A situación dos desafiuzamentos en Galicia

A crise que dende 2008 acusa a  España trouxo ,como unha xerra de auga fría, consecuencias negativas para a nosa sociedade. Familias con un ou incluso dous membros en paro, que xunto coa incipiente pobreza conseguen que apareza nas nosas vidas o problema dos desafiuzamentos que chegan a ser sete cada día na comunidade galega. Isto supuxo un total de 1.749 en 2016 o que provocou unha subida do catro por cento con respecto ao ano anterior.

Porén, aínda que en Galicia subiu o número de afectados, a nivel nacional  baixou a cifra un 7,5%, o que a situou nos 47.240 lanzamentos hipotecarios entre xaneiro e setembro de 2016. O 55% destes afectados son persoas que ocupaban un inmoble de aluguer, o 41,2% foron desafiuzados a causa dunha execución hipotecaria polo impago dun préstamo e 461 fórono por outras causas.

Un desafiuzamento é unha acción legal pola que se expulsa a unha persoa que ten arrendada unha casa ou un terreo. Millóns de persoas sofren os efectos da depresión financeira que lles leva a renunciar a cousas tan básicas como o dereito a unha vivenda digna e en determinados momentos incluso á súa propia vida, xa que algúns afectados chegan a puntos nos que ven que o suicidio é a única solución.

En novembro de 2009 implantouse en España o Desafiuzamento Express, unha modificación da Ley de Arrendamientos Urbanos e da Ley de Enjuiciamiento Civil. O seu obxectivo é promover o aluguer nun contexto de crise inmobiliaria creando mecanismos máis rápidos e efectivos en caso de impago. Ten múltiples beneficios para o dono do inmoble pero ningún para as persoas afectadas, xa que fai que o desaloxo se produza en menos tempo do que estipulaba a anterior lei.

Non obstante, existen as Oficinas de Intermediación Hipotecaria impulsadas polos concellos. A súa función é apoiar a persoas e familias con dificultades para afrontar os pagos dos seus préstamos hipotecarios ou que se atopan en risco de ser desafiuzados. Fan de intermediarios entre as dúas partes para atopar unha solución que beneficie a ambos. Facilítanlle aos afectados información e asesoramento dende unha perspectiva legal. O seu principal obxectivo é evitar os lanzamentos sempre que sexa posible.

A situación vista dende fóra

O 14 de marzo de 2013 o Tribunal de Justicia de la Unión Europea ditaminou que as leis españolas sobre desafiuzamentos non garantían á cidadanía a protección suficiente fronte as cláusulas das hipotecas e, polo tanto, vulneraba a normativa comunitaria da Directiva 93/13/CEE del Consejo, de 5 de abril de 1993.

Esta sentencia ditouse como resposta á cuestión presentada no xulgado mercantil de Barcelona ao xuíz José María Fernández-Seijo, a instancia do avogado de Mohamed Aziz, debido a que é imposible paralizar un desafiuzamento na lei española. A raíz deste caso ditaminouse que poderán ser paralizados polo xuíz de acordo á normativa comunitaria. A esta causa tamén se sumou Mario Draghi, Presidente do Banco Central Europeo, que cre que a execución hipotecaria debería considerarse como o último recurso ante o impago de préstamos.

A situación dende máis preto

Na nosa propia comunidade autónoma, máis concretamente na cidade de A Coruña, a asociación Stop Desahucios, atende e outorga voz voz a aquelas persoas que o perderon todo co seu fogar. En moitas ocasións, o medo ás represalias pode ser tal que tanto as vítimas como os colaboradores da asociación non queiran aparecer nos medios de comunicación debido aos seus enfrontamentos coa policía.

Esta situación remata ca posta en escena da acción da institución coruñesa: a valorosa labor dos desafiuzados e dos colaboradores de Stop Deshaucios que debe ser coñecida por toda a sociedade. Ademais, a manifestación desta asociación alentará ás persoas que se atopen nesta mesma etapa a pedir axuda e publicar a súa postura.

Ca fin de coñecer este tema dende máis preto, queremos construír un círculo de lectura crítica formado por afectados polos desafiuzamentos e por colaboradores da plataforma que nos poidan aportar o seu punto de vista da situación. Nesas reunións co círculo pretendemos falar sobre como tratan os medios de comunicación o tema e que pensan os afectados sobre isto.

Para podelo levar a cabo realizaríanse tres reunións cos membros do Círculo que, aínda que faltan por concretar as datas exactas, serían a comezos e finais de marzo e mediados de abril. Sobre elas versarán as seguintes publicacións grupais.

Integrantes do grupo: Aragunde Alfonso S1B1, Baamonde Ortiz S1B2, Boya Fernández S1B3, Cacharrón Dominguez S1B4, Castiñeira Iglesias S1B5, Carbonell Torres S1B6.

Advertisements

6 comentarios en “A situación dos desafiuzamentos en Galicia

  1. Coma se non fora suficiente con isto que contades, desgraciadamente os desafiuzamentos levan asociado un drama e un tabú moito maior: os suicidios. Para o ano 2014, La Voz de Galicia cifra os suicidios provocados pola crise en 390. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/03/11/alarmante-aumento-suicidios-galicia-crisis-economica/00031426098959307199858.htm
    As cifras non son exactas, porque os medios non falan deste tipo de mortes e a maioría non quedan rexistradas como tal. Atopámonos entón aquí cunha cuestión xornalística que é o porqué da ocultación destas mortes. Fálase de evitar o efecto contaxio, entre outras escusas. Pero resulta innegable que alguén ten interese en silenciar unha traxedia sistémica con máis mortos que os accidentes de tráfico.

