A ludopatía e o seu tratamento nos medios de comunicación

Coa chegada de Internet e posteriormente dos teléfonos intelixentes, o número de persoas afectadas pola ludopatía aumentou en España, chegando a cifras alarmantes de case medio millón de individuos, segundo un estudo da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (FEJAR). Nos últimos anos aumentou considerablemente a ludopatía en liña, representada na súa maioría por adolescentes.

España considérase o cuarto país do mundo en canto a cantidade xogada por habitante, só por detrás de Estados Unidos, Filipinas e Macao. FEJAR recibe cerca de cinco mil chamadas ao ano. O 83% deles son homes e un 5% menores de idade: adolescentes con menos de 18 anos atrapados por este vicio. O 36% non chegan aos 25 anos e o 69%, aos 35.

A “Ley de Juego” aprobada en 2011 non puxo límites a ese problema social e organizacións non gubernamentais como “Proxecto Home” abordan esta realidade asemellando os procesos de rehabilitación aos que se levan a cabo por adición a substancias nocivas, o que demostra un escaso avance médico neste campo.

O Estado dota de impostos a actividade do xogo, oscilando entre o 10% da base impoñible para combinacións aleatorias con fins publicitarios e o 25% en apostas cruzadas e de contrapartida de calquera ámbito (Capítulo VII da Ley 13/2011 do 27 de maio ou “Ley del Juego de 2011”). Ademais, o artigo 96.2 da Lei de Impostos sobre a Renda de Persoas Físicas, somete a declaración unha ganancia superior a 1000 euros en materia de xogo. Todas estas medidas poden anunciarse como estratexias restritivas para a actividade, pero tendo en conta que o gasto dos 500 mil usuarios de apostas na rede dos españois é superior a oito millóns de euros, acabar con este problema social podería ser unha opción pouco cómoda para os representantes do noso país.

O xogo é a galiña dos ovos de ouro para as comunidades autónomas, xa que estas vénse beneficiadas polos impostos dos xogos online e presenciais. Por iso mesmo se preocupan de montar cantos máis xogos presenciais sexan posibles. Neste 2017 se prevé que Galicia recade ata 59 millóns de euros en materia de xogo. O propio Estado tratou de unificar todas a lexislacións das diversas Comunidades Autónomas, pero estas non estiveron a favor, a pesar de existir comunidades máis favorables polo consecuente aumento do beneficio. Segundo o director xeral de Agaja, a asociación non lle presta importancia á recadación do Estado, se non que prima a colaboración da administración pública cos centros de tratamento, que até agora deixa moito que desexar. A meirande parte dos centros que axudan ao tratamento da adición ao xogo sí que teñen algunha subvención das comunidades autónomas, pero moitos mantéñense incluso coas propias aportacións dos usuarios.

As asociacións galegas contra a ludopatía, Agalure e Agaja, detectaron 5.800 casos de persoas ludópatas nos últimos 25 anos. Segundo José Manuel Recouso, psicólogo de Agalure, o problema non son as novas tecnoloxías, senón a relación que as persoas establecen con estas, deixándose levar por sentimentos emocionais. Para José Manuel Recouso, a ludopatía non ten cura, tan só rehabilitación, pois opina que as persoas acostúmanse a vivir con esta situación.

As actitudes do xogador teñen diferentes graos. A primeira fase, precontemplación, consiste no rexeitamento por parte do xogador de crer que ten algún tipo de problema co xogo e polo tanto non se plantexa deixar de xogar. A segunda fase, é a de contemplación, na que comezan a florecer algúns problemas derivados do xogo. A seguinte fase consiste nunha preparación para a acción na que os problemas co xogo son serios e o suxeito busca axuda. Por último, existe unha fase final na que abandona a súa adición pero non por completo, posto que sofre recaídas.

A ludopatía nos medios de comunicación

A adición aos xogos de azar é igual ou máis destrutiva que o consumo de calquera tipo de droga, aínda que na sociedade non este considerado como tal. Hai máis tolerancia coa ludopatía xa que está invisibilizado ao non presentar degradación física nin síntomas tan visibles como a outras adiccións.

Non son moi habituais nos medios de comunicación e na publicidade campañas de prevención contra este tipo de adición e isto débese principalmente aos beneficios recibidos polo Estado dos que falamos previamente. A xente non está sensibilizada con este colectivo, non lle da a importancia que merece un problema que leva á ruína a miles de persoas no mundo ao ano.

