Reportaxe: Carballo Interplay

CARBALLO INTERPLAY III Edición: 5, 6 e 7 de maio 2016.

Carmen Badía Deltell (S1D2) e Alicia Casas Fontán (S1D3)

interplay

O Carballo Interplay é un festival de contidos dixitais que celebra a súa terceira edición o 5, 6 e 7 de maio, dirixido por Sonia Méndez. Foi o primeiro festival de webseries de España, aínda que os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de Internet como medio para a narración.

O CIP ten lugar en Carballo, pobo de 30000 habitantes e capital da comarca de Bergantiños. “Mañán e ao longo de toda esta fin de semana, imparto un obradoiro de dirección de actores no Carballo Interplay, unha fabulosa iniciativa cultural nun dos concellos mellor xestionadose cunha das políticas culturais máis intelixentes que deberían avergoñar a algunhas cidades de Galicia que con catro veces máis poboación e orzamento teñen unha programación cultural que non se lle aproxima nin de lonxe. Parabéns ao Concello de Carballo, a Sonia Méndez e ao CIP, festival ao que lle auguro un gran futuro.” comentaba Alfonso Zarauza, director de Los fenómenos.

A Deputación de A Coruña apoia esta iniciativa con 31.706 euros, o que supón o 36% do destinado ao desenvolvemento desta actividade. Goretti Sanmartín, a responsable da área da cultura e vicepresidenta da Deputación, sinalou que se trata dunha “iniciativa pionera que converte Carballo en un referente del audiovisual no solo en Galicia, sino más allá de nuestras fronteras”. Evencio Ferrero, o alcalde de Carballo destacou este festival coma “unha aposta pola creatividade”.

Máis de 120 webseries de todo o mundo competirán nun concurso que, na súa terceira edición, fai unha clara aposta polos contidos dixitais en galego: a organización decidiu crear un novo premio dotado de 1500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. A forma de escoller o ganador tamén é unha novedade: será mediante un pitching. O concurso reúne 9 webseries de versión orixinal en galego, 58 procedentes de distintos puntos de España e 55 internacionales.

“Son moitas as series presentadas como dis, pero por desgracia, en galego non se fan tantas. Para nós é un pracer estar na sección oficial de versión orixinal en galego, mais tampouco podemos presumir diso, é algo natural intentar traballar na nosa lingua nai e unha sorte que haxa este tipo de festivais que o recoñezan.”, coméntanos Duarte Galbán, xefe de producción e guionista de Gafas e Pallaso, unha das webseries seleccionadas na sección oficial de versión orixinal en galego.

Gafas e Pallaso foi nominada aos Mestre Mateo na categoría Mellor Serie Web e, aínda que non gañaron, afirma Duarte Galbán que a nominación foi un regalo, un caramelo. Que en ningún momento pensaran en “colarse en sitios tan chachis”. Que as nominacións son un agradecemento ao traballo feito e motivan de cara a novas metas e proxectos.

28 das 36 webseries finalistas son comedias. Preguntámoslle a Duarte se existe unha certa predisposición natural de Interntet ás propostas máis canallas, ao que responde que “Cando ti eres o que elixe o que queres facer, é moito máis doado soñar con unha comedia. Se nos enfrontaramos a un mundo coma o da televisión, a cousa cambia, pero en internet a xente busca entretemento e os novos creadores soñamos con facer rír. (…) Nós entendemos a risa dun xeito diferente ao que o adoita a facer a maioría, e buscamos escapar dos patróns estabrecidos, apostando por algo que, ata agora, nunca vira en galego. Somos unha serie en galego sen vacas nin tractores e é algo do que estamos bastante orgullosos.”

Ademáis do concurso de webseries e o resto de programación do Carballo Interplay,  FORMACIP ofrece obradoiros para adultos e estudantes e para nenos e nenas. Entre os obradoiros para adultos e estudantes destacan, entre outros,  o curso de Dirección dos actores, impartido por Alfonso Zarauza; e o Curso de creación dunha webserie: do guión á distribución, impartido por David Saínz e Teresa Segura (creadores da webserie Malviviendo , da produtora Different Entertainment). Este último obradoiro explicará todo o proceso que se debe levar a cabo nun proxecto audiovisual, pero centrándose no formato webserie. O obxectivo é que o alumno poda levar a cabo o seu proxecto audiovisual tendo en conta os recursos ao seu alcance e as súas limitacións.

Os principal problema polo que os proxectos non se levan a cabo ou os guións se ven mermados é a falta de cartos e material. Pero hai que traballar, aprender a traballar, con poucos recursos. Facer moito con pouco. E, a todos os proxectos que acaban por “quedar no caixón”, di Duarte Galbán queO caixón forma parte da vida dos creadores e comunicadores audiovisuais. Nunca sabes cando vas a ter a oportunidade de volvelo a abrir e sacar aquela idea que fai uns anos non tiña sentido ou que simplemente non gustaba. O caixón debe estar sémpre cheo de cousas, de motivacións, de ideas, de ilusións e de forza para algún día ensinar. Cada proxecto é un mundo e nunca sabes cando é o seu momento, pero seguro, chegará. Que bonito me quedou isto último.”

