Xornalismo e democracia: existe o un sen o outro?

O exercicio do xornalismo é unha das formas da liberdade de expresión e, como tal, indispensable na democracia representativa. Se entendemos entón a democracia como a representatividade do pobo, non debería verse este representado tamén nos medios?

No OCC analizaremos isto a través da visión dos medios comunitarios, aqueles medios sen ánimo de lucro cuxa finalidade principal é mellorar as sociedades do entorno ao que pertence. Na Coruña encóntrase a emisora CUAC Fm, unha radio comunitaria  que dá cabida a todo tipo de colectivos. Falaremos con eles, cos marxinados aos que os grandes medios non visibilizan  e tamén cos medios que si o fan.

Entendemos a nosa profesión como a principal fonte de información para a cidadanía e como xeradores de opinión nun sistema político no que o poder reside no pobo. Os medios de comunicación deben consolidarse como actores democráticos, practicando un xornalismo que  dea  voz a quen non a ten.

Autores: Paula Avendaño Liste, Laura Ledo Fontán, Diego Gómez García , Lucía Cancela Martínez.

Advertisements

13 comentarios en “Xornalismo e democracia: existe o un sen o outro?

  1. O feito de que existan formas de comunicación máis alternativas ás que estamos acostumados non equivale a que de súpeto aparezan medios que representen realmente as preocupacións e intereses da cidadanía. Este tipo de iniciativas, por moi ben intencionadas que sexan, en moitas ocasións están respaldadas por axentes de poder e máis poden perseguir varios obxectivos ou aspiracións (de caráceter político, económico…) que nun principio estarían fóra dos seus propósitos iniciais. É por iso que moitos axentes de poder lexitímanse a través destas iniciativas e isto deberíanos facer indagar máis nos seus compoñentes: protagonistas, implicados, recursos, obxectivos, etc.

    Liked by 1 person

      1. Xa que me chegou un convite para participar no blogue aproveito e participo. Paréceme saudable o escepticismo de Juan, así que vou ver se contribúo con datos.

        O terceiro sector da comunicación non é nada novo, quero dicir con isto, non é que “de súpeto” aparezan medios novos, é que sempre estiveron aí. En canto hai un mínimo espazo de liberdade, as persoas empodéranse e exercen o seu dereito a comunicar.

        Sobre os respaldos de poderes “ocultos” a estes medios, supoño que haberá de todo. A heteroxeneidade do sector é bastante grande. O que si adoitan ser é máis transparentes, isto é, resulta máis doado saber cales son os vectores sociais e ideolóxicos que orientan un medio comunitario que o accionariado dun medio comercial.

        Pasa o mesmo cos sesgos. No caso concreto de Cuac FM, en 21 anos de funcionamento, o número de programas emitidos ascende a 448 e o de proxectos rexeitados a 0. É difícil ter un sesgo moi acentuado con esa praxe.

        E unha pequena crítica… cando pos o exemplo de intereses camuflados de activismo, igual era mellor que coincidiran co contexto do artigo. A praxe comunicativa en Cubazuela do Norde ou nos Estados Unidos de Recnecklandia igual non axuda a ilustrar a nosa realidade 😉

        Liked by 1 person

    1. Grazas Juan.

      Os medios comunitarios non teñen ánimo de lucro e o seu único fin é social: garantir o exercicio do dereito de acceso á comunicación e a liberdade de expresión da cidadanía. Diríxense e débense á comunidade. Non son partidistas, nin relixiosos.
      Non sei se os axentes de poder teñen moita cabida en iniciativas coma estas…

      En calquer caso, esperamos como ti mesmo dis, indagar mais nos seus compoñentes.

      Liked by 1 person

  2. Pode ser interesante buscar os porqués de que os medios non atendan a estes colectivos e desvíen o seu interese cara a outros temas. Dese xeito, buscar ese contraste e tratalo cos membros do círculo de lectura. O xornalismo actuando en contra do criterio democrático. Déixovos dous enlaces:
    Unha reflexión de Ignacio Escolar sobre o papel fiscalizador dos medios: http://www.eldiario.es/escolar/Periodismo-pedir-cuentas-poder_6_529207111.html

    Outra de José Sanclemente sobre o control dos medios de comunicación, que actúan dese xeito ao servizo do poder: http://www.eldiario.es/escolar/Periodismo-pedir-cuentas-poder_6_529207111.html

    Liked by 1 person

    1. Interesantísima a reflexión de José Sanclemente impregnada sobretodo de realidade.Que difícil resulta verse identificado con calquera medio deste país. Quedome cunha frase “o xornalismo como outra maneira de facer política “. Así explica perfectamente o fondo do sistema mediático en España e responde a eses porqués que expós.
      Esquecémonos moitas veces de que a propiedade dos medios redúcese a tres ou catro empresas que controlan o panorama en busca de beneficio. A perspectiva económica, por encima da democrática.
      O porque os medios non atenden a colectivos marxinados cuxas realidades non se mostran? o novo vende, o común non.

      Liked by 1 person

      1. Grazas pola resposta Paula! Alédame que che resultara de interese a reflexión de San Clemente. Está claro que a oligopolización da propiedade da prensa no noso país é unha eiva á hora de exercer un xornalismo libre, independente, de calidade e que dea voz aos protagonistas e afectados.

