Axenda e arquivos, imprescindibles no traballo diario

O Observatorio Cidadán de Comunicación achega unha nova sección na que, non só se porá a disposición de todo aquel que nos lea un espazo adicado a recolleita de textos, libros, presentacións e ata arquivos audiovisuais como películas e documentais, senón que tamén contamos cunha sección de axenda da cidade onde os nosos lectores poderán atopar todo tipo de eventos, conferencias e actividades, relacionadas cos temas que se van analizar neste blog e, ademais, que terán lugar na contorna da capital galega.

Todos os arquivos dos que disporá o blog teñen un plus engadido, xa que se incorporarán documentos do eido internacional grazas á colaboración de dúas integrantes do Observatorio do continente americano. Isto abre aínda máis as posibilidades que ofrece esta nova sección.

Este ano o Observatorio trae consigo un novo apartado que conforma o ámbito de axenda e arquivos: o novo glosario conceptual. Unha especie de dicionario onde estarán recollidas e clasificadas todas aquelas verbas especializadas ou técnicas dos temas que se van ir tratando no blog, para que así ninguén se perda profundizando nos temas que as veces poden chegar a supoñer dificultades.

Por último, tamén se publicará un listado dos enlaces que se empregaron no Observatorio para analizar os diversos traballos. Todos estes hipervínculos estarán sempre en boas condicións e actualizados. Isto facilitará que calquera lector, que se quedase con ganas de saber máis, poida acceder a eles de xeito máis práctico para poder coñecer todas as nosas investigacións.

Para acadar todos os obxectivos que nos propuxemos, todas estas actividades son irrenunciables e imprescindibles. Isto é algo que queremos acadar coa participación da cidadanía xa que, como Observatorio Cidadán, tamén contamos con vós, polo que facemos un chamamento xeral á sociedade e, se posúe algunha información ou texto que crea relevante para os temas aquí tratados, non dubiden en compartilos. Por outra banda, para nós tamén son moi importantes as vosas reflexións, notas ou calquera coñecemento que desexen compartir con este Observatorio, sobre todo nesta sección de axenda e arquivos na que recompilamos toda aquela información que sexa útil para mellorar cada día.

Vós complementades todo este traballo, non esquezades comentar nas nosas publicacións semanais e compartir nas redes sociais todo aquilo que sexa do voso interese. Mentres tanto, Nogueira González, Novoa González, Piñón Hermida, Sandoval Alvarado, Tomé Camoira, Trolia López, Veiga González e Yáñez Bastos, traballaremos a prol deste gran proxecto. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s