O equipo do Carballo Interplay

O equipo do Carballo Interplay está formado por Sonia Méndez, a directora; Ana Dixital, en producción; María Yáñez, en actividades; Sandra Lesta, encargada da gala e webseries; David Méndez Alonso, en deseño gráfico; e  Víctor González Guillán en deseño web, entre outros. Sonia Méndez é actriz (Unha Muller Invisible” de Gerardo Herrero o “El Sexo de los Ángeles” de Xavier Villaverde), ao tempo que dirixe as súas propias curtametraxes, coproduce a súa propia serie web, Angelica y Roberta e coordina o festival de webseries Carballo Interplay.

O xurado está formado por Carlota Núñez, unha das Youtubers galegas maís seguidas; Noel Ceballos, xornalista especializado en cultura popular; Miriam Hernanz, xornalista que formou parte do equipo fundacional de RTVE.es en 2008; Niko Gómez, creador da webserie Cálico electrónico; Araceli Gonda, guionista de series como Padre Casares ou Terra de Miranda e Jorge Coira, director, guionista e montador de cine e TV.

Ademáis dos dous obradoiros sinalados con anterioridade e o concurso de webseries, o CIP oferta outras actividades como “La web como canal para contar historias”, impartido por Óscar Otero; Producción y financiación, impartido por Felipe Lage; e Marketing online y desde abajo para tu producto audiovisual, de María Yáñez. O Carballo Interplay tamén organiza obradoiros para os máis pequenos (como pode ser Robótica con Lego Mindstornm) no que os rapaces residente en Carballo teñen prioridade á hora da inscripción.

Os medios de comunicación como os xornais e as revistas fan referencia o CIP, pero só mencionando ó concurso de webseries (La Voz de Galicia).  Esquecen todas estas actividades complementarias polas que moitas persoas acuden tamén a Carballo. Polo xeral existe cobertura nos medios pero ten maior protagonismo en Internet, xa que as noticias están repletas de hipervínculos dos participantes desta edición ou das anteriores. (Nokton Magazine)

Outras noticias fan referencia ás declaracións do alcalde ou a Concelleira de Cultura da Deputación de A Coruña en canto ao orzamento do Festival (La Opinión). 

Referencias

laopinioncoruna.es (Día 22 de enero de 2016). La Opinión. [Consultado el 22 de abril de 2016] http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/01/22/festival-carballo-interplay-referente-audiovisual/1034502.html

elcorreogallego.es (Día 5 de abril de 2016). El Correo Gallego. [Consultado el 23 de abril de 2016]  http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/webseries-16-paises-iii-carballo-interplay/idEdicion-2016-04-05/idNoticia-989636/

lavozdegalicia.es (Día 2 de abril de 2016). La Voz de Galicia. [Consultado el 24 de abril de 2016]  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/04/02/carballo-interplay-mostrara-webseries-mundo/0003_201604C2C10991.htm

la-prensa.es (Día 25 de febrero de 2016). La prensa. [Consultado el 23 de abril de 2016]  http://la-prensa.es/cultura/el-carballo-interplay-apuesta-en-su-tercera-edicion-por-la-produccion-de-contenidos-en-gallego/

noktonmagazine.com. (Día 21 de abril de 2016). Nokton Magazine. [Consultado el 22 de abril de 2016] http://noktonmagazine.com/webseries-para-no-perdernos-gracias-al-carballo-interplay/

Revisión editora: 26/04/2016 15:25

Revisión GBO: 26/04/2016 14:52

Publicación: 26/04/2016  16:00

Advertisements

2 comentarios en “Reportaxe: Carballo Interplay

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    O aumento dos contidos audiovisuais en internet é impresionante, sen dúbida. E ese aumento deuse porque detrás dos contidos aglutínanse un cada vez maior número de espectadores. A xente, agora si, xa se terminou de dar conta de que internet se converteu nunha plataforma fantástica para dar a coñecer os seus produtos. E, incluso, para chegar a pagar as súas facturas coas visitas que estes reciban. Así, en moitos casos, internet xa non so é un ponte para chegar a cotas maiores, senón o propio destino do creador de contidos. O exemplo máis coñecido deste fenómeno e, sen dúbida, o dos “gamer” (http://www.lavanguardia.com/gente/quien/20150221/54426379665/youtuber-oficio-muy-rentable.html).

    Sen embargo, e centrándonos no reportaxe, tamén están cobrando cada vez máis forza as web series. E é lóxico. Se un economiza os seus medios, dispón dun bo guión e encontra aos actores que necesita, non hai outra plataforma como internet en xeral e youtube en particular que ofreza unha posible recompensa tan grande a cambio dun prezo tan pequeno. Desta forma, xa se descubriron creacións tan interesantes –e de tanta repercusión- como a de Vincent Finch: https://www.youtube.com/watch?v=qOi6pEmDNS8

    Revisión GBO: 28/04/2016 13:02

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s