A maior parte das noticias coas que nos atopamos nos medios son noticias económicas, relacionadas co gasto das persoas e deixando de lado ó carácter humano. Pouco se fala das consecuencias deste trastorno que desemboca en depresión, ansiedade ou ataques cardíacos que, nos peores casos, pode provocar ideacións suicidas por desesperación se non se trata correctamente. Moitos ludópatas tardan tempo en percatarse de que o son, debido á falta de información sobre os síntomas que separan un simple entretemento dunha adición.

A nosa investigación ármase coma unha especie de “guerrilla de comunicación” (termo acuñado polas autoras do grupo autónomo a.f.r.i.k.a.), mediante o contacto directo cos afectados e o fomento de reunións para abordar temáticas relacionadas coa súa adición, a presentación nos medios do seu colectivo ou a presenza do Estado como elemento de obstrución do camiño cara á rehabilitación.

Para profundizar o tema da adición patolóxica ao xogo e do tratamento que os medios fan do mesmo, falaremos con persoas afectadas que nos aportaran unha visión dende ás súas propias experiencias. A través da realización do traballo, buscamos romper coas falsas crenzas, falsos mitos e idealizacións da figura do ludópata, que serán completamente desbancadas para dar paso á imaxe máis real: a de persoas humanas cun problema que non os fai diferentes ao resto. Intentarase a máxima difusión da actividade para que chegue a un público amplo e sirva para crear conciencia social.

Advertisements

16 comentarios en “A ludopatía e o seu tratamento nos medios de comunicación

  1. A ludopatía sen dúbida é a nova ferramenta de control social, en especial no que se refire ó carácter convativo de dita sociedade. Ó igual que as drogas nos 80 e primeira metade dos 90, a ludopatía é o seu substituto perfecto para manter á raia calquera tipo de resposta contra o poder hexemónico: é un vicio, leva á creba de moitas persoas e á ruptura de tantas outras familias. Creo que a sociedade española coñece perfectamente e de primeira man o que foron aqueles anos da droga. Pois isto é exactamente o mesmo. Neste escenario de crise económica, paro e poucas expectativas de futuro non me sorprende en absoluto este auxe de cada vez máis salas de xogos, maquinas de apostas en tódolos locais… e máis aínda se falamos da súa proliferación en barrios obreiros onde son un maior perigo e toda una provocación.

    Liked by 1 person

      1. É interesante esa comparación da drogodependencia coa ludopatía. Un adicto ao xogo e un drogadicto son máis semellantes do que parece. Ambos se atopan nunha situación de dependencia, cunha posterior fase de abstinencia, igual de dura nos dous casos, coa única diferenza do consumo de substancias no caso das drogas, que acarrea graves problemas de saúde. Pero non debemos esquecer que a ludopatía afecta tamén gravemente a saúde dos afectados, xa que se trata dunha enfermidade mental, que afecta ao cerebro e leva consigo terribles consecuencias en todos os aspectos da vida dunha persoa, tanto laboral como familiar. Neste artigo da Fundación de Proxecto Home pódese ver algunha similitude entre estas dúas adiccións:
        http://www.proyectohombrealicante.org/es/voz-profesionales/se-parecen-la-ludopatia-y-las-adicciones-a-drogas-juego-patologico-y-cerebro/

        Gústame

  2. Dalama Veiga, Laura, S2B

    Con respecto ao que comentábades antes das similitudes entre a drogodependencia e a ludopatía, é verdade que hai un escaso avance médico no campo da adicción ao xogo, polo que asociacións adicadas a tratar adiccións a substancias nocivas vénse obrigadas a copiar este sistema para tratar a persoas afectadas pola ludopatía. Como exemplo, ata o 2000/2002 non se admitían nas UAD (Unidad Preventivo-Asistencial de Drogodependencias) a persoas que tiveran a ludopatía como adicción principal salvo que tiveran algún problema con substancias nocivas; pero debido ao aumento desta afección vénse obrigadas a crear programas e talleres para tratar esta adicción. Ademais, do mesmo xeito que vós tratades de crear conciencia social, nas UAD tamén contribúen a este labor funcionando como centro colaborador das universidades, acollendo en prácticas a estudantes de psicoloxía ou traballo social. É interesante esta entrevista a Vanessa García Guerra, responsable do Proxecto Home Galicia, especialista en drogodependencias pero que nos últimos anos comezou a tratar a persoas afectadas pola ludopatía debido ao aumento da demanda deste tipo de tratamento: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/03/19/span-langgl-mais-impactante-foi-dunha-muller-empezou-beber-aos-5-anosspan/0003_201703H19C8992.htm

