Dinamización audiovisual nas I Xornadas da Radio Televisión Municipal de Verín

Fotografía de Carlos Montero Zorrilla, do Concello de Verín

Ana Noguerol Fernández – S2C4

Os días 22 e 23 de abril tiña lugar no Centro Cultural e das Artes do Concello de Verín as I Xornadas da Radio Televisión Municipal. Conferenciantes, docentes, alumnos e habitantes da vila relacionados e interesados co mundo audiovisual asistiron a diversas charlas, mesas redondas e outras actividades. Era de especial importancia o taller Dinamización audiovisual para axentes sociais guiado e estructurado por Marc Vila, de Teleduca Educació e Comunicació.

Neste tratáronse aspectos de vital importancia para a creación e conformación dun novo medio a nivel local guiado polo bo facer da comunicación comunitaria. Antes de nada, cómpre sermos conscientes de que existen unha serie de rasgos que caracterizan este tipo de comunicación. A liberdade de expresión, o reforzo do tecido social, as iniciativas socioculturales, as necesidades socioeducativas, a transgresión e experimentación e a interacción entre colectivos sociais, entre outros puntos, definen este modo de comunicar ben distinto do que estamos acostumados. Atopámonos ante unha situación na que é máis importante a pureza e a bondade do proceso que o produto.

Aplicando o exposto ao mundo televisivo, poderíamos dicir que unha televisión comunitaria parte da subxectividade múltiple para atrancar o silencio social, narra audiovisualmente as visións da cidadanía respecto á realidade. Xérase empatía emocional dende a escoita colectiva, convertíndose nun punto de autorrepresentación e autorreflexión. Mais, que é o necesario para cear unha TV deste tipo? En primeiro lugar, precisamos buscar financiación e formar un equipo técnico motor. A continuación, deberíanse concretar a liña editorial, o contido dos programas, a realización e o deseño e levar a cabo unha axeitada difusión.

Tendo en conta que a construción dun medio en formato televisivo no Concello de Verín é moi difícil debido aos altos custos primarios e atencións que supón, o taller centrouse máis no ámbito radiofónico. Na primeira sesión, ás 16:00 horas do venres, formáronse tres grupos para que cada un deles aportase ideas de contidos para futuros programas. Os temas expostos foron diversos e interesantes. Foron reiterados os posibles programas acerca do viño de Verín, dos musicais realizados polos alumnos do IES Xesús Taboada Chivite e, obviamente, do Entroido. Na segunda sesión, dous grupos manterían unha conversa interna acerca de como levar a cabo a posta en acción, tanto na estrutura coma nos contidos. Entre todos os asistentes decidíronse uns puntos de vital importancia para o nacemento do medio de comunicación local. O Concello foi definido como primeiro motor; será o encargado de proporcionar a frecuencia, redactar os textos e levar a cabo as primeiras inversións. Colocouse ao equipo técnico como base formativa, xestionadora, estruturadora e responsable de contidos, polo que debe ter en conta a existencia de baremos de calidade. Son os encargados de controlar o Laboratorio no que calquera poderá aprender a comunicar na radio. As distintas organizacións, asociacións e axentes sociais da vila son asesores do equipo técnico, partícipes do medio e tamén audiencia.

Nunha fin de semana adquirimos moitos coñecementos sobre caplicar a tarefa xornalística e comunicadora a niveis locais e municipais. Accedimos ao máxico da profesión ao ilusionarnos con que o noso traballo pode volver a ser digno grazas á comunicación comunitaria e a participación de todos. Aprendimos que existe un xornalismo que ten en conta os intereses de toda a poboación, atendendo ás súas ganas de contar as cousas e denunciar os seus problemas. Un xornalismo que latexa grazas á ledicia dun pobo e non por un puñazo de billetes.

 Hora de revisión do Editor: 13:20

Hora de revisión do Coordinador: 15:45

Hora de publicación: 16:00

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s