O relato de Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade con historia. Referencia cultural, artística, patrimonial e relixiosa, busca hoxe o que quere ser e como quere contarse. Dende o Observatorio Cidadán de Comunicación propoñémonos buscar un discurso que explique Compostela. Farémolo en contacto directo coa sociedade civil, que fornece ideas e xera debates e coa institución, intentando extremar os paradoxos e aproveitar os enfrontamentos dialécticos para obter a síntese que desexamos. Usaremos linguaxes xa existentes noutros eidos territoriais e buscaremos claves propias.

Falaremos de persoas, cidade como xente, saúde e benestar.  Relato humano e humanizante de Compostela, unha perspectiva ética. Empregaremos experiencias existentes para buscar aqueles grupos de poboación con visión diferenciada, como os cativos e adolescentes, que serán actores fundamentais na visibilización do problema.

Tamén terán un papel fundamental os espazos, a perspectiva estética. Vivenda e mobilidade. Que está a pasar cos lugares de Santiago? Cales son as estratexias en marcha? Buscaremos a dramatización neses espazos, para enchelos de contido.

Pecharemos o triángulo analítico e de acción cos ambientes, co medio. A través do que xa se recoñece e  do que se programou no pasado, pescudaremos as liñas actuais e de futuro.

 

Autores: Pablo Calviño Tato, Xiana Rodríguez Olivares, Víctor Santos López.

Advertisements

13 comentarios en “O relato de Compostela

  1. Cando se fala de “explicar Compostela”, a que se refire exactamente? Explicala nun plano global, no que se dea cabida a todo, ou só algúns aspectos? Aínda que polo que se dá a entender no texto, parece que o traballo está orientado máis cara cuestións urbanísticas e de funcionamento municipal. Se a partir de aí se contrúe unha idea artellada arredor de persoas clave que definan con claridade o papel de Santiago analizandos os seus eidos máis representativos, entón si creo que pode ser un proxecto interesante.

    Liked by 1 person

    1. Grazas polo comentario Juan! En efecto, queremos entender Compostela globalmente, isto é, explicando como se proxecta ao exterior e como se entende cara ao interior. As cuestións urbanísticas que mencionas son un aspecto máis, que incorporaremos na nosa análise, xunto con outros moitos. Incorporaremos voces chave e contaremos, sobre todo, coa voz da sociedade organizada. Este venres haberá unha nova publicación. Agardámoste atento ás novidades!

      Liked by 1 person

  2. En efecto Juan. A túa achega é moi interesante. Conecta con dous aspectos da nosa tarefa. Por unha banda, como se trata aos grupos periféricos en Santiago, aqueles que son excéntricos en relación á toma de decisións. Por outra, como os colectivos veciñais reaccionan ante este tipo de grupos. Déixoche un enlace:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/02/09/reiteracion-incendios-casas-okupas-santiago-alarma-vecinos/0003_201702S9C1995.htm

    Liked by 1 person

    1. Moi pertinente o comentario, Paula. A Praza da Quintana é un centro case místico, como dis. Tamén é un centro de poder. Se te sitúas no seu centro, podes albiscar en cada beira un poder ou un vestixio de poder. Gústanos ver ese poder e intentamos buscar o contraste coas zonas periféricas a ese poder. Déixoche outro enlace:
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2013/11/25/universidad-iglesia-santiago/0003_201311S25C8991.htm
      Agardo a túa resposta!

      Gústame

  3. Interesante proposta a confrontación da sociedade civil coas institucións. Pareceme importante destacar a aprobación dos orzamentos deste ano 2017 no mes de febreiro co apoio do BNG e a abstención do PSOE. http://www.europapress.es/galicia/noticia-santiago-aprueba-presupuestos-voto-compostela-aberta-bng-abstencion-psoe-no-pp-20170218105340.html
    Compostela é a única das chamadas “cidades do cambio” en aprobar os orzamentos de maneira consensuada e regular, tras a moción de confianza na Coruña e ao estaren todavía sen visos deles en Ferrol.