    Liked by 1 person

    1. Trátase dun caso interesante o desa noticia, pero coma ese exemplo podemos encontrarnos moitos outros. Que unha persoa dexa alcólica, drogadicta ou ludópata xa non resulta estraño ou pouco común na sociedade, xa que hoxe en día raro é que non se coñeza a alguén que sofra algún destes problemas.
      Aquí che deixo un exemplo recopilado dunha declaración de fai uns anos, na que un home recoñece ser ludópata el alcólico:
      http://www.azajer.com/index.php/testimonios/item/38-rub%C3%A9n-lud%C3%B3pata-y-alcoh%C3%B3lico

      Gústame

      1. O testemuño ao que te refires é un caso bastante interesante polo feito de que a familia, en lugar de intentar tratar o problema da ludopatía, intentaban cubrilo inclusive axudándolle coas débedas que el mesmo afectado pola ludopatía xeraba. Esta posición contrasta moito coa da súa muller, que segundo o testemuño semella que non se enteraba da situación polas mentiras e enganos. A propósito disto atopei unha noticia de Caarfe (Confederación de Alcohólicos, Adictos en Rehabilitación y Familiares de España) onde explican as fases polas que pasan as familias e unhas pautas básicas para a convivencia cunha persoa afectada pola ludopatía: http://www.caarfe.org/noticias/item/231-la-familia-del-jugador-patol%C3%B3gico-o-lud%C3%B3pata.html

        Liked by 1 person

  3. Hai que achar, por unha banda, a imaxe que a xente ten da ludopatía e facer unha análise comparativa. Temos que extrapolar eses datos cara á realidade, isto é, identificar todas esas anomalías e tratar de solventalas. Non podemos quedarnos de brazos cruzados. Que información ten a xente desta problemática e como podería arranxala? Antes de barallar unha posible solución ou alternativa temos que ter no noso haber un problema claro e delimitado que, á súa vez, constitúa unha base ou un cimento sobre o que construír o noso compromiso.

    Neste mundo de información — moitas veces desinformado — converxen multitude de problemáticas e esta é claramente unha delas. Que datos aportan os centros de apostas? A sociedade non se decata de que son negocios, de que é máis doado gañar que perder. Cómpre ter coidado. O mundo do azar é, lóxicamente, impredecible.

    Vistes o derradeiro informe de ANESAR (http://www.anesar.com/wp-content/uploads/2015/09/MEMORIA-DE-ACTIVIDADES-2015-V2.pdf) Aí podes encontrar todo tipo de datos relativos ao xogo. É un recurso no que se pode apreciar de xeito tanxible o grande nivel de adición presente na sociedade, así como tamén os ingresos vencellados a tal efecto.

    Liked by 1 person

    1. Tes razón no que dis Fon, e a memoria de ANESAR amosa información sobre a ludopatía que a xente debería ollar nalgún momento. Xa que vexo que che interesa o tema vouche envíar o enlace onde podes atopar os últimos datos da “Dirección General de Ordenación del Juego”, onde podes encontrar todo tipo de estadísticas entre os distintos xogos, perfiles de xogadores ou publicidade:
      http://www.ordenacionjuego.es/es/memorias-informe-anual

      Liked by 1 person

      1. Grazas. Non deixas de sorprenderme. Chama a atención como moitas empresas aproveitan este mal social para lucrarse. Algunhas advirten dun consumo responsable, malia que non é suficiente.

