O SEPIU coa Asociación Sarela

logo_sarela_verde

 

Aixa Rodríguez Carballo (S3.D2) e Adrián Rodríguez Losada (S3.D3).

O grupo de apoio S3.D, no exercicio do noso labor, levamos a cabo diversas actividades co obxectivo de dar a coñecer o Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC, en relación ós temas tratados no Observatorio.

Para todos aqueles que ignoran a existencia desta institución, cabe dicir que o SEPIU é o encargado de establecer e coordinar os mecanismos que a USC pon en marcha para fomentar o seu compromiso coa comunidade universitaria en xeral, mediante propostas e servizos que permitan conciliar a vida laboral e familiar e as relacións e proxectos que favorecen as sinerxías entre a USC e o seu contorno. Conta con catro áreas ben diferenciadas: o voluntariado, participación e cooperación internacional; a promoción social; a integración universitaria e a formación e investigación, que lle permiten levar a cabo o seu importante labor. 

A Asociación Sarela naceu da necesidade das familias con persoas con danos cerebrais que ao sair dos hospitais, despois de recibir a atencion hospitalaria, viron necesario que os seus familiares seguiran un proceso de rehabilitación, así como para reivindicar  conxuntamente os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido da área sanitaria de Santiago de Compostela e fomentar porén a súa unión.

Nos seus inicios contaban só ca parte da rehabilitación, tratamento de neuropsicoloxía, terapia ocupacional, logopedia e fisioterapia. Vendo as necesidades das persoas que despois dos tratamentos non podían chegar a ter unha vida o mais autónoma posible dentro das suas capacidades, creouse tamén o centro de día.

O primeiro centro da Asociación Sarela situábase nun baixo preto do centro comercial As Cancelas, era un espazo moi pequeno polo que se tiña que facer uso doutras instalacións externa, grazas ás subvencions por parte da diputación e do concello fíxose posible a creación dun centro, situado na Rúa de Pedro Cabezas González,  xa adapatado cos recursos necesarios para todos os usuarios. 

A reportaxe conta ca participación de Noelia Nieto Lojo, educadora social e coordinadora do voluntariado da Asociación Sarela e de Xulio Abollo Rodríguez, encargado do Departamento de Comunicación.

 

Data de emisión da publicación: 27/04/2016- 18:43

Data de revisión do editor: 27/04/2016- 20:34

Data de revisión do GBO: 28/04/2016- 00:54

Data de publicación: 28/04/2016- 18:30

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s