O SEPIU coa Asociación Itínera

itinera_logo

Logo Asociación Itínera

Reboreda López, Sandra (S3.D1); Rubio Rodríguez, Iciar (S3.D4) e Villamel Baliñas, Tatiana (S2.D5).

O grupo de apoio S3.D, no exercicio do noso labor, levamos a cabo diversas actividades co obxectivo de dar a coñecer o Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC, en relación ós temas tratados no Observatorio.

Para todos aqueles que ignoran a existencia desta institución, cabe dicir que o SEPIU é o encargado de establecer e coordinar os mecanismos que a USC pon en marcha para fomentar o seu compromiso coa comunidade universitaria en xeral, mediante propostas e servizos que permitan conciliar a vida laboral e familiar e as relacións e proxectos que favorecen as sinerxías entre a USC e o seu contorno. Conta con catro áreas ben diferenciadas: o voluntariado, participación e cooperación internacional; a promoción social; a integración universitaria e a formación e investigación, que lle permiten levar a cabo o seu importante labor.

Nesta ocasión Javier Agrafojo, responsable do SEPIU, púxonos en contacto cunha das asociacións coas que colabora, Itínera, para a realización dunha reportaxe. Esta nace no ano 2005 como pouso fructífero das experiencias de voluntariado levadas a cabo desde o ano 1993 no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Neses doce anos puxéronse en marcha programas educativos, recreativos e deportivos e participaron máis de 400 voluntarios. Un deles foi a rehabilitación do antigo cementerio de Conxo

O obxectivo de Itínera é lograr un maior nivel de socialización das persoas con trastornos mentais severos e loitar contra o empobrecemento ambiental que caracteriza á institucionalización. Neste momento centran a súa atención no Hospital e en dar apoio a estas persoas na comunidade facilitando a súa integración, a participación social e a reducción do estigma que supón padecer unha enfemidade mental.

Na reportaxe podemos ver recortes de xornais que se publicaron cando comezaron as obras por aquel entón, onde podemos observar que o protagonismo foi notable e que a participación dos voluntarios foi masiva. Así mesmo, contamos coa testemuña de dous voluntarios, Alberto e Raúl, e de Carlos, psicólogo da asociación. A conclusión que sacamos foi que podemos dicir que o labor realizado polo SEPIU é, cando menos, imprescindible.

Data de emisión da publicación: 25/04/2016- 12:21

Data de revisión do editor: 25/04/2016- 13:23

Data de revisión do GBO: 25/04/2016- 21:57

Data de publicación: 26/04/2016- 19:50

Advertisements

2 comentarios en “O SEPIU coa Asociación Itínera

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s