        Eu entendo que, como sociedades mercantís, o seu obxectivo sexa a maximización de beneficios. Pero hoxe en día é moi importante o feito de contribuír a mellorar a sociedade na que vivimos, é dicir, o beneficio ten que ser múltiple, tanto para clientes como para produtores. Como é posible que haxa empresas que ignoren unha certa ética e compromiso social? Isto, por suposto, a longo prazo será negativo para elas, de feito, xa se empeza a ver nas enquisas. O cliente é, cada vez máis, máis responsable e consciente dos danos — non só morais, senón que tamén físicos — derivados do incorrecto uso do xogo. Por sorte, hoxe en día existen clientes máis informados acerca dos produtos do mercado. As casas de xogo non son unha excepción. Bótalle unha ollada ao concepto de smart consumer ( http://marketingweb.es/patrones-de-comportamiento-del-smart-consumer/)

        Liked by 1 person

  4. Laura Dalama, paréceme moi interesante o tema das fases polas que pasan as familias de que falas. Estes xogan un papel fundamental na rehabilitación dos xogadores, xa que ter alguén ahí que che axuda cando estás a punto de recaer é fundamental. Aquí che deixo máis información sobre o familiar do ludópata que amplia o que se fala no enlace que me puxeste no teu comentario:
    http://www.abattar.com/cartillas_familiar_ludopata.php

    Gústame

  5. Fon Alonso, interesante o concepto de smart consumer, falaremos del proximamente no blog, así como da ética das empresas que fomentan a adicción ao xogo, que personalmente paréceme vergonzoso. Se queres saber máis acerca disto deberás estar pendente das nosas próximas publicacións.
    Aquí che deixo máis información sobre este concepto que che chamou a atención:
    http://www.lapatria.com/blogs/brand-mkt/smart-consumer-un-consumidor-responsable-0
    https://www.solomarketing.es/smart-consumer-el-consumidor-inteligente-que-compara-cada-vez-mas/

    Gústame

    1. Grazas Patricia. Sen dúbida, o concepto de Smart Consumer está estreitamente vencellado á este tema, xa que hai xente que prefire facer uso dun consumo responsable.

      Pero desafortunadamente, aínda quedan consumidores que non están correctamente informados, como te dicía. As empresas en cuestión aproveitan este nicho de mercado. Grazas as múltiples campañas en contra deste tipo de comportamentos, todo parece indicar que esta conducta ten os días contados. O diñeiro debería de obterse lícitamente. Onde queda a responsabilidade social corporativa? Hai que concienciar tamén sobre este aspecto e concienciar ao cidadán da importancia do seu requerimento http://www.inadvance.eu/es/noticias/la-importancia-de-la-responsabilidad-social-corporativa

      Liked by 1 person

      1. Comparto a túa idea da necesidade dunha responsabilidade social corporativa e dun concienciamento da sociedade da importancia que ten este tema e que moitos pasan por alto.
        Tamén se lle debe dar importancia, como xa comentamos antes, á educación dos xóvenes para a prevención da adiccion, como podemos ver na seguinte noticia:
        http://www.yogonet.com/latinoamerica/2015/09/28/destacan-la-importancia-de-la-educacion-para-evitar-que-los-jovenes-caigan-en-la-ludopatia

        Gústame

  6. Buenas tardes Patri, si es cierto que necesitamos una mayor concienciación social sobre la ludopatía hacia los medios. No conocemos la realidad (ahora gracias a vuestro grupo de trabajo bastante más). Si algo es necesario y evidente para seguir hacia adelante es educar en valores a nuestros jóvenes que conozcan los peligros que la ludopatía tiene y que los medios no le dan la importancia que tienen. Hay que seguir luchando contra esto hasta llegar a niveles de erradicación. http://www.infosalus.com/salud-investigacion/noticia-jovenes-conocen-peligro-ludopatia-clasica-no-apuestas-on-line-20170405111105.html

    Liked by 1 person

    1. Tienes razón Luis y uno de nuestros principales objetivos al trabajar con el círculo era concienciar a la gente de la realidad de este problema, que los medios no tratan de la manera que se debería. Por suerte, existen cada día más asociaciones dispuestas a ayudar a aquellos que se encuentren inmersos en el mundo del juego y luchan por una representación justa en los medios. Aquí te dejo un enlace que te puede interesar: https://juegocompulsivo.wordpress.com/2015/10/27/la-ludopatia-en-los-medios/

      Gústame

      1. Buenas tardes Patri, menos mal que existen asociaciones que están colaborando con este colectivo. Veo necesario que los medios comienzen a tomar cartas en el asunto y lo dejen de ver como un problema más. Porque este afecta a un amplio abanico de edades. Así afectando a toda la sociedad.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s