I Xornadas de Radio Televisión Municipal de Verín

Losada Miguéns, María – S2B3

Martínez Graña, Paula- S2B4

Viqueira Giovachini, Mikaela -S3A6

O auditorio municipal de Verín acolleu a pasada fin de semana as I Xornadas de Radio Televisión Municipal. A iniciativa desenvolta polo Concello de Verín e a Universidade de Santiago de Compostela tivo lugar entre os días 22 e 23 de abril e contou con conferencias, mesas redondas e talleres, onde se puxeron ó alcance dos asistentes técnicas e coñecementos para desenvover un proxecto de radio municipal, como o que se pretende realizar levar a cabo en Verín.

Dende fai dous anos, o concello conta coa licencia para ter a súa propia emisora local, mais aínda non puxo en marcha o proxecto para levalo a cabo. Aquí está a orixe destas xornadas, na búsqueda de ideas e proxectos que partan dos máis xóvenes, e que impliquen a sociedade de Verín e a súa comarca nun obxectivo común.

 

Ata Verín achegáronse recoñecidas autoridades na materia, como o profesor da Universidade Complutense Miguel Ángel Ortiz e o avogado e tamén profesor da universidade Carlos III de Madrid, Ángel María Castillejo. Nas xornadas participaron tamén voces da radio e televisión municipal galegas coma José Font da Radio Municipal de Tui ou  Antón Escuredo de Nós TV.

Ademais, os participantes tamén puideron vivir a experiencia da radio mendiante a realización de dous talleres nos que se fomentou o desenvolvemento da súa creatividade e imaxinación á par que se lle amosaban os instrumentos técnicos deste medio.

O primeiro destes obradoiro, impartido por Marc Vila, de Teleduca Educació i Comunicació, daba a oportunidade de crear un espazo comunitario dende cero. No segundo, da man de Toni España, de Radio Campus Culturae, os integrantes do Congreso puideron aprender técnicas  e programas  de acceso libre e locutar os seus propios programas de radio.

Advertisements

4 comentarios en “I Xornadas de Radio Televisión Municipal de Verín

  1. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola María, Paula e Mikaela!
    A verdade é que soa xenial, e seguro que aprendistedes un montón e o pasástedes xenial. Seguro que foi unha oportunidade única, unha pena non poder participar nestas xornadas e coñecer un pouco máis tanto dos convidadados como da situación da radio en Galicia ou España que aportaron.
    Respecto o feito de que Verín teña licencia para radio e non fixera aínda uso dela en dous anos a que se debe? Paréceme algo interesante para compartir con nós, ou polo menos prodúceme curiosidade personal. Xa que estou segura de que en Galicia temos profesionais de sobra e sen traballo para levar a cabo un traballo así.
    Tamén falades dos dous talleres non que tuvistedes a sorte de participar, en qué consistiron estes? E recomendaríades ós vosos compañeiros ir a próxima edición?

    Un saúdo chicas!

    Gústame

  2. Losada Miguéns. María S2B3
    Martínez Graña, Paula S2B4
    Viqueira Giovachini, Mikaela S3A6

    Ola Mara, realmente foi unha experiencia moi interesante, porque ademais de ter a oportunidade de escoitar a voces autorizadas e con experiencia no tema, que achegaron as súas problemáticas e tamén os seus triunfos á audiencia, poidemos asistir ó proxecto de construción dunha radio local.

    Dende logo, foi curioso tamén para nós coñecer o que ti comentas, que o concello de Verín teña licencia pero aínda non se decidira a comezar o proxecto dunha radio municipal. Porén é unha situación que se da en moitos lugares do noso territorio, onde as licencias de radio se distribúen por parte da Administración e son mercadas por entes públicos e privados, que non as poñen en funcionamento de xeito inmediato, en moitos casos por falta de medios ou de vontade.

    E por suposto, animariavos a participar nesta iniciativa se se repite no vindeiro ano, xa que ides adquirir coñecementos e profundizar nun tema que non se adoita tratar na Facultade.

    Se queres profundizar máis no tema podes picar nos seguintes enlaces:

    https://collendoolapis.wordpress.com/2016/04/26/mesas-redondas-das-i-xornadas-de-radio-television-municipal-en-verin/
    https://esqueyosoydevalencia.wordpress.com/2016/04/26/i-jornadas-de-radio-television-municipal-de-verin/
    https://cuandoteescribo.wordpress.com/2016/04/26/i-xornadas-de-radio-television-municipal-verin/

    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/27/dinamizacion-audiovisual-nas-i-xornadas-da-radio-television-municipal-de-verin

    Un saúdo,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s