    O que me chama a atención desta partida orzamentaria son os chamados “orzamentos participativos”, nun intento de contar coa opinión da cidadanía. Así pois, gustaríame saber se tratades ou trataredes este tema e como.
    Ese 1,1 millón de euros de orzamento participativo foi artellado en catro bloques: Un para toda a cidade, outro para as áreas rurais, outro para o nordeste e outro para sudeste. https://decide.santiagodecompostela.gal/#/howToVote
    O total orzamentario da cidade para este ano son 103 millóns de euros. Que opina a cidadanía sobre esto? Párecelle proporcional o reparto? Suficiente a cantidade destinada respecto ao total? Estaría ben tamén contar coa opinión de alguén que participase neles e saber se ve reflictida a súa intervención nese resultado final.

    Liked by 1 person

    1. Uxía, un caso concreto clave! Os orzamentos participativos son o intento por antonomasia do goberno compostelán de integrar modelos de xestión democrática participativa. Tratámolo nunha publicación que che enlazo:
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/16/novos-paradigmas-de-xestion-democratica-o-caso-dos-orzamentos-participativos-en-compostela/comment-page-1/#comment-1907
      Seguramente teñas interese por profundizar. De ser así, recoméndoche que visites este enlace: http://libros-revistas-derecho.vlex.es/vid/participativos-instrumento-transformacion-41018850
      Agardo a túa resposta!

      Liked by 1 person

      1. Moi ben feito o vídeo, está ben poder escoitar a opinión de representantes veciñais máis próximos que o Concello ou outras institucións. É chamativo e frecuente iso da despersonalización dos orzamentos participativos, o chamalos así sen contar realmente coa opinión da xente. Como mostra, un botón. No meu pobo, Fene, durante o ano 2008 tratáronse de aprobar uns orzamentos deste tipo.http://bngfene.blogspot.com.es/2008/09/fene-integrar-ao-movemento-asociativo.html
        http://www.presupuestosparticipativos.com/la-coruna/_C3VTDDatmVF2UQ3UAt7DdHgnp91P_FGn (Aquí podes descargar un pdf). Nunca oira falar deles. É certo que daquela podía non ser todavía consciente da realidade política que me rodeaba, pero ninguén no meu ambiente máis próximo, persoas informadas e interesadas na política, se enteraron. Un problema de desinformación ou de desinterese? De feito, chama a atención que comezasemos a oir falar deles recentemene, ao ser implantados polos “concellos do cambio” cando xa se intentaron implantar en numerosas ocasións nun pasado. https://es.wikipedia.org/wiki/Presupuesto_participativo#Presupuesto_participativo_en_Espa.C3.B1a
        Sinto ter que enlazar a wikipedia, pero recolle de forma máis ou menos detallada outros intentos de implatación de orzamentos participativos na democracia.
        Supoño que iso é boa parte do que tratades nas vosas reunións, a desconexión da xente de a pé coas institucións. Seguirei atenta aos vosos post, magnífico traballo!

        Liked by 1 person

    2. Moi interesante o que apuntas Uxía. Sen dúbida, hai que botar unha ollada paciente e analítica a todas as experiencias preexistentes no terreo da toma de decisións das políticas orzamentarias. Tamén temos que intentar comprender as diferencias e dificultades. Por exemplo, o tamaño poboacional de Fene non é comparable ao de Santiago, e moito menos ao de grandres urbes como Madrid, que tamén están intentando implantar este tipo de procedementos á hora de tomar decisións orzamentarias. Neste último caso, o modelo semella unha acumulación de referendos sobre propostas cidadás e no primeiro unha política de decisións asemblearias. Santiago voga nese mar intermedio entre un asemblearismo de parte (porque ás reunións asiste só parte da cidadanía) e a política do referendo, no que participan tamén unha porcentaxe escasa da poboación.
      En calquera dos casos, hai un reto compartido que apuntas: chegar ás grandes maiorías da veciñanza.
      Propóñoche esta reflexión de Inés Moreno:
      http://diario16.com/municipalismo-y-democracia-directa-en-la-era-de-la-globalizacion/

      Grazas por seguirnos! Estate atenta ás novidades, seguiremos profundizando.

