Entrevista a Ana Rosa, pedagoga terapéutica, sobre a accesibilidade nos adolescentes con discapacidade

17-12-22-12.admin.DSC_0497Fonte: centrojuanmaria.org

 

TABOADA GONÁLEZ, ÁNGELA -S3C3

Ana Rosa González García é diplomada en maxisterio e licenciada en Pedagoxía Terapéutica. Desde o ano 1989 traballa no Centro de Educación Especial Juan María. Nestes 25 anos pasaron polas súas aulas alumnos con todo tipo de discapacidades pero todos eles nun rango de idade de 15 a 20 anos. Noutras palabras: adolescentes. Por iso, Ana pódenos axudar a coñecer as distintas barreiras coas que se atopan á hora de integrarse na sociedade. Ir ao cine, saír de festa, coller un autobús, ir de compras… supoñen moitas veces unha odisea para os seus alumnos.

Boas tardes Ana. Para empezar gustaríame saber se, desde que empezaches a traballar ata agora, notaches unha melloría en materia de accesibilidade.

Boas tardes. A nivel arquitectónico sí, todo o mundo está moi concienciado e interesado en persoas con discapacidade física. Pero noutro niveis, non tanto, ou máis ben pouco. Cando alguén entra nun sitio é moi fácil saber se hai unha rampla ou unha escaleira, pero os carteis, os empregados… non teñen paciencia, tempo, capacidades nin actitudes.

Os teus alumnos son adolestes, polo que supoño que terán os intereses típicos da súa idade: música, moda, cinema… Con que barreiras atópanse cando queren acceder a iso?

Case todas. As súas familias considéranos nenos eternos e a xente da súa idade non conecta con eles. Teñen a idade cronolóxica pero non se acompaña da mesma madurez. Por exemplo, no caso de que un dos meus alumnos quixese ir ao fútbol, tería que coller un autobús ata Balaídos, pero atópase con que ningunha parada está ben indicada. Isto sería tan fácil de solucionar cun aviso por un altofalante.

Con respecto ás redes sociais, whastapp, facebook… Crees que interveñen de forma positiva nas súas vidas?

Creo que si, sempre que estean supervisados. Axúdalles a relacionarse e a estar en contacto coa súa familia e amigos cando o necesiten. Con todo, hai que ter en conta que os riscos que levan en calquera adolescente as redes, neles é maior dado a súa inocencia e confinza.

Crees que é esta inocencia a que provoca que sexa inusual ver a adolescentes con diversidade funcional nun local ou nunha festa?

Non, non creo que sexa por eles, é sobre todo polo temor das súas familias. Moitas veces venos desprotexidos ante unha sociedade que non sabe como actuar ante calquera problema ou dificultade que lles poida xurdir. A eles encantaríalles ir de festa, pero existen moitos riscos: alcol fronte a medicación, as luces das discotecas e os epilépticos, etc. Se calquera pai é protector cando toca deixar saír de noite aos seus fillos, cando este ten unhas características especiais a preocupación é maior.

Cambiando un pouco de tema, como son as relacións sentimentais entre eles? Porque non podemos esquecer que fisicamente o seu desenvolvemento hormonal é exactamente igual que o dos demais.

Pois… son… diferentes. Non teñen barreiras, non se cortan, non existen eses pudores típicos dos adolescentes. Podería dicir que, coas súas diferenzas, son máis propensos a expresarse e manter relacións entre eles. O cal, ás veces, é un problema, porque a súa propia inocencia non ve máis aló, non ve cara ao futuro ou non pensa nas consecuencias. Neste caso si que é moi importante a protección de pais ou persoas ao seu cargo.

Xa para terminar coa entrevista, interesaríame saber que posibilidades ou opcións teñen para o seu futur, porque polo que sé, con vinte anos acábase a súa etapa escolar. E logo que?

Se para unha persoa “normal e corrente”, con veintemil carreiras e veintemil másteres é difíceil atopar un traballo, imaxínache para os que terminan sen ningún título. Desde logo teñen ilusión, o que non quere ser bailarín, quere ser profesor, cantante ou futbolista. Tamén están os que queren ser mecánicos ou traballar nun supermercado. Sexa o que sexa, é moi complicado, complicadísimo. Necesitan un preparador laboral, unha empresa disposta a contratalos, un centro especial de emprego ou unhas oposicións con prazas restrinxidas con algún tipo de discapacidade. En resumo, téñeno NEGRO. E estamos a falar de persoas cunha minusvalía lixeira-moderada, aqueles que teñen unha discapacidade maior… é outro tema.

Soa triste pero esperemos que algún día estas barreiras desaparezan.

Conste que é triste para os que somos conscientes diso. Os meus alumnos son moi felices a condición de que teñan xente á súa alredor, familia e profesionais, que velemos polos seus intereses e por mellorar a súa calidade de vida.

Pois Ana, moitísimas grazas polo teu tempo e as túas respostas. 

De nada, un pracer.

 

Data de emisión da publicación: 26/04/2016- 11:32

Data de revisión do editor: 26/04/2016- 12:45

Data de revisión do GBO: 26/04/2016- 13:01

Data de publicación: 26/04/2016- 18:32

Advertisements

Un comentario en “Entrevista a Ana Rosa, pedagoga terapéutica, sobre a accesibilidade nos adolescentes con discapacidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s