Reportaxe: carnés fitosanitarios

dsdsd

De Matos Alonso, Adrián (S1D1); Feijoo García, Luis (S1D4); Estévez Avelar, Alejandro (S1D5).

Os produtos fitosanitarios son un elemento case indispensable nas producións agrícolas do noso tempo, tanto as de profesionais como as de consumo propio. Estes produtos están destinados ao aumento de rendemento dos cultivos, así como á extinción das posibles substancias nocivas que poidan poñer en perigo a consecución do resultado desexado polos agricultores.

A súa obtención non estaba sometida a ningún tipo de restricción, polo que cualquera persoa podía mercar estes produtos sen ningún problema. Sen embargo, dende o pasado mes de novembro atópase en vigor  o DECRETO 60/2014, de 15 de mayo, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitariospolo cal é necesaria a posesión do carné de manipulador destes produtos para a súa obtención nas tendas. Os tratamentos para viñedos, hortos ou explotacións agrícolas que se consideran como produtos fitosanitarios de uso profesional, os cales son a gran maioría, tan só se lles venderán a aquelas persoas que posean o correspondente carné de manipulador. Para a súa obtención é necesaria a realización dun curso previo, cun examen final que terá que ser superado por aqueles que deseen obter dito carné. Estes cursos impártense tanto nas administracións públicas como en centros privados, sendo a gran diferenza o feito de que nas primeiras son de carácter gratuito, co único pago das tasas da administración, de 8,83 euros, mentres que nos centros privados a cuota de incripción oscila entre os cincuenta e cen euros aproximadamente, dependendo da entidade. O problema é a abundante lista de espera para a realización dos cursos de carácter público na maioría dos concellos.

Quenes son os maiores afectados coa entrada desta nova normativa?

Estes cambios á hora de utilizar produtos fitosanitarios afectan sobre todo ás persoas cuxa actividade profesional está dedicada á comercialización de produtos agrícolas. Son estes traballadores os que necesitan o carné fitosanitario, pois sen el non poderán poñer á vente os seus cultivos. As producións de consumo propio, sen embargo, parecen menos afectadas por esta nova normativa, debido a que para eles existen sucedáneos cos que paliar a falta de fitosanitarios -cunha efectividade máis reducida, iso si-, ademáis de poder chegar, incluso, a comprar produtos fitosanitarios no caso de que non superen o litro de capacidade no tocante aos aerosois e o medio litro en canto ao resto do catálogo, tal como se aclara na páxina web Calidaria, onde se realiza un análise porminarizado do decreto.

Sen embargo, a obligatoriedade da posesión deste carné trastocou os plans de numerosos agricultores galegos. Un elevado número de persoas que traballan no campo, moitos deles en idade avanzada, acoulleu con sorpresa esta nova normativa, a pesar de que xa entrara en vigor o pasado mes de novembro. “Levamos toda a vida botando as patacas e agora temos que andar a facer o parvo e pagar oitenta euros para poder comprar o sulfato”, queixábase Nemesio, un veciño da localidade de Ponteareas, en Pontevedra, amosando deste xeito a súa incredulidade ante a nova normativa, algo que tanto él como o resto de personas que sempre puideron aplicar estes produtos nos seus cultivos non acaban de comprender. Na súa localidade, a lista de espera para a realización do curso ascende aos catro anos, polo que se quere seguir cultivando a súa horta terá que acudir a un centro privado. “Tanto a cámara agraria de Ponteareas como a de Porriño atópanse abarrotadas de solicitude, por iso dende o concello de Mondariz tentamos organizar o maior número de cursos posibéis”, comentános na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Mondariz. “O prezo do curso é de sesenta euros máis as tasas da administración, coas mismas características que a maioría dos mesmos: vintecinco horas presenciais máis un examen final”.

“Está ben que haxa un control, pero xa que é obrigatorio tamén debería garantizarse a súa gratuitidade”, afirmaba Faustino, veciño de Mondariz, queixánose desta maneira pola falta de plazas gratuitas para a obtención do carné. Faustino amósase dacordo coa medida de aplicar un control ante estes produtos, xa que afirma que “son moi prexudiciais para a saúde pola gran cantidade de química que conteñen, pero iso de pagar polo carné paréceme máis un negocio que unha medida de seguridad”, criticando desta maneira a falta de prazas gratuitas tamén na súa parroquia, Mondariz.

A prensa, con noticias cada certo tempo, e sen aclarar na maioría delas cuestións de importancia para os agricultores, non axuda a esclarecer as súas dúbidas. A recomendación: desprazarse ata o seu concello máis próximo para abordar cada cuestión en particular, así como consultar as prazas existentes e a lista de espera para a realización dos cursos da administración pública.

Referencias:

xunta.es. (Día 3 de junio de 2014) Diario Oficial de Galicia. (Consultado o 20 de abril de 2016) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140603/AnuncioG0165-270514-0001_es.html

lavozdegalicia.es (Día 8 de enero de 2016) La Voz de Galicia. (Consultado o 22 de abril de 2016) http://www.lavozdegalicia.es/noticia/agro/2016/01/08/sulfatar-falta-carne/0003_201601B8C3991.htm

lavozdegalicia.es (Día 4 de marzo de 2016) La Voz de Galicia (Consultado o 22 de abril de 2016) http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/03/04/conflicto-fitosanitarios-envenena-ambiente-rural/0003_201603C4C1992.htm

farodevigo.es (Día 28 de enero de 2016) Faro de Vigo (Consultado o 23 de abril de 2016). http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/01/28/precio-sulfatar/1393724.html

campogalego.com (Día 29 de octubre de 2015) Campo Galego (Consultado o 23 de abril de 2016) http://www.campogalego.com/es/huerta/piden-a-la-xunta-que-facilite-la-obtencion-del-curso-de-aplicador-manipulador-de-productos-fitosanitarios/

calidaria.com (Ano 2015) Calidaria (Consultado o 25 de abril de 2016) http://www.calidaria.com/informacion/162-es-obligatorio-sacar-el-curso-de-aplicador-de-productos-fitosanitarios-en-galicia-y-obtener-el-carnet-para-poder-sulfatar-a-pesar-de-tener-solamente-un-huerto-para-consumo-propio

Revisión editora: 26/04/2016 19:00

Revisión GBO: 26/04/2016 20:04

Publicación: 26/04/2016 20:35

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s