        A situación é tan crítica que o xornal con maior tirada en España está controlado por fondos buitre (http://www.elconfidencial.com/empresas/2017-03-14/hedge-fund-alianza-control-prisa-guerra-accionarial_1346377/). Non é de extrañar que logo publiquen informacións que parecen máis sacadas dun portal humorístico que dunha explicación rigorosa dos feitos (http://politica.elpais.com/politica/2017/04/27/actualidad/1493321925_266152.html).

        Esta situación de control político e económico dos medios tamén afecta á cidade de Santiago e aos medios que informan sobre ela. Propóñoche que visistes unha das nosas publicacións, nas que tratamos este tema: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/18/vecinanza-e-accion-institucional-en-compostela-o-papel-dos-medios/

        Analizada a situación, deberiamos preguntarnos: como mudar esta situación? Que podemos facer para defender un xornalismo honesto, comprometido coa verdade e que dea voz aos marxinalizados? Estamos dispostos a asumir os riscos e as incertas de traballar con honestidade?

        Agardo impaciente a túa resposta!

        Liked by 1 person

    2. Non creo que se trate tanto de nós, se non do sistema, Pablo. Hai tempo que é necesaria unha desgubernamentalización real de medios abrilos á transparencia e a participación social. España arrastra un atraso considerable en diversos indicadores.
      Temos unha lexislación ridícula neste aspecto. Unha proposta? Crear un Consello Estatal de Medios Audiovisuais, como hai noutros países da UE. Son entidades encargadas de regular a industria da información, atenden cuestións como os límites publicitarios o dereito constitucional á información veraz, as garantías de pluralismo, a perspectiva de xénero…etc. En xeral, adoitan ter carácter sancionador. Que che parece?

      Liked by 1 person

      1. Concordo completamente no de que estamos ante unha problemática estrutural. O sistema de medios depende dun sistema económico baseado cada vez máis nun neoliberalismo salvaxe no que, agora máis que nunca antes, os beneficios económicos o determinan todo. Paréceme unha grande idea a posibilidade dun Consello Estatal de Medios Audiovisuais. Con todo, a súa creación debería facerse no marco dunha nova lexislación sobre os medios de comunicación no noso país, no que ata o momento é ridícula. Os partidos políticos non se atreveron até o de agora a intentar mudar a situación.
        Déixoche un enlace con algunhas das únicas propostas que se puxeron enriba da mesa na última campaña electoral: http://politica.elpais.com/politica/2016/04/28/actualidad/1461871447_009236.html

        Que che parecen? Velas útiles e eficaces para loitarmos por un xornalismo máis libre e independente?

        Gústame

    3. A situación mediática en España é lamentable, isto en principio ofrece aos novos partidos un campo aberto propicio para facer campaña con propostas de sentido común. Como as que propuxo efectivamente Podemos. https://podemos.info/wp-content/uploads/2016/02/un-pais-para-a-xente.pd
      Incluen o que che comentaba sobre a creación dun consello do audiovisual independente integrado na Pla-taforma Europea de Autoridades Reguladoras (EPRA), similar aos que existen na maioría dos países europeos.

      Interesante tamén o que propoñen sobre a axencia de noticias Efe
      reclamando que estea suxeita a control parlamentario. Que che parece?

      Gústame

  3. Buenas noches Paula, increíble el trabajo que habéis hecho. Después de haberme planteado esta pregunta, he encontrado un link el que deja bien clara cual es una buena respuesta a la pregunta que propones al principio. http://diario16.com/sin-periodismo-etico-no-hay-democracia/

    Sin libertad no hay democracia y sin democracia no hay periodismo. Y sin periodismo no hay ni libertad, ni democracia ni nada. Es el fundamento de la verdad y la misma es su gran lucha. Y desde ahora también la nuestra. ¿No?

    Liked by 1 person

    1. Ola Luís,
      Desde logo, o xornalismo condiciona e ver polo cumprimento da democracia. Desde esta perspectiva, os medios conseguen poñer barreiras e límites ao sistema político no noso país. Pero ademais disto, o que pretendemos tamén co noso tema é que a xente que nos le, déanse conta da importancia de deixar facerse oír a versión e os problemas dos que máis o necesitan. É dicir, ademais do xornalismo ético e do papel que podemos desempeñar como “guardian dog”. Tamén é importante ese xornalismo social, que se esquece doutros intereses económicos, ideolóxicos ou políticos e céntrase na defensa dos grupos marxinados.

      Gústame

      1. Totalmente de acuerdo contigo Paula. A través de tus comentarios he podido comprender de manera más clara el periodismo social. Es evidente que esta rama de periodismo es necesaria. Vivimos en un mundo donde la mitad de los problemas del dia a dia de muchas familias, etnias, personas tienen y no tienen el eco que deberían de tener. Además, vuestro tema tiene una importante aplicación en el mio. He estado trabajando estos meses en el mundo de los desahucios. Y después de leerte he entendido la importancia de la necesidad de hacerse oir. Mas de 6 desahucios diarios se producen en la provincia de A Coruña. Y de esos 6 casos, quizás solo uno tenga tal repercusión que pueda hacerse algo por él. Es necesaria que la voz del pueblo se vuelva en algo real y no una utopía.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s