ENTREVISTA: Os medios de comunicación crean unha imaxe irreal sobre a prostitución”

Alonso Posada, Fabián – S1B4

SeNoritasAvignon

(Fonte: eluniversal.com)

Durante o  día de onte, tiven a oportunidade de ter unha amiga na cidade, concretamente, esta adícase á prostitución polo que se lle preguntou, que se dende o SB1, lle poderíamos realizar unha pequena entrevista. K.T., de 20 anos, accedeu a facela sen ningún problema mais quere permanecer no anonimato. Na entrevista púidose deter en temas explícitos sobre a prostitución e tamén temas que respectaban aos medios de comunicación.

K.T. é orixinaria de Croacia, ten 20 anos e leva adicándose á prostitución dende os 17 anos co fin de poder saldar as contas que tiña pendentes e poder conseguir o capital necesario para poder financiarse uns estudos. A entrevista foi levada a cabo ao estilo que se empregou nos círculos de debate:

S1B4: Boas tardes K. Para introducirnos ao tema primeiro quero preguntarche cal foi o motivo para que recurriras á prostitución?

K: Comecei adicándome a este oficio aos 17 anos, en primeiro lugar porque tiña unhas débedas considerables por afrontar e tamén para ter cartos para poder aforrar e investilos nun proxecto de futuro, para poder adicarme a outras cousas. En definitiva, atopar un traballo no que non teño que vender a miña integridade coma muller. Entre outros dos tantos motivos  polos que me dedico a este oficio é porque os meus país residen en Croacia e non se puideron permitir pagarme uns estudios. Agora saben que me atopo en España traballando nun supermercado para aforrar e investilo nuns estudios.

S1B4: Polo tanto os teus pais non saben que exerces o oficio da prostitución aquí en España.

K: Exacto, son conscientes de que estou sacando a miña vida adiante pero o que non saben é de que forma.

S1B4: Consideras a prostitución como algo lícito ou pensas que é un atentado á integridade da muller?

K: Home, a ver, ao fin e ao cabo eu estou vendendo o meu corpo como un produto de satisfación para os homes, iso sempre é algo feo, non? Que o uso do teu corpo sexa promocionado coma un producto. Pero tamén penso que se houbera leis específicas que defendesen os dereitos das prostitutas a cousa cambiaría. Síntome moi desprotexida á hora de realizar o meu traballo xa que non sei que tipo de persoa me pode tocar como cliente, e queiras ou non, iso é un risco. Así que como resumo a esta resposta penso que é preciso ter algo que ampare os nosos dereitos para poder dicir que estamos a facer algo lícito.

S1B4: Cres que a prostitución, e sobre todo as prostitutas sufren de estereotipacización? Sendo así de quen cres que é o responsable diso?

K: Obviamente tanto a profesión e a entidade de quen a exercemos están moi estereotipadas por culpa da sociedade e da educación. Unha prostituta ao fin e ao cabo para a sociedade é unha “puta”, “zorra”, unha infectada con pinta de sucidade e cero dignidade. A culpa disto definitivamente é polo pensamento arcaico que segue tendo a sociedade española. Seguimos sen avanzar e seguimos sen abrir o noso abanico de maiores perspectivas para a comprensión. Se puidésemos saírnos deste modelo, outro galo cantaría.

S1B4: Cres que os medios de comunicación teñen parte da culpa?

K: Dicir soamente que teñen parte de culpa é dicir pouco, os medios de comunicación crean unha imaxe irreal da prostitución. Os medios de comunicación son un instrumento moi poderoso que poden penetrar na mente e crear imáxenes e impresións sobre diversos asuntos. Todas as cousas están relacionadas: precísase unha reeducación nas persoas das novas xeracións para seren máis tolerantes con asuntos deste tipo e poder interiorizar a fase de pórse no lugar do outro. Esta educación ten que chegar á sociedade, e como? A través dos medios de comunicación.

S1B4: Dando por feito que lle botas parte da culpa aos medios de comunicación, que solución propondrías?

K: Cambiar o enfoque da noticia, sempre temos que lidiar cos mesmos tipos de noticia, é preciso cambiar o enfoque do tratamento das novas. Buscar máis protagonistas, facer protagonistas ao perfil dos clientes, penso qué é innecesario sacar sempre á prostituta como quen crea conflitos e deixar a súa imaxe polo chan.

S1B4: Agora vouche ensinar dúas novas (unha do Faro de Vigo e outra de La Voz de Galicia)

K: Respecto á noticia do Faro de Vigo, cando afirman que “los agentes localizaron a dos mujeres que se prostituían de forma voluntaria y buscaban a otras jóvenes para que también ejercieran la prostitución.” teño as miñas dúbidas. Sobretodo dúbidas das fontes porque as que nos prostituimos de forma voluntaria imos máis independentes sen necesidade algunha de dicir que somos voluntarias. A min gústame levalo de maneira discreta. Pero sigo dicindo que o enfoque é o de sempre, sempre é o mesmo modelo de noticia tendo ao 90% de atención á prostituta en vez de dar un cambio no escenario.

Respecto á noticia de La Voz de Galicia é algo veraz, nesta noticia non teño nada que dicir en contra… Isto é ao que me refiro de que non estamos amparadas pola lei e polo tanto sen seguridade ningunha. Prefiro pasar de tema.

S1B4: Volvendo aos medios de comunicación, cal cres que é a solución para que os medios falen con maiores coñecementos sobre a prostitución? E no seu tratamento? Cres que por exemplo un manual titulado como “El tratamiento de la prostitución y el tráfico de seres humanos con finalidad de explotación sexual en los medios de comunicación, que contén unha guía, pode axudar?

K: A solución que propoño xa a dixen, é preciso cambiar de escenario para dar un novo comezo. Cambiar as perspectivas, cambiar os protagonistas, crear un contexto previo para a comprensión do tema en concreto evitando así ser xulgado de forma prematura sen coñecemento sobre o tema. Segundo o tratamento, o manual que me acabas de propoñer vexoo bastante ben, o que me preocupa é se se difundíu de maneira adecuada entre os medios e se lle farán caso.

Horarios de revisión e publicación:

Hora revisión editora: 12:00

Hora revisión GBO: 13:35

Hora publicación: 13:57

Advertisements

Un comentario en “ENTREVISTA: Os medios de comunicación crean unha imaxe irreal sobre a prostitución”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s