A precariedade laboral nos medios de comunicación

Que é a precariedade laboral?

A precariedade laboral defínese como a situación que viven os traballadores que sofren unhas condicións de traballo por debaixo do límite considerado como normal. Incide especialmente cando os ingresos económicos que se perciben polo traballo non cobren as necesidades básicas dunha persoa.

No sector dos medios de comunicación, esta dificultade no ámbito laboral existiu sempre, ao ser a profesión de comunicador unha das máis demandadas, con maior competencia e, ás veces, menos valoradas tanto social como economicamente. Esta situación agravouse coa chegada da crise económica no 2008, que provocou un incremento cada vez maior na taxa de paro neste sector. Ademais, ten lugar nos diferentes medios de comunicación a chamada explotación laboral, coa que moitas persoas se ven afectadas xa que teñen a obriga de traballar unha cantidade extrema de horas e recibindo un salario que, en moitos casos, nin sequera lles da para vivir. Por outra banda, tamén existen os xornalistas que pagan para poder traballar ou que se pagan eles todos os gastos que conleva facer o seu traballo (unha reportaxe, unha investigación ou incluso os seus gastos de desprazamento, etc) para que, polo menos, poidan cotizar.

A situación laboral de fai uns anos distaba bastante da que existe na actualidade. Antes da crise do xornalismo e dos novos modelos de comunicación houbo cabida para xeracións de xornalistas que podían vivir dunha das súas posibles paixóns: o seu traballo, o xornalismo. Aínda que a situación do sector nunca chegou a ser plena, neses anos resultaba moito máis fácil acceder a un posto de traballo neste ámbito.

Moitos destes xornalistas pertencentes a xeracións anteriores achacan un factor engadido á crise económica, que é a aparición das novas tecnoloxías. Co nacemento destas, o xornalismo reinventouse, dando cabida a novas formas de transmitir información. Os xornais dixitalizáronse, as redes sociais convertéronse nunha das fontes máis consultadas pola cidadanía para atopar información e as noticias empezábanse a transmitir en tempo récord. Mentres, quedaron polo camiño xornalistas sen formación neste ámbito, que tiveron que buscarse a vida para sobrevivir nesta nova era do xornalismo.

Ao tempo que aumentan as posibilidades e as facilidades existentes á hora de facer xornalismo, diminúen as ofertas laborais. Ramón Salaverría, profesor da Universidade de Navarra, falaba en 2015 de novos avances que estaban a chegar, principalmente grazas á inversión publicitaria. Pero tamén recalcaba, que aínda que a profesión se mecanice, sempre se necesitarán persoas para manexar estes novos avances no ámbito da tecnoloxía. Iso foi o que ocorreu co xornalista actual: tivo que adaptarse a esta nova era. Por outra banda, o xornalista Javier Ruiz (presentador de Las mañanas de Cuatro) declarou nunha entrevista en 2015 que o xornalismo está metido en tres crises: a crise económica, a precaria situación e a incertidume de a onde imos e a onde nos diriximos co noso traballo.

O tema da precariedade laboral existente no xornalismo actual resulta ser un asunto interesante á hora de realizar un estudo. É evidente, como xa se explicou anteriormente, que a situación laboral nos medios fai aproximadamente dez anos ou máis (antes da crise económica e dos novos modelos de xornalismo), é diferente comparándoa coa situación que se vive hoxe en día debido á aparición da prensa dixital, redes sociais, etc. Aínda que agora existe unha maior formación por parte das persoas que rematan a carreira de Comunicación, resulta moito máis complicado que antes acceder ao mercado laboral.

Cales son as vertentes que destacamos á hora de tratar a precarización laboral no mundo xornalístico?

Hai dúas vertentes moi significantes á hora de pensar na precarización laboral. A primeira, é a complicada situación da muller nos postos de responsabilidade dos medios (a brecha salarial) e a súa dificultade para acadar un traballo no mundo da comunicación. É un feito real que nas empresas de comunicación pode haber máis mulleres que homes traballando, pero pola contra, elas están menos valoradas, de xeito que reciben un salario menor ca eles e non adoitan ocupar postos importantes, como pode ser a dirección dun periódico, o posto de redactora-xefe, etc. A segunda vertente é a explotación laboral das persoas que acaban de rematar a súa carreira e comezan como becarios. A crise do xornalismo dos últimos anos (especialmente na prensa escrita), agravou a situación dos becarios actuais. Estes becarios, ademais dos xornalistas con traballo fixo, traballan nunhas condicións insalubres.

Resulta moi importante que o conxunto da sociedade, e non só quen queira adicarse nun futuro ao mundo da comunicación, sexa consciente da precaria situación laboral que se está vivindo neste sector. Polo tanto, é preciso visibilizar o tema e dalo a coñecer. Sacalo á sociedade e amosar que cada vez hai menos xornalismo e que, cada vez, este é máis precario. É interesante informar e formar ás persoas sobre o tema e contribuír a crear unha opinión pública.

É necesario tamén proporcionar unha visión de futuro sobre isto a toda a sociedade, pero en concreto, aos estudantes que se queiran adicar ao mundo da comunicación: con que dificultades se atoparán, si mellorará ou empeorará a situación laboral, outras perspectivas de futuro, etc.

INTEGRANTES DO GRUPO:

  • Lede Balado, S3C1
  • Martínez Lorenzo, S3C2
  • Moares Somoza, S3C3
  • Pérez Currás, S3C4
  • Pérez Ramudo, S3C5
  • Rodríguez López, S3C6
Advertisements

2 comentarios en “A precariedade laboral nos medios de comunicación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s