    Se ben recolle os suicidios de toda España, un área máis grande que Galicia, esta publicación da 15mpedia resulta de interese para o tema polo esforzo documentativo. https://15mpedia.org/wiki/Lista_de_suicidios_relacionados_con_desahucios

    Deixovos tamén unha noticia sobre un suicidio en Compostela debido a un desafiuzamento e invitovos á reflexion do porqué da publicación desta noticia: se por resultar imposible de ocultar ou se para aparentar unha falsa cobertura deste tipo de novas.
    http://www.infolibre.es/noticias/politica/2015/09/23/un_hombre_suicida_compostela_tras_primer_aniversario_desahucio_38038_1012.html

    Gústame

    1. Iso que dis é moi certo Uxía. Os suicidios son unha parte que os medios evitan publicar e só o fan cando o caso é moi coñecido ou moi rechamante. Chama a atención que, aínda que o número de desafiuzamentos é moi grande e o dos suicidios tamén, as noticias que tratan esto último son moi poucas. Este último enlace que puxeches é un gran exemplo disto.
      Neste caso estamos falando sobre os desafiuzamentos, pero os suicidios son protagonistas en outros moitos temas que tamén son tratados neste blogue. As causas poden ser moi diversas: problemas económicos, presión social, etc.
      Para evitar isto a plataforma Stop Deshaucios pon a disposición dos afectados a psicólogos para evitar que vexan como única solución o suicidio, xa que un desfiuzamento deixa secuelas nas persoas que o viven (http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/04/08/neurociencia/1365439668.html ).

      Gústame

      1. Moi ben respostado pola túa parte Nerea. É ben certo que o suicidio, a pesar desta falta de información, é o nivel último e mais grave nunha cadea de problemáticas sociais e por tanto do que seguramente nos cheguen máis noticias. É dicir, que descoñecemos a situación daquelas persoas que perderon o seu fogar e quedaron sen nada. Os medios recollen o drama do desafiuzamento, as loitas por cancelar a débeda e obter a dación en pago. Pero realmente despois diso segue a quedar un longo proceso por devolverlles a vida digna a esas persoas. É aquí onde chegan os alquileres sociais, os psicólogos como ben apuntas, a insolvencia, as axudas económicas… é tamén onde chega nos casos máis terribles a marxinalidade, a vida na rúa, as “okupacións”.
        Nestes casos, supoño que a axuda de Stop deshaucios debe ser vital, por iso o voso traballo resulta tan importante. Nunha situación de desigualdade, quen non intervén ponse de lado dos poderosos. É por iso que en tempos de crise o activismo é esencial. A axuda a outros nun momento preciso pode derterminar a axuda que ti recibas en tempos peores.
        Para rematar, deixovos unha serie de artigos sobre a vida tras os desafiuzamentos:
        http://www.elmundo.es/papel/historias/2017/02/13/589c9af4e2704e05388b4602.html
        http://www.eldiario.es/sociedad/vida-despues-desahucio_0_230277902.html
        http://cincodias.com/cincodias/2015/03/23/finanzas_personales/1427098657_237825.html

        Gústame

      2. Como ti dis, a vida é moi difícil despois dun desafiuzamento. Se a vivenda era propiedade dos afectados estes deben seguir pagando a hipoteca aínda que non poidan seguir vivindo nela. Ademais, deben buscar un novo lugar onde vivir e isto non o atopan gratis. Polo tanto, a situación económica, sobre todo, é moi difícil de levar.
        Por outra banda, como ti dis, moitas veces vese aos afectados como xente marxinal cando en realidade é todo o contrario. Isto aféctalles emocionalmente e por iso acaban recorrendo ao suicidio para non ter que sufrir máis.
        Para eles é moi importante a labor da plataforma Stop Desahucios, xa que lles axuda a ver que hai outras saídas.
        Se che interesa ler algo máis sobre a vida despois dun desafiuzamento pódeche resultar de axuda o post publicado pola miña compañeira Paula Castiñeira (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/20/que-ocorre-despois-dun-desafiuzamento-as-alternativas-habitacionais-e-os-problemas-que-acarrexan/ )

        Gústame

      3. Resúltame curioso eso que ti dis de que unha vez pasado o desafiuzamento deben seguir pagando a vivenda, despois de tanto ter escoitado falar da famosa dación en pago. http://www.finanzas.com/noticias/vivienda/hipotecas/20130718/dacion-pago-bancos-acogido-2408571.html
        http://www.edufinet.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1296&Itemid=178
        Que me podes contar dela? Conseguen dende Stop desahucios a dación en pago nalgún caso?
        Por suposto, pasareime polo post da túa compañeira, moitas grazas por toda a información!

        Gústame

      4. Tes razón no da dación en pago. Hai casos nos que para evitar ter que seguir pagando entregase a vivenda como pago da débeda. Pero isto non ocorre en todos os casos, xa que pode que a vivenda non cubra todo o importe da débeda e polo tanto o banco prefire que o afectado lle pague a cuantía con diñeiro e non coa vivenda.
        De todos xeito a posibilidade de recurrir á dación en pago depende do caso de cada afectado, xa que é o banco quen decide. O único que pode facer Stop Desahucios é informar aos afectados desta posibilidade de cancelar a débeda.
        Se queres saber máis sobre outros aspectos da dación en pago deixoche o seguinte enlace: https://www.helpmycash.com/hipotecas/dacion-en-pago/

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s