, é un gasto para as familias e tamén unha inversión de tempo e esforzo. Todos estes aspectos afectan directamente na familia e no seu entorno. Pódese ver algún exemplo nesta páxina online pertencente á Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (http://sgxx.org/prensa/ ). Neste link aparecen distintas noticias da prensa relacionada coas persoas maiores da sociedade.  Ademais buscando información puiden encontrar unha noticia relacionada con este tema. Neste caso o tema é algo máis tráxico, segundo a Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria o 5% das persoas maiores de 65 anos en Galicia sofren malos tratos. (http://www.abc.es/local-galicia/20150613/abci-mayores-gallegos-malos-tratos-201506131330.html ).  Nesta noticia podemos ver as desgrazas negativo que nalgúns casos ten que vivir as persoas máis maiores da sociedade. Sobre este tema tamén fai referencia a el algunhas noticias da asociación que mencionei antes, onde se exalta a diferenza entre como son tratadas as persoas maiores e como deberían ser tratadas.

Nestes temas, como ben dixen anteriormente, hai que ter en conta moitos aspectos. A saúde nesta situación ou neste entorno é algo imprescindible, e aínda máis tendo en conta das persoas que estamos falando e a etapa da súa vida. Ademais, cada corpo é un mundo. Xa que moitas persoas con 60 anos poden estar nunha situación perfecta de saúde pero outros moito peor. Tamén as condicións de vida que levaron algúns e outro, e sobre todo, no noso país, é moi distinta.

Por outra parte, antes a educación dos nenos era moi distinta á de hoxe. As costumes foron cambiando paulatinamente dende o anterior século. Así, os nosos avós, pensan totalmente distinto que nosos pais, e nós que eles. Antano, as persoas eran educadas dunha maneira moi distinta, e o respecto que lle tiñan  aos maiores antes, pouco a pouco foi perdéndose ata hoxe en día, que os nenos parecen non respectar algunhas bases importantes.

Como podemos observar, o papel das persoas maiores dentro do ámbito familiar segue sendo, practicamente, o mesmo que sempre foi. Pese aos cambios nos estereotipos familiares e as novas formas de educar aos nenos, os avós continúan tendo unha responsabilidade que non parece vaia a desaparecer co paso do tempo.  Como con todo, os cambios son inevitables, pero co envellecemento da poboación e a crise económica todo indica que as persoas maiores xamais van ser, nunha inmensa maioría dos casos, esquecidas dentro das familias. Por outra banda, tamén hai que pensar naqueles anciáns que non poden coidarse eles mesmos, nesta clase de situación, tal vez deberiamos plantexarnos devolverlles o favor e non esquecernos de que eles tamén son parte da familia, tratarlles coma se merecen, e coidalos coma coidaron de cada un de nós.

Advertisements

Un comentario en “As persoas maiores dentro dos novos modelos familiares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s