Difusión dos artigos e actividades do OCC en redes sociais

O Observatorio Cidadán de Comunicación vénvos presentar ao Equipo de Externalización, o encargado de poñerse en contacto coas diferentes asociacións e grupos, protagonistas dos feitos que aquí contamos.

O noso labor principal é o de procurar aquelas fontes necesarias para a creación do contido dos temas que se tratan.  Todas as publicacións do blog contarán, polo tanto, coa colaboración dende os cidadáns de a pé ata asociacións do entorno. Estes ofrecerannos os seus puntos de vista e tamén nos amosarán as súas inquedanzas, vivencias, problemas e conflitos sobre os diferentes temas que imos tratar (LGTBI+, xornalismo e democracia, a cidade, etc).

O equipo tamén estará ao cargo da difusión dos contidos que se publiquen no Observatorio, ademais da interacción cos seus usuarios e as súas usuarias. É por iso polo que acabamos de abrir dúas contas nas redes sociais de Facebook e Twitter. En primeiro lugar, para que servan como ferramentas eficaces que fagan chegar a un público máis amplo o traballo do OCC. E por outra banda,  para aproveitar a inmediatez e a viralidade e crear conversas baseadas na interacción coas asociacións e persoas que teñan algún tipo de relación co noso labor.

Coa intención de propagar o noso contido e xerar un diálogo crítico e unha repercusión real nos ámbitos nos que nos movemos, poñerémonos en contacto con asociacións e persoas relacionadas cos temas mediante o intercambio de comentarios noutras páxinas web, blogs e redes sociais. Desta maneira, buscamos ampliar o noso círculo e intentar chegar ao maior número de interesados posibles, co fin de profundar ó máximo nos temas nos que os medios de masas pasan por alto ou tratan de forma incorrecta.

O obxectivo da difusión é dar lugar á creación de círculos de debate que opinen e reaccionen de forma reflexiva  ás críticas elaboradas no Observatorio. É moi importante a participación de canta máis xente sexa posible, por iso o traballo do equipo de externalización radica en sumar a calquera persoa interesada en participar no proxecto connosco e trasladar o discurso e a investigación dos nosos grupos de traballo ás rúas. Ser o eco das voces que non se escoitan.

Así pois, manterémonos activos en ambas redes, onde iremos difundindo o contido, a información relevante e as actividades de interese que vaian xurdindo na cidade de Compostela ou ma contorna . Para elo, a nosa actualización será constante, afondando sempre nos temas relevantes do día e facilitando o acceso a todo o publicado no Obseevatorio.Poñeremos por diante a calidade fronte a cantidade, co fin de gañarnos (e manter) a confianza do público. Funcionaremos coma vasos comunicantes de textos reflexivos e documentados e de vídeos dinámicos realizados polos propios membros do Observatorio.

O noso equipo traballará en dous subgrupos, un formado por Carme Domínguez Prol e David Ferreiro Pérez, encargados das publicacións nas redes, e outro formado por Marta Coira, Katty Carrión, Judit Fustes e Jorge Garnelo, que serán os responsables das interaccións.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s