Adecuación, corrección e estilo: o imprescindible dunha publicación

O Observatorio Cidadán de Comunicación precisa, como todos os proxectos colectivos de información, un equipo especializado adicado exclusivamente á revisión do material tanto como a clarificación e corrección do mesmo. Deste xeito, conséguese un estilo homoxéneo, definido e común; unha única voz crítica e reflexiva.

Como en calquer outro medio, existe tamén aquí a necesidade imperante dunha supervisión constante e metódica que, dende o principio, axude ó respecto do libro de estilo. Para garantir cas normas son cumpridas, o propio Observatorio Cidadán de Comunicación conta cun grupo de apoio adicado á pescuda de erros: o Equipo de Edición.

Dende este órgano interno tratarase de velar pola adecuación e os criterios acordados no espazo facilitado para os comentarios. Tamén se traballará para que distintos asuntos como o número total de palabras, a concordancia de ilustracións e temas ou a presencia de enlaces vivos; sexan cumpridos nos posts. Do mesmo xeito, actuaremos con criterios de valor tales como a existencia dunha crítica aos medios que vulneran un colectivo, unha correcta argumentación ou a alusión no propio texto á posición de ata tres actores sociais. Principios básicos redaccionais (lead, corpo, pé) e conceptos teóricos da propia materia deben ser esixidos á hora de avaliar o contido. En canto ós comentarios, será inevitable presentar un nivel de calidade, unha chamada á interacción e, ante todo, hipertextualidade.

O Equipo de Edición conta cunha subdivisión interna pola cal hai un editor de apoio asignado aos grupos temáticos. Isto facilita, sen dúbida, as labores de comunicación directa e a visualización da evolución no tempo, é dicir, facer un seguimento continuo e examinar a calidade até o final. O seu ámbito de traballo será única e exclusivamente para os grupos de Xornalismo, os contidos de DG serán avaliados por outros persoeiros capacitados para iso. A actividade deste grupo de apoio iníciase automaticamente cando o propio Observatorio Cidadán de Comunicación publica un artigo, trátase polo tanto dun traballo continuo.

Para levar a cabo esta tarefa de perfeccionismo formal e corrección podedes contar cos distintos editores: Carreira Pena, Carrera Fernández, Blanco González e Barreiro Álvarez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s