Observatorio de Medios y Movimientos Sociales: Comunicación, ciudadanía y política

Captura de pantalla 2016-04-27 a las 21.20.22

Taboada González, Ángela. S3C3

Desde que se puxo en marcha o Observatorio Cidadán, un dos principais obxectivos foi conseguir crear unha rede de observatorios ao rededor do mundo. A finalidade é colaborar na transferencia de información e recursos, así como enriquecer o contido do blogue.

Hoxe presentamos ao Observatorio de Medios y Movimientos Sociales de Chile, cun comunicado do propio OMMS con información de interese para coñecelo mellor:

O Observatorio de Medios e Movementos Sociais nace como unha instancia académica que busca dar continuidade a un conxunto de proxectos de investigación que permitiron reunir a unha comunidade de académicos interesados na temática dos medios de comunicación e os movementos sociais. Así, é importante destacar que a partir do proxecto “Discurso e imaxe xornalística. Construción de imaxinarios sobre o movemento estudantil 2011-2012 na prensa rexional impresa e dixital de Valparaíso, A Araucanía e Os Ríos”, que foi desenvolvido por un equipo de académicos da Universidad de Playa Ancha (UPLA), Universidad Austral (UACH) e Universidad de La Frontera (UFRO); lógrase articular un traballo en rede que permitirá a conformación deste Observatorio asociado ao Laboratorio de Investigación en Ciencias Sociais (LICSA), pertencente ao Núcleo Tecnolóxico de Investigación en Ciencias Sociais.

Neste sentido, o Observatorio de Medios e Movementos Sociais ten como misión monitorear a produción de información dos medios de comunicación rexionais e nacionais ao redor dos movementos sociais, analizando a construción de sentido que o sistema de medios de comunicación realiza ao redor dos movementos sociais e as diversas accións colectivas de protesta que ocorren ao longo do noso país. O OMMS busca analizar e debater respecto ao rol que os medios de comunicación xogan dentro do tecido social, así como ser unha plataforma de intercambio e expresión de ideas e opinións de organizacións sociais e comunitarias, académicos/as e referentes sociais que queiran debater ao redor da relación entre medios de comunicación e movementos sociais.

En definitiva os obxectivos cos que se funda o Observatorio son os seguintes:

1.-Monitorear a produción informativa dos medios de comunicación rexionais, nacionais e internacionais.

2.-Sistematizar información achega do funcionamento dos medios de comunicación rexionais, nacionais e internacionais.

3.-Achegar á xeración de propostas de desenvolvemento, socialmente responsables, en relación á produción, circulación e funcionamento dos medios de comunicación rexionais, nacionais e internacionais.

4.-Vincular á Carreira de xornalismo ao medio profesional.

5.-Vincular academicamente á liña de comunicación do Departamento de Linguas, Literatura e Comunicación con instancias de investigación (xornalística e/ou científica) do medio nacional e internacional.

6.-Consolidar o Observatorio de Medios e Movementos Sociais como un referente sobre a lectura de medios e movementos sociais a nivel nacional e internacional.

7.-Establecer relacións internacionais con outros Observatorios de medios.

8.-Xerar propostas de investigación coa finalidade de participar en fondos concursables.

Desta forma iníciase a rede de observatorios e o seu intercambio de información. A nosa meta será aumentar aos poucos o número de observatorios da rede. Os círculos de aprendizaxe poderán completar a súa documentación cos artigos e materiais transferidos.

Data de emisión da publicación: 27/04/2016- 18:45

Data de revisión do editor: 26/04/2016- 20:01

Data de revisión do GBO: 26/04/2016- 22:32

Data de publicación: 26/04/2016- 23:11

Advertisements

2 comentarios en “Observatorio de Medios y Movimientos Sociales: Comunicación, ciudadanía y política

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s