A situación do colectivo LGTBI+

Actualmente, a nosa sociedade presume de avanzar moito en canto á discriminación de colectivos que dentro da poboación presentan características diferentes, xa sexa de raza, idade, cor de pel ou orientación sexual (por mencionar algúns motivos). Sen embargo, e según o informe do Valedor do Pobo, esta afirmación cae polo seu propio peso xa que, tal e cono se indica no seu contido, unha de cada dúas persoas LGTBI+ entrevistadas na Unión Europea sentiuse discriminada ou acosada por razóns de orientación sexual, e unha de cada catro resultou agredida fisicamente polo mesmo motivo. Analizando estos datos, neste caso imos traballar co grupo LGTBI+, asolagado durante séculos por unha opresión que se traduce hoxe en día nunha invisibilización na maioría das veces e nun mal tratamento cando aparecen.

En moitas ocasións as personas do colectivo LGTBI+ sufren dunha difamación e un silencio que se outorga a súa realidade no ámbito educativo, laboral e social. Así como tamén na terxiversación de súa imaxe alimentando los prexuizos da sociedade mediante o tratamento que lle dan os medios de comunicación.

Unha loita por parte do colectivo

É fundamental que a loita pola súa emancipación sexa levada por persoas que pertenzan ao mesmo. En caso contrario, como ocorre normalmente, estamos ante unha apropiación da loita por parte dos propios opresores. Unha persoa transexual ten moito máis que dicir sobre a polémica relativa á idade legal de comezo do tratamento, por poñer un exemplo. Un cidadán heterosexual pode defender aos LGTBI+, mais non dicir que é a súa loita; o que si que pode facer é darlle voz e defender os seus intereses, xa que só loitan os propios membros a situación vai a seguir a ser a mesma. Os seus actos poden ir cubertos da mellor intención do mundo. Porén, o que non pode pasar xamáis baixo ningún concepto é que esta persoa lidere a loita ou intente que a súa voz vaia por riba das persoas oprimidas.

Esta apropiación da loita é un dos problemas máis acuciantes según fonte do propio colectivo (http://kaosenlared.net/asi-compra-el-pp-al-movimiento-gay/) que pola parte do Observatorio de Comunicación  otorgaremos dentro do posíbel sempre a palabra aos membros do colectivo, xa que son os que teñen que falar. O noso traballo intentará estar enfocado sempre cara este obxectivo: coñecer a voz que non se escoita e darlle relevancia. Facer un cambio do discurso, que as verbas do poder hexemónico se derruben polo seu propio peso. Conseguir unha emancipación deste colectivo oprimido e que o fagan por eles mesmos.

O papel do Obradoiro de Comunicación

Por todo o dito con anterioridade, traballaremos co Círculo de Lectura Crítica o temas relacionados co tratamento do  colectivo LGTBI+ en medios. Para isto temos ao noso carón a persoas que están dentro del. Son individuos que queren librarse das cadeas que o sistema lles impón. Tamén contamos coa axuda da Asociación compostelá LGTBI+  Ultreia até o punto que o seu coordinador colabora activamente nas reunións e nos distintos obradoiros propostos ao longo do tempo. Nós soamente somos meros espectadores ante o desenvolvemento das súas reflexións e opinións. Soamente podemos considerarnos, de certa forma, altofalantes das conclusións que eles saquen.

Os post indivuais que plantexamos non fan outra cousa que reforzar o exposto nas liñas superiores. Dividiranse en dous tipos: entrevistas e tipo de post máis informativos onde predominará a documentación (cada persoa do grupo fará un tipo de post en cada quenda). Damos especial relevancia ao primer tipo de post xa que reforza a nosa intención de dar voz aos membros de colectivo. Implementamos o segundo tipo de post debido a nosa obriga como xornalistas. Ésta non é outra que informar. A información debe ir sustentada por datos e é a obriga do Observatorio de Comunicación ofrecelos.

Advertisements

4 comentarios en “A situación do colectivo LGTBI+

  1. Boas, Brais. Gústame o enfoque que lle dades, dende o voso grupo, ao traballo co Círculo. Aproveito que hoxe é o Día do Pai para introducir unha cuestión que saíu neste día en varias redes sociais e que está a provocar certa controversia: por que non celebrar o Día das Familia en troques de celebrar por separado o Día do Pai e o Día da Nai? Esta noticia http://cadenaser.com/programa/2017/03/19/hora_14_fin_de_semana/1489918486_104050.html recolle testemuñas que aseguran que existen “situaciones involuntarias de discriminación”, xa que, por exemplo, nas escolas aproveitan estes días para que os nenos fagan regalos a man para os seus respectivos pais e nais. Pero, que sucede entón cos fillos de familias homoparentais? Convértense, en moitos casos, en “objeto de mofa por no tener madre”.

    Nesta noticia do ano pasado afirman que cada vez son máis os centros que se negan a celebrar estes dous días marcados no calendario e celebran, como alternativa, o Día Internacional da Familia: http://www.europapress.es/sociedad/educacion-00468/noticia-dia-internacional-familia-alternativa-dia-padre-madre-20160430120038.html

    Gustaríame saber se pensabades introducir ou se xa tocastes nas reunións o tema das dificultades que teñen as familias homoparentais na “normalización” da vida dos seus fillos dentro da nosa sociedade. Ou, no caso da xente nova, como ven esta situación a pesar de non ter vivido a experiencia en primeira persoa.

    Gústame

  2. Tes moita razón cando falas de que os rapaces nas escolas poden ser discriminados se non teñen nai ou pai. Isto é así debido ao modelo de familia que favorece á organización do sistema económico. Xa non é cuestión de ter pai ou nai senón se o modelo de familia monógamo realmente é o que mellor se axeita ás necesidades do ser humano. Por exemplo, os seguidores da Teoría Queer, formulada por Judit Butler cren que o modelo de familia tradicional no ten cabida xa que consideran o xénero unha construcción social.
    https://insurrectrans.wordpress.com/2015/11/16/teoria-queer-sexo-genero-y-sexualidad/

    Gústame

    1. Paréceme moi interesante a Teoría Queer, e penso que algunhas das súas afirmacións deberían estudarse, ou, cando menos, comentarse nas escolas. A concepción de que existen homes e mulleres que se aman entre eles e que a pesar de naceren naturalmente desiguais, deben gozar dos mesmos dereitos, é algo tan doado de entender como obvio. O problema está na concepción social das maneiras de amar que se presupoñen como “normais”, e que están precisamente normalizadas entre os rapaces. Para ensinar (e normalizar) o feito de que existen diferentes tipos de familia (e que non por iso deixan de ser unha familia propiamente dita) deberiamos empezar por apartar todos os prexuízos que contaminan a nosa sociedade.

      Ogallá aproveitar a inocencia dos nenos, liberada de prexuízos, para amosarlles que existen diferentes tipos de familia, e non encher as súas mentes con ideas obsoletas e conceptos tradicionais. Déixoche un artigo que fala disto: http://elpais.com/elpais/2017/02/25/mamas_papas/1488010992_325909.html

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s