      Gústame

      1. Unha recomendación ben informativa Pablo, moitas grazas. Seguindo ese exemplo que me pos de Madrid, no que debido ao seu tamaño demográfico a participación veciñal redúcese a referendos, derivo a outra cuestión. http://politica.elpais.com/politica/2014/10/24/actualidad/1414175529_233720.html
        Neste artigo de El País, recóllese que dous terzos do referendos solicitados en democracia foron denegados pola superación de competencias municipais. Dirías que é certo que vivimos nunha época de populismos na que as promesas superan as propias competencias do goberno e que ese é o principal motivo polo que non se levan a cabo? Ou realmente esta é unha cuestión menor? No caso concreto de Compostela, ademais, dáse o caso de que a formación que goberna no Concello é contraria ideolóxicamente á da Comunidade Autónoma e goberno estatal. Dirías que iso entorpece as axudas a recibir pola súa parte?

        Gústame

  4. Gústame o voso traballo, demostra interese por Compostela, todas as publicacións que facedes son moi interesantes , fomentan a reflexión e valoración sobre a realidade actual de Compostela e, incitan a recuperar a ilusión e o orgullo da nosa cidade.
    Nestes intres, está cando menos nunha situación de funcionamento inerce, sen un diseño atractivo que garanta o seu progreso integral( rural, barrios, zona nova, casco histórico…)Para elo é preciso a implicación real das Intitucións ao completo e dos seus cidadáns que deben ser escoitados, considerando o valor do seu gran aporte.
    Hai que recuperar ese rumbo que, pese a parecer que fai uns anos estaba consolidado, está agora moi difuso e polo tanto , non definido .
    Temos que saber a onde imos, en qué , cómo e para qué.
    O obxectivo ten que ser facer a Compostela” GRANDE” , como lle corresponde, integrando todo o. seu territorio non proxecto global, integral e de progreso.
    Unha cidade turística pero na que se perciba que os VERDADEIROS PROTAGONISTAS, son OS SEUS HABITANTES e, que se sinten ben nela.
    Ao Casco Histórico , dalle moita beleza a pedra, pero esa pedra ten que transmitir VIDA.
    Temos que lograr que o relato mediático e real, coincidan
    ADIANTE!!!

    Liked by 2 people

    1. Ola, Cruz! Moitas grazas por ofrecernos unha reflexión tan interesante e polas palabras tan bonitas que dedicas ao noso traballo.

      Como dis, atopámonos nunha situación complexa caracterizada por un relato de cidade que busca definirse e que parece non telas todas consigo. Como xa comentamos nalgunha reunión, foi Xerardo Estévez quen introduciu en Compostela ese concepto e quen apostou por tratar de construír cidade. Tamén menciona, nunha entrevista que che deixo por aquí ( http://www.abc.es/local-galicia/20150307/abci-entrevista-xerardo-estevez-exalcalde-201503071525.html ), a necesidade dunha comunicación real entre cidadáns e políticos, cun achegamento á realidade por parte dos segundos. Concordo contigo cando dis que son os habitantes de Santiago os verdadeiros protagonistas, e por iso é necesario que a súa voz conte na toma de decisións e que se produza esa comunicación real co Concello.

      Para iso, tamén é necesario analizar o sucedido ata agora. Que se facía ben antes, en que se fallou e como podería solucionarse. É o momento de facer real esa participación da cidadanía no que afecta o conxunto da cidade, e quizais entón podamos falar do seu relato.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s